- "Cousas rarísimas que fan os galegos", Laureano Araujo.
- "The Catholic Church is six with sex", Timothy Egan.
- Xuventude da Coruña opina sobre o galego.
- "Uma revolta com nome de mulher: Maria da Fonte", Xoán Costa.
Mostrando postagens com marcador igrexa. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador igrexa. Mostrar todas as postagens
16 de set. de 2018
Ligazóns ao desvío para un dezaseis de setembro
1 de jun. de 2014
Ligazóns ao desvío para un un de xuño
A Galiza urbana vira á esquerda e castiga o PP e o PSOE.
"Rupturas democráticas e sorrisos", Carme Adán.
Botádelle un ollo a esta nova. Son tremendas as inxustizas que se cometen contra a xente que defende os seus dereitos laborais. Non é o século XXI que nos imaxinabamos.
O coordinador de Organización do PP galego mófase da campaña do seu partido e do "susodicho personaje" (sic) Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta.
Por se non vos lembrades agora de quen é un dos que fala nesa conversa do Facebook, recordádeo nesta pequena nova de La Región.
O Nobel de Medicina Harald Zur Hausen afirma en Santiago que arredor de un de cada cinco cancros teñen orixe vírica.
Galiza continúa entre os lugares do Estado español con máis puntos negros de suicidios.
Žižek entra en escena, di Enric Juliana. Eu non creo que sexa tanto así, mais...
O Concello de San Sadurniño, as imaxes relixiosas e a manipulación informativa.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:

18 de mai. de 2014
Ligazóns ao desvío para un 18 de maio
- Ugia Pedreira: "Paro porque o corpo me di que deixei moito no palco".
- Reivindicación e cultura: un Día das Letras na procura dun porvir para a lingua.
- Marcos Maceira cualifica as marchas de "multitudinario éxito polo galego".
- "Carta a un alumno indeciso", X. Ricardo Losada.
- "O arcebispado de Santiago rexistra máis de 2.000 bens tras alegar que eran seus". A Igrexa usa o privilexio de inscribir bens ao seu nome aínda que ningún papel confirme a súa titularidade.
- "Escritores, alumnos e pais dun centro [Semente] enterran unha cápsula do tempo con desexos para o galego".
- Rajoy e Gallardón reuníronse co rei de España para salvaren a infanta da acción da xustiza.
- Podes ver e partillar a magnífica gravación e montaxe de GzVídeos sobre a manifestación en Vigo onte polo Día das Letras. Vaia se multiplicamos as nosas voces por oito!
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:

20 de jan. de 2014
Auguiña de sete fontes (21)
"Vellos e novos cultos", Xosé Manuel Pereiro.
A Igrexa incumpriu un acordo para renovar o sistema eléctrico da Barca. Unha nova de El País, xa do 27 de decembro, mais que non tivo toda a repercusión que merece.
A caza de bruxas contra os controladores aéreos foi moi intensa, con episodios moi vergoñentos que non deberiamos esquecer. A xustiza deulles totalmente a razón. Totalmente.
"Por que os cataláns a favor da independencia envexan Escocia?" Esa é a pregunta que se fai en voz alta a BBC, na cal entrevistan o Artur Mas. A propósito, o presidente catalán fai algo que nunca poderían nin Mariano Rajoy nin Alberto Núñez Feijóo nin Alicia Sánchez-Camacho: entender preguntas en inglés e responder neste idioma. Cómpre recordalo ante o uso (como argumento) que fan desta lingua para camuflaren os seus incívicos ataques contra o galego, o catalán e o vasco.
O inédito que non o era tanto. Non é a primeira vez que as présas no campo académico para presentaren descubertas dan lugar a situacións así. No ámbito específico dos estudos galegos xa aconteceu tamén noutras ocasións. Máis rigor e humildade son boas receitas.
Os trens Alvia galegos continúan sen control de velocidade medio ano despois.
"Por que o piñeirismo non é o camiño. Por que o BNG", Suso de Toro.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:

