7 de mai de 2010

Que portada! :D


Non me digades que a foto da portada de Galicia Hoxe do día de ídem non é engrazada! Está sacada da entrevista na cama que me fixeron para o programa Fu e Fa de Correo TV, que axiña estará dispoñíbel tamén en youtube.

Parabéns a Carlos Roma por ese seu novo programa de televisión, que está a colleitar tan boas críticas, e grazas a Galicia Hoxe por me dar a oportunidade de falar un pouco sobre a situación da nosa lingua con motivo da saída do libro En castellano no hay problema. A entrevista que me fixo Vanesa Olveira para o diario podedes consultala nesta ligazón.

Ademais, hoxe o xornal El País tamén se fai eco na súa edición galega da saída desta miña obra. A noticia, asinada polo tamén poeta Daniel Salgado, podedes lela aquí.

O volume preséntase mañá ás 19 h na Feira do Libro, coa compaña de Pilar García Negro, Caetano Díaz e Manuel Bragado.

4 comentários:

  1. Parabéns e moito ánimo!
    Estamos contigo!
    Por certo, saes moi ghuapo na foto.
    Un saúdo.

    ResponderExcluir
  2. que ben
    asi da gusto
    parabens charlie

    ResponderExcluir
  3. Máis dalgún querería estar nesa cama...???


    hehehe, calo a boca...


    Moi orixinal a portada, si, apertas! :D

    ResponderExcluir