- "Alpabardas verdes", Carlos Lixó. Premio Artigos Normalizadores 2018, do Concello de Carballo.
- Descendeu o número de centros que ministran portugués como optativa en Galiza, así como o número de estudantes, segundo datos da CIG-Ensino.
- "Can you lose your native language?", Sophie Hardach, BBC-Future.
- "Don Pepito Hermida, o señor das Torres de Lestrobe", Xoán Xosé Vicente Franco.
Mostrando postagens com marcador Daniel Castelao. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Daniel Castelao. Mostrar todas as postagens
17 de jun. de 2018
Ligazóns ao desvío para un 17 de xuño
15 de out. de 2017
Ligazóns ao desvío para un quince de outubro
- "Así espiaba a CIA aos maquis do Exército Guerrilleiro de Galicia", Eduardo Rolland, Gciencia.
- Documento da CIA sobre a situación do Partido Galeguista en 1947.
- Pregunta do deputado Mikel Legarda do PNV. A súa réplica, moi ben argumentada, merece ser escoitada.
- "Mike Oldfield", Bieito Romero, La Voz de Galicia.
"O son do ar", versión Luar na Lubre:
"O son do ar", versión Mike Oldfield:
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
12 de jun. de 2017
Ao coidado da directora do CEIP Santa Irene, Porto do Son
Señora directora:
Tiven coñecemento a través das redes sociais dunha carta, asinada por vostede no pasado 6 de xuño, na cal xustifica que se lle desconten puntos a unha alumna de primaria por usar "Galiza" no caderno e nun exame da materia de Ciencias Sociais.
Dun punto de vista lingüístico, considerar erróneo "Galiza" non se sustenta. A propia Real Academia Galega, que é a que ten nestes momentos a potestade para estabelecer a norma oficial do noso idioma, considéraa unha "forma lexitimamente galega". Así mesmo, moitas e moitos lingüistas constatamos a través dos nosos estudos que, se non for por razóns de presión política, ninguén dubidaría que a única forma válida e xenuína para designar o noso país en galego é esa. Mais, como vostede moi ben coñece, se non for tamén por razóns de presión política, o noso idioma tería unha situación máis saudábel que a que ten, por exemplo no ensino.
O problema neste caso non é de Gramática Histórica, senón de pedagoxía e, sobre todo, de liberdade de expresión, máis grave cando se pretende sancionar unha menor nun centro de ensino, un espazo que debería acoller a pluralidade e a diversidade, e fomentar que cada persoa conforme en liberdade o seu pensamento. Aquí réstanse puntos por usar unha forma correcta, vixente e acertada; é unha utilización que, ademais, amosa un bo coñecemento do xenio do idioma por parte da alumna, que vai máis alá da abafante presión castelanizadora.
Cando, na súa carta, vostede leva a argumentación ao terreo xurídico-político é cando comprobamos a causa verdadeira desta discriminación: é unha imposición ideolóxica mal camuflada de hipercorrección lingüística (primeiro) e de falta nin máis nin menos que legal (despois), cunha equiparación grotesca entre un caderno de primaria e o DOG.
Como docente, non podo máis que preguntarme que acontecería se ese modo de proceder de restar puntos con informes xurídico-políticos se estendese a todos os ámbitos do ensino. Pensemos só no campo da Xeografía. Debemos restar puntos cada vez que alguén poña "Estados Unidos" e non a única forma oficial na súa tradución, "Estados Unidos de América"; "Brasil" e non "República Federativa do Brasil"; "Venezuela" e non "República Bolivariana de Venezuela", e así por diante? Que facemos, señora directora, co "Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda do Norte"? Até onde poderiamos chegar con ese seu proceder?
A situación aínda se complica nalgúns casos paralelos. Galiza non está recoñecida na lexislación actual máis que como "Comunidade Autónoma" ou "nacionalidade". Que facemos coa obra de Rosalía de Castro, en que a considera "patria"? E cando Alfredo Brañas a chama "nación sometida"? Ben sei que esas non eran formas legais tampouco neses seus tempos, mais estamos a abordar figuras que usaron os termos dese xeito e cuxa obra tamén entra nos currículos. Corrixímolos, censurámolos ou censuramos só o alumnado que utilice esas formas?
