31 de dez. de 2008

Que non dependa dun milagre

Como palmaria mostra de laicidade e de separación Igrexa-Estado, onte a presidenta do Parlamento galego, Dolores Villarino, pediulle ao apóstolo Santiago axuda para moitas cousas, como a crise económica, a violencia machista ou para finalizar co que ela denomina "confrontación lingüística". Coñecendo a súa reducida sensibilidade co galego, prefiro reinterpretar as súas palabras como que desexa que finalicen os ataques contra o idioma de Galiza, aínda que sei que é autoengano.

Como eu non quero que sexa ningún hipotético santo o que goberne, o meu desexo para o 2009 é que haxa políticas que axuden a resolver os problemas sociais.

Para vós, o meu desexo é que sexa un 2009 de boas decisións.

30 de dez. de 2008

Boicote a Israel

Ademais da mobilización de hoxe ás 8 do serán contra a barbarie sionista en Gaza, pola miña banda comezarei a aplicar a proposta de boicote a Israel. Sei que se o fai unha soa persoa será puro testemuñalismo; se o facemos máis, poderemos ao menos axudar a que algo muden as cousas.

Algunhas das grandes marcas afectadas son Coca-Cola, Danone, L'Oreal, Nestlé, Nokia, Calvin Klein, Alcampo ou Carrefour. Tedes máis información sobre o boicote aquí e, especialmente, aquí.

Pola miña banda, voulles escribir a Alcampo e Carrefour para devolverlles os cartóns de cliente, que saiban da miña decisión e por que a adopto. Sumádevos!

Como di o Mario Benedetti nun dos seus poemas máis emotivos:

Uno no siempre hace lo que quiere
pero tiene el derecho de no hacer
lo que no quiere.



Ademais da presión comercial, urxe que se adopten decisións políticas de presión. Por exemplo, vai manter o Estado español o comercio de armas con Israel ou vaise deter tal e como solicitaron entidades como Amnistía Internacional?

O presidente do Goberno central, o señor Rodríguez Zapatero, debería explicarnos por que autoriza a venda de armas para asasinar poboación civil indefensa.

29 de dez. de 2008

Con Palestina

Mañá, terza feira (martes) 30 de decembro, ás 20 horas, na Praza do Toural.

Hai tamén a convocatoria de pendurar da xanela panos negros como símbolo da repulsa do masacre.

O mercado dos libros en lingua galega

A reflexión desta semana, "Precariedade e utopía", entra dentro do debate sobre a situación do mercado bibliográfico en galego.

Outras ligazóns vinculadas:
Podes consultar ademais os estudos con información sobre a situación do sector elaborados pola Federación de Gremios de Editores de España.

28 de dez. de 2008

282 mortos


Os teletipos falan agora mesmo de 282 mortos na franxa de Gaza e centos de feridos cunha atención médica moi precaria. Din que é o peor ataque contra Palestina en 40 anos e os gobernantes de Israel xa anunciaron que continuará.

Necesitamos canalizar tanta raiba, tanta impotencia. Urxe algunha campaña, algunha mobilización... Teñen que saber que estamos acarón de Palestina e dos dereitos humanos e por unha actuación diplomática firme por parte do Estado do cal somos cidadáns.

23 de dez. de 2008

Boas festas!



O Nadal, coa sempiterna visita das fantasmas dos nadais pasados...

Como dicía o ano pasado, boas festas e non vos pasedes cos ansiolíticos!


"Stuck in the middle", Mika


I sit and think about the day that you're gonna die,
'Cause your wrinkled eyes betrayed the joy with which you smiled.
Care to see my reason?
Care to put your life in mine?
Looking at life from the perspective of a boy
Who's learnt to love you but has also learned to grow.
Could we make it better, stormy weather?
So I dunno.

Oh, oh, oh - Is there anybody home?
Who will believe me, won't deceive me, who'll try to change me?
Ah, ah, ah - Is there anybody home?
Who wants to have me, just to love me?
Stuck in the middle.

I look at you,
You look at me,
We bite each other.
And with your better words you kick me in the gutter.
But my troops are bigger than yours
'Cause you'll never stand my fight.
Ours is a family that's based upon tradition
But with my careless words I tread upon your vision.
Are five kids better than one, who'd busy like to be gone?

Oh, oh, oh - Is there anybody home?
Who'll believe me, won't deceive me, who'll try to change me?
Ah, ah, ah - Is there anybody home?
Who wants to have me, just to love me?
Stuck in the middle.
Yeah... Yeah... Yeah...

This is to my name,
This ain't a pretty plan to break your heart of me.
I know that what I've started means that when we have parted
I can live in honesty.

Oh, oh, oh - Is there anybody home?
Who'll believe me, won't deceive me, who'll try to change me?
Ah, ah, ah - Is there anybody home?
Who wants to have me, just to love me?
Stuck in the middle,
Stuck in the middle,
Stuck in the middle,
Stuck in the middle...

22 de dez. de 2008

O mellor zapatazo


O artigo desta semana quere ser unha reflexión sobre o zapatazo a Bush, os retos de Obama en política exterior e as nosas responsabilidades para podermos mudar o mundo. Porque algo poderemos facer para transformar esta realidade, non?

Tamén sobre a liña política exterior anunciada por Obama, particularmente sobre Afganistán, vai estoutro artigo de Francisco Rodríguez.

20 de dez. de 2008

Badulake de Bilbo

Extraordinaria selección musical a do Badulake de Bilbo. Teñen unha DJ ideal para calquera noite de festa.

Entre outras, botaron esta cancionciña, da que tanto gosta /todesfuge:



Hoxe, festa de Santo Tomás, co Arenal todo repleto de postos de comida e produtos tradicionais e con xente por toda a parte. Porén, antes de poder dar de novo unha voltiña teño que cumprir con outros compromisos. Primeiro a obrigación e despois a devoción. E nada de procastinación, engadiría.

18 de dez. de 2008

Fin de semana teatral e musical


Eu non vou poder estar este fin de semana en Santiago, porén a oferta que vos fica para os que por aí estedes é extraordinaria e deberíades aproveitala.

Por unha banda, a Fundación Via Galego, da man dun dos seus patróns, Quico Cadaval, promove na sala NASA esta sexta a obra Chovem Amores na Rua do Matador, o sábado A Quinta dos Objectos e o domingo o quinteto vocal Vozes da Rádio. Tedes máis información aquí e aquí.

Ademais, tamén este fin de semana, represéntase Unha primavera para Aldara, da grande Teresa Moure, no Salón Teatro.

15 de dez. de 2008

O Consello de Europa e o ensino en galego

O meu artigo desta semana en Galicia Hoxe vai sobre o que di o título.

Porén, sobre o mesmo tema, recoméndovos moito máis a leitura e divulgación da "Carta bastante aberta ao constitucionalista Roberto Blanco Valdés", de Arturo Casas, semiólogo e profesor titular de Teoría literaria na USC.

