- "Así espiaba a CIA aos maquis do Exército Guerrilleiro de Galicia", Eduardo Rolland, Gciencia.
- Documento da CIA sobre a situación do Partido Galeguista en 1947.
- Pregunta do deputado Mikel Legarda do PNV. A súa réplica, moi ben argumentada, merece ser escoitada.
- "Mike Oldfield", Bieito Romero, La Voz de Galicia.
"O son do ar", versión Luar na Lubre:
"O son do ar", versión Mike Oldfield:
Mostrando postagens com marcador Catalunya. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Catalunya. Mostrar todas as postagens
15 de out. de 2017
Ligazóns ao desvío para un quince de outubro
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
30 de set. de 2017
Hoxe no El Corriere della Sera
Esta imaxe de Giannelli estaba hoxe na portada do Corriere della Sera, o xornal máis lido de Italia.
Sería imaxinábel este debuxo en calquera das grandes cabeceiras españolas, aínda que fose nunha páxina interior par pegadiño á marxe?
Como pode ser que a información e a visión que nos repiten desde Madrid sexa tan diferente das perspectivas que dan os medios internacionais sobre a situación catalá?
Xa só isto non é abondo para dar a voz de alarma e reparar en canto nos xogamos mañá na vitoria de Catalunya todas as persoas que queremos verdadeiras regras democráticas de convivencia, que pasen tamén pola pluralidade informativa e a liberdade de expresión?

27 de ago. de 2017
Ligazóns ao desvío para un vinte e sete de agosto
- O mapa do terror yihadista: 10.328 vítimas e 939 atentados en 2017. 95% das vítimas do Daesh proceden de países de maioría musulmá. Información no xornal El Español.
- "Alexandre Bóveda descansa con su amor", Manuel Jabois.
- "Ruth Matilda Anderson, a americana que revolucionou Galicia en 1924 falando galego", Historiadegalicia.gal.
- "El pare del Xavi, el nen de 3 anys mort a la Rambla: 'Necessito abraçar un musulmà", Elperiodico.cat.
16 de jan. de 2016
"El mayor cuidado en introducir la lengua castellana"
Hoxe fanse 300 anos dos coñecidos Decretos de Nueva Planta. Porén, no ámbito da lingua, foron máis importantes as instrucións secretas que enviou uns días máis tarde, o 29 de xaneiro de 1716, o Fiscal do Consejo de Castilla.
Nesas instrucións avísase de que hai que castelanizar Cataluña, igual que se castelanizaran antes outros territorios do imperio español (citan Navarra e Nápoles; poderían citar Galiza, que levaba tempo sometida). Iso si, a imposición da lingua de Castela deberían facela con toda a camuflaxe da que fosen capaces. Tratábase de desnaturalizaren o catalán evitando as protestas sociais:
"Pondrá el mayor cuidado en introducir la lengua castellana, a cuyo fin dará las providencias más templadas y disimuladas para que se consiga el efecto sin que se note el cuidado".
Ese principio de conseguir "el efecto sin que se note el cuidado", posto por escrito (aínda que en secreto) no século XVIII, é o mesmo que se segue na proscrición do galego, o catalán ou o vasco no século XXI.
Tócanos renaturalizar o desnaturalizado, facer visíbeis as "providencias más templadas y disimuladas" (por exemplo, nos medios de comunicación), crermos en nós mesmas, en nós mesmos. Avante!
31 de dez. de 2015
Quince flashes do meu 2015
O ano dos coidados familiares e de máis noites no hospital.
O ano da campaña electoral que vivín con maior intensidade, aínda que a comezase máis tarde. Estiven grazas a iso con xente encantadora, como a da foto.
O ano en que participei en máis debates e entrevistas co tempo hipertaxado. ("Señor Callón, ¿cuál es su modelo de Estado? Tiene 18 segundos".)
O ano en que fun a un parque de atraccións e subín de novo a unha montaña rusa (non a máis grande, claro, mais compenseino indo a varias... digamos intermedias).