Acontece tamén que, como todo o humano muda, achamos disposicións legais (si, legais!) que no século XIX prohiben o galego denominándoo lingua ou fala "del país". Como actuamos nese caso, se Galiza non está recoñecida xudiricamente como "país"? Simplemente obviamos que o galego estivo perseguido ou mudamos a redacción por "lengua de la futura comunidad autónoma"? Que facemos, tamén, cando no himno oficial se lle chama "nazón"? E que faremos, con certeza, se unha alumna ou un alumno falar do "queixo do país"? Deberiamos ir pedindo informes xurídicos para todos estes casos? Daremos abasto?
Seguindo tamén a lóxica da súa sanción, cómpre preguntármonos que debemos facer cada vez que apareza o termo "Galiza" ao longo da Historia. Daniel Castelao, que foi membro numerario da Academia Galega, mesmo escribiu un libro fundamental titulado Sempre en Galiza. Debemos modificar a obra de Castelao ou debemos restarlle puntos aos estudantes cada vez que nolo citen? E que facemos, señora directora, co "Consello de Galiza"?
Estará a pensar que nestes últimos casos son "nacionalistas radicais", mais o problema non para de se ensarillar... Cumpriría chamarlle a atención a Sandra Ortega, presidenta da Fundación Paideia Galiza? E como obramos co profesorado que utilizamos exclusivamente a forma Galiza nas nosas aulas? E cos libros de texto que fan iso mesmo? E co único semanario impreso que existe no noso idioma? Que ficaría após toda esa abrasión? Onde terminaría a caza de bruxas?
En fin. A través deste correo electrónico, demándolle que rectifique a sanción, que pidan desculpas á meniña afectada e á súa familia e, xa que lle deu amparo a unha grave situación de imposición ideolóxica que atenta contra a convivencia, que reconsidere a súa continuidade no cargo.
Cumprimentos cordiais,
Carlos Callón
Profesor de Lingua Galega e Literatura e Xeografía e Historia.
Presidente de Honra da Mesa pola Normalización Lingüística.
[A imaxe foi baixada das redes sociais, no meu caso a partir do perfil de Séchu Sende no Facebook.]

15 de fev. de 2016
Con Valentín Paz-Andrade na cidade de Valentín Paz-Andrade
Que función lle daba Valentín Paz-Andrade a Vigo para o futuro de Galiza, a cidade en que viviu e morreu, aínda que non nacese alí?
Era el ou non era reintegracionista?
Que ten de singular a súa obra lírica, cando o certo é que se trata dun poeta pouco recoñecido?
Que pensaba sobre a autoorganización política galega?
Que parte da imaxe que temos de Castelao lla debemos?
Estas son algunhas das preguntiñas a que tentaremos dar resposta esta cuarta feira 17 de febreiro na libraría Cartabón de Vigo. Vémonos alí! ;)

7 de jan. de 2016
E se Daniel Castelao fose Dan Castleton?
E se en troca de ser hoxe o 66 aniversario da morte de Daniel Castelao fose o 66 aniversario da morte de Dan Castleton?
Vexamos cal é aqui o "pecado" do autor. Resulta que se chamaba o noso compatriota Alfonso Daniel Manuel Rodríguez CASTELAO; naceu en Rianxo, que vén quedando nun país chamado Galiza; escrebeu e pintou sempre en galego; foi nacionalista galego e non, por exemplo, trotskista ou represaliado polo stalinismo, e ten a ocorréncia de morrer en Buenos Aires, residéncia de millares e millares de galegos emigrados. Vaia por Deus! Se, en troca, se tivese chamado, por exemplo, DAN CASTLETON, estaríamos todos os "progres" perguntando-nos: ¿pero, como, non coñeces DAN CASTLETON?; ¿non sabes que foi un artista impresionante, que, ademais se tivo que exiliar, por condena a morte decretada polos názis?; ¿como é posíbel que non teñas visto nada del?; ...se até foi ministro dun governo do rexime derrubado polo levantamento militar fascista? Por favor, é fundamental coñecermos DAN CASTLETON; é unha figura im-pres-cin-dí-bel do século XX! Oh, Xesus, que ignoráncia temos, cando daremos curado tantos oceanos de incultura!
