Mostrando postagens com marcador sindicalismo. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador sindicalismo. Mostrar todas as postagens

16 de nov. de 2015

Contra o atraso

Galiza está á cola nos salarios e á cabeza en horas de traballo efectivas. Hai empresarios escravistas que aínda con iso non teñen suficiente.

Son empresarios cuxa mentalidade nos leva ao atraso.

Empresarios que pensan que hai que fomentar o autoodio, que Galiza non se pode valer por si mesma, e por iso non invisten no país.

Empresarios que pensan que a riqueza consiste en non pagar con xustiza aos seus traballadores e ás súas traballadoras e en impedir que poidan defender os seus dereitos lexítimos... e legais!

Por fortuna, tamén hai moitas empresarias e moitos empresarios que saben que ese non é o camiño nin para Galiza nin para o mundo, que non se crea riqueza coa explotación e co desprezo polas persoas e polos pobos.

NÓS estamos contra o atraso.

NÓS estamos polos dereitos e por unha verdadeira creación de riqueza.

7 de out. de 2015

Rachemos coa discriminación ideolóxica!

Non é o primeiro caso deste tipo. Debería ser o derradeiro.

Asina aquí para erradicarmos a discriminación ideolóxica en Galiza.

2 de out. de 2012

Non ao suicidio. Non votes PP!


Manifestacións xa convocadas en todo o país:

Vigo: 20.00 h desde Vía Norte.
A Coruña: 20.00 h desde a praza de Vigo.
Pontevedra: 20.30 h desde a praza da Ferraría.
Ferrol: 20.30h desde a av. de Esteiro.
Compostela: 20.30 h na praza Roxa.
Lugo: 20.30 h desde Ronda da Muralla, 58.
Ourense: 20.00 h no pavillón dos Remedios.
Vilagarcía: 20.30h na Casa do Mar.
Foz: 20.00 h na Casa do Concello.

30 de jul. de 2012

Galiza entra de pleno na Comunidade Sindical dos Países de Língua Portuguesa


A CIG informou hoxe de que foi recoñecida como membro de pleno dereito na Comunidade Sindical dos Países de Língua Portuguesa. A entrada do sindicato nacionalista galego supón un significativo recoñecemento á existencia de Galiza no mundo. Trátase tamén dun importante paso simbólico na boa dirección: a da necesaria comunicación dentro da comunidade lingüística a que pertencemos.

Xustamente nun dos capítulos do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos céntrome en propostas que podemos aplicar todas e todos no noso día a día para avanzarmos tamén por ese camiño.

Continuemos! De nós depende!




17 de jul. de 2012

Prepara a cazola!


Horarios e puntos de saída das manifestacións:
A Coruña: Ás 20:00 h da praza da Palloza. Manifestación central.
Burela: Ás 20:00 h da praza da Mariña.
Ferrol: Ás 20:30 h do Inferniño.
Lugo: Ás 20:00 h da Ronda da Muralla, do edificio sindical.
Pontevedra: Ás 20:30 h da Praza da Ferraría.
Santiago: Ás 20:00 h da Alameda.
Ourense: Ás 20:00 h do Pavillón dos Remedios.
Vigo: Ás 20:30 h da Vía Norte.
Vilagarcía: Ás 21:00 h da Casa do Mar.

14 de jul. de 2012

Toca pospor a presentación en Cedeira

O vindeiro 19 ás 20 h ía ser a presentación en Cedeira do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. Finalmente, ante a alta importancia de nos mobilizarmos contra as últimas e letais medidas do PP desde o Goberno español, e dado que coincidía o acto coas concentracións de urxencia convocadas pola CIG (ás que agardemos que se sumen todos os sindicatos), decidimos pospolo.

Por motivos de axenda, seguramente fique para setembro. Avisarei por aquí con tempo.

Adiante con forza!


12 de jul. de 2012

E ti, como rescatas os teus dereitos lingüísticos?

 

Abofé que desde as pésimas decisións gobernamentais de onte son máis os dereitos sociais (que non privilexios!) que habemos de rescatar. Teremos que encontrarnos en moitas mobilizacións para defender con uñas e dentes tantas conquistas de xustiza e dignidade elementais. A vindeira, o 19 de xullo ás 20 h en todas as cidades. O lema con que nos chama a CIG a manifestarnos describe con exactitude o que acontece nestes momentos: "Estannos roubando".

Ademais destes dereitos, na Mesa continuamos a recibir todos os días moitas queixas por vulneracións dos nosos dereitos lingüísticos, tamén cada vez máis precarizados por decisións políticas e ideolóxicas, ás veces revestidas de "liberdade" (!) e outras tantas de "austeridade" (?), de aplicación tan cínica e selectiva en ambos os casos.

As violacións de tales dereitos non só poden supor un dano simbólico por non posibilitar o uso ou a recepción de información no idioma propio na propia terra. Nos casos máis graves, significan tamén dificultades para acceder a un posto de traballo, para continuar estudos, para un trámite na xustiza, mesmo para realizar unha xestión sanitaria... Estou a pensar en casos reais e recentes nos cales actuamos desde A Mesa, e iso que á asociación só chegan unha parte dos que na verdade acontecen cada día no país. Todo isto sen saír da dimensión estritamente individual, porque é evidente que os ataques ao noso idioma tamén teñen repercusións colectivas importantes, como a maior ruptura dunha cohesión social tan necesaria nestes momentos.

Como unha forma de estímulo para que todas e todos nos activemos polo galego no noso día a día, quero realizar un pequeno proxecto partindo do manual práctico Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. A miña petición agora mesmo é: se liches este libro e aplicaches algúns dos consellos que nel se conteñen, se fas favor envíame o teu testemuño ao correo electrónico dereitos@carloscallon.com

Non é necesario que o exemplo sexa moi longo, aínda que tamén pode selo se así o considerares. O importante é que o compartas e que nos poida servir de espello a todas e todos.


Rescatemos os nosos dereitos, tamén os lingüísticos!