Mostrando postagens com marcador Yolanda Castaño. Mostrar todas as postagens

26 de dez. de 2021
A abertura da boca: lanzamentos na Coruña e en Santiago
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
4 de jan. de 2015
Ligazóns ao desvío para un catro de xaneiro
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
23 de dez. de 2014
Hoxe con Yolanda Castaño en Santiago de Compostela
Hoxe estarei conversando con Yolanda Castaño a partir das oito do serán na libraría Couceiro de Santiago (praza de Cervantes) por volta do seu libro A segunda lingua.
Vémonos alí!
Vémonos alí!
2 de dez. de 2014
Do íntimo e do militante: entrevista en Sermos Galiza
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
21 de out. de 2014
Cuestionario Proust
O crítico Ramón Nicolás, que leva tempo traendo para a contemporaneidade da escrita galega o coñecido como Cuestionario Proust, publica hoxe no seu blogue as respostas que eu lle dei.
Podedes lelas completas aquí.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
12 de out. de 2014
Ligazóns ao desvío para un doce de outubro
Os Premios da Crítica deste ano. Participei como membro do xurado do galardón de Iniciativas
Culturais, que decidimos que recaese no exemplar labor dinamizador de
Yolanda Castaño. Xosé Ramón Freixeiro Mato, Xosé María Lema,
Berrogüetto, Antón Pulido, Lois Patiño e o Grupo Cuevas son os premiados
nas outras categorías.
Outras dúas ligazóns ao desvío para este domingo:
"Podemos pero no queremos", Cibrán Arxibai.
"Alonso Montero e o franquismo que 'ya no era muy duro'", Manuel Monge.
Outras dúas ligazóns ao desvío para este domingo:
"Podemos pero no queremos", Cibrán Arxibai.
"Alonso Montero e o franquismo que 'ya no era muy duro'", Manuel Monge.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
7 de set. de 2014
Ligazóns ao desvío para un sete de setembro
"¿Existen los amigos?", Fernando Martín Aduriz.
Xira chinesa de Yolanda Castaño.
"La última yámana". Cristina Calderón di: "Desde que morreu miña irmá fiquei soa, sen ninguén con quen falar". Considérase a última persoa do mundo capaz de se expresar neste idioma que agora se extingue despois de 6.000 anos.
Podemos ten un problema co galego.
Discurso de María Reimóndez na entrega do XIV Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia.
"Contra el relax", Fernando Martín Aduriz.
E, en fin, non me resistirei ao xogo fácil coa data:

30 de mai. de 2014
Versos para a sexta feira: Yolanda Castaño
Tradución
Só descubrín a súa voz
cando falou nunha lingua que eu comprendía.
Mais non importa.
Imos excretando raíces convertidas en linguaxe.
(Que o meu nome podía ser
cuadrisilábico para ese idioma,
que podía relucir tan ben
se seguido de habibi.)
Importa menos o que digas se o dis
en italiano,
se o dis
en islandés.
A exipcia que coa zurda escribe en fronte de min
parece un espello.
Modelamos coas cinzas de todo o que un día
ardeu entre linguas de lume.
En todo caso, en todas partes, nós escribimos cara aos bordos
e outros cara ao centro.
Porque traes unha polca nas comisuras
haberá que aprender novos pasos de baile.
Mais non importa.
Todos os abrazos son
traducións.
(A segunda lingua, 2014)
4 de fev. de 2013
Con Antón Lopo e Brane Mozetič
Esta tarde andarei pola miña querida cidade da Coruña, entre outras cousas para asistir ao recital de Antón Lopo e Brane Mozetič, unidos neste acto pola temática homoerótica que aniña en moitos dos seus versos máis coñecidos.
O galego e o esloveno participarán ás 20:30 no Centro Ágora dentro do magnífico ciclo "Poetas di(n)versos", que coordina Yolanda Castaño. O evento é aberto e gratuíto polo que, se quixerdes, podemos vernos aló.
16 de mai. de 2012
Escribamos o futuro!
Si, o futuro do galego está nas persoas que aínda non o falan, mais para recuperarmos falantes e consolidarmos espazos precisamos que os poderes públicos deixen de pórnos máis e máis dificultades cando, lexitimamente, queremos vivir no noso propio idioma no noso propio país. Para o lograr é para o que convocamos a manifestación de mañá, esa que o goberno municipal de Santiago tentou obstaculizar todo o posíbel. Que tanta barbaridade e tanta inxustiza sexan alicientes para continuarmos!
Ao longo deste día fago a carreira final de actos de cara ao Día das Letras. Pola mañá participarei en dúas conferencias de imprensa e ás oito do serán ministrarei na Biblioteca Central de Vigo o recital-conferencia "Itinerario poético pola defensa da lingua galega", con textos que van desde os decimonónicos Xoán Manuel Pintos ou Rosalía de Castro até as poetas de hoxe Alicia Fernández ou Yolanda Castaño.
Non me será posíbel, pois, participar ás 21 h en Carballo no acto de entrega do premio a artigos xornalísticos normalizadores, mais recollerá no meu nome o galardón o compañeiro Xosé Cotelo. Sinto moitísimo non poder asistir, mais anímovos a si irdes todas as persoas que puiderdes, sobre todo polo espectular que é María Xosé Silvar, Sés. Se non a escoitastes, tedes aí unha oportunidade de verdadeiro luxo!
Se non for ao longo do día de hoxe nun ou noutro sitio, verémonos mañá! Vinde coas gorxas preparadas, compas!

QUEREMOS GALEGO!
26 de mai. de 2011
A lingua preferida

Esta imaxe pertence ao momento de recollida por parte da Mesa do premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña, que ten trazas de que vai ser a última vez que se convoque.
