tag:blogger.com,1999:blog-81267048334531511362024-03-14T17:49:45.342+01:00O blogue do Carlos CallónBitácula persoal aberta por navegar ao desvíoUnknownnoreply@blogger.comBlogger2225125tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-75613448332310011152024-02-18T10:21:00.006+01:002024-02-18T10:56:16.832+01:00Rosalía: o amor da patria galega
Hoxe, xornada en que unha tataraneta de Rosalía pode chegar a ser a presidenta de Galiza, é bo día para partillar o manifesto que elaborei para o próximo 23 de febreiro, a convite da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega:
Rosalía: o amor da patria galega
Hai século e medio, unha moza con pouco
máis de vinte anos mudou a Historia. Iso de mudar a Historia non é cousa
que aconteza todos os días. Ela era consciente de que os seus libros
abrían camiños, que con eles “levantaba unha bandeira” da que non ía
desertar. De feito, este recanto do mundo chamado Galiza non é o mesmo
após Rosalía de Castro. Hai un antes e un despois.
As palabras que lanzou abriron moitos
ollos e calmaron moitas sedes. Non é difícil decatarse da sequidade nos
beizos desa cultura silenciada por xeracións e xeracións, mesmo con
violencia. Na escola —nunca o esquezamos—, a rapazada que usaba a lingua
de Follas novas era castigada vilmente.
As palabras de Rosalía dábanlle
dignidade e sentido á fala do pobo galego e ás súas vidas sen nome. As
traballadoras e os traballadores conseguían un espello para pensar e un
altofalante para denunciar os abusos que padecían:
Por xiadas, por calores,
desde que amañece o día
dou á terra os meus sudores
mais canto esta terra cría,
todo... todo é dos señores.
As mulleres, condenadas desde o berce a unha cadea perpetua de explotación e mudez, gañaban o dereito á palabra:
O que me conmoveu sempre, e polo
tanto non podía deixar de ter un eco na miña poesía, foron as
innumerables coitas das nosas mulleres (...). No campo compartindo
mitade por mitade cos seus homes as rudas faenas, na casa soportando
valerosamente as ansias da maternidade, os traballos domésticos e as
arideces da probeza. Soias o máis do tempo, tendo que traballar de sol a
sol, e sin axuda pra mal manterse (...).
Diversas formas de amar e de vivir a sexualidade (o que hoxe chamamos LGBTQ) sobardaban as censuras:
Solo a virxe é máis hermosa
que eres ti, bendita santa,
i o teu rostro pelegrino,
o temido demo espanta.
De ti, vivo namorada,
en ti penso con fervore.
Que eu ben sei que che contenta
este puro e santo amore.
Quen poidera...! Quen poidera...!
Xunta ti vivir segura,
manantial que mel derrama
pura fonte de ternura!
E Galiza, a quen ela, a pesar de tantos
ataques, sempre defendeu con perseveranza como a súa “patria”, forxaba
as chaves para soñar un mañá diferente:
Probe Galicia, non debes
chamarte nunca española,
que España de ti se olvida
cando eres, ai!, tan hermosa.
“O amor da patria me afoga”, escribiu na
obra con que inaugurou a literatura galega contemporánea. O seu inmenso
segundo libro no noso idioma vai dedicado ás persoas que se organizaban
“volvendo para a súa patria os ollos e o corazón”. A patria galega,
sempre a patria galega no centro dos seus desacougos, tamén na súa obra
en castelán:
...que es el silencio hermano de la muerte
y yo no quiero que mi patria muera,
sino que como Lázaro, ¡Dios bueno!,
resucite a la vida que ha perdido,
y con voz alta que a la gloria llegue,
le diga al mundo que Galicia existe.
Ese amor que ela aqueceu e proxectou é
un alento que aínda hoxe mapea horizontes, abre porvires e renace día a
día en cada persoa que levanta a cabeza para que Galiza exista, nun
mundo mellor, diverso e igualitario. Un mundo, en fin, máis rosaliano.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-19126813356692669762024-01-02T10:58:00.002+01:002024-01-02T13:53:55.675+01:00Chamada ás formiguiñas
Chamada ás formiguiñas
Acabamos de pasar unha nova volta ao sol. Após o inverno, tornará a primavera; máis unha para o galego, a pesar dos responsos e vergoñas. Pouco antes de se abriren as flores temos na axenda unhas eleccións autonómicas. Nas nosas mans está que sexan o exordio dun tempo novo.
Con certeza, non hai nada máis importante para o galego que estas votacións. Animo todas as persoas con afecto pola lingua a colaboraren para que haxa unha participación decisiva, que faga posíbel a mudanza de goberno. A sociedade galega precisa oxíxeno en moitos ámbitos. O idioma é un termómetro.
Ben sei, no entanto, que non podemos fiar todas as nosas esperanzas á armazón institucional. O activismo cotián continúa a ser chave. Para esas dúas pernas (administracións, sociedade) achego estes cinco propósitos para 2024:
1) Cómpre centrarmos esforzos no ensino. Non hai lingua que se restaure e revitalice sen ter a escola como apoio, moito menos se a ten en contra. O mal chamado Decreto de Plurilingüismo é o principal tóxico que respiramos nestes momentos. Deben prohibirse as prohibicións ao galego.
2) Alí onde xa hai formacións políticas sensíbeis á nosa lingua nas administracións locais, é preciso que asuman a emerxencia. Urxe colocar obxectivos de galeguización interna e externa e avanzar para cumprilos. O primeiro paso é que debe haber un aumento significativo dos orzamentos para ese fin, cun control rigoroso das partidas.
3) Tamén será balsámico para o galego cultivar a pluralidade nas institucións culturais do país, que favoreza unha explosión de diálogo e vida. Que se abran as xanelas e as portas, na liña do que xa indicou no seu día Francisco Fernández del Riego. Deberiamos facer tamén todo o posíbel, máis aínda após este fanado centenario do Seminario de Estudos Galegos, para que o Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento estea á altura da persoa de quen leva o nome e dos seus alicerces, saqueos do franquismo.
4) É crucial afortalarmos o activismo de base, congregado en especial na Mesa e na plataforma Queremos Galego. Os principais adiantos que conseguimos nestes anos foron grazas aos logros impulsado por estas formigas perspicaces e teimudas. A Iniciativa Xabarín mostra a senda: participativa, clara e ben explicada, con éxitos palpábeis e cun horizonte para avanzar.
