Ordenando cousas encontreime con este vídeo, pertencente ao programa Faladoiro, de Correo TV. É testemuño da situación en que se daba o debate público sobre a situación do noso idioma no ensino hai dez anos.
Participan nesta confrontación de ideas: Manuela López Besteiro (deputada do PP), Julio Abalde (o vicepresidente na altura das ANPAs de centros públicos), José Luis Baños (secretario de FERE-CECA, confederación das escolas católicas) e eu mesmo (que, na altura, era presidente da Mesa pola Normalización Lingüística). A presentadora e moderadora é Susana López, quen desde hai uns anos é rostro das tardes da TVG.
Cómpre lembrar que a representante do PP nesta ocasión diante das cámaras tamén fora negociadora e valedora do decreto aprobado durante o bipartito. Cómpre lembralo.
Hai dez anos o quieto sentíase movido...
Mostrando postagens com marcador Manuela López Besteiro. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Manuela López Besteiro. Mostrar todas as postagens
9 de dez. de 2017
5 de out. de 2014
Ligazóns ao desvío para un cinco de outubro
"A LOMCE e primeiro de Primaria", Luz Cures.
"As mentiras do PP sobre a lingua galega", Cibrán Arxibai.
"As dez cousas que nom lhe deves dizer a um galego-falante", Ramiro Vidal Alvarinho.
"Actualidade e historia", Francisco Rodríguez.
A Mesa denuncia os incumprimentos da Carta Europea das Linguas perante o Consello de Europa.
"As mentiras do PP sobre a lingua galega", Cibrán Arxibai.
"As dez cousas que nom lhe deves dizer a um galego-falante", Ramiro Vidal Alvarinho.
"Actualidade e historia", Francisco Rodríguez.
A Mesa denuncia os incumprimentos da Carta Europea das Linguas perante o Consello de Europa.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
7 de jan. de 2010
Este é o consenso

Estas dúas fotos de aquí arriba son do 23 de febreiro de 2007, cando a conselleira de Educación e representantes do PP, do PSOE e do BNG presentaban o decreto 124/07, que regula que o galego teña unha presenza de ao menos o 50% nas diferentes etapas do ensino non universitario. Concretábase así, por fin, un acordo unánime do Parlamento de setembro de 2004, no cal se instaba ao Goberno a que se lexislase nese sentido.Á conselleira, Laura Sánchez Piñón, acompañábana nesa xornada Manuela López Besteiro e Ángel Bernardo Tahoces, do PP; Guillermo Meijón e Francisco Cerviño, do PSOE, e Manuel Parga Núñez e Bieito Lobeira, do BNG.
Véxanse estas fotos e comparése coa presentación do decreto contra o galego realizada unilateralmente, con nocturnidade e aleivosía por Alberto Núñez Feijóo en vésperas de fin de ano. Onde está a imposición e onde o consenso?
Assinar:
Postagens (Atom)