(Arredor de Castelao, Pilar García Negro, Edicións A Nosa Terra, 2001, p. 167.)
27 de out. de 2015
Nin truco nin trato: "Polos defuntiños que van alá"
Na Illa de Arousa permanece moi, moi viva a tradición de ir pedir polas portas no día de Defuntos, chamado alí tamén como Día de Pedir. Porén, non preguntan por truco nin trato, senón que pregan que lles dean algo "polos defuntiños que van alá".
O de "ir alá" recórdame moito a miña avoíña Pepa e os rezos que nos aprendía aos seus netos, en galego, para pregarmos en favor dos mortos da familia, mesmo daqueles que nunca chegamos a coñecer, tal e como os da siña Sinforosa de Castelao.
Por se non vos lembrades da siña Sinforosa, que pertence a esa xenialidade que é Cousas, colo aquí a ilustración e o texto:
Todos cantos sabían algo da hestoria da vila en que eu nacín, xa repousan debaixo dos terróns.
A siña Sinforosa era unha velliña que todos os días pasaba o mar porque era mandadeira de oficio, como xa fora súa nai, súa avoa e cicais todas as súas devanceiras, dendes que os da banda de acá tiveron comercio cos da banda de alá. Era honrada ou parecía selo pois vivía do seu creto de muller de ben. Engaioleira e faladora con todos, tiña sempre, para a xente fidalga, un caravel na súa boca chuchada. A siña Sinforosa sabía todas as traxedias do mar naquela travesía.
Nos días de tempo ruín, cando funga o vento nas cordas e os salseiros varren a cuberta do barco, a siña Sinforosa metíase en si e rezaba pola súa ialma.
Nos días mainos a siña Sinforosa rezaba polos afogados. O barco ía andando cara á banda de alá e a mandadeira ía rezando sempre.
— Un padrenuestriño polo Xan de Codeso, que morreu afogado un día da Candelaria.
— Unha salve por doña Rosa Faxardo, que se botou a afogar na punta da Falcoeira.
— Un padrenuestriño, unha salve e unha avemaría polas catro fillas do Belurico, que morreron de volta do mercado.
— Unha salve por Ramón Collazo, que o levou un cóngaro e nunca máis apareceu.
Así seguía rezando, rezando sempre, por todos cantos morreron naquel camiño do mar. A vella mandadeira gardaba na memoria os nomes dos afogados e as datas das traxedias.
Un día reparei que a siña Sinforosa rezou por “un rapaciño que morreu en Tronco”, e pergunteille:
— Quen foi o rapaciño que morreu en Tronco, siña Sinforosa?
I ela respondeume:
— Non o sei, meu amantiño; ise afogado non é do meu tempo pois xa rezaba por el a difunta de miña avoa, que no Ceo estea.
A siña Sinforosa morreu xa, e de tantas traxedias non quedan máis que tres ou catro cruces de madeira chantadas nas pedras de beiramar. A vella mandadeira levou ao Alén a hestoria de todos os afogados da vila en que eu nacín.
Unha vez que atravesei o mar, sentín dentro do meu peito o baleiro de tanto esquecimento e en nome de todos os afogados preguei:
— Un padrenuestriño pola siña Sinforosa.

25 de out. de 2015
Ligazóns ao desvío para un vinte e cinco de outubro
- Carlos Meixide: "Os bufóns métense co poder, goberne quen goberne, nunca o celebran".
- "Integrarse na lusofonía de costas a Portugal", David Reinero.
- "A derradeira lección de Castelao e a última de Zizek", Xoán Carlos Garrido Couceiro
- "Lacan en la escuela", Miquel Bassols.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
19 de ago. de 2015
Castelao coa estreleira
Entre as pertenzas de Castelao que se poden ver no Museo de Pontevedra están dúas insignias do Partido Galeguista. Unha, coa estrela de cinco puntas coa bandeira dentro e a fouce ao carón; a outra, cunha bandeira galega coa estrela de cinco puntas no centro, a tamén chamada estreleira.
A principal diferenza coa actual é que daquela a estrela non era vermella, senón prateada ou amarela. Algunha vez lin que era un deseño do propio Castelao, mais non sei se existe esa certeza.
A estrela tórnase vermella durante a resistencia antifranquista, mais redescóbrese e xeneralízase nas mobilizacións da década dos 70.
