15 de mai de 2012

Se nos denegan o palco e a megafonía, usaremos as gorxas para exclamar moi alto polos nosos dereitos



Hoxe chegounos a notificación, esperpéntica, do Concello de Santiago pola cal pretende o goberno municipal pór todos os obstáculos ao seu alcance para a manifestación do Día das Letras. Nos 26 anos de existencia da Mesa nunca nos encontráramos con resolución semellante. Por fortuna, non entra nas súas competencias nin teñen capacidade legal para negaren a manifestación, senón só para dificultar todas as cuestións de intendencia fundamentais para o seu desenvolvemento.

Esta mesma mañá presentamos con rapidez un escrito no tribunal para garantir que poderemos desenvolver a manifestación coa normalidade debida. En calquera caso, mesmo que non nos permitisen dispor de palco nin de megafonía, usaremos con máis forza a nosa voz, verdade? Por moito que queiran, non nos calarán! Preparade as gorxas:

QUEREMOS GALEGO!!!!



4 comentários:

  1. E digo eu... Se non se quere colar unha milonga, ¿a que ven que se fagan citas do texto e non se colgue o PDF do mesmo para que cada quen poida formar opinión sen intermediación desa nota informativa? ¿Hai que ter fe?

    E outra cousiña, iso de "faixa informativa", ao lelo dixen ¿que c*rallo sera iso? Supoño que en cristiano será unha pancarta, termo que aparece no diccionario da RAG, pero como supoño que ao coincidir co castelán (que nin que tivera a tiña) inventouse eso de "faixa informativa", que aquí entre nós, non o coñece nin o Tato.

    E outra cousa mais. Existe a rutina de vello de facer os desfiles en día festivo e pola mañán, como para que poida ir a poboación antes ou despois de ir a misa, o cal priva de ir aos mais novos que fosen a víspera de copas, botellón ou o que sexa, e non van madrugar para ir a un desfile. Irán os militantes, liberados e xente que vai a calquera manifa, pero xente nova, penso que pouca. Para min que teriades mais asistencia facendo a manifa ese mesmo día pola tarde, que ademais non hai partido ao ser un día de festa que so afecta á nosa rexión. Xa supoño que tamén se fai á mañán por saír nos telexornáis das tres da tarde aínda que haxa menos xente no acto, dígoo por ese interese que che vexo unha e outra vez en saír na tele ou na radio galega, que polo que dis queres saír e non che sacan e si na radio de Burela e outras. Sacaríanche igual no das nove da noite e con mais xente, tanto no desfile como de espectadores que voltarían á casa despois de pasar un día coa familia. Vamos, digo eu.

    ResponderExcluir
    Respostas
    1. Este comentário foi removido pelo autor.

      Excluir
  2. Eu anímote a que asistas á "manifa" como ti lle chamas, para que comprobes que hai xente nova, vella, e que ademais considera esta cita importante dabondo como para non saír de festa o día anterior, ver un partido de fútbol ou incluso ir a misa. Tal e como falas semella que cres que o Día das Letras é un invento de Carlos Callón, ou que o galego o inventou a Mesa. Esta festa leva celebrándose desde incluso antes de que existise a TVG. E sobre o das citas, aínda non vin a ningún xornal adxuntando cada documento ao que fai referencia, que absurdo.
    A TROLEAR A OUTRA PARTE!

    ResponderExcluir
  3. Ai Virgen Santísima, qué carácter. Eu, gracias a Dios, non vou a manifas mais que moi excepcionalmente e polo que dis, quen van á de mañán son os de sempre, quen teñen un compromiso político tan marcado que sendo católicos de misa diaria perderían a misa ou un partido sendo futboleros; vamos, que calquera diría que os asistentes teñen certas similitudes cos holligans dun equipo de fútbol. Pois non, eu como a maior parte da xente neste caso non vamos a manifas como un acto lúdico-reivindicativo e preferimos empregar o noso tempo de ocio doutro xeito.

    Ben sei que o día das Letras se leva celebrando desde o Franquismo, pero non o mitifico. Ti consideras o galego algo así como a máxima creación espiritual dun pobo, i eu considero que mitificas porque na miña opinión o é aquelo que se di en galego como parte do que o pobo galego crea de xeito inmaterial ou con ese senso, sexa unha catedral, unha imaxe relixiosa, unha canción ou unha sinfonía.

    PD: para non delirar coas cifras, hai que ter en conta que a día de hoxe everybody ten na súa casa acceso a internete, e pode medir a superficie da pza. do Obradoiro co visor do Sigpac, sendo imposible que nun metro cadrado collan 15 manifestantes...

    ResponderExcluir