24 de mar. de 2013
Auguiña de sete fontes
- A triloxía Dragal, de Elena Gallego, convértese nun proxecto multimedia. Parabéns e que continúe o merecidísimo suceso!
- "E se fose a princesa a que salvase a Mario?", nova en Praza Pública.
- "A ética do coidado dun mesmo como práctica da liberdade", entrevista a Michel Foucault en 1984.
- Un matrimonio de sexaxenarios irán á cadea por violaren ambos as súas ordes de afastamento, nova en La Voz de Galicia.
- Novo libro de Xosé Ramón Freixeito Mato: Estilística da lingua galega.
- "Rosalía e nós", artigo de Francisco Rodríguez en Sermos Galiza.
- "Google aposta por voar tamén en galego", nova en Galicia Confidencial. O galego, entre os oito primeiros en que estrea en Europa este novo servizo.
- "E se fose a princesa a que salvase a Mario?", nova en Praza Pública.
- "A ética do coidado dun mesmo como práctica da liberdade", entrevista a Michel Foucault en 1984.
- Un matrimonio de sexaxenarios irán á cadea por violaren ambos as súas ordes de afastamento, nova en La Voz de Galicia.
- Novo libro de Xosé Ramón Freixeito Mato: Estilística da lingua galega.
- "Rosalía e nós", artigo de Francisco Rodríguez en Sermos Galiza.
- "Google aposta por voar tamén en galego", nova en Galicia Confidencial. O galego, entre os oito primeiros en que estrea en Europa este novo servizo.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:

22 de mar. de 2013
Cinco achegas a este novo papado

Así e todo, para tentarmos evitar as reflexións de brocha grosa, penduro aquí as ligazóns a cinco artiguiños que penso que nos poden axudar, desde os seus diferentes contributos, a pensarmos máis e mellor sobre este papado que está a comezar:
- "Unha ollada responsábel ao novo papa", Stella Calloni.
- "Jorge Bergoglio na ditadura arxentina", Horacio Verbitsky.
- "De Bergoglio a Francisco", Atilio A. Boron.
- "O deus dos ateos", Manuel Fernández Blanco (é un texto anterior á elección, mais que apunta cuestións de moito interese).
- "Benvido irmán Francisco", Victorino Pérez Prieto.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:

26 de fev. de 2013
Cousas varias
- "Benedito XVI", por Francisco Rodríguez.
- "O mundo da cultura reacciona após a demisión de Ferrín", en Sermos Galiza.
- "A Mesa reclama que o ILG e o Consello da Cultura expliquen se presionaron a RAG para que non presentase o recurso en defensa do galego no ensino", no web da Mesa pola Normalización Lingüística.
- "Aurelia contra os térmites (Eloxio do corpo a corpo)", Fran P. Lorenzo.
- "Que facer cos centros galegos?", Manuel Vilar Álvarez.
- Convite homenaxe a Bautista Álvarez (en pdf).
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:

19 de fev. de 2013
Quen ao ceo cospe, na cara lle cae
Non sabemos canto de certo ten a longa declaración -só coñecida parcialmente- do ladrón do Códice Calixtino, mais si sabemos que o ten todo de verosímil. Lembrade o que se denuncia mentres reledes noticias coma estas:
9 de abr. de 2012
"...o van a clubs de hombres nocturnos..."
E pensar que mensaxes coma esta son emitidas en directo por TVE e que a Igrexa mantén a mesma asignación nos orzamentos xerais do Estado, mentres se recorta de forma gravísima en educación e sanidade...
e
e
11 de jan. de 2012
Amigos e sodomitas, nunha reportaxe no Brasil
A revista brasileira Carta Capital publicou unha reportaxe sobre a homosexualidade e a Igrexa onde se fai referencia ás análises e reflexións contidas no libro Amigos e sodomitas.
Moi obrigado á publicación e á xornalista, Cynara Menezes.
Podedes ver a información ao completo nesta ligazón.
18 de out. de 2011
Non o permitamos
A Xunta de Núñez Feijóo aplica a austeridade por exemplo no ensino ou na política contras os incendios, mais non a aplica por exemplo para a relixión (lembremos os 3 millóns da visita de Bieito XVI) ou para os ataques contra o galego (lembremos os 5 millóns malgastados en ir contra o noso idioma).
Esta destrución do tecido público, se se consolidar, terá consecuencias sociais moi negativas, das cales será moi difícil saír. Non o permitamos.
Por exemplo, participemos hoxe nas concentracións que hai en defensa do ensino público, ás 20 h nos seguintes lugares:
A Coruña
Praza de Pontevedra
Ferrol
Diante do edificio da Xunta
Compostela
Praza do Toural
Lugo
Diante do Multiusos da Xunta
Foz
Praza de Galiza
Ourense
Diante da Xefatura Territorial
Xinzo
Praza do Concello
Pontevedra
Na Praza da Peregrina
Vigo
Diante do Marco
Vilagarcía
Praza de Galiza
A Guarda
Praza do Reloxo

