25 de fev. de 2012

"Non masacrarei a cultura do meu país"

O título desta entrada foi unha das cousas que dixeron o conselleiro de Educación e Cultura e o presidente do Goberno galego (que grandísimos lles fican os cargos!) na comparsa reivindicativa que montou Queremos Galego de Ourense para este entroido.

Oxalá se aplicasen o conto de verdade!

10 comentários:

  1. Ao mellor lles quedan grandes os cargos, pero o problema está nos modelazos que presenta a oposición: Pachi, que vaia por Dios, ou Jorquera, que Dios nos colla confesados.

    Cando menos aquí se rematou cos mojitos, as viaxes a Cuba de tres colgadillos que non foran antes nin a Betanzos e viaxaron de glo-gló ao Caribe; acabouse esto de tomar o pelo á xente facendo que facían, por exemplo vendendo como gran logro o cambio do nome do hospital Juan Canalejo, mentres non paraban de medrar as listas de espera; qué dicir das pancartas de Ourense; dos muiños con concurso superlegal porque foi feito á medida dos adxudicatarios previamente seleccionados; as subvencións a medios xornalísticos ruinosos, que non lía nin o can e que pecharon en canto esas subvencións foron a menos; os enchufes diversos, sexa nas Galescolas ou na RAG; o cazo do Carromeiro; os conselleiros aos que lles tocaba a lotaría...

    As enquisas séguenlle a dar a Feijoo maioría absoluta, ao mellor non porque sexa un crack, senón porque o que viría é para botarse a tremer e saír correndo.

    ResponderExcluir
    Respostas
    1. Creo, Anónimo que te confundes, que os que citas non tiveron tempo nin a manchar a poltrona do poder, mentres que os outros, AQUÉS QUE TEN FAMA DE HORADOS NA VILA, levan lixando a política desde a ditadura, son os mesmos, non cambiaron nin sequera de ideoloxía. Eses foron os que inauguraron as viaxes a Cuba para carretar o voto emigrante. Eses eran amigos de Fidel Castro. Eses pecharon medios que os cans (somos bastantes por certo) liamos porque opinaban distinto, pero preferían a opinión única de LAVOZDEGALICIA, dese xeito domestícase doadamente á cidadanía. Eses trataron de ilegalizar un concurso eólico que, aínda non te enteiraches, foi declarado xa superlegal. Eses van enchufar agora nas Galescolas, perdón Galiñas azuis!, a quen queiran porque xa as están a primatizar, entregándollas a mans da empresa do OPUS DEI, FESÁN. Tan mal ían que o mesmo Florentino (o do Real MAdrid, si!) quere obter tallada. A eses tocoulles mil veces a lotaría durante moito tempo, especialmente a lotaría dos "paifocos desleigados" que non teñen nin idea do que é a ideoloxía e botan man da utopía como único argumento, a razón dos covardes!
      Olla o que dicía Rosalía deses, son os mesmos que que ti prefires, os que non che fan tremer e a min causanme espanto por todo o que levan destruído en tan pouco tempo, pero non pasa nada, seguirán mexando por nós e seguiremos facendo autocrítica: QUE CHOVA, que sempre podemos emigrar!

      Aqués que tén fama d' honrados na vila
      roubáronme tanta brancura qu' eu tiña;
      botáronme estrume nas galas dun día,
      a roupa de cote puñéronma en tiras.
      Nin pedra deixaron en dond' eu vivira;
      sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
      ó raso cas lebres dormín nas campías;
      meus fillos... ¡meus anxos!... que tant' eu quería,
      ¡morreron, morreron ca fame que tiñan!
      Quedei deshonrada, mucháronm' a vida,
      fixéronm' un leito de toxos e silvas;
      i en tanto, os raposos de sangre maldita,
      tranquilos nun leito de rosas dormían.

      Excluir
  2. Non me veñas con mitos de filólogos que paso deles. Rosalía moi bonito e tal, pero nin Marx (moito menos Lenin ou Stalin) me serven para os nosos tempos. Quero dicir, en definitiva, que apelar a argumentos de autoridade constitúe unha falacia retórica (para bobbas, ou bobbiñas).

    O evidente é que quen foron en viaxe de glo-gló a Cuba, os do Carromeiro, muiños, os que enchufan aos fillos e mozos destes na RAG, etcétera, roubaron a mans cheas, ou van de legais, o cal constitúe un insulto á intelixencia. Os outros, que son de familia rica, por suposto que rouban, pero non teñen unha necesidade urxente de roubar a tanta velocidade nin con tanta voracidade porque teñen cartos ou propiedades. Por outra banda, roubar é roubar, roubese ao longo de dúas xeracións, ou como se fosen hienas en catro anos.

    ¿Cantas subvencións conqueriu a Mesa co goberno repartito? A cifra debe ser tan fabulosa, o seu coñecemento debe xerar tal alarma social, que a día de hoxe é un dato que non se fixo público.