19 de jul. de 2015
Ligazóns ao desvío para un 19 de xullo
- "As miñas aulas de galego serán ás 7.45 horas", Daniel Bernardo Vivero.
- "Milicias Galegas, o Partido Galeguista contra o fascismo". Nova sobre un libro de Cilia Torna. Interesante a noticia e interesantes tamén os comentarios sobre ela.
- "Milicianos (e milicianas)", Xoán Carlos Garrido Couceiro.
- O calote do El Corte Inglés e de Masterchef sobre "a compra de todo un ano do noso supermercado patrocinador".
- "What gay couples get about relationships that straight couples often don't", Brigid Schulte no The Washington Post.
- "Islândia. Na ilha do peixe de inverno", Alexandra Prado Coelho.
- Coñeces o blogue colaborativo sobre viaxes Equipaxe de man?
- Máis xente reparou en que o que coidamos escudo do reino suevo de Galiza semella a loita entre os Lannister e os Targaryen? xD
- Comunicado da comisión cidadá pola unidade do 25X.
- Declaración de unidade a prol da normalización da lingua galega.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
30 de jan. de 2015
Versos para a sexta feira: Xoán Carlos Domínguez Alberte
Aprender as catro regras
+ horas de traballo
- soldo
x día de descanso sen cobro
/ pola parte proporcional dun xornal
No álbum Galicia mártir, en 1937, xa alertaba Castelao:
+ horas de traballo
- soldo
x día de descanso sen cobro
/ pola parte proporcional dun xornal
No álbum Galicia mártir, en 1937, xa alertaba Castelao:
"Así aprenderán a non ter ideas".
(Rastros con enrugas, 2014)
[Hoxe, 30 de xaneiro, é o 129 aniversario do nacemento de Daniel Castelao.]
[Hoxe, 30 de xaneiro, é o 129 aniversario do nacemento de Daniel Castelao.]
23 de nov. de 2014
Ligazóns ao desvío para un vinte e tres de novembro
- Fagámonos participacionistas de Irmandade TV.
- "A esmorga, un salto de xigante", Francisco Rodríguez.
- "O idioma da casta", Miguel Anxo Abraira.
- "O Consello de Galiza, 70 anos despois", Uxío Breogán Diéguez Cequiel.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
21 de out. de 2014
Cuestionario Proust
O crítico Ramón Nicolás, que leva tempo traendo para a contemporaneidade da escrita galega o coñecido como Cuestionario Proust, publica hoxe no seu blogue as respostas que eu lle dei.
Podedes lelas completas aquí.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
5 de out. de 2014
Ligazóns ao desvío para un cinco de outubro
"A LOMCE e primeiro de Primaria", Luz Cures.
"As mentiras do PP sobre a lingua galega", Cibrán Arxibai.
"As dez cousas que nom lhe deves dizer a um galego-falante", Ramiro Vidal Alvarinho.
"Actualidade e historia", Francisco Rodríguez.
A Mesa denuncia os incumprimentos da Carta Europea das Linguas perante o Consello de Europa.
"As mentiras do PP sobre a lingua galega", Cibrán Arxibai.
"As dez cousas que nom lhe deves dizer a um galego-falante", Ramiro Vidal Alvarinho.
"Actualidade e historia", Francisco Rodríguez.
A Mesa denuncia os incumprimentos da Carta Europea das Linguas perante o Consello de Europa.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
14 de set. de 2014
Ligazóns ao desvío para un 14 de setembro
"Que o mapa de Fontán nos ilumine", Manuel López Foxo.
"Querer é poder", Xurxo Borrazás
30 potentes imaxes de mulleres que mudaron a Historia.
"Supercalifraxilisticoespialidoso" ou... Lédeo nos Xogos de Lingua!
Bimba Bosé posa coa cicatriz da súa mastectomía.
"Querer é poder", Xurxo Borrazás
30 potentes imaxes de mulleres que mudaron a Historia.
"Supercalifraxilisticoespialidoso" ou... Lédeo nos Xogos de Lingua!
Bimba Bosé posa coa cicatriz da súa mastectomía.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
10 de mai. de 2013
Virán Xesús Alonso Montero e Valentín García?
