"A LOMCE e primeiro de Primaria", Luz Cures.
"As mentiras do PP sobre a lingua galega", Cibrán Arxibai.
"As dez cousas que nom lhe deves dizer a um galego-falante", Ramiro Vidal Alvarinho.
"Actualidade e historia", Francisco Rodríguez.
A Mesa denuncia os incumprimentos da Carta Europea das Linguas perante o Consello de Europa.
Mostrando postagens com marcador CELRM. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador CELRM. Mostrar todas as postagens
5 de out. de 2014
Ligazóns ao desvío para un cinco de outubro
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
7 de jul. de 2011
Cúmprese en Galiza a Carta Europea das Linguas?
Nesta fotografía aparecemos as persoas que compuxemos a delegación galega non gobernamental que onte se reuniu co Comité de Expertos do Consello de Europa. No tempo dispoñíbel para o encontro debullamos con moitos exemplos concretos unha situación que se resume en dúas ideas:a) Todo o que había de positivo no relatorio que o Consello de Europa realizou hai tres anos xa desapareceu, xa non existe.
b) Os incumprimentos da Carta aumentaron exponencialmente desde que comezou o goberno de Alberto Núñez Feijóo.
A Carta Europea é un tratado internacional que obriga a algunhas cousas como as seguintes:
- Que o modelo educativo sexa en xeral en galego no ensino non universitario e, como pouco, que exista un 50% de presenza desta lingua.
- Que haxa, como mínimo, un xornal, unha radio privada e unha televisión privada que emitan só en galego.
- Que se reciban en Galiza as radios e televisións portuguesas.
- Que se garanta o uso normal do galego nas relacións económicas.
- Que se garanta o uso normal do galego nas relacións coas administracións.
- Que se garanta o uso normal do galego na Administración de Xustiza.
- E un longo etcétera.
Pois a Xunta, sen rubor, decidiu enviar onte un comunicado aos medios co seguinte titular: "A Xunta de Galicia cumpre a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias".
Quen teña estómago para ler tal nivel de manipulación poderá ver que continúan tamén con outras mentiras.
Assinar:
Postagens (Atom)