5) Nesta última volta ao sol fixéronse corenta anos da Lei de normalización lingüística e vinte do acordo de normativa oficial do galego. Tanto a Lei como as normas merecen sentar e falar. É saudábel que a roupaxe gráfica avance na confluencia co resto do sistema lingüístico que naceu no reino da Galiza e que teñamos unha Lei garantista, que protexa e defenda o dereito lexítimo a vivirmos no noso idioma.
As grandes travesías empréndense con pasos curtos. Camiñamos, formiguiñas?
(Artigo publicado no xornal El Correo Gallego).
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-75427112840353500952023-09-11T08:29:00.000+02:002023-09-11T08:29:00.133+02:00Xanelas polo tempo - Efemérides desde O Libro negro da lingua galega
Ao longo dun ano fun publicando diferentes efemérides sobre a historia do noso idioma, a partir do traballo de investigación que realicei n'O libro negro da lingua galega. É unha antoloxía de certos casos de represión, silenciamento e censura, algúns deles aínda escasamente coñecidos. Sen sabermos de onde vimos non podemos nin entender o presente nin proxectar tantos mañás que temos por diante.
Por se vos foren útiles para a vosa escola, asociación ou o que for, aquí vai unha ligazón para os baixardes. Son para usar e divulgar libremente, e mesmo para modificar, se for preciso, mais pido que neste último caso se faga referencia ao libro, para dar crédito ao traballo da súa compilación e edición.
Para calquera suxestión ou o que for, podedes escribir ao correo olibronegro @ carloscallon.com.
Avante toda! Pola lingua que nos une!
- Baixa desde aquí.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-67482138954123999602023-06-28T07:57:00.001+02:002023-06-28T07:57:15.717+02:00Unha semana ben completiña. Vés?
Nos primeiros 6 días do mes de xullo vou participar en 9 actos por volta d'O libro negro da lingua galega.
Os dous últimos roteiros na Coruña (días 3 e 6) xa están completiños e con xeitosas listas de espera. Nos que se van realizar en Santiago aínda fican algunhas vagas. A inscrición é no correo roteirosdolibronegro@gmail.com
Ademais, podemos encontrarnos en Melide, San Sadurniño, Ribeira e Oleiros. Serán magníficas oportunidade para escoitar voces marabillosas, de xente que entusiasma e dinamiza, como o inmenso Paco Veiga, a creativa Pilar Ponte, o inspirador Xosé Antonio Vázquez Covas, o vangardista Secundino García e a visionaria Iria Taibo.
Avante toda! Pola lingua que nos une!
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-32605810816654143032023-05-31T21:12:00.021+02:002023-06-04T16:48:36.792+02:00O libro negro da lingua galega un ano nas rúas
En poucos días vaise facer un ano da saída d'O libro negro da lingua galega, un proxecto a que lle estou a dedicar case tanto tempo para a difusión como llo dediquei para a elaboración :)
Van xa 45 actos para falar da obra, a maioría por Galiza, aínda que tamén en Bruxelas, Rio de Janeiro, Niterói, Salvador, Madrid, Lisboa...Participaron un total de 2.771 persoas nos encontros por volta do libro. (Enténdase ben que non é unha cifra exacta, tento contar ou pídolle a alguén que conte, e despois anoto, mais nos eventos máis concorridos sempre existe unha marxe de erro, en calquera caso para abaixo).
O volume chegou ás librarías no día 9 de xuño. Vou festexar esta voltiña ao sol con dúas palestras moi especiais e dúas visitas guiadas. En cal nos vemos?
9 de xuño:
Presentación ás 20h30 na Libraría de Rosa, o Espazo Lector Nobel de Boiro, con Mario Brión (Olaxonmario).
10 de xuño:
Palestra ás 12 h na Casa do Taberneiro de Santiago de Compostela, con Neves Rodríguez e Héctor López de Castro (Cascarelo).
11 de xuño:
Roteiro na Coruña sobre a historia da represión da lingua galega. Vai haber unha visita guiada ás 11h30 e outra ás 18h. A duración aproximada é de unha hora e é preciso inscribirse previamente no correo: roteirosdolibronegro@gmail.com, pois as prazas son limitadas.
Avante toda! Pola lingua que nos une!
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-75431764812043456652023-04-24T20:15:00.005+02:002023-04-24T20:16:16.311+02:00Aínda existen os blogs?
Acabo de entrar neste espazo, que estaba case a ser collido polas silveiras. Cheguei por outros motivos, mais, de paso que vou, decido escribir catro liñas, e así inauguro 2023. Véspera do 25 de abril, abro o ano novo.
Colocar algo en negro sobre branco neste espazo e non nas redes sociais diarias faime pensar mesmo que ninguén o vai ler, que isto vai ser íntimo e se pode achegar a un diario. Con certeza, aínda que sexan pouquiños ollos, algúns se deterán aquí. Algúns.
Que facer cos blogs?
Non vou escribir nada persoal nin sobre o libro que levo case un ano a promover nin sobre os outros proxectos de futuro, aínda que ao dicir que non xa estea a afirmar algo. Só deixo un saudiño para ti, que andas a ler. Até a próxima!
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-23647526476163372822022-06-25T19:10:00.004+02:002022-06-25T19:10:33.135+02:00Revista de imprensa da presentación nacional d'O libro negro da lingua galega
Carlos Callón publica o 'libro negro' do galego, que evidencia os 500 anos de represión contra a lingua. Praza, 10 de xuño de 2022.
Callón recorre la historia de represión del gallego en su nueva obra literaria. El Correo Gallego, 11 de xuño de 2022.
Callón presenta en Compostela 'O libro negro da lingua galega'. Nós Diario, 10 de xuño de 2022.
Carlos Callón: "Son 500 anos de represión continuada sobre o galego". La Voz de Galicia, 11 de xuño de 2022.
Carlos Callón publica un 'Libro Negro' en el que recorre "500 años de persecución del gallego". Enfoques.gal, 10 de xuño de 2022.
Carlos Callón presenta 'O libro negro da lingua galega': "Malia todo, ata batendo nas crianzas, resistimos". Radio Galega, 9 de xuño de 2022.
Carlos Callón narra en 'O libro negro' a represión histórica da lingua galega. Diario de Ferrol, 10 de xuño de 2022.