8 de jul. de 2011
235.000 euros ao ano

Quen teña ouvidos para ouvir, que ouza.
1 de jan. de 2011
Fáltalles ir baixo palio
22 de nov. de 2010
O don da infalibilidade
Joseph Ratzinger, que reina como papa baixo o nome de Bieito XVI, acaba de dar o visto e prace á utilización do preservativo en determinados casos illados. Cita en concreto a permisividade do seu uso para o exercicio da prostitución.
Ábrese así unha pequena fenda na liña doutrinal que iniciara Giovanni Montini, Paulo VI, en 1968. Este fixera uso da súa infalibilidade para condenar os novos métodos profilácticos e anticonceptivos, a pesar da opinión favorábel que mantiña a ese respecto unha comisión vaticana encargada de estudar se se admitía ou non o seu uso. A diferenza doutras prácticas ou doutros artiluxios rudimentarios, estes viñan cun altísimo grao de efectividade tanto para evitar gravideces non desexadas (a súa decisión era nomeadamente sobre a pílula) como para deter a propagación de infeccións e doenzas.
Esta minimísima abertura de Ratzinger –tan infalíbel como o seu antecesor– é unha boa nova. Pásase dunha postura de intransixencia absoluta e de insensibilidade cínica a, cando menos, dar pé a un debate importante, interesante e socialmente útil entre as bases católicas.
Mais todo motivo de celebración finaliza aquí. A xerarquía eclesiástica mantense inamovíbel de vez no resto das súas cruzadas, tentando impor os seus ideais de vida tamén a millóns de persoas que non teñen fe católica ou que, aínda téndoa, prefiren atender en primeiro termo as mensaxes de Xesús Cristo e non aos seus declarados intermediarios. Non é de estrañar este desapego crecente cara ás xerarquías apostólicas e romanas cando, a título de exemplo, observamos os excesos luxosos e as mensaxes carcas da rápida visita de Joseph Ratzinger a Santiago de Compostela o pasado 6 de novembro.

2 de nov. de 2010
Quen teña ouvidos para ouvir, que ouza

Xa pola tarde e ao serán deste sábado, asistirei a unha parte do programa do V encontro de escritoras novas e escritores novos. Estas xornadas organízaas a AELG. Desde a chegada de Núñez Feijóo á presidencia da Xunta, deixaron de recibir calquera tipo de axuda da Xunta de Galiza para a súa organización. Por fortuna, continúa co apoio da Concellaría da Cultura da Coruña e da Deputación.
Que elocuente, verdade? A Xunta paga arredor de 6 millóns de euros para a visita de Joseph Ratzinger, Bieito XVI, e cero céntimos de euro para o evento nacional que cada ano organizan os escritores e escritoras que comezan a crear novos mundos desde o noso idioma.
Quen teña ouvidos para ouvir, que ouza.
29 de out. de 2010
A visita do Bieito XVI en tres imaxes
22 de out. de 2010
Misas e sexenios
Hai uns meses fixen o meu primeiro sexenio como docente. Para que cho recoñezan, tes que entregar documentación que demostre que en todo este tempo realizaches unha formación dun mínimo de cen horas. Eu pensaba que non tiña problema, porque entre unhas cousas e outras case chegaba ás duascentas.
A miña sorpresa foi maiúscula cando desde a Consellaría mo denegaron porque non validaban varios cursos, xornadas e congresos organizados polas universidades galegas e mesmo pola propia Xunta de Galiza (por exemplo, rexeitaban recoñecer congresos sobre literatura galega organizados pola Consellaría de Cultura...). Houbo varias persoas que me comentaron que se encontraron coa mesma situación, for para o trámite do sexenio ou para a baremación do concurso-oposición.
Mais para a próxima vez xa sei o que teño que facer. A CIG-Ensino destapou que a Consellaría de Educación si certifica como formación do profesorado xornadas que inclúen unha misa (homologado por 1 hora), unha foto de homenaxe (media hora), un discurso de Núñez Feijóo (40 minutos), un discurso de Jesús Vázquez Abad (40 minutos) e outro de José Luis Baltar (20 minutos). Isto si que é unha formación de calidade!