Para o acto, Xurxo Borrazás escribiu un lindo manifesto que merece ser divulgado:
A lingua preferida
Non queremos unha lingua excelsa, preferímola vulgar. Tampouco a queremos celebrada, preferímola falada. Non a queremos amábel, preferímola impertinente. Non queremos unha lingua fermosa, preferímola útil. Non queremos unha lingua de escritores, preferímola de mecánicos, de taberneiros, tendeiros, médicos, xuíces e mariscadoras, de xornalistas, de músicos, de albaneis, de travestís, de futbolistas, taxistas e labradores. Non queremos unha lingua de mestres, querémola de estudantes. Non queremos unha lingua baixo os focos, preferímola transparente. Non queremos unha lingua con historia, preferímola con futuro. Non queremos unha lingua ritual, nin virtual nin ideal, preferímola real. Non queremos unha lingua doce, azucrada, na que todo soe ben, preferímola salgada. Non queremos unha lingua de letras, preferímola de ciencias. Non queremos unha lingua de espíritos, preferímola de corpos. Non queremos unha lingua de erotismo, preferímola de sexo. Non queremos unha lingua de xardín francés, preferímola de bosque. Non queremos unha lingua folk, preferímola punk. Non queremos unha lingua limpa, preferímola sucia, chapuzando en todas as pozas. Non queremos unha lingua doméstica, preferímola fóra. A ver esa lingua! Non queremos unha lingua sentada, preferímola a bailar. Non queremos unha lingua de pau, preferímola eléctrica. Non queremos media lingua, preferímola enteira. Non queremos unha lingua nosa, querémola de todos. Non a queremos de confidencias, preferímola de aturuxos. Non a queremos de domingo, preferímola de diario. Non a queremos recibir, querémola dar. Non a queremos discreta e virtuosa, querémola de troula. Non a queremos nos libros, querémola nos contratos. Non queremos lingua de natureza, querémola de fábrica. Non queremos diplomas, aspiramos ao podio. Non queremos cans, queremos vacas. Queremos unha lingua escaladora, ciclista, surfista, fogueteira, moinante, zulú. Non a queremos santa, querémola voraz. Non a queremos excepción, querémola norma. E tampouco a queremos norma, mellor infracción. Querémola feiranta. Non a queremos conmemoración, querémola festa. Ou rutina. Non a queremos grande, querémola nosa. Non a queremos nai, querémola amiga. E senón inimiga, pero sempre enfronte, a escape libre. Querémola en inglés e querémola en verde. Querémola na boca dos nosos adversarios. Querémola deslinguada, montaña rusa. Querémola en google e en yahoo. Queremos lingua Messi, lingua Pelé. Non queremos unha lingua quieta, querémola en marcha e de man en man, coma se nada. Queremos unha lingua a almorzar de hotel, buffet libre, relax total. Queremos mil primaveras máis, mil vendimas logradas, mil nevaradas brancas e mil veráns na area ao sol. Querémola en marcha e non a queremos nada. Preferímola toda.
14 de mai. de 2011
Camiño do 17!
O blogger estivo con problemas de mantemento estes días e por iso levo tanto tempo sen actualizar. Ben ao meu pesar, ademais de que entre onte e antonte aparecían e desaparecían algunhas entradas da páxina, tamén parece que se perderon irremediabelmente todos os comentarios das 48 horas anteriores ao comezo do erro técnico. Síntoo moito.
Estes días ando ziguezagueando o país en diferentes actos. Antonte estiven en Vigo impartindo un recital-conferencia baixo o nome "Itinerario poético pola defensa do idioma". Foi un percurso pola historia contemporánea da lingua galega tomando como fío condutor desde os poemas de Xoán Manuel Pintos e Rosalía de Castro no século XIX até as novas fornadas creativas actuais, como Yolanda Castaño ou Alicia Fernández. Reunímonos un grupiño ben xeitoso de amantes da poesía e da lingua nosa.
Este acto foi organizado dentro do programa "Vive a lingua", de conferencias e obradoiros, realizado entre A Mesa pola Normalización Lingüística e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
Onte, comecei a xornada tamén na cidade olívica, para impartir unha conferencia nun centro de ensino baixo o título "Desmontar os prexuízos e as mentiras sobre a lingua galega". O intercambio de opinións sobre a situación do galego en Vigo foi moi interesante; mesmo, moi esperanzador, a pesar das innegábeis dificultades.
Xa pola noite, foi a vez de falarmos en Vilalba sobre o noso idioma, tendo como escusa a presentación do libro En castellano no hay problema, coa hospitalidade do Instituto de Estudos Chairegos. Comentarei axiña máis polo miúdo ese evento que tanto me cargou as pilas.
Agora, este sábado pola tarde, toca a vez de presentar este libro en Seixalbo (Ourense). Será ás 17.30 h nas Canellas, ao ar libre, xa que parece que o tempo acompaña. Se podedes e vos apetece, vémonos por alí.
Ademais, no camiño de todas esas concentracións que se van realizar o día 17 de maio en defensa do noso idioma, tamén se están a desenvolver por toda a xeografía galega multitude de actos previos. Por exemplo, deixo aquí as fotografías da entrega de premios realizada hai poucos días polas compañeiras e compañeiros da Mesa das Pontes. É polo bo facer e entusiasmo de xente coma esta pola que temos futuro!

12 de mai. de 2011
Manifesto Día das Letras 2011

PAREMOS OS ATAQUES CONTRA O GALEGO!
As galegas e os galegos festexamos no Día das Letras o feito de termos un idioma propio, milenario e fértil. Celebramos a lingua que nos une; a fala que herdamos e queremos deixar en herdo; a escrita que nos pensa, nos canta e nos soña.
Mais neste Día das Letras do ano 2011 non só podemos festexar e celebrar. Tamén nos vemos na necesidade de chamar a atención sobre os ataques que está a recibir nestes momentos o noso idioma. Estas inxustas agresións poñen en perigo o futuro da nosa lingua e da nosa cultura, ademais de debilitaren gravemente a convivencia e a cohesión social do país.
