Mostrando postagens com marcador AeS. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador AeS. Mostrar todas as postagens

4 de jul. de 2024

Os casamentos de home no reino medieval da Galiza

Xa está en aberto Maridos e sodomitas! Buscádeo en R (Dial 119), Movistar ou no Youtube, comentade e divulgade. 

E nuns meses, o libro Vidas e historias LGBT da Idade Media, que tamén vai quebrar moitos esquemas. 

A historia ten que coñecerse! Axúdanos a espallala!

12 de jun. de 2020

Unha cantiga lésbica amatoria no trobadorismo galego-portugués



Feliz coincidencia. Na semana da Visibilidade Lésbica Galega saíu publicado o meu artigo "Unha cantiga lésbica amatoria no trobadorismo galego-portugués", cunha información que non tiña cando publiquei Amigos e sodomitas en 2011.

A edición do libro con todas estas pesquisas actualizadas sobre as realidades de amor e desexo entre mulleres ou entre homes na literatura medieval espero que poida ser un feito no ano próximo, se todo for ben (o cal é moito pedir para estes tempos, xa o sei, mais hai que sachar e cruzar os dedos).

O texto do artigo pódese consultar no meu perfil persoal en Academia.edu (ou sexa, aquí) ou na páxina da revista Scripta (isto é, aquí).

19 de dez. de 2017

O libro Amigos e sodomitas, reseñado no semanario Santiago Siete

Xa dixen nalgunhas das últimas entradas no blogue que estou a ordenar e recoller cousas que tiña esparexidas. Por iso me encontro con vídeos ou recortes de xornal do pasado, que opto por deixar aquí penduradiños por se lle puideren ser de interese a alguén.

Tócalle a vez a unha pequena reseña do libro Amigos e sodomitas, publicada no semanario compostelán Santiago Siete, edición do 1 ao 7 de xullo de 2011, p. 22:



23 de jul. de 2017

A tese



Son unha persoa con varias inquietudes que me arrastran con paixón: a Sociolingüística e a Historia da lingua, a Psicanálise, Rosalía de Castro, o trobadorismo, a Historia da diversidade afectiva e sexual e as súas interseccións coa literatura etc. O pasado día 21 deille non o punto e final, senón un significativo punto e seguido, a unha das liñas en que levo traballando, de forma absolutamente intermitente porén sempre con moita curiosidade, desde os meus primeiros anos de estudante universitario: as homosexualidades no trobadorismo galego.

Desde o tribunal que xulgou a tese de doutoramento, para alén de moitas palabras xenerosas e amábeis e moitos contributos que terei en conta para as publicacións resultantes, indicouse que se constataba a miña pretensión de "non deixar ningún cabo solto". É certo que ese foi un obxectivo e por iso me resultan aínda de máis utilidade as atentas lecturas que para a avaliación realizaron Carme Fernández-Pérez Sanjulián, Isabel Morán Cabanas e Xosé Bieito Arias Freixedo. Tamén non podo máis que deixar constancia, con todo o meu agradecemento, da sabia orientación que me brindaron nestes últimos anos Pilar García Negro e Manuel Ferreiro, como directora e director.

Fico tamén moi obrigado a todas as persoas que me fixeron un oco na súa axenda nesa mañá e me acompañaron no acto de defensa. Dou tamén as miñas grazas e beizóns a cada un dos numerosos e cálidos parabéns que me arribaron e que me é imposíbel responder un por un, mais que fican no meu corazón.

Irei avisando conforme vaian saíndo as publicacións, para se poder ler, pensar e debater sobre o resultado destes anos de traballo.

8 de abr. de 2017

Tese entregada


Coa miña directora e co meu director da tese, Pilar García Negro e Manuel Ferreiro. Son moi afortunado!

O primeiro volume é a disertación de doutoramento propiamente dita (As relacións sexoafectivas intermasculinas e interfemininas no trobadorismo galego) e o segundo é o apéndice, coa edición das cantigas.

A defensa será nuns meses. Xa irei comentando ;)

5 de jul. de 2015

Hoxe estarei na Romaría da Diversidade

Desde a asociación AMBAR, para persoas con diversidade funcional, convidáronme a participar hoxe na Romaría da Diversidade, que comeza de aquí a uns minutos en Ribeira e cuxo programa de actos se estende até as sete da tarde. Pedíronme en concreto que, na chamada "Agra das ideas", que estará até as 14 h, fale un pouco da diversidade de opción sexual e a historia da homofobia tal e como a presentei no libro Amigos e sodomitas.

Son moitas as actividades, conferencias e actuacións musicais da xornada. Podedes consultar o programa completo nesta ligazón. Vémonos por alí?

Viva a diversidade, unha das características esenciais dos seres humanos!