13 de dez. de 2008

Sobre a crise

Palestra esta terza feira, 16 de decembro, en Santiago

Palestras da Fundación Via Galego

Día: 16 de decembro de 2008
Hora: 20 horas
Lugar: A. C. O Galo – Santiago de Compostela (Patio de Madres, 15 – baixo)

“A Carta Europea das Linguas e os medios de comunicación no Estado español: A recepción das RTVs portuguesas na Galiza e os medios en galego, catalán e vasco”

Falarán:
- Mikel Etxebarria, membro da dirección europea do EBLUL (Axencia Europea de Linguas Menos Estendidas)
- Maria Arenys, polo CIEMEN (Centre Internacional Escarré per a les Minories Ètniques i les Nacions)
- Iulen Urbiola, por Euskara Kultur Elkargoa (Navarra)
- Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e do Comité de Estado do EBLUL

Organiza:

Fundación Via Galego

Colaboran:
Concellaría de Cultura do Concello de Santiago
Agrupación Cultural O Galo

11 de dez. de 2008

Educación, violencia e trauma

Como sempre, un artigo ben recomendábel de Manuel Fernández Blanco, desta volta sobre a necesidade das limitacións e da coerción no proceso educativo.

Hai moitas frases que dan para pensar moito. Velaí vai unha, que traduzo: "O castigo evita que o neno, dominado polos seus sentimentos de culpabilidade, se castigue a si mesmo moito máis do que calquera o faría".

10 de dez. de 2008

Neopolitan Dreams

Recomendada como "riquiña" pola Oriana. A min mólame moito o vídeo. Un pouquiño de alegría!

9 de dez. de 2008

Para, contra a violencia, recuperarmos a lingua

Recomendo a leitura deste artigo de Goretti Sanmartín Rei (profesora da Universidade da Coruña, directora do Servizo de Normalización Lingüística desa universidade e activista feminista) para non nos deixarmos intoxicar por unha desas periódicas e feroces campaña de terxiversación e caricaturización que temos que padecer.

"Para, contra a violencia, recuperarmos a lingua", por Goretti Sanmartín Rei

Desde unha perspectiva científica, os estudos sociolóxicos coinciden coas análises lingüísticas en interpretaren a fala das mulleres como máis próxima á norma de prestixio, quer no interior dunha única lingua, quer na situación coñecida como contacto de linguas. A explicación deste feito reside na necesidade de as mulleres se construíren nun modelo non estigmatizado por mor da súa maior vulnerabilidade social, para fuxir, deste xeito, dunha posición aínda máis subordinada da que xa posúen socialmente. Bourdieu, no seu xa clásico Ce que parler veut dire? (1982), indica que se comprende, como tantas veces observaron os sociolingüistas, que sexan as mulleres as que antes adoptan a lingua ou a pronuncia que máis as lexitime socialmente e Pilar García Mouton, no seu Cómo hablan las mujeres (1999), insiste en que da análise das contradicións das enquisas dialectolóxicas o que se extrae como consecuencia é o rexeitamento xeral das mulleres polo que consideran lingüisticamente marcado de xeito negativo, de onde se deriva a súa adhesión á norma de prestixio. Non é, pois, casual nin específica do caso galego unha situación en que as mulleres (historicamente, por factores de conformación da sociedade galega, das pertencentes ás clases medias e elevadas, que eran as que podían exercer tal escolla) empregasen menos o galego e decidisen instalarse en español, abandonando a súa lingua inicial ou non dando os pasos necesarios para se construíren na lingua propia do país.

Porén, este feito non significa nin que esas mulleres castelán falantes sexan unhas consentidoras nin que os varóns españolfalantes sexan uns maltratadores, como demagoxicamente algunhas persoas están a interpretar a campaña que desenvolvemos as institucións que abaixo nomeamos este 25 de novembro, que insiste en aspectos documentados en moita da tradición que a este respecto nos conformou. Trátase da descrición dunha realidade onde subxace unha violencia sutil, non expresada fisicamente, que está debaixo de moitos contextos onde se produce unha substitución lingüística. Cando falamos de violencia (de calquera tipo de violencia, tal como se recolle na Declaración da ONU sobre a eliminación da violencia contra as mulleres do 20 de decembro de 1993) non nos referimos unicamente aos extremos máis graves dese comportamento –a morte–, senón que tamén debemos reparar nos diferentes graos e formas en que se manifesta, ás veces simbolicamente, e tamén a través da lingua (por exemplo, con insultos), para alén de ligar e procurar a solidariedade no combate contra todas as súas expresións. Ninguén dubidaría en cualificar como violenta a imposición do español a tantos territorios americanos cunha lingua propia hoxe desaparecida ou marxinada socialmente. Existe, pois, unha violencia social que fai que as mulleres sintan unha maior presión para abandonaren a lingua (ou a variedade lingüística) menos prestixiada socialmente? Existe. Significa iso cualificar de maltratadores os castelán falantes? Non significa iso.

Por outra parte, no caso galego, os estudos cuantitativos máis relevantes indican esta tendencia de menor uso por parte das mulleres a respecto dos varóns, nun índices que non mudan co paso do tempo. No estudo realizado polo Consello da Cultura Galega en que se observa a evolución sociolingüística galega no período entre 1992 e 2003, datas de dúas importantes recollidas de información sociolingüística (o Mapa Sociolingüístico Galego e a Enquisa de Condicións de Vida das Familias), aparecen os seguintes datos significativos:
- Hai unha maior incidencia de monolingües en castelán entre as mulleres.
- Son menos as mulleres que se declaran bilingües con predominio do galego.
- A categoría de "Só galego" crece máis no caso dos homes.

É tamén relevante o feito de que, a pesar de teren as mulleres uns usos lixeiramente máis favorables ao castelán, as diferenzas non mudan no intervalo que se considera no estudo (1992-2003), o que significa que ningunha das accións de política lingüística que se desenvolveron conseguiron corrixir este desaxuste que provoca, como coñecemos por percepción social, que fillos varóns castelánfalantes iniciais restauren o galego como lingua propia, lingua que tamén o era dos seus pais en moitas ocasións, fronte a fillas mulleres que non sofren ese proceso ou que, de o faceren, constitúen un grupo máis reducido que xustamente hai que apoiar por se decidiren a combater esa dependencia a respecto do imposto polo sistema.

Por outra parte, nun estudo cualitativo realizado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (O galego segundo a mocidade. Unha achega ás actitudes e discursos sociais baseado en técnicas experimentais e cualitativas), tras concluír que as persoas que empregan variedades lingüísticas con acento galego son aínda percibidas pola xente nova como un grupo pouco dotado para o éxito social, sinálase que estes resultados son máis rotundos no caso das mulleres, o que evidencia que existe un control social máis severo sobre o seu comportamento lingüístico.

