Mostrando postagens com marcador Carme Vidal. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Carme Vidal. Mostrar todas as postagens

28 de out. de 2014

Begoña Caamaño

É certo que ante a morte nunca estamos preparadas e que non hai consolo posíbel, mais tamén é certo que hai persoas que, polo seu exemplo vital e pola súa obra, nunca morren. Desas últimas é Begoña Caamaño



- Morre Begoña Caamaño, a voz lila da literatura galega, no Sermos Galiza, o medio que máis profundamente tratou esta triste nova.
- "Begoña Caamaño. Palabras como esporas", Goretti Sanmartín.
- "Pésame polo falecemento de Begoña Caamaño", A Mesa pola Normalización Lingüística.
- "Begoña Caamaño", por Manuel Bragado.
- "No pasamento de Begoña Caamaño", Editorial Galaxia.
- "Comunidades dos afectos", María Reimóndez.
- Begoña Caamaño na Wikipedia.

12 de abr. de 2014

Punto e seguido

Como xa dixen no Facebook, non teño xeito de responder a todo o afecto que me está a chegar desde o momento en que anunciei que non me presentaría á reelección como presidente da Mesa. Obrigadísimo por tantas palabras e emocións!

Iso si, como non parei de advertir, este "punto final" como presidente da Mesa é só un "punto e seguido" no activismo dentro desta asociación. Así que espero que nos vexamos todas e todos de novo en mil combates, dándolle forza a este enérxico escudo cidadán en defensa do galego.

Penduro aquí a escolla de catro ligazóns dos varios ecos que tivo a nova en diferentes medios de comunicación:
Continuamos, abofé que continuamos!

20 de abr. de 2013

"Loitabamos contra algo que había naquela época, que eran os lusistas"


Por vez primeira en moitos anos o Consello da Cultura Galega convidou un representante da Mesa pola Normalización Lingüística para participar nas súas actividades. Isto, por si só, xa dá para reflexionar moito sobre o papel, as funcións e as limitacións deste organismo estatutario no cal non teñen voz ningunha entidades incómodas para o poder, como o é a maior asociación cultural de Galiza, ou como o é tamén a Asociación de Escritores en Lingua Galega, por citar só dúas exclusións notorias.

Nos dez minutos que tivo para intervir ese representante da Mesa -que, nesta ocasión, fun eu- expuxéronse as principais actividades mobilizadoras que se impulsaron en defensa do galego nos últimos tempos. Algúns dos comentarios tiveron eco informativo, por exemplo aquí, aquí e aquí.

Hoxe quero pendurar neste blogue algunhas frases soltas que anotei dos outros participantes na palestra e que a min me pareceron de especial interese, aínda que sexan por razóns diferentes. Van:

Paz Lamela (primeira responsábel de Política Lingüística na Xunta e con responsabilidades de goberno con Alianza Popular e o Partido Popular)
  •  "Loitabamos contra algo que había naquela época, que eran os lusistas, e non colliamos profesores deses."
  • "Cochón [conselleiro de Sanidade] meteu a pata e fixo unha baremación como os cataláns para o persoal de Sanidade."
  • "Hai que reforzar o castelán e o galego."
  • "Tivemos problemas cos centros, porque algúns querían dar galego de máis e outros querían dar galego de menos."
  • "Dixéronme 'vai cos galeguistas, que che abren as portas na Facultade de Filosofía'".

Carme Vidal (xornalista de longa traxectoria, na actualidade en Sermos Galiza)
  • "O galego nas portadas dos xornais galegos ocupa o 0,09% ao ano".
  • "Mentres o galego desaparece dos medios subvencionados pola Xunta, os medios en galego carecen desas axudas."
  • "Estamos no peor momento dos últimos trinta anos para o galego nos medios de comunicación."

Xaime Subiela (sociólogo)
  •  "O galego ten que comprenderse no horizonte de oportunidades, non só económicas, que nos abre o portugués."
     
Iván Vaqueiro (director de proxectos da Federación Galega de Parques Empresariais)
  •  "O futuro do galego no sector económico pasa polos países de lingua portuguesa."
  • "O PIB de todos os países de lingua portuguesa, excepto Portugal, está a crecer exponencialmente."
  • Non é unha frase literal, mais subliñou que non se ten presente o peso das importacións e exportacións de Galiza aos países de lingua portuguesa por exemplo na abertura de oficinas comerciais.
  • "Angola é o país que máis creceu no mundo o ano pasado."