16 de abr. de 2015

Así foi o roteiro de hoxe en Compostela sobre a homosexualidade na Idade Media

Sei que desde Ultreia axiña publicarán máis imaxes e penso que tamén houbo xente que fixo pequenos vídeos. De momento aí van as primeiras fotos (procedentes das redes sociais de @GoDiAl e @ACOGalo) do percorrido que realizamos hoxe por Compostela en defensa da diversidade sexual e da memoria, baseándonos nos datos que se recollen no ensaio Amigos e sodomitas.

Eu divertinme moito. Espero que vós tamén!




 





15 de abr. de 2015

Roteiro Amigos e sodomitas


Mañá ás sete sairemos desde a libraría Lila de Lilith de Santiago para facermos un percorrido por varias historias da homosexualidade na Compostela medieval. Nesta ligazón tedes máis información sobre o acto, que é gratuíto e aberto a todas as persoas que estiverdes interesadas.

Por se tiverdes curiosidade sobre o libro Amigos e sodomitas, neste pequeno relatorio do Centro de Investigacións Ramón Piñeiro podedes ver a síntese dalgunhas das recepcións publicadas en papel sobre este libro no momento da súa saída.

31 de mar. de 2015

16 de abril, roteiro pola homosexualidade na Compostela medieval

O 16 de abril de 1061 é a data do documento máis antigo que conservamos dun matrimonio homosexual en Galiza (ollo: sabemos que houbo moitos máis, polo contexto ou polos indicios, porén non os conservamos). Para festexarmos tan importante efeméride temos unha cita 954 anos despois ás 19 h na libraría Lila de Lilith de Santiago de Compostela.

Desde alí, nun acto organizado pola recén nada asociación Ultreia, realizaremos un roteiro pola homosexualidade pola Idade Media compostelá, partindo sobre todo do que publiquei no libro Amigos e sodomitas.

Unha das historias que recordaremos será a do santo popular Ataúlfo II, bispo de Iria Flavia, cuxa acusación de sodomía deu aínda para unhas cantas reviravoltas ao longo dos séculos. A imaxe que acompaña esta entrada fai alusión ao seu milagre.

26 de mar. de 2015

Poesía, vida, psicanálise, lingua e linguaxe

Eses son algúns dos temas que saen na conversa desta semana co xornalista Carlos Roma en Correo TV por volta de Atravesar o fantasma:



Moitas grazas polo interese, a acollida e o espazo!

3 de dez. de 2014

30 de abr. de 2014

Entrevista para Biosbardia

http://biosbardia.wordpress.com/2014/04/28/carlos-callon-a-pesar-de-todo-o-nivel-de-compromiso-social-co-galego-e-moi-alto/

Unha destas formiguiñas dinamizadoras que temos no país, César Lorenzo Gil, fíxome esta entrevista para a revista dixital que el fai posíbel: Biosbardia. Preguntoume se vou mudar de actividade pública (moita xente pensa erroneamente que agora vou para algún cargo partidario ou institucional), como valoro os libros xa publicados, que ando a escribir nestes momentos...

Para alén desta conversa, aconséllovos que vos deades unha volta en xeral por Biosbardia. É destes pequenos proxectos que impiden que decaia a esperanza.

8 de abr. de 2013

Amigos e sodomitas, o 16 de abril na Facultade de Historia da USC


Os Comités de Estudantes convidáronme a dar unha conferencia na Facultade de Historia da USC para falar sobre o libro Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media.

O acto coincide -e non é por casualidade, senón porque cómpre loitar contra a adulteración da historia, porque cómpre alimentar a memoria-; coincide, digo, co aniversario do matrimonio entre Pedro Díaz e Muño Vandilaz: o 16 de abril de 1061.

Continuamos!


1 de abr. de 2013

Presentacións no mes de abril

Vou pendurando aquí, aínda que sen todos os datos, algunhas presentacións de libros que teño na axenda para este mes de abril:
15 (segunda feira), Ourense: Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez.

16 (terza feira), Santiago de Compostela: Amigos e sodomitas.
22 (segunda feira), As Pontes: Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez.
24 (cuarta feira), A Coruña: Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez.
27 (sábado), Cee: Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez.
Faltan un par delas que aínda están entre dúas datas. Axiña porei toda a información.

Continuamos!

27 de nov. de 2012

Alfredo Ferreiro achégase a Amigos e sodomitas


Moitas grazas por esta nova atención crítica ao meu ensaio sobre a configuración da homosexualidade na Idade Media! Podedes ler a crítica completa de Alfredo Ferreiro no coñecido blogue O levantador de minas. Ademais, encontrarédesvos cun ben interesante bonus-track.

Continuamos!

12 de nov. de 2012

Léao, señor ministro!


Non sei se Jorge Fernández, o homófobo declarado que exerce como ministro do Interior, chegará a abrir as páxinas do libro que lle agasallei, e nin tan sequera sei se llo chegarán a pasar desde as dependencias do Ministerio. Oxalá sexa así, porque lle fai boa falta ter unha visión afastada dos dogmas de odio que tanto repite.

Deixo aquí algunhas ligazóns á acollida mediática que tivo o envío. Cando menos, púidose darlle algo de eco a estoutra visión das cousas:
Continuamos!