"A represión contra o galego vai moito máis aló do franquismo, ten unhas raíces moi profundas". Praza, 21 de xuño de 2022.
A nova obra de Carlos Callón percorre 500 anos de persecución e silenciamento do galego. Galicia Confidencial, 10 de xuño de 2022.
Carlos Callón narra en 'O libro negro' a represión histórica da lingua galega. El Ideal Gallego, 11 de xuño de 2022.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-72607012478254742402022-05-31T08:56:00.002+02:002022-05-31T08:56:22.871+02:00Disidentes sexuais na Galiza contemporánea
Desde esta fin de semana teño comigo A defunción dos sexos, un
libro de Daniela Ferrández que acaba de saír do prelo e supón un
importante punto de inflexión nos estudos LGBT galegos.
Cando
se está a investigar é fácil sentir soidade. Mergúllaste en arquivos e
en páxinas e páxinas, e máis páxinas, e aínda máis páxinas... Podes
contarlle ás amizades, á familia ou á parella algún dos momentos máis
emocionantes ou máis divertidos, mais non podes estar a dar a murga todo
o día.
No último tramo de elaboración d'O
libro negro da lingua galega encontrei unha compañeira virtual con quen
partillar a viaxe: a Daniela Ferrández. Ela andaba nalgúns arquivos e
nalgunhas fontes hemerográficas semellantes ás que me entretiñan a min,
só que con temas diferentes. En canto ela pesquisaba polas pegadas LGBT,
eu espreitaba as marcas da represión lingüística. (Un dos momentos en
que máis gastei a vista foi a ler os exemplares do El Ideal Gallego
desde novembro de 1939 até outubro de 1941, un a un...)
Cando
ela achaba no seu mergullo algunha cuestión que me interesaba,
pasábama, e o mesmo facía eu. Para min foi moi divertido e tamén
proveitoso.
Nalgún momento queremos facer
algunha presentación conxunta d'A defunción dos sexos e d'O libro negro
da lingua galega, que ao cabo son historias sobre aspectos centrais das
vidas das persoas e das sociedades (a fala, a sexualidade...), mais
sobre as que a ollada académica central continúa a fuxir alí onde arden.
Anunciarémolo. Por en canto, aconsello que leades e difundades o seu
libro.Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-77570437262284760322022-05-06T23:17:00.004+02:002022-05-06T23:18:32.836+02:00"Un coro..."
Obrigado por facer finalista este poema do libro A abertura da boca nos premios Aritmar, os xogos florais galego-portugueses do século XXI.
Estes galardóns ideados pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago convertéronse nunha interesantísima antoloxía da seitura poética anual das dúas bandas do Miño. Recomendo ler as escollas, particípese ou non do resto do proceso, que tamén é enxeñoso. Todo isto é ben bonito.
Viva a poesía! Vivan as culturas galego-portuguesas!
Os pesimistas tamén se enganan
Cando nos detemos a pensar sobre o pasado, o presente e o futuro do galego, hai dúas preguntas fundamentais que temos que nos facer en voz alta. A primeira, por que o idioma nado para ser o natural da Galiza -de aí o seu nome: galego- non deu consolidado até o momento o seu espazo social. A segunda, por que unha fala reprimida fisicamente por séculos nas escolas (ao menos de 1543 a 1980, como documentamos no Libro negro da lingua galega), afastada dos templos (nunha exclusión que non padeceron catalán nin vasco) e desprovista de todo auxilio institucional durante medio milenio conseguiu sobrevivir e mesmo aspira a deixar atrás todos os confinamentos.
Houbo varias bocas agoireiras que, xeración tras xeración, pregoaron o inminente fin do noso idioma e lle cantaron os responsos: "está llamado a desaparecer" (1877), "el dialecto ha desaparecido" (1888), "que huye, que se esconde, que se fusiona, se bastardea, se muere" (1888), "un paso más y la lengua gallega desaparece" (1906), e tantas outras profecías anunciadas por persoas que xa van alá, en canto a lingua continúa acesa nas bocas e nos corazóns. Do mesmo xeito que naqueles filmes de serie B en que se dá por morta e sepultada unha persoa e surte unha man vitoriosa de entre a terra remexida, así a proscrita "lingua B" dá a sorpresa e rexorde cando pouca xente a agardaba. Tanxugueirízase.
Esta constatación, que é tamén un voto esperanzado nun destino por labrar, non cae na negación dunha realidade de “emerxencia lingüística”, como ben sinalou nestas páxinas Marcos Maceira. Ninguén pode desmentir a crúa hemorraxia de falantes que nos lembra o inquérito de Sondaxe, nin que no ano 2022 perduran vetos impropios destes tempos. A situación máis grave dáse no ensino, cun decreto de “plurilingüismo” cuxos efectos lesivos saltan á vista en todos os estudos que se publican. O que en 2009 era advertencia, hoxe é confirmación.
A evolución do galego non ten nada de especial dun punto de vista sociolingüístico: pode florecer ou recuar segundo foren as políticas das administracións. Nin máis nin menos. Do mesmo xeito que outros idiomas que estiveron en risco e se recuperaron, o da Galiza pode deixar atrás a precariedade se se tomaren as medidas. Nin o Goberno galego nin a inmensa maioría dos concellos van hoxe nesa dirección. Oxalá muden o rumbo e que non venzan os dos responsos.
(Publicado no xornal La Voz de Galicia no pasado sábado, 12 de marzo de 2022).
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-45896277204240271832022-03-04T23:24:00.005+01:002022-03-04T23:38:50.776+01:00A capa final d'O libro negro da lingua galega
A capa gañadora para O libro negro da lingua galega, con 40,1% dos votos, foi...
(Obrigado a toda a xente que votastes, argumentastes o voto, fixestes propostas...  Xa falta menos para que saia e vén cun feixiño de documentos inéditos e temas de debate).
Viva o galego!
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-62713057421311265562022-02-23T21:27:00.006+01:002022-02-23T22:28:57.197+01:00Que cuberta escoller para O libro negro da lingua galega?
Despois de anos de traballo, andamos xa na conta atrás para a saída d'O libro negro da lingua galega, onde recollo e explico máis de mil casos de represión e silenciamento do noso idioma desde finais do século XV a finais do século XX.
