21 de jan de 2010

Tres ou catro extremistas

Vémonos ás 11.30 na Alameda de Santiago para pararmos este decretazo contra o galego.

O seguimento da folga está a ser amplísimo por parte de profesorado e estudantado. Así mesmo, para asistir á manifestación tivéronse que pór máis buses de última hora, sendo máis do duplo da cantidade de autocarros que viñeron a Compostela o pasado 18 de outubro.

Acaban de dicirme que non quedan prazas en varios trens e buses que veñen para Santiago e que se prevé un colapso nas autoestradas.

En fin, tres ou catro extremistas, que dirían os dirixentes do PP.

Moita forza, compañeir@s!

14 comentários:

  1. Forza e ánimos!

    Mágoa non poder estar aí...

    Saúdos desde Menorca!

    ResponderExcluir
  2. Hoxe na praza do Obradoiro habia tanta xenta como na toma de posesión de Feijoo.Só cunha diferenza:na toma de posesión de Feijoo non foros convocados por ninguén, foron libremente, iso quere dicir algo. Convencedevos dunha vez que perdestes as eleccións e os galegos/as sabemos o que queremos, menos radicalismo

    ResponderExcluir
  3. Carlos Callón, o teu é protagonismo. Por que te subes ti ao escenario e non outro? Gústache chupar cámara. Se había tantos colectivos participantes na manifestación, como é que es ti o que dirixes o discurso. Lamentable

    ResponderExcluir
  4. Como lle proe a anónimo e aos seus !!!

    Rasca, rasca e deixádevos de demagoxia !!!

    ResponderExcluir
  5. Carlos, unha aperta enorme. Magníficas as túas palabras, soubeches pórlle voz aos nosos sentimentos.

    Non collo no corpo do contenta que estou!!

    ResponderExcluir
  6. anónimo das 17,46 os que foram a toma do feijoo iam por verem se caia algo, os de hoje iam livres e com sacrificio para eles, seguro que ficavam melhor na casa, nom todo é questão de ganhar ou perder eleções, tambem há honor, dignidade.

    ResponderExcluir
  7. Carlos como galego estou orgulhoso de que sejas galego.

    ResponderExcluir
  8. Carlos, se non houbera cartos por medio,preocupariache tanto a defensa do galego?
    Cando te puxeron entre a espada e a parede na tvg, non tiñas moito que argumentar, ou non é certo? cando oiches ao goberno galego dicir que estaba en contra do galego? eu nunca, serás ti que están en contra do goberno? ou será que pensas que xa non podes vivir a corpo de rei se che rebaixan as subvencións?

    ResponderExcluir
  9. Na toma de Feijoo non había nen a décima parte de xente¿? (por lles chamárem algo) que onte no Obradoiro, digades o que digades os PP-troll-eiros.
    Noraboa a Carlos pola intervención e a todos polo éxito rotundo da mobilización.
    Ós trolls apricarlle-las verbas do seu benquerido FAESxista: "que ladren su rencor por las esquinas" (con todo meu respeito polos cans)
    GRAZAS e de novo PARABÉNS
    Antón

    ResponderExcluir
  10. É vergoñento que a xente que estaba onte na manifestación, supostamente, case toda relacionada co ensino ( que lle ensinaran aos seus alumnos/as) que se dedique a actos de Kaleborroka, como á queima dunha bandeira.
    Se os do bando contrario queimaran a bandeira da súa "Galiza", quería velos como o condenaban nos medios de comunicación, pero aínda non escoitei níngún facer ningún comentario ao respecto. Radicais e expremistas.

    ResponderExcluir
  11. Para anónimo(11:07:00)

    Ë non serian do PP os que queimaron a bandeira é asi votarlle a culpa aos outros??
    Non, non son retorcido. Cousas mais raras xa che vin.

    ResponderExcluir
  12. Vergonhento es ti e os teus, pailán!

    ResponderExcluir
  13. Condeade vos o franquismo primeiro

    ResponderExcluir