"Lingua que rexeitaron os meus pais"
Borraran os letreiros dos camiños
cos ben amados nomes das antergas vilas,
dos silabarios das escolas algareiras
borraran o cantar humilde e puro
da língua popular.
Soio no escuro das lareiras
no apartado silencio dos labregos labios,
esquecida das espadas poderosas,
borboriñaba a nosa lingua triste.
Aferrollada fora coma unha delincuente.
As maos sen calos do traballo,
requintadas e doces, relixiosas,
enfeitadas co ouro dos aneis
roubados ó suor dos pobres
empurraran a lingua nobre e pura
a un cadafalso de vergoñas.
Meus pais, tamén, amados ignorantes,
obedecerán as ordes que o espadón
deborcara na poza de Galicia.
E, agora, veleiquí a xenreira xusta
dos mozos nobres e libertadores
tirando do pescozo da aforcada
o barazo inxusto, o odio do canalla.
Inda folguexas noiva bela,
inda tes verbas na túa gorxa magoada,
foguetes de carraxe pra cuspirlles
ós donos madrileños do billete,
da espada e maila cruz.
Inda tes folgos lingua enxebre
nos teus labios de moza asoballada,
lingua dos meus limiaos, dos meus antergos,
inda tes folgo pra bica-los meus ensoños.
Estás agora viva nos meus beizos fondos,
estás agora viva nos meus dedos de home
e acariñando vou teu corpo rebrincante
que ten ás de bolboreta nas palabras.
(Antón Tovar, Calados esconxuros)
31 de mar. de 2016
Poesía sobre lingua (1): "Lingua que rexeitaron os meus pais", Antón Tovar
Desde hoxe, ás quintas feiras neste blogue subirei un poema sobre lingua, unha das vetas polas que é máis popular o grande escritor que homenaxeamos este ano coas Letras, Manuel María. Comezamos coa profundidade existencial de Antón Tovar:
28 de mar. de 2016
27 de mar. de 2016
Ligazóns ao desvío para un vinte e sete de marzo
- "Teo se echa novio", Lorena G. Maldonado. Trata das ausencias da diversidade afectiva e sexual na literatura infantil e xuvenil. Moi engrazada a anécdota coa que comeza. Unha meniña de seis anos dille aos seus compas de clase: "Pois eu teño dúas mamais". Tres ou catro deles responderon ao mesmo tempo: "Que sorte!" :)
- "O silencio da crítica fronte á mellor obra lírica de Manuel María", Manuel López Foxo. Un destes artigos imperdíbeis de Foxo. Cantísima erudición ten este home e que ben sabe usala!
- "A Semana Santa ferrolá", Francisco Rodríguez.
- "Cando o Obradoiro era de terra", Quique Alvarellos.
- "Vasoirar todas as tebras", Marta Dacosta. Interesantísima historia sobre a censura dun poema de Manuel María, non só durante o franquismo.
25 de mar. de 2016
Motivos ha de ter...
Que aquel deixa seu natal curruncho
e fóra dos seus eidos pon os pés,
cando troca o seguro polo incerto,
motivos ha de ter!
(Manuel Curros Enríquez)
tes que entender.
que ninguén pon os seus fillos nun barco
salvo que a auga sexa máis segura que a terra
(Warsan Shire)
[Fotografía tirada de @PrincipeMarsupia.]
22 de mar. de 2016
Foi o Día da Poesía
Onte as redes sociais en Galiza estiveron sobre todo a divulgar diferentes poemas de Manuel María, a quen homenaxeamos este ano nas Letras. Eu tamén puxen o meu pequeno gran de area, tanto polo que subín como polos dous lindísimos que lle rechiei a Paulo Filgueiras Fachal.
Ademais, aproveitei para subir á miña páxina en Facebook dous textos con dúas consideracións diferentes da poesía. Unha, contrariando as súas posibilidades, fíxoa un dos maiores poetas do século XX; a outra, defendendo a súa utilidade contemporánea, asínaa un fecundo ensaísta. Velaquí as penduro, tamén:
Como a música, o verso é limitado por leis rítmicas, que, ainda que não sejam as leis rígidas do verso regular, existem todavia como resguardos, coacções, dispositivos automáticos de opressão e castigo. Na prosa falamos livres.