Temos que erguer a nosa voz para denunciar que a indefesión dos nosos dereitos lingüísticos é maior desde o momento en que a persoa que debería ser a primeira valedora do noso idioma –o presidente da Xunta– é o seu inimigo número un. Desde que Alberto Núñez Feijóo tomou posesión como presidente do Goberno galego, hai xa dous anos, a Xunta aínda non adoptou nin un mísero adianto para a nosa lingua en ningún ámbito. Ben ao contrario, desde 2009 estamos a ver como se tenta facer, pola vía dos feitos, que o galego deixe de ser na realidade lingua oficial.
É difícil facer unha listaxe completa de todo o destruído, mais recordemos cando menos algunhas cousas:
- A pesar da oposición dos sindicatos, o PP aprobou en solitario unha reforma da Lei da Función Pública que elimina de feito o galego como requisito, colocándoo nunha posición secundarizada a respecto do castelán.
- A pesar do rexeitamento de sindicatos, asociacións de nais e pais, asociacións estudantís, institucións culturais, Consello Escolar de Galiza, etc., a Xunta aprobou un decretazo contra o galego que supón o modelo educativo máis regresivo de todo o Estado español. O galego é o único idioma do Estado que ten prohibido o seu uso en determinadas materias de ensino. Nestes momentos, só 10% da educación infantil das cidades é en galego, a pesar de que o solicitaron 40% das familias. Esta realidade amosa o verdadeiro sentido da mal chamada Lei de Convivencia, que persegue reducir aínda máis a presenza do galego na escola.
- Na administración de Xustiza, a Xunta distribuíu un programa informático que, desde maio do ano pasado, impide usar o galego.
- A Xunta ordenou aos centros de ensino que se desfixesen de 190.000 libros de texto gratuítos para as familias, adquiridos pola propia Xunta na anterior lexislatura e que tiñan unha vida útil de dous anos máis. O motivo é que estaban escritos en galego. A Asociación Galega de Editores calcula en 3,8 millóns de euros o valor dos volumes desbotados, que nunha parte volveu a financiar a Xunta –cun diñeiro público que sería moi necesario para outros cometidos–, e que tiveron que cubrir as familias no resto.
- A Xunta de Galiza, que tanto vende “austeridade”, leva malgastadas cantidades inxentes de diñeiro só en tentar reducir o galego no sistema educativo. A eses 3,8 millóns de euros de libros de texto inutilizados hai que sumarlle os 40.000 euros que custou mudar as Galescolas en Galiñas Azuis, os 160.995 euros da pseudoconsulta ás familias, etc. A presión social logrou parar unha campaña sobre o decretazo que a Xunta xa tiña adxudicada, por valor dun millón de euros, mais descoñécese a indemnización que a Xunta afrontou pola suspensión do proxecto.
- O presidente da Xunta ameaza con derrogar a Lei de normalización lingüística, aprobada por unanimidade no Parlamento hai case 30 anos. Quere que os nosos nomes de lugar deixen de ter como forma oficial a propia, a galega.
- A vida cultural galega, nas súas diferentes expresións (audiovisual, teatro, música, etc.), está a ser minusvalorada e desprotexida pola Xunta, ao mesmo tempo que desprezada e infrarrepresentada na CRTVG.
- A pesar de que o Estatuto de Autonomía sinala a obriga dos poderes públicos galegos de potenciar o uso do noso idioma tamén no ámbito informativo, moitos dos medios que utilizaban con normalidade a nosa lingua viron na obriga de fechar. A Xunta deu de baixa as subscricións e negouse a pór publicidade nos xornais electrónicos ou impresos que usaban o noso idioma e daban unha visión da realidade diferente á oficial. Debemos denunciar con claridade que esta política pon en perigo a liberdade de expresión.
O poeta Lois Pereiro, a quen lle dedicamos este ano o Día das Letras, di nun dos seus poemas:
A amizade protexe e o amor curaApliquemos estes versos á nosa lingua. Fronte ao odio e fronte á indiferenza, o noso amor.
o odio contaxia e fire
a indiferencia mata.
Paremos os ataques contra o galego!
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
3 comentários:
7 de mai. de 2011
Premio Rosalía de Castro

Esta noite, a Deputación da Coruña entregará formalmente o Premio Rosalía de Castro á Mesa pola Normalización Lingüística.
Quen quixer asistir, xa sabe: hoxe ás 21 h no Pazo da Cultura de Carballo, dentro dun acto no cal haberá un feixe de actuacións e intervencións do máis interesante.
18 de abr. de 2011
"¿En gallego? Para dentro de un mes..."
O artigo desta semana en Galicia Hoxe versa sobre os obstáculos que encontramos para exercermos os nosos dereitos lingüísticos nas notarías; para calquera xestión: a redacción dun poder, un testamento, unha hipoteca... Velaquí o texto:
Dereitos lingüísticos nas notarías
A notaria ou o notario supera unha oposición e non precisa acreditar en ningún momento coñecemento de galego. Os seus traballadores e traballadoras, tampouco. Parece incríbel que esta sexa a situación en pleno século XXI e por iso cómpre que a mudemos.
A única norma taxativa que fala dos dereitos lingüísticos das galegas e dos galegos nas notarías data de... 1944! Cumpriría actualizar canto antes este regulamento franquista, de acordo coa realidade plurilingüe do Estado. Os poderes públicos galegos, sen agardaren polo lexislador estatal, teñen competencias para estabeleceren con claridade o dereito a termos sen dilacións a documentación na lingua propia, do mesmo xeito que xa se fixo noutros territorios do Estado. Podemos transmitirlles a nosa queixa aos deputados e ás deputadas, tanto do Congreso como do Parlamento galego, porque aínda non se corrixise esta situación.
De calquera xeito, que a normativa estatal en vigor estea desfasada non quere dicir que non teñamos dereitos lingüísticos. Hai normas superiores, como o Estatuto de Autonomía, que sinalan que o galego é idioma propio e oficial, polo que podemos exercer o noso dereito a realizar os escritos na nosa lingua.