Desde A Mesa pola Normalización Lingüística convidamos o actual presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a que acudan á vista que teño hoxe na Audiencia Provincial da Coruña. A Mesa non fai ese convite nin tan sequera para que eses homes tomen posición, senón para que vexan e ouzan en primeira persoa o que alí vai acontecer, a ver se dese xeito pasan a ter unha postura activa de defensa do noso idioma, que é o que correspondería aos seus cargos.Como sabedes as persoas que pasades habitualmente por este blogue, o que imos presenciar esta mañá é un novo episodio no kafkiano caso en que un xuíz, o ex decano da Coruña, Antonio Fraga Mandián, decidiu denunciarme porque lle recordei que tiña que cumprir e facer cumprir a Lei de normalización lingüística. Por tan gravísima ofensa, realizada en 2008, pídeme 15.000 euros de indemnización. Como tamén sabedes, non é a primeira vez que este home interpón denuncia contra alguén polo feito de defender o galego: xa antes aconteceu cos veciños de Oleiros Eduardo Álvarez e Carlos Aymerich.
Que se encause a quen solicita o cumprimento da Lei de normalización lingüística (considerada unha das leis básicas de desenvolvemento estatutario) é un xeito moi peculiar de festexar o 30 aniversario desta norma, que se fai xustamente nestas semanas. Que ademais para este proceso en concreto haxa procedementos xudiciais extraordinarios dá para pensar sobre a igualdade de todas e todos perante a Xustiza.
Non é só que se pertences a determinadas familias de sangue azul poidas resultar inmune, como vimos nestes días, senón que se defendes o galego ou lle recordas a un xuíz que temos dereitos lingüísticos debes pasar por un vía crucis de burocracia xusticeira, parece que até conseguir por fin un tribunal que condene. Se non é así, que expliquen como é que a Audiencia Provincial fai hoxe vista para un recurso contra unha sentenza contundentemente absolutoria, situación insólita que habería que sumar ao feito de que xa no seu día houbese xuízo a pesar de que tanto a xuíza instrutora como a Fiscalía consideraban que non había nin delito nin falta en recordar que hai que cumprir a Lei.
Non podo finalizar esta entrada sen agradecer desde aquí todas as mensaxes de apoio que me están a chegar. Tede a certeza de que non vou calar, de que non imos calar!
Continuamos!
20 de ago. de 2012
Até sempre, Avelino!
Mañá, 21 de agosto, estará aberta até as 19 h a capela ardente do irmán maior Avelino Pousa Antelo. Será no local sociocultural da Ramallosa, a carón da Casa do Concello de Teo. Non deixemos de lle tributar a homenaxe debida ao compañeiro que se nos foi, mais que permanecerá para sempre como exemplo e símbolo desta nación que quere continuar a existir.
Sobre a súa irreparábel perda enviei este artigo para Sermos Galiza:
Até sempre, Avelino!
Morreu o incansábel compañeiro Avelino Pousa Antelo. Foise un testemuño da loita polo autogoberno reprimido en 1936, si. Foise a derradeira voz que nos falou en primeira persoa de Daniel Castelao, sen dúbidas. Mais que non nos presenten a Avelino só como un eco do pasado, porque é faltar á verdade.
Ben o sabemos os que puidemos escoitar as súas firmes palabras contra a manipulación de Castelao, por exemplo nos gobernos de Manuel Fraga Iribarne. Foi nunha desas ocasións cando o coñecín persoalmente. Era o ano 2002 e el mobilizouse en primeira fila, xunto coa Mesa, contra as representacións en Galiza, pagas pola Xunta, de Los viejos no deben enamorarse. Non lle importaba, como a outros proclamados “galeguistas históricos”, perder prebendas do poder autonómico por erguer a voz.
Ben sabemos que Avelino non foi un eco do pasado os miles de persoas que escoitamos as súas rexas e lúcidas palabras en varias mobilizacións convocadas pola Mesa pola Normalización Lingüística (da cal era presidente de Honra) ou pola plataforma unitaria Queremos Galego. Estaba na novena década da súa vida, mais continuaba a encabezar mobilizacións en defensa do noso dereito a existir. Quen que alí estivese non ten gravadas a lume as súas palabras? Como non lembrar a súa contundencia ao criticar os “descastados” do actual goberno autonómico? Como non respirar de novo a emoción que brotaba da súa gorxa cando contemplou a enorme resposta social para parar as medidas contra o galego do goberno de Alberto Núñez Feijóo? Aos manifestantes, desprezados polo PP e polo propio presidente da Xunta nos días anteriores, Avelino animábaos, animábanos: “Por xente coma vós, Galiza non morrerá, o galego non morrerá.”