(Fernando Pessoa, Livro do Desassossego)
A coñecida frase de Adorno necesitaría, pois, unha corrección: non é a poesía o que é imposíbel após Auschwitz, senón a prosa. A prosa realista fracasa onde triunfa a evocación poética da inaturábel atmosfera dun campo. Isto é, cando Adorno declara que a poesía é imposíbel (ou, máis ben, "bárbara") após Auschwitz, esta imposibilidade é habilitadora: a poesía trata sempre, por definición, sobre algo que non pode ser nomeado de forma directa, só aludido.
(Slavoj Žižek, Violencia)
21 de mar. de 2016
Espectador*s da diversidade
O Goberno galego está a enviar aos centros de ensino a campaña "Eu respecto". Que ten de positivo e de limitado esta acción institucional?
20 de mar. de 2016
Ligazóns ao desvío para un vinte de marzo
- "¿Podemos ya hablar de Podemos?", Suso de Toro.
- Podes navegar un pouquiño por Canal Extremadura, para veres os programas de radio e televisión que teñen para se achegaren á cultura portuguesa. E na TVG e na RG?
- Cibrán Arxibai fixo esta selección de textos que escribín sobre lingua. Moi obrigado pola atención e pola peneira!
- "Lasciate ogni speranza", Xavier Campos.
- "Antropónimos galegos", Pilar Ponte.
- "O PP reduciu nun 80% a dotación para bibliotecas de libros en galego", César Lorenzo Gil.
- "Non esperaba unha evolución política destas características". Entrevista a Francisco Rodríguez con motivo da quinta edición de Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no TwitterCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
Etiquetas:
antroponimia,
César Lorenzo Gil,
Cibrán Arxibai,
Francisco Rodríguez,
galego na edición,
galegofobia,
galeguia,
guerra,
libros,
Pablo Iglesias Turrión,
Pilar Ponte,
política,
Suso de Toro,
Xavier Campos
14 de mar. de 2016
Houbo un comezo
No curso 2015/16 fanse 50 anos da primeira vez que o galego entrou no ensino regrado. Foi como materia optativa no último curso de Filoloxía Románica. Que mudou neste tempo?
Recordade que estes comentarios que publico ás segundas feiras se poden seguir no semanario Sermos Galiza e en Youtube.com/CarlosCallon.
Recordade que estes comentarios que publico ás segundas feiras se poden seguir no semanario Sermos Galiza e en Youtube.com/CarlosCallon.
13 de mar. de 2016
Ligazóns ao desvío para un 13 de marzo
- "Sam Smith’s Oscar faux pas shows LGBT people must learn their history", Owen Jones.
- Praza Pública amosa unha ducia de datos que amosan a desigualdade laboral entre mulleres e homes en Galiza.
- "Escribir de ciencia en galego: Antón Beiras García", Francisco Díaz-Fierros Viqueira.
- "El deseo no es la potencia", José Ramón Ubieto.
- "Delírios Narcísicos da Psicologia Positiva", Luc Ferry.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no TwitterCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
Etiquetas:
Antón Beiras García,
cinema,
Dustin Lance Black,
feminismo,
Francisco Díaz-Fierros,
galego na ciencia,
Howard Ashman,
José Ramón Ubieto,
LGTB,
lingua,
Luc Ferry,
Owen Jones,
psicanálise,
Sam Smith,
sexo
7 de mar. de 2016
Bicos
Velaquí o comentario desta semana en Sermos Galiza:
Lémbrovos que vos podedes suscribir á miña canle Youtube.com/CarlosCallon, tanto para estes artigos como para outros contidos que irei pendurando.
Saudiños!
Lémbrovos que vos podedes suscribir á miña canle Youtube.com/CarlosCallon, tanto para estes artigos como para outros contidos que irei pendurando.
Saudiños!
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no TwitterCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
Etiquetas:
Antonio Baños,
art da 2ª,
David Fernàndez,
Francisco Jorquera,
homosexualidade,
Melrose Place,
Pablo Iglesias Turrión,
política,
vida,
Xavier Domènech,
xerais2015
Assinar:
Postagens (Atom)