A campaña, pois, desenvolvida polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, en colaboración coa Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña e a Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña pretendía, por un lado, comprometerse publicamente contra a violencia de xénero no seu grao máis elevado a través da palabra, a través da lingua (e a análise de moitos dos textos que se leron no propio acto así o confirma) e contribuír, desde unha outra perspectiva tamén posible, á reflexión sobre distintas situacións de dominio e á análise das súas causas para, séndomos máis conscientes e coñecéndomonos mellor, podermos ser máis libres e podermos exercer a nosa vontade individual e reclamar os nosos dereitos colectivos.

8 de dez. de 2008

Sean Penn e Venezuela

Hoxe teño un día blogueiro, polo que se ve, e non me podo resistir a pendurar este vídeo que collo da bitácora de Xosé Mexuto, cun fragmento dunha entrevista ao actor Sean Penn nun late show:



Pódese expresar máis alto, porén non máis claro: "Unha das cousas que se dixeron sobre Hugo Chávez é que fechou unha estación de televisión. O que sucedeu é que desde 1998 estiveron exhortando ao asasinato de Chávez todos os días nese canal. Algo polo que irían presos se estivesen aquí [nos USA]. El simplemente non lles renovou a licenza."

Que acontecería no Estado español se Antena 3 ou Tele 5 estivesen chamando ao asasinato de Zapatero ou de Juan Carlos I?

Máis repercursións do artigo sobre os matrimonios homosexuais na Galiza medieval

Vexo tamén que a noticia tivo repercusión en Chuza, onde foi a nova máis votada de onte, e en Menéame. Neste último caso, resúltame algo difícil facer un repaso dos seus 76 comentarios, porque a maioría son de trolls. Así e todo, entre os comentarios irónicos que se coaron na disputa, escollo este: Y en aquel tiempo, ¿qué dijo Fraga?

Ademais, un usuario de Menéame tamén comparte a información sobre unha lápida da segunda metade do século IV localizada en Huesca onde se di: "Rufu dulcissimo coniugi suo Viuentius sepulcrum adorna[u]it", isto é: "Viventius adornou este sepulcro para o seu docísimo cónxuxe Rufo".

No proceso de elaboración do meu artigo, procurei a existencia de algunha lápida ou documento de algún tipo semellante da época romana no territorio da actual Galiza, mais non os dei encontrado, aínda que tiveron que existir, xa que se conservan noutros lugares do Imperio. De feito, John Boswell dedica o capítulo 3 do seu libro Same-sex unions in premodern Europe aos matrimonios homosexuais no mundo grecorromano.

A morte doce da lingua

No meu artigo desta semana na sección "Por navegar ao desvío" de Galicia Hoxe reflexiono sobre a aparente liberdade de escolla lingüística en Galiza e a súa funcionalidade para os que quererían conseguir a morte doce do galego, "entre efemérides alegres e homenaxes varias".

A diglosia, porén, continúa cualitativa e cuantitativamente a describir a situación sociolingüística de Galiza.

Podedes consultar aquí o artiguiño.

7 de dez. de 2008

"Máis que amigos"

Vieiros fíxose eco do meu artigo da segunda feira pasada sobre a que probabelmente sexa a institucionalización máis antiga dunha unión entre dous homes que se conserve na Galiza.

Obviamente, que sexa a máis antiga que se conserve non quere dicir que sexa a máis antiga que existiu.

Podedes consultar aquí a noticia.

2 de dez. de 2008

A balanza da Rocío Dúrcal

A través da Bonequiña de Trapo, recordo unha das repetidas cancións da infancia, da cal sempre gostei: "La balanza", de Rocío Dúrcal.

Como estes días está por Galiza un compañeiro de fatigas euskaldún que sabe canto gosto eu desta cantora, penso que é bo momento para póla aquí e que tamén vós gocedes dela:

1 de dez. de 2008

Os matrimonios homosexuais na Galiza medieval


O artigo desta semana en Galicia Hoxe vai de recuperarmos memoria histórica: a unión o 16 de abril de 1061 de Pedro Díaz e Muño Vandilaz, seguramente a instucionalización "homosexual" máis antiga que conservemos en Galiza.

Aquí podedes ler o artigo.

[Actualización a 7 de decembro de 2008: A ligazón ao artigo no web de Galicia Hoxe dá agora algúns problemas, así que reproduzo aquí o seu contido.]

Os matrimonios homosexuais na Galiza medieval

Pedro Díaz e Muño Vandilaz institucionalizaron no século XI o seu desexo de viviren xuntos até a morte

Aínda que o título deste artigo poida parecer provocador, non é o caso. Xa a mediados da década de 90 o historiador John Boswell deu ao prelo un moi documentado traballo sobre a institucionalización das unións de parellas do mesmo sexo na Idade Antiga e na Idade Media.

Cunha fonda erudición e armado de tanxíbeis probas escritas, o que foi catedrático de historia medieval na Universidade de Yale puxo en evidencia máis unha vez que o heterosexismo e a homofobia non existiron desde sempre nin existen en toda a parte. Por moi naturalizados que aparenten estar, son resultado da historia e da cultura, non son froitos que se trouxesen de ningún Edén.

Nas súas pesquisas, Boswell demostrou que o cristianismo medieval non foi intolerante co afecto entre dous homes e documentou diversas formas de institucionalización das relacións de pares masculinos na Europa premoderna. O patriarcado fixo que non se saiba de emparellamentos análogos entre dúas mulleres, carentes de todo recoñecemento público.

A vía máis rexistrada foi a denominada “adelfopoiesis” ou cerimonia de irmandamento. Cómpre ter presente que a denominación “irmán” ou “irmá” usábase entre os cónxuxes heterosexuais xa no Baixo Imperio Romano e, coa mesma acepción, nas versións gregas da Biblia.

O ritual de adelfopoiesis, tamén analizado por Alan Bray con novas documentacións e matices, mantiña o mesmo esquema que para unha unión heterosexual, porén centrándose en figuras do santoral ou en citacións bíblicas referidas ás relacións entre dous homes. Os unidos nesta cerimonia costumaban ser enterrados xuntos. Así, o prestixioso teólogo Xosé Chao Rego razoaba que a xente percibiría estes protocolos como un matrimonio, xa que era unha unión emocional permanente recoñecida pola comunidade.

Até onde eu sei, non conservamos en Galiza testemuños de adelfopoiesis. A vía de unión máis antiga entre dous homes que chegou até nós foi o caso de Pedro Díaz e de Muño Vandilaz, probabelmente veciños do actual concello de Rairiz de Veiga.