No ano 2004, o Parlamento galego aprobou por unanimidade, dentro do Plan xeral de normalización da lingua galega, que nas notarías se pendurase unha información sobre os dereitos lingüísticos das usuarias e dos usuarios. Esa proposta concretárona no ano 2007 a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Colexio Notarial de Galiza. O rótulo oficial, que non está en todas as oficinas tan visíbel como debería, di o seguinte:
Para avanzarmos no uso do galego nas notarías son varias as cousas que podemos facer a nivel individual:
1) Solicitemos a documentación en galego. De nós depende que se use e que se removan vellas inercias. Cantas máis solicitudes haxa, menos dificultades nos poderán pór.
2) Se a notaría nos presenta algún problema, recordémoslles:
i. O compromiso adquirido entre o Colexio de Notarios e a Xunta para garantir que a documentación se entregue sen dilacións tamén no noso idioma.
ii. Que existe un servizo de tradución gratuíta por parte da Xunta de Galiza, na Secretaría Xeral de Política Lingüística.
3) Se se ve unha actitude reacia, pódese valorar a posibilidade de acudir aos servizos doutra notaria ou doutro notario.
Tanto se temos que mudar de notario porque nos anuncia unha dilación como se a padecemos, cómpre presentarmos unha queixa perante o Valedor do Pobo, outra no Defensor do Pobo e, a maiores, informar tamén o Colexio de Notarios, algo que podemos facer rápida e gratuitamente a través do correo-e info@galicia.notariado.org.
Mais non esquezamos que as batallas non só se perden, tamén se gañan moitas veces. Vou pór un exemplo persoal do ano 2011.
Fun a unha notaría realizar un poder que era imprescindíbel ter antes de 48 horas. Non me atendeu o notario, senón un traballador da súa oficina, que me dixo que estaría ao día seguinte. Especifiqueille entón que quería que o poder estivese en galego e aí comezou unha pequena aventura. Primeiro, dubidou da validez legal; eu repliqueille, abraiado porén calmo, que o Estatuto de Autonomía se aprobara había tres décadas. A súa seguinte táctica para que desistise foi dicirme que entón o escrito estaría para a semana seguinte. Nese momento, repliqueille que iso era unha discriminación por razón de lingua, que ía en contra do acordo entre a Xunta e o Colexio e pedinlle falar co seu notario. Non fixo falta que llo comentase a ninguén máis, porque ao día seguinte puiden recoller o correspondente documento, maxicamente en galego sen ningún problema. Con certeza, no momento de asinalo trasladeille ao notario o meu malestar, pois do mesmo xeito que eu sabía que tiña dereitos lingüísticos, outras persoas poderían crer as mentiras dese traballador que me atendera e abandonaren, inxustamente, o uso do seu propio idioma.
Testamentos
O Código Civil recoñece o dereito a outorgar testamento en lingua galega. Posto que se trata dun documento persoalísimo, estabelécese que se unha muller ou un home expresa a súa vontade en galego, o documento debe figurar, como mínimo, neste idioma.
Segundo a lei, se a notaria ou o notario declara que non coñece o galego, poderá escribilo tamén en castelán, mais sempre facendo constar tamén a versión galega e sinalando que foi a empregada pola persoa que ditou testamento (artigo 684 do Código Civil). Enténdese, porén, que, sendo dentro do territorio administrativo de Galiza, non debe haber ningún problema para que o testamento sexa só en galego. No caso de que a notaria ou o notario poña problemas ou queira facelo bilingüe, pódese actuar conforme o sinalado anteriormente: recordemos o compromiso adquirido polo Colexio Notarial e a Xunta, que existe un servizo lingüístico autonómico ao que acudiren e, no caso de nos manteren os problemas, podemos mudar de notario e realizar a correspondente queixa.
Que o testamento sexa cando menos en galego se é a lingua da persoa testadora é unha norma aplicábel non só para Galiza, senón para calquera lugar do Estado español. Porén, se a notaría radica nun lugar onde o galego non sexa oficial (o cal inclúe, inxustamente, tamén as comarcas falantes de galego nas comunidades de Asturias, Castela-León e Estremadura), as custas da tradución terá que pagalas o cidadán ou a cidadá. Isto tamén é así para os casos de outorgamento de testamento en galego fóra do Estado, perante funcionario diplomático ou consular (art. 734 do Código Civil), no caso de que este non coñeza o idioma de Galiza. Ademais, para que o testamento sexa válido, as testemuñas tamén han de "entender" o idioma da persoa testadora (art. 681 do Código Civil).
No caso do testamento ológrafo (aquel en que a persoa testadora, maior de idade, escribe por si mesma e asina), é plenamente válido se está escrito en galego, sexa cal for o lugar do Estado español onde se desenvolva (o xulgado pode requerir que os interesados proporcionen un intérprete cando isto acontecer fóra da comunidade autónoma de Galiza).
Queremos unha lingua plenamente oficial! Queremos ter dereitos lingüísticos plenos, tamén nas notarías! Podemos conseguilo!.

EN GALEGO, ESTÁ NO SEU DEREITOEstá ben que o rótulo se coloque, mais a realidade é que a día de hoxe nos podemos encontrar con dificultades importantes. A máis grave? A dilación: que se o queremos en galego nos tardará máis tempo, o cal pode ser desde uns días até un par de meses. Eu mesmo tiven que mudar de notario e agardar case un mes para poder formalizar a miña hipoteca na miña lingua. Os escritores Lois Diéguez, Yolanda Castaño e Marcelino Fernández Mallo ou a activista e tradutora Iria Taibo tamén denunciaron publicamente situacións semellantes, que van desde ter que percorrer cinco notarías diferentes para conseguir facer os escritos no seu idioma até ter que agardar varias semanas ou meses adicionais. Unha vergoña.
Información sobre os dereitos lingüísticos das/dos usuarias/os das notarías
O galego é a lingua propia de Galicia e todos os galegos e as galegas teñen o dereito de usalo.
