- "A peta do senhor conselheiro", Carlos Garrido.
- "O 'petróglifo' do Petón de dona Urraca. Patrimonio? Si", Manuel Vilar.
- En que linguas ensina a USC? Datos do curso 2016-17. As áreas de Ciencias da Saúde teñen unha media de ensino en galego do 2,85%. Hai un total de 9 graos que non chegan nin ao 10% de ensino no noso idioma.
- A Real Academia Galega presentou un pequeno documento coas formas dos apelidos na súa ortografía, que pode facilitar moito o procedemento xudicial de galeguización. Oxalá sexa así! Pódese consultar o documento en PDF nesta ligazón. Se callar, o máis rechamante é que o prólogo estea asinado por Alonso Montero, cando no documento se nos di en negro sobre branco que ambos os apelidos son castelanizacións dos xenuínos Afonso Monteiro. O mellor pedicador é Frei Exemplo.
Mostrando postagens com marcador Xesús Alonso Montero. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Xesús Alonso Montero. Mostrar todas as postagens
19 de fev. de 2017
Ligazóns ao desvío para un dezanove de febreiro
8 de jun. de 2016
As cinco vogais do listísimo Carlos Callón
Carmen Santos, secretaria xeral de Podemos en Galiza, respondeu ao meu último vídeo, no cal eu afeaba que chamase o galego escrito como unha "lingua de laboratorio", entre outras cousas.
Hai varios aspectos das súas respostas -que circulan polas redes sociais- que debo contestar.
1º) O único que critiquei é que repita falacias que serven para desprestixiar o galego e que son tristemente coincidentes cos prexuízos fomentados polo PP.
É unha mágoa que o faga, mais está a tempo de aprender, de revisarse e de se decatar de que o que se di en público ten consecuencias.
Con todo, teño que dicir que me parece moi positivo que a secretaria de Podemos en Galiza, igual que o seu equivalente do PSOE, se exprese con normalidade en galego.
2º) Atribúeme que eu, ou "xente tan listísima como Callón", fago mofa das persoas que cometen faltas falando ou escribindo. De novo, prexulga.
Díxeno moitas veces (pode comprobalo en Google ou nos varios libros que publiquei): os nosos erros danlle nova vida ao galego. Non hai ninguén que pase de falar unha lingua mal a falala ben sen pasar por un longo camiño falándoa regular. Co galego, igual que co resto. Nin máis nin menos.
O noso é un idioma tan válido como calquera outro e que pode ter diferentes rexistros e niveis. O problema que a secretaria de Podemos en Galiza manifesta é que non acepta que o galego poida ter tamén un rexistro formal.
3º) Non deixa de ser curioso que, despois de me atribuír falsamente que eu me meto coa lingua que usan os demais, ela comece a criticar o meu galego, nun ton que resulta mesmo infantil: "A lo menos eu non teño que forzar unha pronunciación natural e teño as 7 vogais, xa lle gustaría a Callón" ou "Penso que igual tiñamos que darlle a Carlos Callón unhas clases de fonética, que lle fan moita faltiña..."
Imaxinemos que teño esa pronuncia tan pésima. O lóxico non sería animarme a mellorala e non facer burla pública?
4º) Continúa cun dos prexuízos máis rancios contra o galego. Di que a fonética propia do idioma de Galiza "é algo xenuíno que non se pode aprender, ou o tes ou non o tes porque naces e aprendes a falar na nosa lingua dende pequeniña".
Ben... Desde cando os idiomas non se poden aprender? Pásalle algo en concreto ao galego polo cal non poidamos aprender a pronunciar as súas sete vogais e si poidamos logralo coas mesmas sete do italiano ou as moitas máis que hai en francés ou inglés? Cal sería a consecuencia lóxica de tal razoamento? Unha fala só de uso familiar (e só de algunhas familias) e cada vez máis restrinxida. Moitas persoas non queremos iso.
Ao contrario, eu penso que o porvir do galego está nas persoas que hoxe aínda non o falan, mais que si saben do seu valor e que o aman. Tamén nas persoas que o falan como poden porque non tiveron as oportunidades e ferramentas da xeración da secretaria xeral de Podemos en Galiza, mais que tentan mellorar e merecen todo o apoio.
5º) Continúa a argumentar que o futuro do BNG está vinculado co do estándar do noso idioma. Abráiame que una tan intimamente ambas as cuestións. De calquera xeito, non sei se sabe que o actual presidente da Real Academia Galega é un home que milita en Esquerda Unida e que se cualifica a si mesmo como "españolista" e o anterior é militante en Anova. A Real Academia Galega é, desde hai trinta anos, o organismo encargado de propor as mudanzas no estándar do galego.
