Entre os varios libros que publicou salientan os ensaios Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (2011, premio Redelibros), Amigos e sodomitas (2011, premios Vicente Risco e Fervenzas Literarias), Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez (2012) e o poemario Inscricións (2019). Foi recoñecido co premio Careón 2018 pola súa carreira literaria.
É presidente de honra da Mesa pola Normalización Lingüística (a maior asociación cultural de Galiza), entidade que dirixiu entre 2002 e 2014. Tamén presidiu durante dous anos o Comité de Estado da Axencia Europea das Linguas Minorizadas.
Para unha información un pouco máis ampla podes clicar aquí.