30 de dez. de 2007

Datos do mercado editorial en galego

Nunha entrevista con Alfonso García, presidente da Asociación Galega de Editores, aparecen os seguintes datos sobre o mercado editorial en Galiza e en galego, tirados de diferentes estudos:

  • 60% dos galegos non leu nin un só libro en 2007, nin en galego nin en castelán.

  • Máis do 33% dos libros vendidos en Galiza en 2007 foron libros de texto (tanto en galego como en castelán, segundo parece).

  • 24% dos libros vendidos en galego en 2007 foi literatura infantil e xuvenil (tamén vinculada coa escola).

  • Estímase que en Galiza hai 144.000 persoas que len máis de 6 libros ao ano, entre eles algún en galego.


  • Falando de libros e de libros no noso idioma, onte lin a obra do ano, Made in Galiza de Séchu Sende. Nunha próxima postaxe comentareino.
    -

    29 de dez. de 2007

    Boas decisións!

    Para alén dos azares e das casualidades que non podemos controlar, deséxovos (e deséxome) un 2008 de boas decisións.

    A alegría non sempre a podemos capturar e tamén é pasaxeira, como todo. Convoquémola, de calquera xeito, con esta canción de Antònia Font, un grupo das Balears que estou a coñecer grazas ao Roi, quen, como tantas veces na miña vida, me fai de cicerone por sons que ignoraba.



    E velaí a letra:

    Cau es sol de s'horabaixa dins s'horitzó,
    damunt la mar arrissada es avions.
    Cau es sol de s'horabaixa vermell i calent,
    me sala i m'arengada sa pell.

    I es penya-segat
    i una pluja suau de pols estelar.

    Cau es sol de s'horabaixa i plàcidament
    sa gent se dutxa i ompl es carrers.
    Cau es sol de s'horabaixa dins es meu cor,
    tothom m'estima i jo estim tothom.

    Falla sa corrent,
    ses fireres no vendran cacauets.

    I alegria! Ses velles se xapen de riure,
    es dies s'acaben, i es fars il.luminen
    ses góndoles entre ses cases.

    I alegria! Ses òrbites en sincronia,
    i es ovnis se pinyen i deixen un cràter
    per sempre dins sa meva vida ...
    I alegria...

    Cau es sol de s'horabaixa dins s'horitzó,
    damunt la mar arrissada es avions.
    Cau es sol de s'horabaixa vermell i calent,
    me sala i m'arengada sa pell.

    I es municipals, és evident,
    fan aparcar bé a sa gent.

    I alegria! Ses velles se xapen de riure,
    es dies s'acaben, i es fars il.luminen
    ses góndoles entre ses cases.

    I alegria! Ses òrbites en sincronia,
    i es ovnis se pinyen i deixen un cràter
    per sempre dins sa meva vida ...
    I alegria...

    I alegria! Ses velles se xapen de riure,
    es dies s'acaben, i es fars il.luminen
    ses góndoles entre ses cases.

    I alegria...

    24 de dez. de 2007

    Coidado co turrón

    Esta noite é Noiteboa... Así que coidado co turrón e cos ansiolíticos e antidepresivos, todos eles produtos moi consumidos nestas sinaladas datas. Ben, realmente os ansiolíticos e antidepresivos xa son os reis de todas as festas: son o tipo de medicamento máis receitado en Galiza, até o punto de que unha de cada cinco persoas que sae da consulta do médico leva unha receita para esas menciñas. Dá para pensar, non si?










    Seguindo co tema da Noiteboa, pasáronme o testemuño calafriante dunha elfa, non sei se de orixe arxentina ou uruguaia. Debedes prestar atención todos aqueles e todas aquelas que lle estades facendo gañar terreo ao Pai Nadal ou Papá Noel. Sabede que esta noite para ela é unha das peores do ano:



    Termino xa con algo de alegría. Collendo o testemuño desas míticas actuacións no Nadal da TVG de Juan Pardo ou Bonney M, na gala de hoxe darase un dos momentos máis agardados por centos de blogueiros de Galiza: a actuación de Projecto Mourente, pola que suspiramos todos os seus fans. Esta noite, coa chegada dos turróns, direi esa mítica frase de "Pon na Galega" e exclamarei todo fachendoso a miña tía, a miña nai, ao meu cuñado e aos meus irmáns: "A ese rapaz coñézoo eu".

    O dito... Boas festas!

    22 de dez. de 2007

    Sensacións Pop

    Din as más linguas que os concertos de La Casa Azul se poden encher dez días seguidos, porque dez días seguidos irían as mesmas persoas. Despois do que puiden ver, ouvir, gozar, danzar e cantaruxar hai hoxe unha semana na estupenda actuación ao vivo na Sala Apolo de Barcelona, non podo máis que compartir esa idea, porque eu tamén sería un deses que iría os dez días seguidos. E faría fila e tentaría ser puntual, para así pórme o máis adiante posíbel!