O volume chegará cando acabe a primavera. Non o digo nun sentido cunqueiriano, senón literal: cando finde esta primavera que xa vai mostrando os seus sorrisos. (Polo demais, como é fácil de intuír, neste volume fálase de fríos e de alerxias, mais para podermos comprender, cicatrizar ou sandar algunhas importantes feridas que levamos no corpo social).
En fin, que viña até aquí para vos pedir que me axudedes a escoller cuberta. De cal das seguintes gostades máis?
As votacións van estar abertas até a próxima segunda, día 28:
Cargando…
Cuberta 1:
Cuberta 2:
Cuberta 3:
Cuberta 4:
A votaaaaaar! :)
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-90019525859099600142022-02-04T02:05:00.006+01:002022-02-23T21:37:14.774+01:00O libro negro da lingua galega
Desde hai uns aniños veño traballando sobre a historia da represión e silenciamento do noso idioma. Como resultado, en poucos meses vai saír O libro negro da lingua galega, onde expoño desde leis até multas pasando por discursos, censuras, agresións... Comezo nos finais do século XV e chego até os finais do século XX.
Estou satisfeito por dar sistematizado máis de mil casos dispersos e tamén por todo o que (grazas ao mergullo en arquivos e a testemuños moi valiosos) vou poder presentar que estaba enterrado e ignorado. Hai tanto por facer, tanto por coñecer...!
Ando agora a ultimalo e aquí é onde chega o motivo desta mensaxe. Quero, necesito, pedir a túa axuda.
Do mesmo xeito que neste traballo silencioso fun recollendo testemuños, pídoche que me axudes a conseguir algúns máis. Hai acontecementos que afectan de xeito directo só a unha persoa ou a unha pequena comunidade e que, porén, escintilan sobre o conxunto: aquela vez que a túa nai a castigaron de xeonllos por falar en galego nas aulas, aquilo que che contou o avó de que lle bateron coa regra nas mans por dicir aquelas palabras prohibidas, o que che aconteceu a ti cando se negaron a atenderte nun comercio porque empregaches o teu idioma, aquel problema no traballo pola túa lingua e que non podías denunciar por medo a represalias, aquela ou aquel bebé que non se podía rexistrar por ter o nome en galego...
Agradezo moitísimo que se deixe esa información, for como comentario for a través do correo electrónico olibronegro@carloscallon.com
Agradezo tamén moito que se partille esta mensaxe, para poder chegar a máis xente.
Viva a nosa lingua!
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-51146400996637465672021-12-26T23:56:00.001+01:002021-12-26T23:57:25.128+01:00A abertura da boca: lanzamentos na Coruña e en Santiago
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-71803083241213959612021-06-26T16:55:00.012+02:002021-06-26T16:55:00.225+02:00De aquí e de acolá - xuño 2021
"Me lavaron la boca con jabón por hablar español en la escuela": las razones por las que muchos latinos no hablan español en EE. UU.
"Qual é a origem da língua portuguesa?", Marco Neves.
Palabras ou expresións características da Arousa: "O que o carcamán di".
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-80901882120612368712021-05-31T20:24:00.007+02:002021-06-05T02:14:22.484+02:00Uns minutos sobre o galego na TVI portuguesa
O outro día saín no programa matinal da TVI, unha das emisoras de televisión máis importantes de Portugal. A cousa tivo máis repercusión da que eu imaxinaba, tamén ao norte do Miño.
Todo comezou cunha proposta que lle chegou a Gabriel André. No espazo "Esta manhã" ían dedicar unha parte do programa ás relacións en xeral de Portugal co Estado español e, dentro disto, quixeron abrir un tempo para falar sobre o galego. Eran poucos minutos, mais había que tentar aproveitalos ben. Teño que recoñecer o asesoramento en particular de tres persoas: Sara Seco Rial, André Jorge e Valentim Fagim. Obrigado!
Varios medios de comunicación fixéronse eco na Galiza. Cónstame o caso de Nós Diario, de Praza Pública e do Galicia por Diante de Kiko Novoa na Radio Galega. Obrigado tamén!
Para a próxima paraxe polas televisións portuguesas, era bo falarmos non só da lingua senón tamén doutros dos nosos símbolos, como a bandeira. Xa me entendedes :)
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-35130979507345186842021-05-29T18:17:00.001+02:002021-05-29T18:17:59.016+02:00A ler textos no confinamento de 2020
A proposta da libraría Pedreira, de Santiago de Compostela, graveime a
ler dous textos durante o confinamento de 2020. O primeiro,
"Wanderlust", é un poema pertencente ao libro "Inscricións" (Editorial
Galaxia, 2019). O segundo é un fragmento da biografía de Montaigne
escrita por Stefan Zweig.
Relatorio da Mesa pola Normalización Lingüística sobre o contido das plataformas audiovisuais e a lingua galega.
A voz dos mudos (parte 1).
Brais das Hortas anímate a falar en galego.
"¿Dónde pongo las flores?", de El Naán e Fetén Fetén.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-22490833017980253032021-02-22T22:05:00.005+01:002021-02-22T22:07:16.687+01:00A miña primeira entrevista na TVG
Esa primeira vez foi no ano 2004, con Tino Santiago, e para falarmos da que era a 4ª edición do Correlingua con ese xeito de organización. Véxome, escóitome e constato que era un rapazoliño. Tamén se pode observar a denuncia de enganos reiterados polo poder para nos negar os nosos dereitos lingüísticos e para nos roubaren a esperanza dun futuro mellor. Hai que contextualizar nos tempos dos estertores do fraguismo tanto os problemas como as solucións que se dan .
Ben, dixen que foi a primeira entrevista na TVG, mais ben poucas máis tiven, for como presidente da Mesa (até onde eu lembro, hai outras dúas: a de Miraxes e a de Carlos Luís Rodríguez), como candidato (tamén, até onde a miña memoria alcanza, foi unha, aínda que concedo que nesas semanas de frenesí podo esquecer algo) ou como escritor (agradezo que se noticiase a maioría dos meus libros, mais o número de entrevistas que tiven como autor é unha cifra redonda). En fin, tamén é bo lembrar isto para que non pasemos por naturais as censuras mediáticas que levamos tantos anos padecendo.