Pedro Díaz e Muño Vandilaz estipulan mediante escritura pública o 16 de abril de 1061 a súa convivencia xuntos na mesma casa. A través dunha enumeración de actividades cotiás (coidar da habitación, decorala, gobernala, repartir a vestimenta, comida e bebida etc), mostran a súa disposición a partillaren as súas vidas e consignan que deberán ser “amicos bonos cum fide et veritate”, fórmula que lembra os rituais de adelfopoiesis. Mesmo chegan a estipular a obriga de teren as mesmas amizades e inimizades “in totos dies et noctes in omne tempus vel tempora”: todos os días e todas as noites, para sempre. Pedro e Muño márcanse que deben compartir as súas vidas e os seus traballos diarios até o día da súa morte e que, cando iso acontecer, o outro será o seu herdeiro.

Este escrito localizouse no Tombo de Celanova, o cal foi expoliado, como a maioría dos centros de documentación medieval do reino de Galiza, e actualmente está depositado no Archivo Histórico Nacional de Madrid. Xunto con outros tesouros da época, está nun lento proceso de dixitalización para a entrega de copias ao Goberno galego.

Máis que amigos?

A pregunta formulada nesta epígrafe, se estes dous homes eran máis que amigos, é anacrónica, pois parte da idea de que se poden estabelecer claramente nesta época lindes máis ou menos notorios entre amizade e amor. Igual que noutras alturas da historia e en moitas outras linguas e culturas, os conceptos de “amigo” e “amante” non se exclúen. Toda persoa alfabetizada sabe que, por exemplo, os “amigos” e as “amigas” que poboan os nosos cancioneiros teñen claras connotacións eróticas.

O emperador Hadriano e o seu amante por excelencia, Antínoo, constitúen, segundo os historiadores, a “parella romántica” máis famosa da Roma imperial do século I da nosa era (falo de “parella romántica” no senso de que tiñan ligazóns sexoafectivas, non de matrimonio nin uso nin concubinato). O mandatario, doído pola morte do seu favorito, ordenou esculpir bustos, estabeleceu a súa adoración como divindade e ergueu unha cidade na súa honra á beira do Nilo. Case nada! Porén, no Museo del Prado, a placa explicativa denomina “amizade” a relación que ambos mantiñan, neste caso claramente por causas tabuísticas.

Parece plausíbel acreditar, polas implicacións dun documento deste tipo, que hai un fondo de afecto que cos ollos de hoxe adxectivariamos de “homosexual”, mais o certo é que non temos máis probas que que se trata dunha unión “homosexual” no senso de que se desenvolve entre dúas persoas do mesmo sexo. Claro que, mesmo se a ligazón for afectiva e corporal, sempre se podería interpretar como amizade na acepción actual, máxime ao facermos unha relectura histórica imbuídos polo rexime de sexualidade hoxe hexemónico.

O que non se pode negar é que se solemniza unha amizade especial, cuns resultados xurídicos, de convivencia e de herdanza idénticos a un matrimonio heterosexual da altura.

Isto é un matrimonio?

O concepto de matrimonio tampouco é atemporal. Hai pouco, a raíña de España mostraba o seu desacordo porque se puider denominar así (tal e como o estabelece a lei) a unión entre dous homes ou entre dúas mulleres, seica baseándose en motivos históricos. Porén, ipso facto defendeu a voda por amor do seu fillo, príncipe herdeiro, cunha plebea divorciada, como unha modernización para “salvar a monarquía”.

Sofía de Grecia ten que investir argumentos en respaldar esa unión porque sabe que foi e é obxecto de ataques por parte dun sector que considera que a persoa designada como futuro Xefe de Estado por razóns dinásticas non pode casar con quen quixer. De feito, o que fixo o actual Príncipe de Asturias non entraría na definición de matrimonio que existiu na inmensa maioría da historia occidental, referido a un acordo de propiedade que tiña a ver coas herdanzas, desvencellado de posíbeis ligazóns emocionais, que poderían chegar co tempo. Vaites, iso que ás veces se di de que “o roce fai o cariño”.

É indubidábel que, co significado de marcar unha convivencia oficial e dereitos testamentarios, a unión rexistrada no Tombo de Celanova implica os mesmos deberes e dereitos que calquera outro matrimonio da época ou anterior, sendo ben máis que un contrato comercial, porque se estipulan elementos polos que debe rexerse a súa vida en base a unha xunción de “amizade”, non de parentesco nin doutro tipo.

Pode sorprender a alguén que esta unión legal non se exprese con fórmulas relixiosas, mais cómpre ter presente que a Igrexa só comeza a manifestar o seu interese en regular o matrimonio a partir do século X. Foi a partir de 1215 cando o declarou un sacramento para o cal requere a súa intervención; isto é, 50 anos despois deste documento.

Resetear a historia

Se nos desvendarmos de prexuízos, veremos que o amor, o desexo e o gozo están presentes ao longo de toda a historia, só que con diferentes modulacións, tanto nas relacións entre mulleres e homes como nas intermasculinas ou interfemininas, tamén con modelos de institucionalización.

Hai pouco, lembrábase o primeiro matrimonio lésbico en Galiza do que se ten constancia, acontecido no ano 1901 na cidade da Coruña. Merecen parabéns os movementos sociais que se preocupan en manter a memoria fronte á amnesia inculcada. A unión homosexual entre Pedro e Muño seguramente sexa a máis antiga que conservamos na nosa nación. Cómprenos coñecela, porque xa abondou de negacións e silenciamentos.

29 de nov. de 2008

A pesar deste tempiño

Desde agora, agardo desconectar un pouquichiño o resto do finde, así que acudo a un dos meus grupos escapistas favoritos, La Casa Azul. Resulta que aínda non puxera neste blogue o vídeo dunha das súas grandes cancións: "El sol no brillará nunca más". Corríxoo xa mesmo. A pesar deste tempiño, lucirán de novo os días soleadiños.



Aquí unha versión en directo. Se irdes a un concerto, preparade a coreografía:

27 de nov. de 2008

Presentación de Vencello


Hoxe, 27 de novembro, ás 20 h na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela, preséntase este libriño elaborado por un equipo de profesores que imparte aulas de galego en institutos de Cataluña.

Convidad@s ficades!

25 de nov. de 2008

Mañá, paro xeral nos institutos

Os estudantes paran as aulas para pararen as agresións contra o galego.

E ti apareces


Hai un par de anos, nun día especial en que axendara saldar en parte unha conta moi antiga, erguérame cantaruxando esta canción. Cando voltei da miña estraña e íntima misión, un músico do metro facía que se escoitasen eses mesmos acordes e letras ben lonxe nos túneles da estación.

Como nun filme. Unha coincidencia que parecía mística para acentuar que ese non era un día calquera.



"Mariposas", Silvio Rodríguez

Hoy viene a ser como la cuarta vez que espero
desde que sé que no vendrás más nunca.
He vuelto a ser aquel cantar del aguacero
que hizo casi legal su abrazo en tu cintura.
Y tú apareces en mi ventana,
suave y pequeña, con alas blancas.
Yo ni respiro para que duermas
y no te vayas.