    Aínda diría máis: Como a posibilidade de coller ferias (de Nadal ou as eternamente atrasadas) se me volve cada vez máis unha quimera a curto/medio prazo, coido que vou estudar seriamente a posibilidade de tomar como bálsamos desestresantes os concertos de La Casa Azul nos fins de semana: o 12 de xaneiro en Murcia, o 2 de febreiro en Zaragoza, o 22 de febreiro na Coruña e o 23 en Vigo; polo medio, hai un concerto aínda sen confirmar de vez en Bilbo. Alguén se anima a facer o roteiro?

    Como é bo de ver, saín da Sala Apolo sendo máis fan que nunca. Para certificalo, merquei alí unha camisola que me identifica como LCA FAN. Non era o modelo de que máis gostaba, mais a marabunta consumista non me deixou moita opción, porque esgotaron case toda a mercadoría... Tamén me puiden facer co EP In Love, de Milkyway, unha pequeniña xoia de coleccionista que fai parte doutra liña creativa de Guille, menos coñecida que o grupo La Casa Azul, e da que me comprometo a falar nunha postaxe futura.

    Para lle dar aínda máis emoción á noite, entre o público da sala estaban tres dos androides do grupo: Óscar, Sergio e Virginia. (Agora disimulade, porque me vou pór en plan "fan enlouquecida": Paulo e eu tivémolos tan perto de nós como tedes agora os vosos ollos destas letras no computador. He, he, he...)

    Guille Milkyway estivo menos só no escenario do que era habitual até o de agora nas súas actuacións: cinco ecráns acompañárono proxectando videocreacións, case-karaokes nalgunha ocasión e, sobre todo, facendo presentes aos cinco androides que conforman La Casa Azul. O comezo do concerto, onde se ve como os programan aos cinco para a revolución sexual, é un momento dificilmente esquecíbel para os fans, como o testemuñan os centos de comentarios ao respecto que inundan as redes de seguidores do grupo. Reparemos en que, por exemplo, en youtube durou poucas horas unha captura do comezo do concerto. Quitárono seica para que os LCAdictos mantivesen a máxima emoción na actuación ao vivo...

    Hai máis cousas que salientaría, como por exemplo o xogo coa estrutura, mais para non me demorar en exceso, falarei diso cando me refira neste blog á seguinte actuación ;) A principal pexa que lle poría ao concerto foi a ausencia dalgunhas cancións do novo disco, como "Triple salto mortal" e de auténticos himnos como "Viva (un poco más) el amor".

    Finalizo xa dedicándolle o seguinte vídeo da canción "Cerca de Shibuya", que foi o inicio dos segundos bises, a Projecto Mourente, que ademais de me pedir que falase do que alí aconteceu, cómpre lembrar que vai estar no especial da TVG desta Noiteboa e ninguén se debe perder ese momento que fará historia televisiva.

    A canción "Cerca de Shibuya" é a primeira que se deu a coñecer de La Casa Azul, hai dez anos, a través de Radio 3. Lembremos que o proxecto La Casa Azul nace dunha ruptura e crise afectiva de Guille Milkyway, que -sempre segundo este afirma- decide canalizar o desamor a través de cancións de pop, alegres e desenfadadas, cunha deliciosa contradición fondo / forma que se converte nunha importante marca do grupo. Coa referencia a Shibuya, Milkyway non fala (ou non fala unicamente) do coñecido bairro de Tokio, senón tamén do estilo shibuya-kei. O afastamento, máis que xeográfico até Shibuya, é conceptual, artístico e emocional, a través desta canción e deste estilo.

    Aí van algunhas sensacións pop, que alguén dos alí presentes recolleu no seu telemóbel:

    20 de dez. de 2007

    A Mariñeira de Quilmas

    Onte fun co Xermán á estrea no Teatro Principal d'A Mariñeira de Quilmas, un filme rodado para a televisión, dirixido por Antón Dobao e baseado nun relato de Darío Xohán Cabana.

    O filme é, dentro do que eu levo visto nos últimos anos, do melloriño que ten saído do noso audiovisual: unha boísima historia, unha extraordinaria fotografía, algunhas interpretacións memorábeis... Uns vimbios ben usados para facer un cesto sobresaliente.

    Grande mágoa que sexa "só" unha TVmovie, porque este é cinema para competir no mundo: de calidade, baseado na nosa historia, en diálogo coa nosa literatura... e na nosa lingua!

    14 de dez. de 2007

    Mañá cantará só para min

    Ando a toda présa facendo as malas para tomar o avión e ir lonxe desta semana tan estresante e saturante. Hoxe chego a Barcelona e mañá La Casa Azul cantará só para min:








    9 de dez. de 2007

    Cómpre non baixar a garda

    A semana pasada celebrouse o Día Mundial Contra a Sida. Cómpre non baixar a garda, como ben se desprende dunha campaña recente dirixida ao público homo do Estado na cal aparecen como caras visíbeis Boris Izaguirre, Jesús Vázquez e Grande Marlaska.