Os que acabo de citar son só exemplos puntuais dunha longuísima e amplísima listaxe que, nos últimos anos, leva advertindo con perseverenza e enerxía o movemento Defende A Galega.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-74998638374718560122021-01-27T22:05:00.007+01:002021-01-27T22:05:54.570+01:00O triángulo rosa. A destrución nazi do primeiro grande movemento homosexual
O triángulo rosa
A destrución nazi do primeiro grande movemento homosexual
Estamos en maio de 1933 en París. O médico alemán Magnus Hirschfeld,
considerado o primeiro activista homosexual da historia, leva meses
nunha xira mundial de conferencias para divulgar os seus postulados.
Sabe desde hai moito cal é a burla pública que hai que padecer por
defender “os amores sen nome”, por reclamar a súa despenalización e a
súa igualdade legal.
Podémolo imaxinar paseando por esa primavera parisina, talvez a
matinar no seu próximo acto, talvez a improvisar un balanzo da súa vida.
Nuns días fará 65 anos e pode sentirse satisfeito ao ollar para atrás.
Quizais lembre como a indignación lle fixo ferver o sangue ao saber do
xuízo que levou a Oscar Wilde aos traballos forzados no cárcere de
Reading. Hirschfeld, daquela con 29 anos,
decidiu que non abondaba con facer escritos anónimos en defensa da
homosexualidade. Cumpría organizarse, unir xente, actuar. Así, creou o
primeiro movemento político contra a homofobia, o Comité
Científico-Humanitario, que elaborou un novidoso discurso de
lexitimación e procurou o respaldo de persoas de prestixio público para a
súa causa.
Non poderá deixar de ter presente o seu outro grande éxito: a
creación en Berlín, durante a República de Weimar, do Instituto para o
Estudo da Sexualidade, con consulta médica, un museo, servizos
educativos e unha grandiosa biblioteca onde se pretende compendiar todo
o saber sobre o tema. Durante a xira internacional destes meses que
agora o trae a Francia, Hirschfeld compilou máis información sobre as relacións entre mulleres e entre homes, que enviou ao fondo documental do Instituto.
O heterosexismo nunca lle puxo fácil o seu traballo. Non foron só
insultos, tamén chegaron os golpes, como aquela vez que, tras unha
reunión, mallaron nel e o deixaron tirado na rúa, sangrando pola cabeza.
Mais aínda resistiu e resiste porque se sabe coa forza da xustiza e da
razón. Sabe desde hai moito que aínda que os barcos estean máis seguros
no porto, os barcos non se constrúen para iso.
Asumiu os inimigos, as barreiras, os prexuízos e, pelexando, sentiu
que conquistara para o futuro espazos inexpugnábeis. Mais desacougábao o
que estaba a acontecer no seu país. Antes de partir nesta viaxe, as SA
interrompían continuamente os seus actos e o seu nome figuraba como
“destruidor da xuventude” nos documentos nazis. Que podería pasarlle se
continuase aló?
Cómpre distraerse no cinema. Está en París, é primavera e aínda non
saíron os diarios vespertinos. El é un apaixonado da sétima arte e no
seu haber ten tamén o primeiro filme da historia que denuncia a
homofobia: Diferente aos demais, de 1919. Antes da película, como
é costume, proxectan o noticiario coa actualidade do mundo. Na
escuridade, os pequenos óculos de Hirschfeld
espellan os fotogramas de horror e destrución do informativo. No seu
país os camisas pardas e as Xuventudes Hitlerianas comezaron cunha
semana de queimas de libros que van contra “a decencia”. Desfilan diante
dun edificio e saquean a biblioteca que contén; poucos días máis tarde
queimarana en praza pública. A xente que está ao carón de Hirschfeld
na escuridade non se decata do que el sente ao recoñecer nesas imaxes o
Instituto para o Estudo da Sexualidade. Todo o traballado na súa vida,
todo o conquistado contra o estigma, todo o recuperado do esquecemento,
todo o festexado, todo o investigado... Absolutamente todo foi destruído
e borrado.
Os libros arderon ben nesa semana en diferentes puntos de Alemaña. A
principal lagarada, na Praza da Ópera en Berlín, amosou a pretensión de
destruír toda memoria e toda voz que non fose entendida como útil para o
mundo uniforme que proxectaba o fascismo. Así o sinalaba esa noite o
infame Goebbels diante de 40.000 persoas: “Estas chamas non só
simbolizan o final dos vellos tempos, senón tamén o principio dunha nova
era”.
Como é bo de ver no caso do Instituto para o Estudo da Sexualidade,
sofreron as consecuencias dun xeito singular os movementos
socioculturais que comezaban a emerxer e que pretendían dotar de
referentes a grupos sociais marxinados. As revistas homosexuais e os
espazos de ambiente tamén se clausuraron.
Hirschfeld morrería dous anos despois, no
exilio, mais outros colaboradores do Instituto padecerían mortes máis
atroces. Hai que ter en conta que o mesmo día que irromperon na súa sede
para destruír libros, revistas, folletos, opúsculos e outros
documentos, incautaron os arquivos, dotándose dunha extraordinara lista
negra de “desviados”, que sumaron ás fichas policiais acumuladas durante
os anos precedentes de lexislación tamén homófoba.
Os que non fuxiron a tempo foron recluídos nos cárceres alemáns,
sometidos a programas de reeducación ou castración. Unha parte deles
tivo axiña un outro destino. O cálculo máis baixo nos últimos anos
sinala que uns 10.000 entraron nos campos de exterminio e que morrerían
uns 6.000. Pesquisas de 2007, con expedientes antes non coñecidos en
territorio da RDA, fixeron multiplicar o cómputo até os 55.000. Calquera
das cifras produce calafríos, aínda que poida parecer pequena ao carón
dos 6 millóns de xudeus asasinados polo nazismo. Dos grupos encerrados
nos campos, aínda que o homosexual non é cuantitativamente o maior
(tampouco o menor), si é no que se produce unha maior mortandade, dentro
dos “non xudeus”.
A persecución da homosexualidade tivo varias particularidades
perversas. A principal, que as vítimas por este motivo non foron en
ningún momento resarcidas. Están unidas niso á sorte dos ciganos, cuxa
deportación se considerou unha política lexítima do estado por parte da
RFA, polo cal non se tivo en conta o seu dereito á restitución. Un de cada
catro roma europeos foron asasinados no Holocausto. A súa historia está
aínda por difundir.