    Poño un exemplo dos socialistas. Había na Coruña un locutor de radio coñecido polo alcume de El Mejillonero. O colega inventou unha historia consistente en que un compañeiro de traballo lle dicía de acera a acera: "los cerdos rojos y maricones murieron en el campo de la rata, como tú". Tamén que o mesmo, un día despois de coincidir nun restaurante, o suposto fascista perseguiuno cun coitelo de matar cochos pola rúa. Houbo xuizo, no que non se probaron os feitos denunciados. Entrementres, o locutor foi falar con Paquiño, e pasou a ser concelleiro en dúas lexislaturas (na última concelleiro na sombra, fontanero). Pois ben, nese tempo o colega enchufou á familia no concello e cando o goberno repartito, obtivo unha subvención de 300 mil pavos para mercar un pisito, no que instalar unha asociación republicana da que forman parte el e tres mais.

    Non me fales de nacionalistas, independentistas e socialistas, que so lles falla o trabuco para ser como Luis Candelas.

    ResponderExcluir
  3. E outra cousa, neniñ@, aquí Feijoo colocou a dous conselleiros dos que era pública súa condición homosexual, cousa que repetiu Negreira na Coruña con outros dous concelleiros. Claro que ningún deles, con independencia da súa maior o menor afectación (pluma, en cristiano) fan bandeira da súa afectividade ou sexualidade.

    E teño que dicir que o nacionalismo, malia ter un lote de gays nas súas filas, ou os socialistas que teñen tamén unha colección de locas considerable, sobre todo entre as súas xuventudes, non tiveron o detalle de darlles cargos de concelleiros ou conselleiros, nin na Coruña, nin na Xunta. Obras son amores...

    O que si fan os socialistas e facer chisteciños fáciles, ou inventar historias de que se este ou o outro é maricón, ou inventar alcumes como ese do "Plumas de Educación", e aínda non vin a ninguén que os chorreara por precisar de xeito permanente uns cleanex para limpar a babiña que lles cae.

    ResponderExcluir
  4. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderExcluir
  5. Cando o argumento mellor na túa resposta se reduce, ÁNONIMO, a chamarme "bobba" e "bobbiña" ou neniñ@, parece evidente que perdo o tempo respondendo adecuada e seriamente. Se realmente cres que tés razón, ti mesmo... O insulto e o desprezo polo que opina diferente nunca foron argumentos para o diálogo ou para o debate. O insulto é o mellor, o único, argumento do que carece de argumentos.
    Lamentable mostra da túa ignoracia a alusión "moi bonita" a Rosalía...
    Lamentable o recurso aos homesexuais, único aspecto polo que NUNCA eu criticaría o goberno de Feijoo.
    Repasando:
    -Negas a evidencia da fraude maior
    -Ignoras a importancia e o contido que pretendía transmitirche co poema de Rosalía (que seguramente nin liches, ou talvez non entendiches...)
    -Recorres ao insulto como contraargumento
    -Botas man da cuestión gai
    Pregúntome que fas utilizando unha lingua menor, dun pobo menor, porque creo que xa se che viu o "plumeiro", non é?

    ResponderExcluir
  6. Ai q nerviosssssssssss XD

    PS1: non sabes do que estás a falar. So es un totalitario, e como tal, intolerante. O de sempre, bonitiñ@...

    PS2: roubar é roubar.

    ResponderExcluir
    Respostas
    1. Anónimo, as túas contestacións a Rosalía resultan incoherentes a par de pouco educadas ("bobba" e "bobbiña"). Non xustificas as túas críticas, o cal se converten en nulas. Limítaste a afirmacións ("es un totalitario, e como tal, intolerante") insultantes cara unha persoa que non coñeces. SE QUERES QUE TE RESPECTEN, RESPECTA.
      Se te consideras un ser superior, demostra selo, e deixa de enganarte. INFÓRMATE!! Para elixir en liberdade é preciso saber, coñecer, ter competencia na materia. A ignorancia fainos manipulables, impide que pensemos por nós mesm@s e favorece que sigamos, sen cuestionala, a opinión maioritariamente publicada. Só o saber nos fai libres! E logo, actúa!!
      Nunca é tarde para aprender, só tes que darte a ti mesmo a oportunidade de intentalo.
      Ah, e concordo con Rosalía, creo que se che viu o "plumeiro"...

      Excluir
    2. A propósito... A análese que fai Rosalía do teu comentario é insuperábel. Non sei como tiveches atrevemento a contestala.

      Excluir
    3. ¡CLON-CLÓN! ¿Podese? ¿A quen dis que contesto?

      ¿Alguén imaxina que ocupase o poder alguén como ti, que pensas que a xente é parva? Hala, aburiño meu.

      Excluir