6º) A loita pola dignificación do idioma do país non é algo puramente cultural. Ao contrario, é un termómetro de como está a nosa riqueza, o noso recoñecemento político como nación, o noso desenvolvemento... Non é casualidade que os grandes inimigos da nosa lingua sexan os mesmos chuchóns da nosa riqueza. Mellor non darlles armas.
7º) Tamén repite moito que non deberiamos centrarnos nestas cousas e que non atacamos o PP. Esquece que o BNG leva trinta anos combatendo o PP e evitando que aplique as súas políticas sempre e en todo lugar no cal tivo ocasión. Está moi ben que outras forzas decidan sumarse, mais non debería utilizar esa cantarela como escusa para poder dicir calquera barbaridade sen ter réplica. Sen lingua non hai futuro.
13 de mai. de 2015
Textos sobre Filgueira Valverde (2)
- "Filgueira Valverde quixo desfacerse da autoría dos poemas franquistas e atribuíullos a Noriega Varela". Entrevista a Xosé Ramón Freixeiro Mato, por Carme Vidal.
- "Filgueira participou da represión do franquismo, mais iso eliminouse dos documentos", entrevista de Carme Vidal a Lucio Martínez, autor de Medo político e control social na retagarda franquista.
- "Filgueira tivo o poder suficiente para eliminar probas da súa importantísima colaboración coa ditadura franquista", Lucio Martínez entrevistado por Montse Dopico.
- "Alonso Montero critica Sermos, sen o citar, por publicar os poemas franquistas de Filgueira". Nova no mesmo medio.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Um comentário:
4 de mai. de 2015
Textos sobre Filgueira Valverde (1)
- "Filgueira Valverde e as Letras Galegas", Luís Bará.
- "Iletrados e bárbaros", Pilar García Negro.
- "Un exemplo para quen?", Marcos Maceira.
- "Alonso Montero e o franquismo 'que ya no era muy duro'", Manuel Monge.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
12 de out. de 2014
Ligazóns ao desvío para un doce de outubro
Os Premios da Crítica deste ano. Participei como membro do xurado do galardón de Iniciativas
Culturais, que decidimos que recaese no exemplar labor dinamizador de
Yolanda Castaño. Xosé Ramón Freixeiro Mato, Xosé María Lema,
Berrogüetto, Antón Pulido, Lois Patiño e o Grupo Cuevas son os premiados
nas outras categorías.
Outras dúas ligazóns ao desvío para este domingo:
"Podemos pero no queremos", Cibrán Arxibai.
"Alonso Montero e o franquismo que 'ya no era muy duro'", Manuel Monge.
Outras dúas ligazóns ao desvío para este domingo:
"Podemos pero no queremos", Cibrán Arxibai.
"Alonso Montero e o franquismo que 'ya no era muy duro'", Manuel Monge.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
24 de jan. de 2014
Non aceptamos pulpo como animal acuático (nin como animal de compañía)
Esta é a miña visión sobre a polémica desatada polo alcalde do Carballiño, en declaracións ao semanario en papel e xornal electrónico Sermos Galiza:
(Á xente máis nova e/ou que non entenda a brincadeira do título desta entrada no blogue, cómprelle ver este vídeo.)
10 de mai. de 2013
Virán Xesús Alonso Montero e Valentín García?
Desde A Mesa pola Normalización Lingüística convidamos o actual presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a que acudan á vista que teño hoxe na Audiencia Provincial da Coruña. A Mesa non fai ese convite nin tan sequera para que eses homes tomen posición, senón para que vexan e ouzan en primeira persoa o que alí vai acontecer, a ver se dese xeito pasan a ter unha postura activa de defensa do noso idioma, que é o que correspondería aos seus cargos.Como sabedes as persoas que pasades habitualmente por este blogue, o que imos presenciar esta mañá é un novo episodio no kafkiano caso en que un xuíz, o ex decano da Coruña, Antonio Fraga Mandián, decidiu denunciarme porque lle recordei que tiña que cumprir e facer cumprir a Lei de normalización lingüística. Por tan gravísima ofensa, realizada en 2008, pídeme 15.000 euros de indemnización. Como tamén sabedes, non é a primeira vez que este home interpón denuncia contra alguén polo feito de defender o galego: xa antes aconteceu cos veciños de Oleiros Eduardo Álvarez e Carlos Aymerich.
