
Ademais do convite que tedes aí arriba para a presentación desta obra de teatro dunha das miñas poetas preferidas, fágome eco de que mañá, sexta feira, finaliza en Lugo a campaña de divulgación por parte do autor do romance
O Globo de Shakespeare, de Santiago Jaureguizar. Podedes estar alí ás 20 h do serán na libraría Trama.
Aliás, quero que saibades das interesantísimas II Xornadas de Historia de Galiza, que se realizarán en Ferrol entre mañá e o 15 de maio, organizadas pola Sociedade Cultural Medulio e a Universidade da Coruña. A asistencia é libre, co horario de 19 a 21 h, no auditorio da UDC nese campus. As conferencias serán as seguintes:
6 de marzo: "Prisciliano", Xosé Carlos Santos
13 de marzo: "San Rosendo e o reino orixinario", André Pena Graña
20 de marzo: "Xelmírez, os Traba, o emperador Afonso VII", Santiago Jiménez
27 de marzo: "O reinado de Fernando II e Afonso IX", Camilo Nogueira
3 de abril: "A historia medieval galega nos libros de texto de ensino secundario", José Manuel Barbosa
17 de abril: "A guerra transnacionalizada a mediados do século XIV", Francisco Rodríguez
24 de abril: "Os Castro e outras familias da nobreza galega en Portugal", Luís Duarte
8 de maio: "Fernán Pérez de Andrade, a nobreza trastamarista en Galiza", Xosé Francisco Correa
15 de maio: "Información sobre Pardo de Cela", Carlos Breixo
Se estiverdes por Lugo, por Santiago ou por Ferrol neses días, xa sabedes!