Os homosexuais foron o grupo social historicamente máis excluído das
listaxes dos eliminados polo nazismo. Mais as evidencias chaman por
nós. Alén da condena con todas as letras por ese motivo, da creación dun
departamento especial da Gestapo para esta persecución, nos campos de
concentración obrigábanos a se identificaren con visíbeis triángulos
rosas invertidos nos seus uniformes. Estaban situados no degrao máis
baixo dos prisioneiros e eran obxecto tamén da raiba ou dos abusos
sexuais doutros condenados. Tanto é así que mesmo houbo perseguidos
políticos aos cales obrigaron a vestirse co uniforme do triángulo rosa
como forma de tortura adicional.
Existiu a persecución, vaia se existiu, mais as súas historias
armarizáronse, recluíndoas a un neurótico espazo de monólogo interior.
Silenciaron durante medio século a persecución contra a homosexualidade,
como se o castigo fose xusto pola gravidade do desexo. Así, a maioría
dos prisioneiros por ser homosexuais durante o nazismo foron
prisioneiros por ser homosexuais tras o nazismo, só que xa non nos
campos de concentración. Os que non volveron entrar na cadea tiveron
vergoña de contar as súas historias, morrendo con elas.
Nos comezos da década de 80 publicouse unha autobiografía dun
deportado alsaciano, Pierre Seel, selvaxemente violado e torturado, que
viu como espiron o seu amante en público e lle apurraron uns cans até o
devoraren vivo.
Anos máis tarde, Richard Plant presentou a súa pesquisa The Pink Triangle.
Plant faleceu en 1998, polo cal non puido asistir ao grande fito na
recuperación da memoria do triángulo rosa: o emotivo documentario Paragraph 175,
intitulado así polo artigo legal que penaba a homosexualidade. No
momento da gravación, os poucos sobreviventes tiñan máis de 90 anos e
nin todos quixeron deixar o seu testemuño.
Tras a estrea do filme, comezouse a pedir perdón oficialmente e
procuráronse as medidas para recoñecer e compensar estas vítimas. Xa
case todas morreran.
(Publicado no xornal Galicia Hoxe, 02-02-09. Fotografía de Manfred Baumgardt, Berlin / U.S. Holocaust Memorial Museum)
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-13296159569575701562021-01-23T14:35:00.002+01:002021-01-23T14:36:21.010+01:00Achega de Lorena Porto sobre Inscricións
No seu blogue Libros de otros tiempos, Lorena Porto conversa sobre os libros que pasan polas súas mans, entre lindas e sosegantes fotos, e con anotacións atentas. Non só le os libros, senón que tamén le nos libros.
Agradezo que detivese a súa atención no meu últimpo poemario, Inscricións, e que partillase a súa lectura, "Recibir la mirada":
Recibir la mirada
Las inscripciones que dan título al poemario de Carlos Callón
evidencian la razón del ser de la poesía como una operación que se hace
en la realidad. El poeta no es enteramente consciente del enigma de la
creación, pero de alguna manera la fuerza del poema va más allá de la
hoja impresa. La poesía crea una realidad más duradera que el propio
poeta, esto es, un residuo vital trascendente. La lucha del poeta por la
escritura es una búsqueda desesperada del orden condenada al fracaso.
Este poemario surge como homenaje a la madre muerta, y a todas las
mujeres en la medida en que hacen posible el progreso en la Luz. La
tarea del poeta es la ilusión. El poemario se adentra en conceptos como
la diferencia crucial entre pensamiento, idea y representación y muestra
una preocupación por la tensión entre la contingencia de las imágenes
del poema y la intuición de un orden inconsciente, geométrico y
trascendente, que explicaría la naturaleza de lo Real.
En la primera parte del poemario, ‘Cuspe dos mortos,’ se busca
definir el hecho poético como la pugna de lo invisible por
visibilizarse, esto es, se evidencia el latido de la no-existencia.
Estos poemas tienen lugar entre la dinámica nunca resuelta entre
visibilidad e invisibilidad, entre lo real, lo superficial, y lo soñado,
lo oculto, pero no por ello menos auténtico, y siempre en constante
lucha por hacerse inteligible y visible.
En esta parte inicial cabe formularse preguntas referidas a la
significación del proceso creativo: ¿Creación no es, acaso, el Ser en el
acto de objetivarse? Las palabras no son sino ese cuspe dos mortos,
esto es, la palabra vendría dada desde el no-Ser para proporcionar las
coordenadas necesarias para interpretar y conocer el mundo. Estas
emanaciones del Verbo tienen el poder de alterarnos irremediablemente,
de inscribirnos, al tiempo que proporcionan las coordenadas de una cartografía imposible.
La segunda parte, ‘Non é o deserto,’ introduce el tema de la
fragilidad y la vulnerabilidad del poeta ante el amor. El poeta se
reconoce como sujeto y objeto del poema, pues es objeto, también, de la
Creación, y se encuentra con el problema de la (auto)representación,
consciente de la existencia de aquello que conforma lo que cada uno de
nosotros tenemos de invisibilidad. El contenido reflejado rara vez
coincidirá con lo real, no sólo debido a esta parte de invisibilidad
inaprensible, sino también porque el poeta parte de unas intenciones muy
concretas al realizar su obra. El poeta y su objeto se constituyen en
anverso y reverso de una misma entidad, en la que se constituyen como
opuestos.
A pesar de que el poeta está concernido por la representación de lo
que la realidad tiene de invisibilidad, la realidad espiritual también
se rige por las leyes infinitamente perfectas de la geometría y las
matemáticas. El poeta se enfrenta a esta inasibilidad del amor, a pesar
de que propicia la creación poética. El poema es comunicación entre
enamorados, y es así que el poeta reconoce los diversos usos de la
poesía: herramienta para el conocimiento trascendente o para la
seducción carnal.
En ‘A Dor Destrúe os Mapas’ el poeta evalúa las consecuencias físicas
del amor y de la iluminación poética: en tanto el cuerpo recibe la
pulsión de lo Real, el sujeto humano se hace partícipe de la Creación.
En este sentido el sujeto humano es inscrito. Pero el
conocimiento de la amada a veces proporciona un desencuentro y un
desarreglo y, en el mejor de los casos, nostalgia. En su experiencia del
amor, el poeta va de la esperanza a la melancolía. Pero la comunicación
– el fin último del poema – es comunicación-con alguien. Todo hecho
comunicativo es dependiente de algún tipo de relaciones personales.