Qué maneras más curiosas
de recordar tiene uno.
Qué maneras más curiosas.
Hoy recuerdo mariposas
que ayer sólo fueron humo.
Mariposas, mariposas,
que emergieron de lo oscuro.
Bailarinas silenciosas.

Tu tiempo es ahora una mariposa.
Navecita blanca, delgada, nerviosa.
Siglos atrás inundaron un segundo
debajo del cielo, encima del mundo.

Así eras tú en aquellas tardes divertidas.
Así eras tú de furibunda compañera.
Eras como esos días en que es la vida
y todo lo que tocas se hace primavera.
¡Ay mariposa!, tú eres el alma
de los guerreros que aman y cantan
y eres el nuevo ser que se asoma
por mi garganta.

Qué maneras más curiosas
de recordar tiene uno.
Qué maneras más curiosas.
Hoy recuerdo mariposas
que ayer sólo fueron humo.
Mariposas, mariposas,
que emergieron de lo oscuro.
Bailarinas silenciosas.

Tu tiempo es ahora una mariposa.
Navecita blanca, delgada, nerviosa.
Siglos atrás inundaron un segundo
debajo del cielo, encima del mundo.

24 de nov. de 2008

Cómpre rompermos coa farsa


Anunciábano onte e hoxe sae o meu primeiro artigo dentro da nova sección "Por navegar ao desvío", que ocupará a páxina 6 do Galicia Hoxe cada segunda feira, acompañado dunha ilustración do artista Estévez.

Comezo falando de lingua, cuxa temática abordarei de cote, porén tamén tratarei tocar outros temas.

As suxestións e as críticas serán ben recibidas!

22 de nov. de 2008

A vixiante da piscina

O milagre que decantou a santificación da Madre Maravillas de Jesús foi que un neno que parecía que ía morrer cando caeu á piscina, finalmente non faleceu porque os pais lle rezaron á futura santa. Alégrome pola crianza e pola familia.

Eu estudei nun colexio de monxas e lembro que me daban "estampitas" para rezarlle á Madre Maravillas, cun enderezo e penso que un teléfono, para comunicar o posíbel milagre. Tamén mas daban para facer o propio coa Madre Isabel Larrañaga, fundadora da miña rede de colexios, mais acho que non conseguiu até o momento ningún resultado (e non penso procuralo en google; tenme bastante sen coidado).

Hai unha interesante competición entre algunhas congregacións para lograren subir antes aos altares aos das súas filas. A organización das campañas electorais é fundamental para conseguilo. Fan unha curiosa interpretación daquilo de que "a Deus o que é de Deus e ao César o que é do César".

20 de nov. de 2008

Madre Maravillas de Jesús


"Déjate mandar. Déjate sujetar y despreciar. Y serás perfecta." Esta sentenza masoquista é unha das recomendacións da Madre Maravillas de Jesús, a quen José Bono quería homenaxear no Congreso dos Deputados.

A humillación voluntaria das mulleres foi o centro da predicación desta persoa, beatificada por Xoán Paulo II, para vergoña de calquera verdadeiro espírito cristián.

Alguén me pode dicir que diferenza hai entre iso e o burka ou o veo "voluntario"?

16 de nov. de 2008

Bye, bye, julái!


Aínda que a infancia non sexa ningún paraíso, a noticia de que vai fechar a Teleindiscreta tráeme moitos recordos de cando era pequerrecho. A saudade está aí a pesar de que, realmente, para que mentir, eu non sabía nin tan sequera que esa revista se seguía vendendo a día de hoxe.

Que pracer inmenso cando, tendo seis anos, me compraban a revista e miraba e remiraba os pósters e as pegatas de V, moitos dos cales aínda gardo nalgún caixón!

Como dirían as Supertacañonas nunha das etapas do "Un, dos, tres" ao que tamén lle daba tanto espazo a revista: "¡Bye, bye, julái!"

14 de nov. de 2008

Azzurro

Di /nena_alvisima que parece "o típico rústico que bebe auga do pozo", mais a min paréceme que soporta moooooi ben a pasaxe do tempo. Aí vai Adriano Celentano, con "Azzurro", que M-p-d-m está a pór de moda en toda a faixa atlántica galega:



Se queredes ver algunhas das coreografías máis patéticas que vos poidades botar á cara e, de paso, rir un pouco, podedes reparar nestoutro vídeo:

10 de nov. de 2008

Folga estudantil o 26 de novembro


Desde este blog, apóiase a folga convocada para o 26 de novembro nos institutos do país.

Paremos as agresións contra o galego!

2 de nov. de 2008

Libertad para escoger la lengua...

Recoméndovos a difusión deste vídeo onde se desenmascara con humor o cinismo destes grupos que din defender o "bilingüismo" e a "libertad para escoger la lengua"...


MLL
Enviado por seioque


Plas, plas, plas, plas!

22 de out. de 2008

Nove aniños

Para Lástima-de-boys, porque o nove é un número cabalístico, porque nos veremos este fin de semana para festexalo e porque sinto esta como unha das "nosas cancións", aínda que non fose na que, "beillando ao agharrado", lle preguntín "E ti, cantas vacas tes?":

8 de out. de 2008

Artes escénicas

A axenda manda no meu aínda algo desordenado horario de vida máis do que sería aconsellábel, porén nas dúas últimas semanas tamén tiven tempo de poder gozar bastante de diferentes espectáculos, que poño aquí para que se vexa que son un home de mundo e cultivado: a Frida da compañía A Internacional, talvez algo verde no momento da súa estrea; a versión en zarzuela de La Celestina de Joaquín Nin-Culmell, que me pareceu áxil, ben interpretada dentro das convencións do xénero e cunha escenografía interesante; o musical Mamma mia, con certeza moi inferior ao filme, cunhas actuacións pésimas aínda que con momentos ben entretidos, como era de prever; Els Nois d'Història, co texto de Alan Bennet dirixido por Josep Maria Pou, ao meu entender todo moi correcto, aínda que agardaba moito máis... Deixo para o final o que máis me emocinou e entusiasmou: a representación de Amor brujo so versión de Rafael Amargo, con algunhas xoíñas de dans nouveau como agasallo que case me deixan coa síndrome de Stendhal.

4 de out. de 2008

A censura sobre Iraq

Encontro, a través de Chuza, a información sobre o relatorio anual coas noticias que se consideran de maior relevo e que, porén, son censuradas e non son difundidas polos medios de comunicación. A noticia que encabeza a listaxe é a morte de 1.200.000 persoas civís de Iraq nos cinco anos de ocupación estadounidense.

