26/08/1978

Sobre o Carlos Callón

(Ribeira, 1978). Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística (a maior asociación cultural de Galiza) e da Fundación Via Galego, así como portavoz nacional da plataforma unitaria Queremos Galego. Tamén presidiu o Comité de Estado da Axencia Europea de Linguas Minorizadas.

Profesor de Lingua e literatura galegas en secundaria e investigador sobre sociolingüística e literatura, materias sobre as cales é un prolífico conferencista. Foi tamén concelleiro na súa vila natal e membro do Consello Asesor de RTVE-G.

Publicou os ensaios Unha historia que nos pertence (2005), En castellano no hay problema (2010), Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (2011, premio Redelibros á mellor obra non literaria en galego dese ano) e Amigos e sodomitas (2011, premio Vicente Risco de Ciencias Sociais e premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de ensaio e investigación dese ano). Obtivo tamén varios galardóns pola súa obra de creación, entre os cales salienta o premio internacional de teatro breve Lauro Olmo (1996).

Para unha información un pouco máis ampla podes clicar aquí.

0 comentarios:

Postar um comentário