La palabra poética surge de un interrogante existencial. Hay consuelo
en nombrar lo que nos inquieta, parece que el acto de nombrarlo ya es
suficiente para cubrir el vacío, pero esto, por supuesto, no es más que
una ilusión. El poeta parte de la fe en el poder del lenguaje simbólico:
el poema es una manera de nombrar lo infinito.
El Verbo produce la realidad y lo Real se entiende como mandato o
designio divino. Todo lo que existe, toda la realidad viva, ha sido,
hasta cierto punto, producto de un mandato. Nombrar es dar vida, y el
eco de la voz primigenia, esto es, la voz poética, realiza estas inscripciones. El contacto con el medio natural, por otro lado, favorece la formulación de enigmas, aunque su resolución sea imposible.
La cuarta parte del poemario, ‘Residuos sen orde,’ incide en los
temas del amor y la representación artística. Se da un terror ante los
aspectos contingentes de la Creación, al que se responde con una
consideración del material poético: enigmas y misterios, preguntas sin
respuesta, sabiduría, ciencia, ignorancia, amor… todo esto pierde su
importancia frente a la aparente trascendencia de las relaciones
personales, especialmente el amor y el significado de la familia. Esto
es, el poeta descubre que las relaciones personales tienen lugar entre
lo efímero y lo trascendente. Permanece un interrogante nostálgico sobre
la (in)suficiencia del amor para otorgar sentido a la vida.
El poeta retorna a una consideración de la oposición entre las
nociones de idea y representación. Lo que importa verdaderamente es la
idea, no la representación, considera. La representación es siempre una
plasmación imperfecta de la idea. Asimismo, el poeta necesita una
distancia de su objeto, del mismo modo que el sujeto, esto es, la mujer,
el hombre… necesitan una distancia en el amor.
A pesar de su descreimiento (el frío) el poeta necesita del amor,
pues su ausencia supone una parálisis estéril en un escenario de
pesadilla. Los restos del amor, la realidad del desamor, proporcionarán
esos residuos vitales aprovechables en la creación poética. Resuena la
constatación de que el amor es, sobre todo, recibir la mirada, esto es,
ser inscrito. Las inscripciones son, de este modo, las marcas
que el amor y la vida dejan en nosotros. Recibir la mirada es, también,
aspirar a formar parte de un todo ordenado. Esta lucha por la existencia
a través de la formulación de interrogantes debe tener en cuenta el
lenguaje reprimido y nunca formulado.
Finalmente, la quinta y última parte, ‘As Mans,’ ahonda en la
experiencia de la permanencia del amor de la madre más allá de la
muerte, especialmente frente a la impermanencia del amor carnal y ante
el desamor. La madre también se convierte en interlocutora, y esta
comunicación con la madre parece trascender la contingencia. Ella
preserva el vínculo con los orígenes ocultos del poeta; es depositaria
de las respuestas a enigmas apenas intuidos.
Se barajan otros tipos de comunicación, el asedio de la información,
de las noticias, y cómo sortear el impacto que recibimos del mundo, ese
tipo de comunicación brutalmente impersonal a la que estamos expuestos
aún a nuestro pesar. Pero, frente a este impacto, entre las nociones de
Origen y Fin se vislumbra la Eternidad. La Eternidad es el momento
presente, aquél que no permite concebir el origen ni el fin. Las
palabras de la madre, en cuanto fruto del amor, también son
inscripciones. Después de su partida cabe recuperar el amor sexual, al
que sucederá una vez más la añoranza y la memoria, y la certidumbre de
la permanencia eterna de esa inscripción materna, aún en cuanto residuo
espiritual que habite en la memoria.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-7961607122024635582020-12-18T02:41:00.004+01:002020-12-18T02:44:15.126+01:00Sobre Atravesar o fantasma e o enigma do diván
Os blogues naceron para recoller a inmediatez do que acontece, mais ese foi xa un espazo ocupado polas axilísimas redes sociais. Penso, pois, que non fica de máis pendurar aquí documentos de hai algún tempo, mesmo dun lustro. É o caso deste texto, que foi o que Fran Conde, profesor de Filosofía na USC, leu na presentación en Santiago de Atravesar o fantasma. Aliás, o inconsciente non entende do tempo...
Entendo que se o Carlos me invitou foi para que falase de psicanálise e non tanto de literatura. De seguro que outras nesta mesa poden valorar e apreciar a calidade literaria do poemario mellor ca min. Eu só podo dicir que me gustaron moito estes poemas, estes poemas cun contido nin de optimista nin de pesimista, senón como percorridos pola madurez, pola claridade para consigo mesmo, malia que o Carlos estea aínda por idade seguro que antes do medio do camiño.
Estes poemas que me serven en certo sentido tamén de espello, espello porque comparto como vítima e tamén como beneficiario “o enigma do diván” (páxina 11). O enigma tamén do propio corpo, do “eccema” (11), que debe ser descifrado no diván, o enigma que é o corpo do outro en forma de “sete” (11), que é en realidade o propio corpo ao lado do corpo do outro.
Espello tamén porque do feito de seren eu tamén analizante vexo nestes poemas decantado, concretado, sedimentado coa certeira precisión do poeta o que significa pasar polo “teatro sen aplausos do diván” (57).
Poemas que serven de espello porque por desgraza para case todos hai mortos que teñen o estado de “non morto” (17) –pai, nai, irmán, tía…-, porque hai mortos que hai que matar para que poidan descansar eles –tódolos galegos temos conciencia disto, de que os mortos que non morren ben non descansan, senón que andan polas encrucilladas penando- pero tamén para que un mesmo poida vivir algo máis en paz. Para como Carlos deixar de ser “o fillo dun morto” (18) ou seguir séndoo pero algo menos. Hai mortos que están demasiado vivos, e non falamos precisamente dos zombis –por certo tema sobre o que o poeta aquí presente tamén nos podería ilustrar, sobre zombis e sobre vampiros.
Ás veces cando pasan os anos e un continúa angustiado, agardando que volten eses mortos (19), soñando con que regresen para que endereiten a propia vida (20) non queda outra que poñer en palabras “o medo gardado no medio da casa” (16), e pasar polo diván.