"As tropas estadounidenses deron morte a 1,2 millóns de civís iraquís desde que comezou a invasión hai cinco anos, segundo o grupo de pesquisa Opinion Research Business (ORB). Estas cifras fan rivalizar a invasión e ocupación de Iraq coas grandes matanzas do século pasado, como o terríbel balanzo de até 900.000 seres humanos que se cre mataron no xenocidio de Ruanda en 1994 e está achegándose ao 1.700.000 que morreron en Campuchea so o Khmer Rouge na década de 70. Cada día saen á rúa até 5.000 patrullas que invaden 30 fogares cada unha procurando presuntos "insurrectos" ou "terroristas", co fin de os interrogaren, apresaren ou, simplemente, de os mataren. Estas operacións costuman deixar un balanzo de até 100 mortes por día e causaron unha crise humanitaria que desprazou a 5 millóns de iraquís".

(Fonte: ARGENPRESS.info)

Todas as noticias censuradas dan para pensar. De entre elas, chamoume especialmente a atención a número 15, que di que, cuantitativamente, hai hoxe máis escravos que en ningunha outra etapa da historia da humanidade: 27 millóns de persoas.

2 de out. de 2008

"Ningún home"

Fran Cortegoso, o que faltaba do chamado Cenáculo de Vista Alegre, que inclúe tamén ao fotógrafo de poetas David González del Riego.

:D

19 de set. de 2008

Aquestas noites tam longas

Aquestas noites tam longas
que Deus fez em grave dia
por mí, por que as non dórmio
e por que as nom fazia
no tempo que meu amigo
soía falar comigo?

Porque as fez Deus tam grandes
nom posso eu dormir, coitado,
e, de como som sobejas,
quisera eu outra vegada
no tempo que meu amigo
soía falar comigo.

Porque as Deus fez tam grandes
sem mesura desiguaes
e as eu dormir nom posso,
porque as nom fez ataes
no tempo que meu amigo
soía falar comigo?

(Juião Bolseiro, excepto a rima do segundo verso da segunda cobra)

16 de set. de 2008

8 de set. de 2008

Animiños! :D

Non temos que cargar enriba co que xa non serve. Por iso o noso Gon vai botar ao lixo as súas amígdalas mañá pola mañá.

Desde aquí, moitos biquiños, apertiñas, mimiños e desexos de xeladiños gorentosos.

7 de set. de 2008

...a vida é un xogo ;)

Aínda que sempre fun máis do "Un, dos, tres..." (onde vai parar!), non podo negar que bailar as sintonías de "¿Qué apostamos?" e, sobre todo, "El gran juego de la oca" levanta o ánimo ;) Viva Arena Vip! Viva!

6 de set. de 2008

La Casa Azul políglota

A finais da primavera sorprendeunos con "Vull saber-ho tot de tú", en catalán, que TV3 tentou que fose a canción deste verán en Cataluña:



E, aínda que xa se puidese escoitar en contadas ocasións (como cando foi a presentación do vídeo "Esta noche sólo cantan para mí") e o rumor estaba aí desde había meses, agora xa se filtrou á rede a versión en inglés de "La Revolución Sexual":



Aquí, para quen a queirades en plan semi karaoke (xa sei que o vídeo é horríbel...):



Por se non fósedes capaces de collela de vez, velaquí a súa letra:

Let it all out,
don't you think you need a break, oh.
Let it all out,
what's the point if you can't wait, cause the
Summer of Love
is getting ready to arrive
And I think there is a sexual
revolution by your side.

You've been sure of one thing for a few days.
To be right or be strong,
it's just a phase.

You who used to preach that
living life could be so worthless,
who used to lean towards the blues
and feeling bad.
Anticipating and predicting catastrophic ends,
Believe a sexual revolution's at our side.

You, who used to think the kind of love
you knew was hopeless.
Who once preferred to show yourself
only made-up.
Begin again to recognize that it just made no sense,
'cause a new sexual revolution's just begun.

Let it all out,
don't you go on and preted, honey.
Let it all out,
Why would you want to fool a friend?
On the summer or love,
is getting ready to arrive,
there's a sexual revolution by your side.

You've been sure of one thing for a few days.
To control or loose it all,
it's just a phase.

You who used to preach that
living life could be so worthless,
who used to lean towards the blues
and feeling bad.
Anticipating and predicting catastrophic ends,
Believe a sexual revolution's at our side.

You, who used to think the kind of love
you knew was hopeless.
Who once preferred to show yourself
only made-up.
Begin again to recognize that it just made no sense,
'cause a new sexual revolution's just begun.
Youuuu!!!
nah nah nah nah nah nah!!
A new sexual revolution just began
A new sexual revolution...


Porén, aínda hai máis.

Tamén chegou a versión coreana do mesmo hit, cantada por unha rapaza chamada Yeongene, segundo puiden saber a través da rede. A ver que vos parece o que xa se pendurou en youtube, antes da saída da versión completa:


Seguindo a súa lóxica...

(Publicado no Faro de Vigo por Davila.)

+ info

30 de ago. de 2008

Dúas vellas que tamén tiveron mocidade...

A parella Del Martin e Phyllis Lyon son un dos grandes iconos lésbicos, pola súa loita pública e continuada desde os anos 50 pola igualdade de dereitos independentemente da opción sexual, especialmente no que afecta ás mulleres.

Souben delas a través dunha das súas tentativas frustradas por casar, hai xa varios anos, e que tivera bastante eco mediático. Rompía os esquemas ver a dúas velliñas nesa batalla. Pola idade, por seren mulleres, porque tiñan detrás un historial de activismo mesmo nas épocas máis escuras, porque levaban xuntas catro décadas...

Antonte morreu Del Martin, dous meses despois de conseguiren o seu ansiado obxectivo de casaren.

Grazas polo exemplo de perseveranza, loita e orgullo.

25 de ago. de 2008

Contra a nostalxia


Nese puntiño vermello nacín eu, hai case 30 anos (faltan 13 horas cando escribo isto). Deume por nacer ás 3 da mañá, en plenas festas da parroquia.

Esta semana que agora comeza é de moitas mudanzas, non só polo aniversario, senón tamén noutras acepcións do termo.

Aínda que toda mudanza ten algo de saudoso, combatamos a nostalxia.

"No tempo em que festejavam o dia dos meus anos, /eu era feliz e ninguém estava morto", escribiu Álvaro de Campos - Pessoa. Contradigámolo. Deixemos ese pretérito. Non estamos mortos.

Necesítase un código ético

Neste artigo Miguel Anxo Murado di, tan ben como el o sabe expresar, algo no cal levo matinando a respecto do tratamento informativo da traxedia de Barajas. Tamén para isto sería necesario un código ético. E que se respeitase.

Contar a traxedia, Miguel-Anxo Murado

Esa enorme tristeza que se debruzou de repente sobre o mundo cando caeu o avión de Barajas volveu demostrar que os xornalistas non sabemos tratar a dor. O xornalismo escrito aínda permite un mínimo de tempo para reflectir no que se di e como se di, e mesmo se ás veces hai redaccións desafortunadas, os xornais, polo xeral, van librando.

