O día que chegou a noticia estaba algo chof e levantoume a paletilla. O poema "Inscricións", que lle dá título ao meu último libro, aparece entre os finalistas ao prestixiado premio aRi[t]mar, que cada ano selecciona cancións e versos do norte e do sur do Miño.
Xa sei que é un tópico dicir que estar na selección é premio de seu, mais é así como me sinto, no medio de tantos nomes e tantas obras que admiro, nas cales me recoñezo, nas cales me sinto máis vivo. Aí están Alba Cid, Carlos da Aira, Carlos Penela, Chus Pato, Emma Pedreira, Manuel Forcadela, Mercedes Queixas Zas, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Olga Novo e Tamara Andrés. Un dream team!
Obrigado a quen se sentiu tocad@ por "Inscricións" para o colocar aí; obrigado a Galaxia e a Francisco Castro por me propor a publicación desta obra.
Que viva a cultura galega!
A propósito, as cancións gañadoras deste ano son "Despedida" de Sabela e "Catavento da Sé" de António Zambujo. Vaia luxo!
Mostrando postagens com marcador premios. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador premios. Mostrar todas as postagens
13 de mai. de 2020
"Inscricións", finalista no premio aRi[t]mar 2020
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
28 de ago. de 2018
Moitas grazas polo premio Careón
Este sábado, despois do xantar do Son d'Aldea en Palas de Rei, a grande compañía Chévere recibirá o premio Mácara ao seu labor teatral e eu serei agasallado co premio Careón. Xa o dixen nas miñas redes sociais cando o souben: estou moi, moi agradecido, por quen o entrega, pola tradición que xa foron conquistando estes galardóns, polo singular momento vital en que me chega e tamén por recollelo ao mesmo tempo que se recoñece, máis unha vez, o labor de Chévere.
Eu, que contaba con que tardaría máis tempo en participar nalgún outro acto público en Galiza, vou até Palas na véspera de apañar o avión para morar en Lisboa. É un agarimo que me reconforta e anima.
Se quixerdes asistir ao Son d'Aldea 2018, podedes clicar aquí.
10 de out. de 2017
Atravesar o fantasma, finalista do Mondoñedo 10
O meu libro Atravesar o fantasma foi preseleccionado para o premio Mondoñedo 10, que recoñece o mellor poemario publicado no último decenio, entre 2007 e 2016. Estou feliz e agradecido.
A imaxe pertence á presentación en Bueu.
18 de jan. de 2016
Dous ensaios finalistas dos Fervenzas Literarias 2015
Parabéns ás premiadas e premiados no Fervenzas Literarias!
Obrigado tamén por colocardes como finalistas dous ensaios en que colaborei en 2015:
Cicatrices de ferro nas palabras. A obra poética e o programa cultural de Valentín Paz-Andrade (escrito a catro mans con Paulo Filgueiras Fachal) e
Obrigado tamén por colocardes como finalistas dous ensaios en que colaborei en 2015:
Cicatrices de ferro nas palabras. A obra poética e o programa cultural de Valentín Paz-Andrade (escrito a catro mans con Paulo Filgueiras Fachal) e
No tempo de Follas
Novas (onde me achego á escritora brasileira Júlia Lopes de Almeida,
nun libro polifónico sobre o que seu título indica e que foi ideado e coordinado por Pilar García Negro).
Desfrutemos da nosa literatura e da nosa cultura! Avante toda!
Desfrutemos da nosa literatura e da nosa cultura! Avante toda!
20 de set. de 2015
Ligazóns ao desvío para un vinte de setembro
- "A xeometría diestiana", Román Arén.
- "Mestizaxe e outros contrabandos", Miguel Rodríguez Carnota
- "A culpa é de Dora la exploradora", Carlos García Vieito.
- "Datos da edición en galego 2014", Manuel Bragado.
- "Nace o premio literario 'Afonso VII Rei de Galiza' para escolares", Sermos Galiza.
- "Xuventude Galicia Net ou Juventud Net?", Cibrán Arxibai.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
17 de set. de 2015
Afonso VII, Rei de Galiza
Hai hoxe 904 anos, o fillo de Urraca I e Raimundo de Borgoña, así como pupilo de Pedro Fróilaz, recibía na catedral de Santiago a coroa de Galiza, no medio de grandes festexos.
Para lembrar ese acontecemento, o CPI de Caldas de Reis que leva o nome do monarca galego convoca o seguinte premio literario, destinado á rapazada de primaria e da ESO:
10)
Os premios daranse a coñecer o 1 de marzo, con motivo do aniversario
do nacemento en Caldas de Reis de Afonso VII.
Para lembrar ese acontecemento, o CPI de Caldas de Reis que leva o nome do monarca galego convoca o seguinte premio literario, destinado á rapazada de primaria e da ESO:
I
PREMIO LITERARIO AFONSO VII - REI DE GALIZA
O
17 de setembro de 1111 era domingo. A catedral de Santiago de
Compostela, que neses momentos seguramente era o templo máis grande
de toda Europa, estaba engalanada e preparada para unha festa moi
especial. Nesa xornada, nobres galegos chegados de todos os puntos do
reino xuntáronse alí para presenciaren a coroación do novo
soberano de Galiza: Afonso VII.
Que
pensaría ese pícaro ao ver que os nobres máis poderosos e mesmo o
seu tío, o futuro e poderosísimo papa Calisto II, se axeonllaban
ante el? Como imaxinas ti que foi ese día? Que decoración habería
na catedral? Como se sentiría o novo rei?
Para
recordar ese acontecemento, o Departamento de Lingua e Literatura
Galega e o Equipo de Normalización Lingüística do CPI Alfonso VII
de Caldas de Reis convoca o I Premio Literario Afonso VII - Rei de
Galiza, coas seguintes BASES:
1)
O tema do premio é recrear literariamente, de forma libre e
imaxinativa, o día da coroación do pequeno Afonso VII en Santiago
de Compostela como rei de Galiza.
2)
Poderán concorrer ao premio alumnos e alumnas de primaria e ESO de
calquera lugar do mundo.
3)
Os traballos deben estar en lingua galega e han de ser orixinais e
inéditos. Poden presentarse en prosa, verso ou en formato teatral.
4)
Non existe extensión mínima nin máxima.
5)
Enviaranse tres copias do traballo, pasadas a computador. En cada
copia figurará o nome do traballo, un pseudónimo e o curso a que
pertence a alumna ou o alumno.
Nun
sobre fechado (plica), no que no exterior só aparecerá un
pseudónimo, introducirase unha nota cos datos.
6)
Os traballos enviaranse a :
I
Premio Literario Afonso VII - Rei de Galiza
CPI
Alfonso VII
Rúa
José Salgado, 18
36650
Caldas de Reis
7)
Entregaranse os seguintes galardóns:
a)
1º Premio Primaria.- Lote de libros, diploma acreditativo e figura
de Afonso VII.
2º
Premio Primaria.- Lote de libros e diploma acreditativo.
b)
1º Premio ESO.- Lote de libros, diploma acreditativo e figura de
Afonso VII.
2º
Premio ESO.- Lote de libros e diploma acreditativo.
8)
O xurado do I Premio Literario Afonso VII - Rei de Galiza estará
constituído por membros da comunidade educativa do CPI Alfonso VII de
Caldas de Reis e a súa decisión será inapelábel.
9)
O prazo máximo para a recepción dos traballos é o 11 de xaneiro de
2016.
5 de fev. de 2015
Atravesar o fantasma, nomeado para os premios Ánxel Casal
A Asociación Galega de Editores entrega uns galardóns co que considera o mellor da produción editorial en galego do ano pasado e que levan o nome da pedra basilar da edición no noso idioma: Ánxel Casal.
Estou agradecido e honrado por escolleren Atravesar o fantasma entre as obras finalistas para o galardón da mellor obra de poesía ou teatro de 2014, xunto con estoutros magníficos traballos: Onde nunca é mañá de Manuel Álvarez Torneiro, Anamnese de Eli Ríos, Dun lago escuro de Marta Dacosta e Os privilexios dos sonámbulos de Pablo Bouza. Que me sitúen con tal elenco xa é un premiazo!
Grazas, moitas grazas, pola acollida!
16 de jan. de 2015
Atravesar o fantasma, nos premios Fervenzas Literarias
O público do web Fervenzas Literarias elaborou, como cada inverno, unha listaxe sobre o que considera o mellor da literatura galega do ano que acaba de pasar. Dores Tembrás, Xosé Ramón Pena, Agustín Fernández Paz, Luís Davila, Alfonso Pexegueiro, Oli, Xesús Fraga, Ledicia Costas, David Pintor, Víctor Rivas, Armando Requeixo, María Fe González e Ramón Nicolás foron as persoas escollidas como mellores representantes do que a nosa cultura do libro ofreceu. Parabéns para cada unha delas, así como para as entidades colectivas tamén galardoadas (Culturgal, Galaxia, Couceiro de Santiago e Praza), pois son magníficos expoñentes de que Galiza ten moito para dicir e para dialogar co mundo.