O ano en que case non chego á mani en defensa do idioma, mais dei chegado.
O ano en que adelgacei seis quilos (dous supoño que de inconstante ximnasio; catro sei que de campaña).
O ano en que menos fun á miña secreta praia favorita.
O ano en que biquei a Jorquera.
O ano en que conseguín Portugués como optativa no instituto e me sentín Hércules pasando os doce traballos.
O ano en que volvín muxir unha vaca, aínda que fose a entrañábel boneca que é a Mazarica.
O ano en que me emocionei corrixindo un exame.
O ano en que escribín horas e horas seguidas o meu proxecto máis ambicioso, que a ver se termino para o 2017.
O ano en que me fixen fan de Tyrion Lannister.
O ano en que axudei a que saísen bandeiras galegas na noite electoral en Cataluña.
O ano en que me mergullei e me decidín a mergullarme máis.
Ano vello con ben vaias,
ano novo con ben veñas,
así di o Apalpador
para ti e para quen ti queiras!
Por un 2016 de boas decisións e algo de sorte!
29 de set. de 2015
13 de set. de 2015
Ligazóns ao desvío para un 13 de setembro
- Despois de case tres anos, canta xente ten o seu twitter en galego?
- "Liga-te ao português!", sobre a optativa do estándar portugués no ensino secundario da Galiza.
- "O novo portal da SXPL non ten memoria", Cibrán Arxibai.
- Entrevista a Pep Guardiola sobre o proceso independentista en Cataluña e as súas implicacións.
- "Un amigo sabio é máis amigo que sabio", X. Ricardo Losada.
- A deputada Rosana Pérez (BNG) presentou esta pregunta sobre o folleto que se denunciou noutra entrada neste blogue. Grazas por se facer eco e pasar á acción:
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
11 de set. de 2015
"Non querería eu menos o meu país, aínda que fose modestísima a súa historia"
Corría o ano 1907. Antonio Maura acababa de realizar un discurso no Congreso de Madrid sobre as grandezas de España e o pasado imperial de Castela. O deputado catalán Josep Puig i Cadafalch, recordado na actualidade sobre todo como arquitecto, respondeulle cunhas palabras que merecen ser traducidas para o galego nun día como o de hoxe:
Para min é abondo ser inferiormente diferente. Non querería eu menos o meu país, aínda que non fose glorioso; non o querería menos, aínda que fose modestísima a súa historia. Niso non hai cuestión. A lingua e a patria téñense por seren propias; a miña lingua propia, paterna e materna, é a mellor do mundo. Sabedes por que? Non o direi eu, díxoo un poeta: porque é a miña.O diario de sesións indica que neses momentos se ouven rumores entre os deputados. Polo menos, non son os berros e os insultos doutras ocasións.
20 de ago. de 2015
O galego é a 7ª lingua inicial de Cataluña
Póñome a ler o relatorio anual da Plataforma per la Llengua sobre a situación do catalán. Na epígrafe vinte e dúas encóntrome co dato de que o idioma de Galiza continúa nun posto destacado entre as linguas iniciais de varios miles de veciños e veciñas do Principat, froito da emigración de hai décadas, mais tamén da emigración máis recente. Procuro pola rede e vexo algunha informacións máis sobre eses datos do inquérito de usos lingüísticos realizado en 2013. Hai que lembrar que nese 10% hai case 300 idiomas, polo que a emigración galega continúa a ter un peso cualitativo e cuantitativo importante neste país.
O estudo que me achega máis luz sobre esta situación somerxida é este, realizado por Sabela Labraña, que até hai unhas semanas foi profesora na Universitat de Barcelona e que conta entre esas 33.200. (Trinta e tres mil duascentas persoas! Hai máis falantes iniciais de galego en Cataluña ca habitantes teñen concellos como Ribeira, Lalín, Monforte...!)