    O que máis me chama a min a atención desa campaña é que, o que parece unha iniciativa para utilizar o preservativo e deter a transmisión da SIDA, pode terminar por funcionar como unha campaña en favor da saída do armario. O cal non é má cousa. Nese sentido, é especialmente importante a aparición do polémico xuíz, digamos que con pouca sona de progresista polas súas actuacións, que rompe moitísimo máis os estereótipos do que un par de presentadores de televisión.

    Para sorrirmos un pouco, sen o deixarmos de tomar coa seriedade debida, velaí unha animación sobre o tema, con eslogan final e todo:

    8 de dez. de 2007

    7 de dez. de 2007

    Tolón tolón

    Non sei como, tiña no emule a canción "Tengo una vaca lechera", de Radio Topolino Orquesta, así que a puxen no mp3 para non pasar o día escoitando o grupo que xa sabedes... Alegroume algunhas das camiñatas da mañá, hehehe.

    Sempre é máis fácil reter e repetir os recordos negativos, mais esta musiquiña tróuxome lembranzas moi positivas: de miña nai vestida de cores e con colares brancos, de miña irmá e eu cantando cancións enriba do galiñeiro, do reloxio de cuco e da vaquiña de plástico de miña avoa, de min aprendendo a muxir por primeira e única vez na miña vida aos cinco anos, da chegada da televisión a cores...

    A ver se se vos pegan esas sensacións positivas! Tolón, tolón!








    6 de dez. de 2007

    E como pasa o tempo...

    Durante un tempo da miña vida, entre os 19 anos recén feitos e arredor dos 22 ou así, escoitei todos os días algunha canción de Silvio Rodríguez. Non digo "practicamente todos os días", senón "todos os días". Non se trataba de ningún propósito devoto nin dun obxectivo estraño (se for así, non o conseguiría, que ben me coñezo). Simplemente é que nun momento me decatei de que non había xornada que non escoitase algunha canción de Silvio, fose no meu rudimentarísimo walkman ou no fabuloso radiocasete que comprara barateiro no San Luís da Praza de Vigo ou na microcadea que aínda conserva, nostálxico, o meu rocho.

    Para min Silvio sempre tiña a canción oportuna para o que eu procuraba: para me namorar, para non ser correspondido, para pasar o desamor, para estar nostálxico, para estar alegre, para saír do armario, para combater, para reflectir, para ser feliz, para non selo, para soñar a revolución... Ía conseguindo que me gravasen os casetes, que me emprestasen CDs, descubría as inéditas a través de internet... Silvio era un dos meus grandes gozos.

    Póñovos aquí a súa conmovedora "Te doy una canción", na súa versión en directo no disco "Mano a mano". E como pasa o tempo...

    4 de dez. de 2007

    Bolseiros de contrarrevolución

    O mesmo día do referendo constitucional en Venezuela, o Whashington Post publicou un artigo demostrando que unha axencia do goberno estadounidense dá bolsas e axudas a estudantes universitarios venezuelanos para que se opoñan ao goberno de Hugo Chávez. Onde se publicarán esas convocatorias? Eses bolseiros tiveron moitos traballos de curso nos últimos meses?

    Ao se posicionar sobre o resultado do referendo, Hugo Chávez fixo unhas declaracións como as que todos agardábamos: recoñecelos, como corresponde, e infundir ánimo no proceso revolucionario. Dixo que o resultado era un "polo de agora".

    Como me lembran esas declaracións a esta linda canción de Silvio Rodríguez:

    El Reino del Todavía

    Viene girando un ángulo planetario,
    golpeando las paredes del infinito,
    descascarando el nácar del inventario,
    violentando el remanso de lo prescrito.

    Ciertas presiones altas vienen girando,
    en los celajes arremolinaciones,
    travesuras del tiempo traspapelando:
    vienen antecedentes de los ciclones.

    Lloran viejos obscenos, moralizantes,
    almas crucificadas en los cincuenta,
    con las lenguas sumidas en anhelantes
    saliveos al sexo de los noventa.

    Lloran niños dormidos, bien arropados
    en la eterna ilusión de salir mejores,
    pero nadie se salva del pie forzado:
    hay que crecer bailando con sinsabores.

    Balseros, navidades, absolutismo,
    bautismos, testamentos, odio y ternura.
    Nadie sabe qué cosa es el comunismo
    y eso puede ser pasto de la censura.
    Nadie sabe qué cosa es el comunismo
    y eso puede ser pasto de la ventura.

    De entre todo lo triste y lo perdido
    se aproximan girando las estrellitas.
    Nadie las ve avanzando por sobre el ruido
    de las tiendas legales y las proscritas.

    El sistema invisible tendrá su precio,
    su frontera y tamaño, su analogía.
    Dios le llaman algunos, otros Comercio,
    mas para mi es el Reino de Todavía.

    Balseros, navidades, absolutismo,
    bautismos, testamentos, odio y ternura.
    Nadie sabe qué cosa es el comunismo
    y eso puede ser pasto de la censura.
    Nadie sabe qué cosa es el comunismo
    y eso puede ser pasto de la ventura