O galego é unha lingua plenamente válida e eficaz para formalizar os seus documentos.
Vostede pode solicitar que os seus documentos notariais se redacten en lingua galega. Esta opción non pode supoñer atraso na redacción ou autorización do documento nin comportar ningunha clase de sobrecusto.
Para avanzarmos no uso do galego nas notarías son varias as cousas que podemos facer a nivel individual:
1) Solicitemos a documentación en galego. De nós depende que se use e que se removan vellas inercias. Cantas máis solicitudes haxa, menos dificultades nos poderán pór.
2) Se a notaría nos presenta algún problema, recordémoslles:
i. O compromiso adquirido entre o Colexio de Notarios e a Xunta para garantir que a documentación se entregue sen dilacións tamén no noso idioma.
ii. Que existe un servizo de tradución gratuíta por parte da Xunta de Galiza, na Secretaría Xeral de Política Lingüística.
3) Se se ve unha actitude reacia, pódese valorar a posibilidade de acudir aos servizos doutra notaria ou doutro notario.
Tanto se temos que mudar de notario porque nos anuncia unha dilación como se a padecemos, cómpre presentarmos unha queixa perante o Valedor do Pobo, outra no Defensor do Pobo e, a maiores, informar tamén o Colexio de Notarios, algo que podemos facer rápida e gratuitamente a través do correo-e info@galicia.notariado.org.
Mais non esquezamos que as batallas non só se perden, tamén se gañan moitas veces. Vou pór un exemplo persoal do ano 2011.
Fun a unha notaría realizar un poder que era imprescindíbel ter antes de 48 horas. Non me atendeu o notario, senón un traballador da súa oficina, que me dixo que estaría ao día seguinte. Especifiqueille entón que quería que o poder estivese en galego e aí comezou unha pequena aventura. Primeiro, dubidou da validez legal; eu repliqueille, abraiado porén calmo, que o Estatuto de Autonomía se aprobara había tres décadas. A súa seguinte táctica para que desistise foi dicirme que entón o escrito estaría para a semana seguinte. Nese momento, repliqueille que iso era unha discriminación por razón de lingua, que ía en contra do acordo entre a Xunta e o Colexio e pedinlle falar co seu notario. Non fixo falta que llo comentase a ninguén máis, porque ao día seguinte puiden recoller o correspondente documento, maxicamente en galego sen ningún problema. Con certeza, no momento de asinalo trasladeille ao notario o meu malestar, pois do mesmo xeito que eu sabía que tiña dereitos lingüísticos, outras persoas poderían crer as mentiras dese traballador que me atendera e abandonaren, inxustamente, o uso do seu propio idioma.
Testamentos
O Código Civil recoñece o dereito a outorgar testamento en lingua galega. Posto que se trata dun documento persoalísimo, estabelécese que se unha muller ou un home expresa a súa vontade en galego, o documento debe figurar, como mínimo, neste idioma.
Segundo a lei, se a notaria ou o notario declara que non coñece o galego, poderá escribilo tamén en castelán, mais sempre facendo constar tamén a versión galega e sinalando que foi a empregada pola persoa que ditou testamento (artigo 684 do Código Civil). Enténdese, porén, que, sendo dentro do territorio administrativo de Galiza, non debe haber ningún problema para que o testamento sexa só en galego. No caso de que a notaria ou o notario poña problemas ou queira facelo bilingüe, pódese actuar conforme o sinalado anteriormente: recordemos o compromiso adquirido polo Colexio Notarial e a Xunta, que existe un servizo lingüístico autonómico ao que acudiren e, no caso de nos manteren os problemas, podemos mudar de notario e realizar a correspondente queixa.
Que o testamento sexa cando menos en galego se é a lingua da persoa testadora é unha norma aplicábel non só para Galiza, senón para calquera lugar do Estado español. Porén, se a notaría radica nun lugar onde o galego non sexa oficial (o cal inclúe, inxustamente, tamén as comarcas falantes de galego nas comunidades de Asturias, Castela-León e Estremadura), as custas da tradución terá que pagalas o cidadán ou a cidadá. Isto tamén é así para os casos de outorgamento de testamento en galego fóra do Estado, perante funcionario diplomático ou consular (art. 734 do Código Civil), no caso de que este non coñeza o idioma de Galiza. Ademais, para que o testamento sexa válido, as testemuñas tamén han de "entender" o idioma da persoa testadora (art. 681 do Código Civil).
No caso do testamento ológrafo (aquel en que a persoa testadora, maior de idade, escribe por si mesma e asina), é plenamente válido se está escrito en galego, sexa cal for o lugar do Estado español onde se desenvolva (o xulgado pode requerir que os interesados proporcionen un intérprete cando isto acontecer fóra da comunidade autónoma de Galiza).
Queremos unha lingua plenamente oficial! Queremos ter dereitos lingüísticos plenos, tamén nas notarías! Podemos conseguilo!.
19 de out. de 2010
Queremos dereitos!
A frase é de Castelao: Todo dereito non garantido deixa de ser un dereito. Queremos galego! Queremos dereitos!
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
5 de abr. de 2010
Iniciativa popular polo idioma
O meu artigo desta semana en Galicia Hoxe aborda a campaña de apoio a unha lei en defensa dos dereitos lingüísticos en Galiza e por que non se puido tramitar como ILP. Até onde eu sei, por vez primeira na historia autonómica a Mesa do Parlamento aplicou a lei que regula as ILPs da forma máis restritiva para evitar que esta en concreto puidese ir adiante.
Comparando a proposta de Queremos Galego con outras ILPs que si foron tramitadas, a pesar de se encontraren con problemas análogos, decatámonos de que o que pretende o PP é que a única materia que non poida ser obxecto de propostas legais de participación cidadá sexa a defensa da lingua.