Pero a radio e a televisión, que son un xornalismo permanentemente empurrado polas présas, convértense nestes casos nunha sucesión de desconsideracións, de faltas de tacto, de crueldades innecesarias, de inhumanidade gratuíta.

Falo da reporteira que dicía que se ían pedir mostras do «DNI» dos familiares para comprobar as identidades dos corpos. Falo da insistencia en referirse a ese corpos como «cadáveres», a expresión menos humana de todas cantas hai para falar dunha vítima, un falecido, un defunto.

Falo do acoso dos micrófonos a familiares para preguntarlles como se sentían, unha pregunta tan banal como cruel. «Están traendo os cadáveres aquí porque hai unha inmensa neveira na que caben todos e así non se descompoñen», dicía un locutor; «vin un ferido tan queimado que pensei que era un negro, pero era un branco», dicía outra; «as caixas negras do avión, que todos coñecemos polas películas de Hollywood», comentaban desde o estudio, sorrindo. Non se trata de adoptar un xesto compunxido nin de ocultar información, senón de pensar un pouco no que se di.

A televisión e radio presumen do directo como se fose o seu grande tesouro, cando é a peor das servidumes. Cando se fai mal, o directo convértese nunha tortuosa sucesión de reporteiros que se quedan en branco ou din o primeiro que se lles pasa pola cabeza, utilizan verbos estraños ou van ás apalpadelas intentando saír como poden dunha frase subordinada na que se meteron como quen se perde nun xardín.

Polo xeral non importa moito, só é incómodo. Pero cando do que se fala é dunha cousa tan sensible como a morte brutal de familias enteiras, convértese en grotesco o que xa de por si é abondo tráxico.

É certo que é difícil enfrontarse á dor, mesmo á dos demais. Por iso a sociedade inventou lugares comúns («acompáñote no sentimento») para permitir mostrar solidariedade sen meter a pata. O xornalismo ten que aprender dese vello tacto popular e comprender que a dor é unha substancia que hai que manexar con coidado, porque queima coma o lume e é fráxil coma o cristal.

13 de ago. de 2008

13 días para os 30


Cada vez falta menos para a conta atrás definitiva.

É sabido que os 30 son os novos 20, o cal é máis un motivo para festexalos. Aínda que sexa á forza do autoengano.

Como ben dixo nalgunha ocasión Bibi Andersen, e eu non canso de repetir, só hai dúas opcións: facer anos ou non facelos (e ao dicer isto último cómpre facer algún xesto mortuorio, como pasar o índice polo pescozo como se fose un coitelo). Así que sempre hai que escoller facer anos, aínda que sexa para dar inicio a unha nova década.

Ao final (cito ao Roi), máis traumático para todos foi pasarmos dos 9 aos 10 anos. Daquela, tivemos que asumir que nunca máis na vida volveriamos ter unha única cifra!

A crise dos 30, porén, como sabedes todas as persoas que me tedes que aturar habitualmente, realmente existe.

Dentro da crise está que a un lle dea por facer un algo de inventario da vida e, como non, sempre se é algo inconformista. Por iso me dedico esta canción, importante na miña banda sonora:



Y Mariana

Siempre hay quien quisiera ser distinto:
nadie está conforme con lo que le tocó.
El de edad quisiera ser un niño
y el rapaz se raspa sus pelusas en flor.
Los que tienen nada quieren algo,
los que tienen algo quieren todavía más.
Para pretender el mundo es largo,
para conformarse se ha inventado el jamás.

Un señor quisiera ser mujer
y una chica quiere ser señor.
Hasta Dios sueña que es un poder.
Y Mariana quiere ser canción.

La tolerancia es la pasión de los inquisidores.
El buen ladrón quisiera no tener que robar.
Le deben al silencio la voz los ruiseñores.
La eternidad no es más que un truco para continuar.
La libertad sólo es visible para quien la labra
y en lo prohibido brilla, astuta, la tentación.
Nacer a veces mata y ser feliz desgarra.
¿A quién acusaremos cuando triunfe el amor?

Un señor quisiera ser mujer
y una chica quiere ser señor.
Hasta Dios sueña que es un poder.
Y Mariana quiere ser canción.

4 de ago. de 2008

Evo Morales

Hai moitas razóns para admirar a Evo Morales e apoiar o proxecto político que el encabeza. A creación de tres universidades que ministrarán as súas aulas en aimara, quechua e guaraní, son máis unha.

1 de ago. de 2008

De novo en galego!


Parabéns á Iria, ao Fran, á Patricia e a todos os rapaces e rapazas que tanto se implicaron nesta campaña!

Conseguimos que a editora tivese que ceder e optase por traducir de novo Astérix ao galego!

7 de jul. de 2008

Anasagasti sobre Rosa Díez

Paréceme que este é un interesante artigo de Iñaki Anasagasti sobre Rosa Díez: "¡Ven y cuéntalo!"

Agora podo enfrontarme a esta ansiedade...



Velaquí o novo clip de La Casa Azul. A canción aborda a ansiedade con música eufórica, dentro do estilo Milkyway. Mais o vídeo, sorprendentemente, non agudiza aínda máis esa contradición.

Paulo e eu escoitámoslle unha versión acústica tremenda na festa "Flor de Pasión" deste ano (o nome do evento vén do programa de Radio 3 de Juan de Pablos).

"Esta noche sólo cantan para mí" é, na miña opinión, unha das mellores cancións da Casa.

Por se tarda en se cargar a versión de youtube, puxen tamén en blogger o clip:

25 de jun. de 2008

Cousa linda

Camiño do Orgullo, recoméndovos a quen aínda non o vísedes, o filme Beautiful thing. Para min foi moi importante no momento en que me tocou saír do armario. Os que xa sodes doutra xeración talvez non vos poidades imaxinar a miña emoción cando os protagonistas corrían polo bosque e se beixaban mentres Mama Cass exclamaba:

But you've gotta make your own kind of music
sing your own special song,
make your own kind of music even if nobody
else sing along.

24 de jun. de 2008

My dream is to fly over the rainbow so high

Este sábado 28, en Santiago, Aturuxo, a federación de asociacións gais, lésbicas, bisexuais e transexuais de Galiza convócanos a todas e todos a celebrarmos o Día do Orgullo.

Á unha da tarde haberá un maripícnic no parque de Belvís, con concurso de tortillas, maribrilé e bollifútbol. Ás seis da tarde, a manifestación sairá como é de costume desde a Alameda.

A festa chega ás dez e media da noite na Praza da Quintana.

Vémonos o sábado! Voaremos por riba do arco da vella!

"A UE non reuniría as condicións democráticas bastantes para ingresar na UE"

Un excelente artigo de Xosé Manuel Pereiro: "Se esta é a Europa aquela..."