Na miña última visita á capital catalá vin que na paisaxe urbana continúa a haber moitísimos bares ou restaurantes co nome en galego -o meu preferido foi Cañota-, algúns cun topónimo galego castelanizado e, nun único caso, vin tamén un catalanizado. Porén, boa parte deses estabelecementos xa só teñen de Galiza o nome, pois están rexentados por emigrantes procedentes de Asia.
Non coñezo ningún estudo sobre esas denominacións galegas de empresas en Barcelona e/ou Cataluña. Se alguén souber da súa existencia, por favor que o socialice comigo, pois gustaría moito de o ler.
2 de ago. de 2015
Ligazóns ao desvío para un dous de agosto
- Os sete pasos de Juns pel Sí cara á independencia catalá.
- Xalimego: un novo espazo web sobre as falas do Val do Xálima, por Eduardo Sanches Maragoto e Antonio Corredera.
- Entrevista a Mariela Castro, deputada cubana e directora do Centro Nacional de Educación Sexual dese país.
- "Ecos da historia patria: a revolta de 1846 e Antolín Faraldo", Francisco Rodríguez.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
5 de out. de 2014
Ligazóns ao desvío para un cinco de outubro
"A LOMCE e primeiro de Primaria", Luz Cures.
"As mentiras do PP sobre a lingua galega", Cibrán Arxibai.
"As dez cousas que nom lhe deves dizer a um galego-falante", Ramiro Vidal Alvarinho.
"Actualidade e historia", Francisco Rodríguez.
A Mesa denuncia os incumprimentos da Carta Europea das Linguas perante o Consello de Europa.
"As mentiras do PP sobre a lingua galega", Cibrán Arxibai.
"As dez cousas que nom lhe deves dizer a um galego-falante", Ramiro Vidal Alvarinho.
"Actualidade e historia", Francisco Rodríguez.
A Mesa denuncia os incumprimentos da Carta Europea das Linguas perante o Consello de Europa.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
19 de set. de 2014
A liberdade dos pobos é imparábel
Nesta gráfica que temos á esquerda podemos ver os máis de 30 referendos independetistas que se produciron no mundo desde o final da II Guerra Mundial até o desta noite pasada en Escocia. As nacións independizadas nunca decidiron dar marcha atrás posteriormente, mentres que noutros países como Quebec as ansias de liberdade fan que se formule a pregunta de novo cada certo tempo.
En Escocia onte perdeu en votos a posibilidade de se constituíren nun estado diferente, mais gañou con contundencia unha expresión de democracia que envexamos desde o Estado español, reafirmouse a consideración de Escocia como país e ademais conquistáronse novas cotas de autogoberno. Veremos como vai evoluíndo isto nos anos seguintes, pois a sensación global é que o proceso escocés xa é imparábel a medio prazo.
Agora tócalle a vez a Cataluña. Oxalá o Estado español sexa capaz de actuar co mesmo respecto que vimos estes días aló ao norte e os medios de comunicación con maior influencia deixen de intoxicar do xeito que o están a facer contra esta nación mediterránea.
A propósito, algo que me fai moita graza na comparación de ambos os procesos de referendo independentista é ver a contradición entre as ameazas dos unionistas. En Escocia metíanlles medo repetindo que, como gañase a independencia, ían ficar eles sós na Unión Europea mentres o resto do Reino Unido pensaba en se ir; en Cataluña, ao revés, escoitamos que se gañase a independencia terían que se ir da Unión... En Escocia dicíanlles tamén que como gañase a independencia ían ter que pasarse para o euro, mentres en Cataluña a ameaza é de novo a inversa: se gañase a independencia ían ter que deixar o euro. Son contradicións bastante ilustrativas de que o único que se persegue é amedrentar.
En fin, o que se reclama é sensatez, diálogo, democracia e respecto ao dereito de autodeterminación. Para Escocia, para Cataluña, para Galiza, para as nacións sen estado do mundo.

Assinar:
Postagens (Atom)