Quererán reducírnolo a un “galeguista do 36”, mais foi moito máis ca iso. Ben o saben algúns cínicos que agora din homenaxealo, aínda que sexan os mesmiños que censuraron as súas intervencións na Radio Galega nada máis regresar o PP ao goberno da Xunta. El tomábao con humor, mais nin edulcoraba o seu discurso nin claudicaba: “Eu fun gravar á Radio Galega, mais xa supoño que non o van botar”. Os tristemente hipergobernamentalizados informativos da TVG chegaron mesmo á difamación contra a súa figura por encabezar a histórica manifestación do 18 de outubro de 2009. Mais el continuou a dar a cara e a ser a nosa voz nestes tempos tan duros de ataques contra os alicerces da nación galega.
Até sempre, compañeiro, continuaremos co teu exemplo vivo na memoria, nos afectos e na acción!
31 de mar. de 2012
Telexornal escolar sobre Valentín Paz-Andrade
Parabéns ao alumnado e ao profesorado dos Dices, en Rois, por esta felicísima iniciativa!
12 de fev. de 2012
Un dos mellores poemas de Valentín Paz-Andrade
Este domingo vouno dedicar a reler e reescribir algunhas páxinas do estudo sobre a obra de Valentín Paz-Andrade que moi axiña entrará no prelo.
Por iso aproveito para deixar aquí un dos que, para min, é dos mellores poemas que compuxo. Pertence ao Pranto matricial, unha sentida elexía a Daniel Castelao, morto no exilio e cuxa obra e ideoloxía foron perseguidas de xeito atroz polo franquismo.

30 de jan. de 2012
Por se vos apetecer ler

Hoxe vou facer unha desas entradas xerais onde inclúo temas variados que me parecen de interese. Comezo cun recomendábel artigo de Xoán Carlos Garrido Couceiro sobre Castelao. Aconsélloo, primeiro, pola súa utilidade para o presente; segundo, porque como estou a terminar de escribir o libro sobre Valentín Paz-Andrade (cantor e biógrafo de Daniel), son temas sobre os que me estou a debruzar moito nos últimos meses e que terán novo protagonismo neste Día das Letras, e, terceiro, porque hoxe é o aniversario do nacemento do líder nacionalista.
Tamén vos recomendo a lectura dos outros textos que aquí inclúo: un caso de represión lingüística grave no Reino Unido, unha reflexión sobre os conceptos galeguismo / nacionalismo, unha clara análise da mudanza na secretaría xeral de Política Lingüísica e por último, dúas boas novas para o noso idioma.
- "Castelao: vida e teoría", Xoán Carlos Garrido Couceiro no Terra e Tempo.
- "Poder e oficio na SXPL", Cibrán no seu blogue Carta Xeométrica.
- Prohiben a un preso que poida falar en galés por teléfono coa súa familia, na BBC.
- "Encol do galeguismo", Xosé Ramón Ermida Meilán no Terra e Tempo.
- O novo libro de Paul Auster, en galego antes que en inglés, no blogue de Galaxia.
- "Galego: todo o que buscas. Bota a andar o Correlingua 2012", no web da Mesa
18 de nov. de 2011
Seis textos sobre dereitos básicos, o 20N e a lingua

Dúas informacións gravísimas. Hai liñas vermellas que se están a ultrapasar. Queremos darlle forza a este xeito de gobernar?
- A Xunta deixa sen atención sanitaria as persoas sen recursos e os/as desempregados/as.
- Doentes de cancro esperan 8 horas no hospital pola quimio.
Sobre o 20N:
- "Encontro coa cultura", por Teresa Moure
- "Rajoy, el paradójico producto de la autonomía", por Anxo Lugilde.
Sobre a lingua:
- Á procura dunha lingua de "calidade".
- Máis concellos da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta fechan os seus servizos de normalización.
Assinar:
Postagens (Atom)