23 de jun. de 2008

Unha iniciativa fundamental

Déixovos aquí un artiguiño que me publicaron hoxe e que escribín con toda a ironía de que fun capaz. Vai sobre as últimas ocorrencias da SXPL para gastar diñeiro público sen facer nada do seu ámbito de xestión. Aínda que pareza doado, non o é.

21 de jun. de 2008

De verdade os van perseguir as nosas memorias?

Para a Alicia, que sei que gosta moito de Lluis Llach e é unha das escasas coincidencias que temos. Por que se tivo que retirar dos escenarios e así impedirnos que o poidamos ir ver xuntiños a algún concerto? :(

Para o Gon, aínda que me dá que non terá paciencia para terminar de velo en youtube.

Para o Fran, porque non estou certo de se coñece a Lluis Llach e confío en que lle encante.

Para o Paulo, con quen teño pasado tardes e días escoitando os seus discos.

Para o Marcelo, que mo descubriu na adolescencia.

Para o Rubén, que me acolleu e acompañou ao primeiro concerto da Llach ao que fun na miña vida, coido que no San Froilán do 97.

É exemplar como algúns pobos manteñen as súas vítimas na memoria. Imaxinádesvos un acto semellante en homenaxe e recordo por exemplo de Moncho Reboiras? Canta xente sabe tan sequera do asasinato de Moncho Reboiras ou de Amador e Daniel no final do franquismo?



Por certo, o PP está hoxe co seu congreso. Como me fai lembrar iso outros versos de Llach:

Ara són més polits que els seus pares
i es disfressen amb plomes de Harvard
però si arriba el poder, adéu Proust, adéu Brecht...

19 de jun. de 2008

12 de jun. de 2008

O nome do país

Comparto aquí este artigo que publiquei hoxe sobre a polémica mediática dos últimos días contra o uso de Galiza:

O nome do país

Nos últimos meses, a vulneración dos dereitos lingüísticos dos galegos e das galegas evidenciouse en diferentes situacións que, pola súa gravidade, tiveron tamén eco nos medios de comunicación. Algúns deses casos lembrámolos na manifestación do pasado 18 de maio, ese chamamento cívico contundente ao noso dereito a vivirmos no noso propio idioma.

O Carrefour da Coruña recoñeceu que un xefe de sección insultara a unha traballadora porque esta falaba en galego. Unha xuíza, Ana López Suevos, foi denunciada e cuestionada na súa profesionalidade por emitir sentenzas nesta lingua. O Hotel Ciudad de Vigo admitiu que lle prohibe aos seus traballadores falar neste idioma milenario. O Hospital Modelo da Coruña chegou a enviar un comunicado de imprensa xustificando que unha das súas pediatras lle prohibise a pacientes e familiares que se dirixisen a ela en galego. Segundo datos proporcionados polos centros educativos, o 10,5% das crianzas de tres anos nas sete cidades non reciben nin unha hora de ensino en galego ao día; outro 16% só recibe unha hora...

Ningún destes temas suscitou ningún ditame ou comunicado, por pequeno e sinxelo que fose, por parte da Real Academia Galega. Contrasta este cómodo silencio da RAG perante os problemas da lingua e da cultura do país co protagonismo desta institución na actual campaña mediática contra o uso de Galiza, forma xenuína e histórica, abrumadoramente maioritaria na documentación en galego até o século XVII (aínda que, como é sabido, desde a dominación castelá os textos no noso idioma son cada vez menos e con máis barbarismos).

Hai un debate entre lingüistas sobre se Galicia é tamén ou non unha forma galega, pois a súa pervivencia na oralidade non o certifica, igual que non podemos concluír que gallego sexa o recomendábel porque galego desaparecese da fala, excepto nunha comarca. Mais o que non pode negar ningún lingüista é que Galiza é unha forma propia, da nosa historia e da nosa tradición, que hoxe non é ningunha peza de museo, senón que está recuperada e tamén viva, especialmente nos sectores máis dinámicos en favor dos dereitos da comunidade lingüística galega.

Nesta pugna simbólica contra Galiza están xustamente os principais movementos e grupos fácticos ou de presión que atacan calquera posíbel adianto para o noso idioma e que ollan para outro lado cando hai conculcacións de dereitos notorias e escandalosas como as sinaladas no segundo parágrafo. Iso non quita que haxa moita xente que defenda ou utilice Galicia por apego afectivo ou porque considere máis acaída a corrente lingüística que defende o seu uso por ser a forma maioritaria na fala espontánea.

Do meu punto de vista, o problema non está principalmente no ditame da RAG, pois este é pouco máis que unha paráfrase pouco afortunada das Normas de 2003, extralimitada no aspecto xurídico. O máis grave é que se estean a reproducir diariamente declaracións off the record desta institución, ou da comisión correspondente, sen que en ningún momento se neguen ou se corrixan, colaborando así na campaña de deslexitimación do uso de Galiza e creando incerteza sobre as pautas para un uso correcto do idioma.

A mesma Academia que nas normas de 2003 estabelece o criterio salomónico de que Galicia e Galiza son válidas, agora considera, irresponsabelmente e pondo en perigo o consenso normativo alcanzado hai cinco anos, que isto é “esquizofrenia lingüística” e que “un país non debe ter dous nomes”. Con certeza, é digno de lamento, mais tamén non é novidade tal diverxencia de pareceres nunha institución que, despois de referendar grazas como única forma correcta, realiza declaracións públicas escasamente serias a través do seu presidente cuestionando o seu uso e indicando que el vai seguir dando as gracias. Que autoridade ten para estabelecer normativa quen non a aplica?

Para o progreso do idioma é preciso un referente estándar que conte cun amplo respaldo e consenso social, aínda que tal acordo ortográfico e morfolóxico deba ser dinámico e se revise “en función do proceso de normalización do uso do galego”, tal e como estabelece a Lei de normalización lingüística na súa disposición adicional. Fraco favor lle está a facer á existencia de tal consenso a postura da RAG. Agardemos que os seus membros máis conscientes, comprometidos e preocupados pola situación do noso idioma reaccionen e, aínda que sexa 101 anos despois, teñamos por fin a Academia Galega que a nosa cultura e a nosa lingua precisan.

9 de jun. de 2008

...e nunca te atreviches a preguntar

Era unha vergoña non tela visto completa aínda, así que proseguín o meu improvisado e desordenado ciclo sobre Woody Allen con este título. O libro amarelo que vedes aí vén sendo o bestseller que parodia a través destas historias, dun tal Dr. Reuben, co esquema clásico das obras de autoaxuda.

Gostei especialmente do concurso "Cal é a miña perversión?", aínda que a escena do bufón que ve o inútiles que resultan os afrodisíacos perante os cintos de castidade tamén é para esperrecharse.