Iniciativa popular polo idioma
Queremos Galego impulsa unha lei de dereitos lingüísticos
A plataforma Queremos Galego, conformada por case 700 entidades da máis diversa natureza, desenvolve por todo o país unha campaña de recollida de sinaturas para respaldar unha proposta de lei pola garantía dos dereitos lingüísticos.
A primeira intención da plataforma foi poder presentala como unha iniciativa lexislativa popular (ILP). Para iso, creouse unha comisión promotora, constituída por nomes relevantes de diferentes ámbitos da vida social e cultural do país, como Manuel Rivas, Avelino Pousa Antelo, Yolanda Castaño, Margarita Ledo, Xurxo Souto, Marica Campo, Kiko da Silva, Xosé Lois O Carrabouxo, Sonia Lebedynski etc.
Varios xuristas colaboraron intensamente na configuración da proposta legal, que unha delegación da comisión promotora presentou á Mesa do Parlamento galego para así comezar a recoller sinaturas. A Mesa do Parlamento está constituída por cinco membros, que nesta lexislatura se reparten en tres do Partido Popular, un do Partido Socialista e un do Bloque Nacionalista. Desde o momento en que a comisión promotora presentou a proposta, este organismo tiña un mes para darlle o visto e prace á tramitación da iniciativa.
A Mesa do Parlamento, con presidencia e maioría do PP, estivo pospondo este asunto até o limite máximo do prazo. Xa no último día, reuniuse para abordalo e decidiu rexeitar a tramitación desta ILP, argumentando motivos xurídicos. A resolución non foi unánime, xa que o representante do BNG observou que esas supostas razóns legais non se sostiñan. Até onde eu sei, foi a primeira vez que no Parlamento se rexeitou a tramitación dunha ILP sen unanimidade, o cal de seu xa é un elemento importante para a reflexión.
O argumentario xurídico para a negativa que procuraba o PP baseábase no artigo 3 da lei 1/1988, que regula as ILPs en Galiza. Cito literalmente:
Artigo 3
Quedan excluídas da iniciativa lexislativa popular as materias seguintes:
1) As non atribuídas á competencia da Comunidade Autónoma.
2) As de desenvolvemento básico do Estatuto de Autonomía e as que, en todo caso, requiran para a súa aprobación o voto favorable dunha maioría cualificada.
3) As de natureza presupostaria e tributaria.
Considerouse que unha ILP de defensa do galego entraba nunha materia de “desenvolvemento básico do Estatuto de Autonomía”, debido ao mandato do artigo 5 desta norma, ese que di que a lingua galega é a propia de Galiza e que é obriga dos poderes públicos a súa promoción. Si, ese que o actual goberno da Xunta incumpre día si e día tamén.
No documento da Mesa do Parlamento lémbrase, así mesmo, que hai unhas semanas este organismo rexeitara –aí si por unanimidade, por certo– a tramitación dunha ILP para derrogar en parte a Lei de normalización lingüística (o artigo 10, que sinala que a única forma oficial da nosa toponimia é a galega).
Aínda que se pretendía equiparar confusamente ambas as propostas, é obvio que hai unha diferenza cualitativa enorme entre ambas: unha contradicía o Estatuto, ao pretender reducir a protección da nosa lingua, mentres que estoutra de Queremos Galego non facía máis que reforzar o dito na norma básica: nin a refutaba nin se extralimitaba.
Mais se alguén ten dúbidas aínda sobre se foi política a decisión de que esta ILP non se puidese tramitar igual que outras, hai algo moi sinxelo a facer: comparar esta proposta con outras que si tramitou sen ningún problema o Parlamento. Houbo iniciativas lexislativas populares para a construción de hospitais. É que iso non inflúe nos orzamentos? Houbo iniciativas lexislativas populares para o regreso á construción naval. Até que punto iso é competencia da Comunidade Autónoma? Nesta última proposta legal mesmo se fala de introducir a presenza da Xunta en empresas estatais, e iso non foi óbice para que o PP apoiase a súa tramitación! Que pasa, que a única materia sobre a que non se poden facer ILPs é a defensa do galego?
Podemos seguir así con case todas as ILPs, facéndolles unha proba do algodón para evitar que puidesen levarse a cabo. No entanto, por vez primeira na historia da autonomía aplicáronse as normas da forma máis restritiva, e sen consenso, para evitar a participación social nunha ILP.
Núñez Feijóo tenlle pavor ao traballo de Queremos Galego e por iso tenta pór paus nas rodas. Non lle é abondo con despois poder utilizar a maioría absoluta coa que conta para rexeitar esta proposta legal. Non: élle necesario tamén evitar que se poida tramitar e que haxa unha campaña social á súa volta.
Mais desde Queremos Galego xa se dixo alto e claro: “Non nos calarán!”. Por iso, comezouse estes días coa campaña antes indicada de recollida de sinaturas para respaldar esta lei.
Xa que non se poderá tramitar como ILP, desde a plataforma pedíronse entrevistas cos tres grupos parlamentares para que sexan eles os que leven esta proposta legal ao debate no Hórreo. De momento, o BNG e o PSdeG-PSOE escoitaron a solicitude de Queremos Galego; aínda se está á agarda de que o grupo do PP dea unha data para un encontro.
Ensino e administración
A proposta de lei pola garantía dos dereitos lingüísticos céntrase naquelas áreas nas que o PP está a desmantelar con maior intensidade a oficialidade da lingua galega; isto é: a súa presenza no ensino e na Administración. É, pois, unha resposta clara a medidas tan lesivas (e unilaterais) como o decretazo e a reforma da lei de función pública.
Así, o título primeiro aborda o uso do galego como lingua oficial das Administracións de Galiza, sinalando o seguinte nas dúas epígrafes que constitúen o seu primeiro artigo:
1. A Xunta de Galiza e os seus organismos autónomos; as administracións locais; as universidades públicas; as corporacións públicas; as institucións, entidades e empresas públicas, calquera que sexa a súa forma xurídica de personificación; así como os concesionarios dos seus servizos deben utilizar o galego nas súas actuacións internas e na relación entre eles. Tamén o utilizarán nas comunicacións e notificacións dirixidas ás persoas físicas ou xurídicas residentes en Galiza e na atención cotiá, oral e escrita aos cidadáns e cidadás, sen prexuízo do dereito destes á atención na lingua oficial da súa escolla, se o solicitaren.