O “teatro sen aplausos do diván”. Certamente si un teatro –por moito que a Deleuze e a Guattari no Antiedipo non lles gustara -, un teatro onde desfilan todos eses personaxes que tiveron algo que ver na Nosa historia. Un teatro “sen aplausos”, máis ben silencioso ou modesto.
En todo caso, un teatro onde o único aplauso que un se pode dar a si mesmo aparece cando se toma conciencia, dito en freudiano, da pulsión de morte, dito en lacaniano, do gozo, dito en calloniano, das “tentacións suicidas” (58), do “recoñecerse sempre onde señorea o fracaso”, é dicir, cando un descobre o seu particular modo sufrinte de estar no mundo, e decide que hai que conseguir “abrir o desexo, ver e tocar outro camiño, quebrar as xanelas” (58).
Ás veces non queda outra que pasar pola experiencia da psicanálise, porque máis ca unha doutrina ou unha terapia, a psicanálise é unha experiencia, unha experiencia para “literaturizar o medo para afrontalo e vencelo” (40), “procurar o cadro racional onde enmarcar o que nos pasa” (39), “dar versos ás angustias” (52). Poñer en palabras, buscar os nomes que faltan, delimitar os baleiros en torno aos que xira o propio discurso.
Porque certo que o desexo non é máis que os baleiros entre as liñas (31), aquilo que hai que interpretar, aquilo que non aparece hai claramente, aquilo que nunca se chega a dicir por enteiro. Certo que no desexo “só hai restos, enxames confusos” (58), pero restos que de ser precisados permiten pasar da desidia ao desexo, permiten que un día un deixe de chorar por nada, “para un día poder chorar por algo” (que é o título da terceira sección do poemario).
A psicanálise entón porque hai que conseguir poñerlle nome ao propio amor sen nome, por moito que o proceso sexa en ocasións tan doloroso que “flúa sangue polos propios poros” (31), que é a única maneira de verdadeiramente amar, saber como de peculiar é un para poder amar verdadeiramente e non amarse simplemente a un mesmo no outro, non pedirlle ao outro que sexa o que un ve nel, non asfixialo senón recibilo como algo que é verdadeiramente Outro.
E logo, e logo está o lobo. Logo está a mísera orde social, “o lobo que constrúe casas e derruba soños” (21), que fermoso este verso. Unha orde social que fai calar o desexo se os ditames da moral de turno non o consideran apropiado, que obrigan a que alguén “teña medo de sacar a máscara” (25), que sospeitan e que obrigan a calar, que obrigan a deixalo todo “no segredo inconfesábel” (26), que obrigan a sentir que hai un inferno no corpo adolescente (27) daqueles que senten diferente a como hai que sentir, que infunden a vergoña e a resignación, que, cito, “agocharon a miña mesma existencia e me ocultaron tanta verdade” (28), aqueles que din que un non é da súa acera (30), cando en realidade todos vamos sempre inevitábelmente un pouco cada un pola súa acera ou mesmo polo medio da rúa.
Orde social, en definitiva, que tolera o que non lle gusta tan só como ghetto: “Grazas, tolerantes, por tanta liberdade” (36), orde social que obriga a non poder coñecerse pola rúa tras o encontro amoroso no íntimo (37).
E todo finalmente nada máis que para abrirse de novo ao amor, pero agora xa un novo amor, que é case, como “outra saída do armario” (39), unha especie de comezo na vida di o psicanalista lacaniano Jacques-Alain Miller.
Todo porque hai que “destruír o nome” (título do poema da páxina 59), destruír ese nome que se nos impón dende dentro pero como se viñese dende fóra, ese nome que impide acceder ao que un quere ser e ao que autenticamente é, cousas que ao final deberían ser o mesmo, destruír o nome imposto, nin Penélope nin Ulises, nin finado de Callón, senón nada máis pero nada menos que Carlos.
Un Carlos que coma todos seguirá a ter os seus problemas de amores: atopará cebolas coas que poder chorar, pero coa diferenza de que será el quen as plante, terá as dúas “débedas insaldábeis”, e continuará ferido, pero vivo.
Dicía ao comezo que o libro serviume de espello, pero é que o libro está realmente cheo de espellos (38, 52, 55, 58, 60). O espello como o lugar onde mirar con calma a propia imaxe, é dicir, onde buscar a propia identidade, unha identidade que está sempre noutro lugar, porque ela non é máis ca propia busca. E algo desta busca en definitiva debe ser a psicanálise e entendo modestamente que tamén algo disto debe ser a boa literatura e por extensión a boa poesía. Vós sabedes seguro máis disto e por iso cedereivos de seguido a palabra.
En todo caso, agardemos que o Carlos se equivoque e que non haxa que agardar aos seus 70 para brindarnos un pouco máis de boa literatura e de boa poesía.
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-48660582232230176182020-11-08T03:35:00.005+01:002020-11-08T03:38:02.764+01:00Pregón na Feira do Libro de Rianxo
Deixo por aquí o vídeo que gravou Carmela Queijeiro na Feira do Libro de Rianxo, cando dei o pregón, en xullo de 2018. Como alí comento, varios dos poemas que recitei apareceron no libro Inscricións.
Fisicamente, na praza non había moita xente, mais había xente querida. Un rostro inesperado, e que tanto me alegrou, foi o de Olga Novo. Lémbrome de que conversamos un pouco sobre esa marabilla que axiña publicaría co nome de Feliz Idade.
A gravación do acto foi, nos días seguintes, moito máis partillada no Facebook do que eu en ningún momento agardaba.
E, aquí, a noticia na TeleBarbanza, que gravou miña irmá:
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-75994232384233118462020-10-08T22:18:00.007+02:002020-10-08T22:21:09.834+02:00A presentación do libro Inscricións, coas xentes de Roxín RoxalAsí foi o evento de hoxe para falar por volta do meu último poemario. Obrigado ás marabillosas xentes de Roxín Roxal polo seu convite e pola magnífica acollida que sempre lle dan ás cousas con que ando <3
Unknownnoreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8126704833453151136.post-75648112894060729162020-08-17T11:47:00.004+02:002020-08-17T11:50:42.955+02:00Entrevista no programa Miraxes da TVG, en maio de 2006Pasei parte do verán a remexer en caixas e ordenar cousas. Dese xeito foi como me encontrei con esta entrevista, que pendurei na miña canle do Youtube por se tiver interese como testemuño dunha altura, non moi afastada no tempo, mais na cal as cousas eran doutro xeito: