Mostrando postagens com marcador música. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador música. Mostrar todas as postagens
15 de mai. de 2021
20 de set. de 2018
O sentido da saudade
Esta
actuación foi na Habana en 1997, no Festival Mundial da Xuventude e @s
Estudantes, ao final dunha marcha multitudinaria. Eu non me lembro de se
fora que o acto comezara antes de tempo ou se simplemente non colliamos
todos alí. O caso é que a delegación galega, como tantas outras, non
gozamos desa actuación ao vivo, senón pola repetición despois na
televisión.
Véxoa, escóitoa, e penso sobre o sentido da saudade.
Véxoa, escóitoa, e penso sobre o sentido da saudade.
15 de out. de 2017
Ligazóns ao desvío para un quince de outubro
- "Así espiaba a CIA aos maquis do Exército Guerrilleiro de Galicia", Eduardo Rolland, Gciencia.
- Documento da CIA sobre a situación do Partido Galeguista en 1947.
- Pregunta do deputado Mikel Legarda do PNV. A súa réplica, moi ben argumentada, merece ser escoitada.
- "Mike Oldfield", Bieito Romero, La Voz de Galicia.
"O son do ar", versión Luar na Lubre:
"O son do ar", versión Mike Oldfield:
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
3 de set. de 2017
Ligazóns ao desvío para un tres de setembro
- "Os primeiros anuncios en galego", Raquel C. Pico en Disquecool.
- Páxina fascinante para navegar polo Xardín das Delicias.
- "De avarías, almacéns baleiros e abusos telefónicos", Alberte Blanco Casal.
- "El español florece en Estados Unidos a pesar de todo", Simon Romero na versión en castelán do The New York Times. Texto moi interesante sobre sociolingüística no país máis forte do mundo. Reparade, por exemplo, neste parágrafo e comparádeo con outras situacións, como as que temos ao noso redor:
Las maneras en que las familias usan los idiomas en la mesa de sus hogares también demuestra comó el español está cambiando. En la familia Nava, que se mudó a Nuevo México desde el norte de México hace más de 20 años, los abuelos discuten apasionadamente en español el desempeño de su equipo de fútbol americano, los Vaqueros de Dallas. Pero cuando sus hijos, quienes ya son adultos, hablan entre ellos, lo hacen en spanglish. ¿Y el idioma de sus nietos? Principalmente, el inglés, con palabras en español salpicadas en ciertos momentos.
- E xa coñeces á nova Björk, Mounqup?
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
15 de fev. de 2017
4 de jan. de 2017
Música para a cuarta feira: Panicanela, "Turrón na horta"
Miña tía sempre fai xogos de palabras co turrón / torrón, así que o turrón xa estaría na horta :)
25 de dez. de 2016
Ligazóns ao desvío para un vinte e cinco de decembro
- "O convidado de inverno", Esteban Yáñez.
- Tradución ao inglés das Cantigas de Amigo. Obra de Rip Cohen.
- Presentación do Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos.
14 de dez. de 2016
Música para a cuarta feira: Dúas cancións recentes a Fidel Castro
Porque hai máis que as do grande Carlos Puebla :)
7 de dez. de 2016
30 de nov. de 2016
Música para a cuarta feira: Aline Frazão
Este incêndio que arde dentro,
come o corpo todo
e a gente finge que não vê.
come o corpo todo
e a gente finge que não vê.
23 de nov. de 2016
Música para a cuarta feira: Son Lux
Coñecina polo primeiro capítulo da terceira temporada de How to Get Away with Murder. Non digades que non soa fabulosamente:
16 de nov. de 2016
9 de nov. de 2016
2 de nov. de 2016
Música para a cuarta feira: Rocío Dúrcal e Juan Gabriel
Non é das cancións que de pequeno escoitaba de Rocío Dúrcal cantando a ou con Juan Gabriel, mais esta faime moita graza:
26 de out. de 2016
Música para a cuarta feira: Dakidarría, "Terra"
É unha canción con que traballo todos os cursos na materia de Lingua Galega e Literatura e que sempre ten un grande éxito entre a rapazada, con razón:
19 de out. de 2016
Música para a cuarta feira: Morat
Como me encantan, a pesar dalgunhas cousas estrañas que din nalgunhas das súas letras :) E que mágoa que os descubrise un par de días despois de estaren por Galiza neste verán!
O primeiro dos temas debín de escoitalo algo así como mil veces e o segundo vai no camiño:
O primeiro dos temas debín de escoitalo algo así como mil veces e o segundo vai no camiño:
12 de out. de 2016
Música para a cuarta feira: Brassens
E iso que, cando menos, o 14 de xullo ten unha orixe linda que non ten ten o 12 de outubro:
5 de out. de 2016
22 de ago. de 2016
A música que ouvín en Cuba neste verán
A primeira que poño escoiteina no Carnaval da Habana. A xente en xeral non bailaba moito mentres pasaba o desfile, mais cando tocou a vez desta canción... Ai, cando pasou esta canción, a festa disparouse!
Reparade no final, pois o de "China te la pongo en La Habana, La Habana te la pongo en China" tamén ten o seu interese histórico, pois ese país asiático é o principal fornecedor de Cuba nestes momentos para algúns sectores estratéxicos:
Case todo era música en castelán, mais na discoteca coñecida como "La Cueva", en Trinidad, tamén bailamos, con moitos yumas, esta marabilla de Sia:
Porén, a canción que máis se escoitaba en toda a parte, desde a xente nova que levaba altofalantes pola rúa até os taxis, pasando polos meniños que canturrean os temas de moda, era esta:
Outras que tamén se sentían de cando en cando:
Aínda non saíra este vídeo de Gente de Zona, cantando a Macarena con Los del Río, mais póñoo para que reparedes en que a partir do minuto 2, segundo 45, o lindo palacio que se ve detrás deles é o histórico Centro Galego. O clip é de hai dous días, mais a versión da canción si que soaba moitísimo.
Por último, dúas cancións que escoitamos nun espectáculo de drags. Ademais de La Lupe e Celia Cruz, outra diva en castelán pola que se ve que teñen especial querenza é Rocío Dúrcal.
Por último, puidemos asistir ao concerto que deu Haydée Milanés na Fábrica del Arte Cubano. Unha experiencia moi especial, aínda que, pola grande fileira de xente, non puidésemos velo completo:

21 de fev. de 2016
Ligazóns ao desvío para un vinte e un de febreiro
- Espazo web do programa Alalá da TVG. Moi recomendábel!
- "Virxilio Viéitez: retrato dun decolonizado", Xoán Carlos Garrido Couceiro.
- "Doña Angelita, a ferrolá que inventou o libro electrónico".
- "En Marea: seis ceros á esquerda", Cousas de Imeneo.
- "A Valedora advirte de situacións en que o Sergas trata como 'doentes' ou 'pervertidos' persoas LGTBi".
- Algunhas versións de "Adiós ríos, adiós fontes" ou "Adiós, que eu voume" (é unha entrada que fixen no meu blogue en agosto de 2014, mais que pode ser simpática de recuperar para esta semana en que festaxamos o día de Rosalía).
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
Assinar:
Postagens (Atom)