2. O Goberno Galego, as administración locais e as universidades públicas regularán, mediante disposicións regulamentarias, o uso do galego como lingua oficial nas actividades administrativas de todas as dependencias administrativas, órganos e entes da súa competencia.
No que di respecto ao ensino, Queremos Galego refírese ao dito no Plan xeral de normalización da lingua galega que o Parlamento aprobou por unanimidade cando (vaia ironía!) Alberto Núñez Feijóo era vicepresidente da Xunta. Ademais, desenvólvese máis polo miúdo o consensuado para educación infantil, que é o punto central do ataque contra o galego no decretazo:
Na etapa de educación infantil, o profesorado usará nas aulas a lingua inicial predominante entre o alumnado, terá en conta a lingua do contorno e coidará de que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento da outra lingua oficial de Galiza, dentro dos límites propios da correspondente etapa ou ciclo. No caso de contornos castelán falantes, a utilización nesta etapa da lingua galega como lingua de comunicación e ensinanza será, como mínimo, igual á da lingua castelá. Fomentarase a adquisición progresiva da lectura e da escrita en galego, no sentido de que este se convirta no idioma base da aprendizaxe, de xeito que o alumnado obteña unha competencia que lle permita comunicarse normalmente en galego co alumnado e o profesorado.
Está en marcha a campaña de apoio a esta proposta de lei, que é tamén unha campaña de rexeitamento ás políticas contra o galego por parte da presidencia de Núñez Feijóo. Respalda esta campaña coa túa sinatura e, se podes, colabora na súa difusión!

Um comentário:
14 de fev. de 2010
Pero bicas ben e gústame estar contigo
Se hai uns días actualizaba o blog co desgarro do desamor nos versos de Pilar Pallarés, hoxe é a vez da celebración do gozo cómplice e correspondido, aínda que sexa sen pronunciar sílabas supremas e sublimes como as que tanto se estilan nunha data como a de hoxe.
Os dous poemas a seguir pertencen a Delicia, de Yolanda Castaño, e poden encontrarse en Erofanía. Triloxía poética (1995-1998), a recente compilación dos tres primeiros libros da autora (con Elevar as pálpebras e Vivimos no ciclo das erofanías), que vos recomendo que compredes e leades. Estas obras marcaron un punto de inflexión na poesía galega, cun renovado protagonismo feminino que fala, libre, do sexo e do desexo.

Se falase de ti non pronunciaría
as sílabas supremas
pero bicas ben e gústame estar contigo.
O meu verde co teu azul.
Delirio de ramas.
O meu verde co teu azul.
Abstéñome de pronunciar esas sílabas sublimes
pero gústame como abrazas e o teu pelo fai xogo co teu vestido.
Os teus dedos patinan nas miñas medias.
O meu verde co teu azul.
DELICIA
Aliméntasme co sangue da fresca confitura
deses marmelos loiros
que amarelan coa maturidade do abrazo.
Epiderme en ambrosías
delicadamente zumosas e lentas coma vagas lentas.
Ven a confortar, a sustentarme o padal enfeitizado
para caer encol de min coma maná...
Agasallas as papilas expectantes con macedonia escarchada,
nésperos de mel e leves malvasías.
Deixa que sexa
unha boca de fame cada poro. Nútreme
das froitas e dos níscalos
deste estío delicioso
30 de nov. de 2009
Non temos poetas novos?
Non temos poetas novos?
Dificultades de edición, desamparo institucional e novas saídas
Varias noticias aparecidas nos últimos días sobre as nosas novas e os nosos novos escritores de poesía fixéronme reflexionar un algo sobre a situación actual. Permitídeme que vos traslade estes pensamentos en voz alta.
Esta semana, Radio Nacional de España concedeulle a Yolanda Castaño o seu premio Ojo Crítico, por Profundidade de campo, un libro que contén algúns dos versos máis lindos e impactantes que lin na miña vida. Nunha entrevista pola concesión do galardón, a autora estendía o recoñecemento a todas e todos os poetas que se expresan na lingua de Galiza: “Ademais creo que nunca se deu antes [ese premio] a unha obra en galego, así que tamén o tomo como un tanto que apuntarnos os que escribimos en galego. Espero que sexa o primeiro dunha longa lista. E que vaian pondo os ollos en todo o que se está facendo por aquí.”
Sobre “o que se está facendo por aquí” desenvolvérase esa fin de semana pasada un encontro da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega, que so o título “Eu ou Nós?” promocionou e fomentou o debate entre os membros das novas fornadas creativas. Non puiden asistir, mais coñezo parte dos debates grazas aos comentarios dalgúns escritores que alí estiveron e tamén a que se dispoñibilizaron os vídeos cos temas de discusión, consultábeis en letrasnovas.blogaliza.org.
Unha importante noticia vinculada é que a Xunta de Galiza decidiu retirar as axudas con que contaba este evento, dentro da liña que desde abril segue o Goberno galego de desnutrir a cultura do país. Por fortuna, o bo facer da AELG logrou sobreporse a esta discriminación.
Situacións como esta desmontan, máis unha vez, a lenda urbana de que a cultura galega está hipersubvencionada. Ao contrario. Quen bote contas, tirará dúas conclusións incontestábeis. En primeiro lugar, que a cultura vehiculizada en lingua galega é a máis desprotexida polos poderes públicos, dentro das que se expresan nun idioma con algún rango de oficialidade no Estado español. A segunda constatación é que os impostos dos galegos e das galegas son máis utilizados para promocionar a cultura en español (que conta a maiores con moitos outros soportes) que a cultura en galego, cunha abrumadora diferenza. O problema que ven algúns é que a cultura galega tamén reciba axudas públicas, aínda que sexan moito menores.
