Mostrando postagens com marcador Ugia Pedreira. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Ugia Pedreira. Mostrar todas as postagens

3 de jun. de 2011

De pressa a vida passa

Fun onte ao concerto de presentación de Acrobata, un delicioso proxecto de Ugia Pedreira e Fred Martins. Como previa, realizábase un paseo ornitolóxico polo parque de Belvís, grazas ao cal agora sei diferenciar uns cantos paxariños.

Hoxe terán de novo concerto, mais sen o paseo previo. Será na aula da natureza do Parque de Belvís en Santiago, á 20.30 h. Recoméndovolo vivamente!

Ademais, xa anuncian que estarán o 5 de xuño en Marín, o 9 e o 10 na Coruña, o 11 en Mondoñedo, o 22 de xullo de volta na Coruña, o 30 en Monção, o 10 de agosto en Ferrol, o 15 de outubro en Ferrol e que despois farán unha xira polo Brasil. Non lles perdades a pista!

7 de mai. de 2011

Premio Rosalía de Castro


Esta noite, a Deputación da Coruña entregará formalmente o Premio Rosalía de Castro á Mesa pola Normalización Lingüística.

Quen quixer asistir, xa sabe: hoxe ás 21 h no Pazo da Cultura de Carballo, dentro dun acto no cal haberá un feixe de actuacións e intervencións do máis interesante.

23 de abr. de 2011

Ugia Pedreira tamén estará

A noite do día 30, Marful actuará no Auditorio de Galiza. Un par de horas antes, ás 19.30 h, poderemos ver a Ugia Pedreira contribuíndo coa súa inigualábel voz no acto de Queremos Galego no acto da sala Capitol.

Se aínda non as tes, reserva aquí as túas entradas!

22 de abr. de 2011

Reserva as entradas para o 30 de abril

O vindeiro 30 de abril ás 19.30 h na sala Capitol de Santiago vaise desenvolver un acto de Queremos Galego coas actuacións musicais de Ugia Pedreira, Roi Casal, Miro Casabella e Roberto Sobrado, ademais das intervencións de persoas representativas de diferentes ámbitos da vida social. Serán voces e sons para reclamarmos o cesamento dos ataques que están a padecer a nosa lingua e a nosa cultura.

Para sufragar os gastos da actividade e apoiar a acción de Queremos Galego, as entradas custarán o prezo simbólico de 5 euros. Pódense reservar a través deste formulario electrónico (até completa aforo).

Deixo aquí esta cancionciña de Roberto Sobrado, "Lección de historia", para ir abrindo boca:


5 de out. de 2010

Leverelem



Leverelem

É concepçom monoteísta
pensar que existe umha só soluçom.
É um conceito banal
o dividendo por baixo do divisor.
É umha história perdida
a coeréncia de grande pensador.
É um debate sem limite como fazer a perfeita revoluçom.
É um debate sem limite como fazê-la perfeita.
É muito definitivo
umha janela tapiada na habitaçom
É altamente agradável
conhecer um valente que tenha valor.
De feito é habitual
nom dizer nada novo na conversaçom.
É um debate sem limite como fazer a perfeita revoluçom.
É um debate sem limite como fazê-lo perfeito.
Levere leverelem.