No que me toca de xeito máis directo, quero agradecer os votos que tiveron en consideración o meu libro Atravesar o fantasma. Foi seleccionado xenerosamente como o 4º mellor poemario en galego de 2014 e cunhas compañeiras e uns compañeiros de auténtico luxo: a antes citada Dores Tembrás, María do Cebreiro, Eva Veiga, Manuel Álvarez Torneiro, Gonzalo Hermo, Luís Rei Núñez, Xosé Iglesias (tamén, coma min, co seu primeiro libro neste xénero), Marta Dacosta e Yolanda Castaño.
Así mesmo, alegroume infinito saber que a cuberta do poemario ficou como segunda nas votacións á mellor dun libro de adultos en galego do ano 2014. O deseño da colección é de Miguel Vigo e a fotografía concreta é autoría de Pauloff, en conversa cun cadro de John Kirby. Moi obrigado e moitos parabéns para eles!
Por razóns persoais tiven que pospor os actos de presentación de Atravesar o fantasma e tampouco puiden avanzar o suficiente nos proxectos culturais paralelos ao libro (un deles, moi vencellado co fotógrafo Pauloff). Cando sexa posíbel dar novas sobre calquera destas cousas, irei avisando por aquí, con certeza.
Viva a nosa cultura!
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
26 de out. de 2013
Hoxe, vémonos en Láncara
Esta mañá entrégase á Mesa o premio Ramón Piñeiro - Facer País. Será en Láncara, así que se andades polos arredores xa sabedes que estades máis que convidadas e convidados!
O programa é o seguinte:
Continuamos!!!!!
O programa é o seguinte:
XII Edición
Entrega do premio "Facer País"
Data: 26/10/2013
11.00 h. Casa do Concello (Póboa de S. Xiao) - Láncara
- Recibimento da Mesa pola Normalización Lingüística, polo alcalde e corporación e mais a Asociación Cultural "Val de Láncara". Sinatura no Libro de Honra.
11.30 h. Láncara
-Visita á casa paterna de Fidel Castro e de Raúl Castro.
-Almorzo na casa de Láncara
12.45 h. Carracedo
-Recibimento na Ponte Romana. Benvinda á Mesa pola Normalización Lingüística a cargo da Asociación Cultural "Val de Láncara" e mais do Alcalde de Láncara.
13.45 h. Comezo dos actos de entrega do XII Premio "Facer País".
Presentación do acto a cargo de Isabel Risco (actriz).
Intervencións:
-Lectura da acta e motvos polos que se concede o pemio a cargo da Asociación C. "Val de Láncara".
-Louvanzas á Mesa pola Normalización Lingüística, polo profesor de Ciencias Políticas na USC e analista político, Antón Losada.
-Entrega do Premio a cargo de Agustín Fernández Paz. (Finalmente, por razóns de saúde, o amigo Agustín non poderá estar presente.)
-Intervención de Carlos Callón, representante da Mesa pola Normalización Lingüística.
14.30 h. Xantar de Honra, no cal poderán participar todas e todos os que o desexen, previa retirada do convite.
Intervencións musicais e demais persoeiros relacionados co mundo da cultura, para celebrar o XII Premio "Facer País".
Continuamos!!!!!
20 de fev. de 2013
De Compostela a Ferrol
Esta fotografía é do coloquio que se realizou esta semana, en Políticas de Compostela, sobre a lingua galega. Nel falamos finalmente non só do libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, senón tamén de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos e sobre outras cuestións relacionadas coa actualidade do idioma noso.
O próximo acto en Galiza para conversarmos sobre Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez será o vindeiro 14 de marzo ás 20 h na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol. Antes, haberá un par de encontros, en Barcelona e Madrid, sobre os cales axiña darei máis información.
Aproveito para agradecer a escolla deste manual práctico como finalista nos premios Ánxel Casal, que outorga a Asociación Galega de Editores. O destino final do galardón coñecerase o vindeiro 15 de marzo, mais para min xa é motivo de enorme alegría compartir podio con quen o comparto.
Continuamos!
(A fotografía é de Adrián Piñón.)
4 de jan. de 2013
De acó e de acolá
- "A mancha para a que non hai deterxente", artigo de Pilar García Negro.
- Convocatoria de votacións para os premios Fervenzas Literarias 2012.
- "O imperio da lei", artigo de Xoán Carlos Garrido Couceiro.
- Non esquezas apoiar o manifesto "Queremos galego na escola"!
- Entrevista con Antonio Sánchez, afectado na estafa das preferentes.
16 de mai. de 2012
Escribamos o futuro!
Si, o futuro do galego está nas persoas que aínda non o falan, mais para recuperarmos falantes e consolidarmos espazos precisamos que os poderes públicos deixen de pórnos máis e máis dificultades cando, lexitimamente, queremos vivir no noso propio idioma no noso propio país. Para o lograr é para o que convocamos a manifestación de mañá, esa que o goberno municipal de Santiago tentou obstaculizar todo o posíbel. Que tanta barbaridade e tanta inxustiza sexan alicientes para continuarmos!
Ao longo deste día fago a carreira final de actos de cara ao Día das Letras. Pola mañá participarei en dúas conferencias de imprensa e ás oito do serán ministrarei na Biblioteca Central de Vigo o recital-conferencia "Itinerario poético pola defensa da lingua galega", con textos que van desde os decimonónicos Xoán Manuel Pintos ou Rosalía de Castro até as poetas de hoxe Alicia Fernández ou Yolanda Castaño.
Non me será posíbel, pois, participar ás 21 h en Carballo no acto de entrega do premio a artigos xornalísticos normalizadores, mais recollerá no meu nome o galardón o compañeiro Xosé Cotelo. Sinto moitísimo non poder asistir, mais anímovos a si irdes todas as persoas que puiderdes, sobre todo polo espectular que é María Xosé Silvar, Sés. Se non a escoitastes, tedes aí unha oportunidade de verdadeiro luxo!
Se non for ao longo do día de hoxe nun ou noutro sitio, verémonos mañá! Vinde coas gorxas preparadas, compas!
Ao longo deste día fago a carreira final de actos de cara ao Día das Letras. Pola mañá participarei en dúas conferencias de imprensa e ás oito do serán ministrarei na Biblioteca Central de Vigo o recital-conferencia "Itinerario poético pola defensa da lingua galega", con textos que van desde os decimonónicos Xoán Manuel Pintos ou Rosalía de Castro até as poetas de hoxe Alicia Fernández ou Yolanda Castaño.
Non me será posíbel, pois, participar ás 21 h en Carballo no acto de entrega do premio a artigos xornalísticos normalizadores, mais recollerá no meu nome o galardón o compañeiro Xosé Cotelo. Sinto moitísimo non poder asistir, mais anímovos a si irdes todas as persoas que puiderdes, sobre todo polo espectular que é María Xosé Silvar, Sés. Se non a escoitastes, tedes aí unha oportunidade de verdadeiro luxo!
Se non for ao longo do día de hoxe nun ou noutro sitio, verémonos mañá! Vinde coas gorxas preparadas, compas!
QUEREMOS GALEGO!
15 de fev. de 2012
Como defenderes os teus dereitos lingüísticos e Amigos e sodomitas, finalistas nos premios da Asociación Galega de Editores

A Asociación Galega de Editores deu a coñecer os libros finalistas para os seus premios anuais. Os meus dous traballos publicados en 2011, Como defenderes os teus dereitos lingüísticos e Amigos e sodomitas, son finalistas na súa sección, Premio Ánxel Casal ao Libro de Non Ficción. Se finalmente algún deles leva ou non o premio saberase na Noite da Edición en marzo.
En calquera caso, e de verdade que non é retórica baleira, para min xa é galardón toda a atención que están a recibir estes volumes. Ambos, coas súas notorias diferenzas, escribíronse para axudar a que exista unha sociedade máis libre e máis igualitaria. Coas viraxes do mundo e de Galiza nestes meses, penso que poden ser máis útiles e necesarios; ou cando menos esa foi a pretensión.
Parabéns igualmente para todas e todos os finalistas nas diferentes seccións, coas súas plurais e ricas achegas á / desde a nosa cultura!
Continuamos!
17 de jan. de 2012
Obrigado polo premio Fervenzas Literarias 2011 para Amigos e sodomitas!
Onte a páxina Fervenzas Literarias deu a coñecer os seus galardóns literarios anuais, a través do seu sistema de votación popular sobre o publicado ao longo de 2011.Fico moi agradecido polo recoñecemento ao ensaio Amigos e sodomitas como mellor obra de ensaio e investigación do ano pasado e estou sorprendidísimo por ficar de segundo (detrás de Agustín Fernández Paz!!!!) na listaxe de "Autor de 2011". Grazas polo afecto e a consideración!
Na mesma categoría de ensaio, Como defenderes os teus dereitos lingüísticos ficou de terceira finalista, detrás de Berrogüetto. O pulso da terra, de Fernando Neira, e (repeat to fade), de Rebeca Baceiredo. Obrigadísimo tamén pola distinción!
Parabéns a todas as outras obras, persoas e entidades premiadas. Polo que a min toca, non podo máis que reiterar o meu agradecemento.
A pesar do nefasto contexto en que nos encontramos, esta cultura está moi viva!
Assinar:
Postagens (Atom)