Que se encause a quen solicita o cumprimento da Lei de normalización lingüística (considerada unha das leis básicas de desenvolvemento estatutario) é un xeito moi peculiar de festexar o 30 aniversario desta norma, que se fai xustamente nestas semanas. Que ademais para este proceso en concreto haxa procedementos xudiciais extraordinarios dá para pensar sobre a igualdade de todas e todos perante a Xustiza.
Non é só que se pertences a determinadas familias de sangue azul poidas resultar inmune, como vimos nestes días, senón que se defendes o galego ou lle recordas a un xuíz que temos dereitos lingüísticos debes pasar por un vía crucis de burocracia xusticeira, parece que até conseguir por fin un tribunal que condene. Se non é así, que expliquen como é que a Audiencia Provincial fai hoxe vista para un recurso contra unha sentenza contundentemente absolutoria, situación insólita que habería que sumar ao feito de que xa no seu día houbese xuízo a pesar de que tanto a xuíza instrutora como a Fiscalía consideraban que non había nin delito nin falta en recordar que hai que cumprir a Lei.
Non podo finalizar esta entrada sen agradecer desde aquí todas as mensaxes de apoio que me están a chegar. Tede a certeza de que non vou calar, de que non imos calar!
Continuamos!
4 de mai. de 2013
A fume de carozo!
Teño que escribir de mil cousas: a convocatoria de manifestación para o vindeiro 17, a insolitísima repetición do xuízo do xa de seu insólito xuízo contra min, os actos de presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, as preocupantes declaracións do novo presidente da RAG e aínda moito máis. Porén, non teño case tempo e terán que ir indo aos poucos.
Esta mañá participei nas reunións da Xestora e do Plenario de Queremos Galego, saio de aquí a un pouco para unha conversa sobre o meu último libro no local social do Colectivo Terra de Pontedeume e ás oito asistirei na Ágora da Coruña á Gala das Letras 2013, da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Mañá domingo ás 18 h asinarei libros na Feira de Compostela, no posto da Libraría Pedreira. En fin, que... continuamos!
Esta mañá participei nas reunións da Xestora e do Plenario de Queremos Galego, saio de aquí a un pouco para unha conversa sobre o meu último libro no local social do Colectivo Terra de Pontedeume e ás oito asistirei na Ágora da Coruña á Gala das Letras 2013, da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Mañá domingo ás 18 h asinarei libros na Feira de Compostela, no posto da Libraría Pedreira. En fin, que... continuamos!
28 de abr. de 2013
Auguiña de sete fontes (6)
- "Quen colocou o novo presidente da Real Academia Galega?", reflexiona Francisco Rodríguez sobre a política cultural autonómica, os últimos acontecementos na institución da rúa Tabernas da Coruña e as memorias de Fernando Pérez-Barreiro Nolla. No xornal electrónico Terra e Tempo.
- Sabes as cousas vergoñentas que están a acontecer no Concello de Muros? Infórmate!
- Galiza mantén a pensión de xubilación máis baixa do Estado español, informa a edición galega de El País.
- Un poema de Rosalía de Castro non catalogado, nas páxinas 24 e 25 do Sermos Galiza en papel.
- Movistar continúa a discriminar o galego. Actuemos!
- Din que deportaron tres mozos de Arabia Saudita por seren "demasiado bonitos"...
- "Es importante que haya pijos y ricos, son los que gastan y consumen", afirma a delegada do Goberno español en Cataluña, María de los Llanos de Luna.
- Sabes as cousas vergoñentas que están a acontecer no Concello de Muros? Infórmate!
- Galiza mantén a pensión de xubilación máis baixa do Estado español, informa a edición galega de El País.
- Un poema de Rosalía de Castro non catalogado, nas páxinas 24 e 25 do Sermos Galiza en papel.
- Movistar continúa a discriminar o galego. Actuemos!
- Din que deportaron tres mozos de Arabia Saudita por seren "demasiado bonitos"...
- "Es importante que haya pijos y ricos, son los que gastan y consumen", afirma a delegada do Goberno español en Cataluña, María de los Llanos de Luna.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
7 de fev. de 2013
Reseña no Faro de Vigo de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez
Velaquí a recensión publicada polo lingüista Xosé Feixó no suplemento Faro da Cultura. Axiña irei pendurando as outras recepcións do libro.
Assinar:
Postagens (Atom)