Un outro aspecto para a reflexión veume por unha entrevista no semanario A Nosa Terra a Román Raña Lama, recoñecido co Premio Cidade de Ourense de poesía por O incendio das palabras. O entrevistador, Horacio Vixande, pídelle opinión ao autor de 49 anos sobre o seguinte aserto: “Hoxe en día aparecen menos novas voces poéticas en Galiza que nas décadas do 1980 e 1990.” Román Raña avalía que as letras se moven por ciclos, que “a lírica vive no acougo tras vinte anos de vangarda e diverxencias pero a narrativa ferve”, mais sinala a “moitísima calidade” dos que chegan.
A afirmación do xornalista púxome a cabeza a carburar. Na realidade, hai menos poetas? É unha consideración en termos absolutos ou en termos relativos? Como se chega a esa conclusión?
O caso é que, mentres escribo este artigo, enumero mentalmente un bo feixe de mozas e mozos que versifican na lingua do país. De moitas e moitos gosto, mesmo gosto moito, e teñen o recoñecemento dos seus pares que sofren tamén a ferida das letras. Porén, as súas obras están inéditas en libro e fican, así, invisibilizados, aínda que sexan unha parte fundamental, cualitativa e cuantitativamente, do que “se está facendo por aquí” do que falaba Yolanda Castaño.
Outras e outros conseguiron superar os obstáculos e pasar pola editora, mais acumulan, na súa gabeta ou no seu disco duro, algúns poemarios finalizados e algún outro a piques de finalizar. Non hai présa en redondealos. Total, hoxe calquera poeta novo pode tardar máis en publicar os seus versos que o que demorou Rosalía de Castro en ver saír do prelo as súas Follas novas, que acabaron dándolle o riso por ese impropio título, cal se a unha moura ben moura branca lle ouvise chamar.
Ou pásome de pesimista? É que, tras ollar as mesas de novidades das librarías, e recontar o que fica no limbo dos recitais ou no intercambio de mecanoscritos, atrévome a arriscar unha hipótese. Penso que nunca houbo tantas dificultades para editar un libro de versos en lingua galega como hoxe. Quitando, é obvio, os momentos de proscrición e persecución máis crúa. Mais só eses momentos, debo acrecentar.
Alguén pode replicar, baseándose nos estudos anuais sobre o mercado editorial, que tal conclusión é errada, que hai unha porcentaxe de obras do xénero poético que negan que o vaso estea medio baleiro. Na xenial Scoop, a personaxe que interpreta Woody Allen exclama: “Non vexo o vaso medio baleiro. Véxoo medio cheo. Só que de veneno.” Non falo por boca de Allen para desconsiderar a cualidade do publicado, senón polo perverso que é para a literatura galega e para o sistema literario galego que esta porcentaxe veñan sendo, na súa inmensa maioría, reedicións de obras máis ou menos clásicas. Isto é, as lecturas recomendadas de poesía nos centros de ensino, ás que habería que agregar a publicación de inéditos por algunha efeméride, en especial o Día das Letras.
Sobre esta cuestión, ten un artigo incisivo e lúcido a poeta Marta Dacosta, no xornal electrónico GzNación o 16 de maio de 2007. “Dez anos despois de morto xa pode un ser obxecto de estudo, a conciencia, investigado”, sinala referíndose a como se continúa a concibir a figura homenaxeada no Día das Letras. Mais, ao mesmo tempo, a realidade diaria dos escritores vivos en idioma galego, especialmente de poesía, é máis crúa, mesmo para alguén coma ela que acumula na súa vitrina algúns dos máis prestixiosos galardóns: “Pasan os días e non recibes resposta da editorial, os días son meses e os meses anos. Chega un momento en que xa non sabes se queres publicar ou non. No mellor dos casos cando les o teu libro impreso, anos despois, nin o recoñeces, e oxalá non renegues del, inmersa xa noutra etapa creativa. E entón comezas a te facer as preguntas fundamentais do escritor: Para quen escribo? Por que Todo o que se escribe ten por destino ser publicado? Coñécese o que se edita ou publica en Galiza? Quen o coñece? Porque ás veces dá a sensación de que nos coñecemos dentro dese amplo círculo de 300 escritores e escritoras, que escribimos para nós mesmos.”
Case só se publica o que se premia, mais nin isto é sempre así. E a nova política cultural da Xunta non fará máis que empeorar a situación. Xa sabemos a súa consideración de que a cultura galega “está muy bien, pero limita” e as súas apostas por reducir ou retirar o apoio ás expresións en galego, promovendo o hibridismo cultural e a rede clientelar.
Na mesma entrevista a que me refería ao comezo deste artigo, Yolanda Castaño indica que “é o momento de renovar o canal de expresión da poesía”. Claro que a todo o mundo lle agrada publicar un volume propio (como sinalaba Oriana Méndez hai xusto unha semana neste mesmo diario, “cando publicas un libro pasas a que te tomen máis en serio que cando non tes publicado nada en formato libro, aínda que teñas moitas publicacións espalladas”). Nese carreiro, hai iniciativas interesantísimas como Estaleiro Editora e, ademais, as novas opcións de autoedición poden supor unha mudanza, igual que todo o que supoñen as novas tecnoloxías, como os blogs poéticos. Mais cales serán os futuros canais e como se recibirán? Permitirannos coñecer, tamén dentro da propia Galiza, as dimensións do que se “está facendo por aquí”?
12 de mai. de 2009
Con Goretti Sanmartín e Yolanda Castaño
Hoxe ás 20 h, na antiga Reitoría, no Areal de Vigo, presento unha mesa redonda organizada polas compañeiras e compañeiros da Mesa pola Normalización Lingüística desta comarca na cal participarán Goretti Sanmartín e Yolanda Castaño. Se estiverdes por aí, vémonos!
Assinar:
Postagens (Atom)