15 de jul. de 2010
Os tres enterros de Rosalía de Castro

Os tres enterros de Rosalía de Castro
Esta quinta feira 15 de xullo conmemórase o 125 aniversario do falecemento de Rosalía de Castro. A Asociación de Escritores en Lingua Galega preparou para a xornada un acto cívico e reivindicativo. Emularase e lembrarase con tal evento o cortexo cidadán que acompañou en 1891 os restos da escritora, desde o cemiterio da Adina onde a enterraran no momento da súa morte en 1885 até o panteón laico de San Domingos de Bonaval.
Francisco Rodríguez, na súa memorábel Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro, fornece datos impresionantes sobre o tratamento que a tomba da escritora recibira en terreo eclesiástico e sobre como se produciu o traslado. Por exemplo, a través dunha rigorosa investigación hemerográfica observa que o enterro en Iria da autora de Follas novas foi un acto sen ningún impacto social, do que a maioría dos xornais informaron con retraso.
O seu amigo Luis Rodríguez Seoane publicou un artigo necrolóxico na Gaceta de Galicia. Laiouse nel de que a noticia da morte de Rosalía de Castro non tivera, como merecería, “las proporciones de un acontecimiento nacional” e que “su entierro creemos que no haya sido más que la soledad que para muchos precede a la tumba”.
Meses despois do sepelio, Antón Claridades, articulista da revista de instrución primaria El Magisterio Gallego, visitou o cemiterio da Adina. Claridades procurou sen fortuna a sepultura de Rosalía de Castro. Ao non a achar, tivo que pedir a axuda do sancristán, que lle indicou o lugar: “En un apartado rincón y toda cubierta de tristes yerbecillas, hállase el sitio donde se guardan los restos de la insigne cantora, gloria de Galicia, sin que una mala losa ni una carcomida cruz indiquen que aquel pedazo de tierra es el lugar donde reposa la que ha llevado una vida de tantos padecimientos y amarguras, sufridos con resignación envidiable”.
O xornal compostelán El Libredón lanzara, nada máis morrer a escritora, a proposta de lle erguer un mausoleo no cemiterio de Iria Flavia. É seis anos máis tarde cando se acomete a organización do traslado a un sepulcro en San Domingos de Bonaval. Cómpre lembrar que esta capela deixou de ser propiedade da Igrexa Católica desde a desamortización do mosteiro en 1835. A iniciativa parte da Asociación Rexionalista Galega, que se fundou nese mesmo ano, e contou co financiamento de emigrantes galegos en Cuba que desexaban realizar un evento de exaltación patriótica.
Estes actos foron recibidos con hostilidade polos poderes do momento (tanto civís como eclesiásticos). Ademais, aínda temos moitas lagoas sobre o que alí aconteceu, debido a censuras que aínda non están explicadas.
O órgano de expresión da Asociación Rexionalista era La Patria Gallega. Na esquela desta publicación márcanse tres datas diferentes como momento do traslado: o 25, o 26 e o 27 de maio. Francisco Rodríguez chegou á conclusión de que isto se debeu a que o traslado foi o 25; o 26, as honras fúnebres e a inhumanción, e o 27 sería para realizar unha homenaxe máis privada a Rosalía por parte dos Rexionalistas, en termos máis políticos. Nesta última actuación foi onde se encontraron con máis dificultades.
A Gaceta de Galicia fala de problemas nos días previos, como a denegación inicial para o traslado por parte do Gobernador Civil da Coruña ou o silencio mediático sobre o actos. N’A análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro advírtenos Rodríguez dun dato que enrubia: “O periódico que, seguramente, mellor informou do conflito coa Igrexa Católica, a Gaceta de Galicia, atópase debidamente cortado ou censurado nos exemplares correspondentes aos días claves 23, sábado; 24, domingo; 25, luns; 26, martes; 28, xoves e 29, venres, polo menos na Hemeroteca da Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago”. Para algunha investigación puntual, tentei procurar eses exemplares noutros arquivos, tanto da Galiza como da Arxentina. Non tiven ningunha fortuna nas tentativas.
Fícanos, porén, o esclarecedor exemplar de La Voz de Galicia do 26 de maio de 1891, que nos ofrece información esencial sobre o que aconteceu. Repárese na aberta hostilidade eclesiástica e na tentativa dos organizadores de facer unha lectura relixiosa da autora para así reduciren estes problemas. Leamos a noticia, na cal se cita a Gaceta de Galicia:
Doña Rosalía Castro será, sin duda, la primera dama que se entierra en esta capilla gratuitamente, contra el parecer de los administradores de la Iglesia y solo por la voluntad unánime de todo el pueblo de Galicia, que la aclama y la venera y a la cual no pudo sobreponerse nadie.É salientábel a intención de facer unha relectura beatífica do que significou Rosalía (“poeta católica”), para o cal se citan todos os poemas que poidan ter algunha relación coa cultura cristiá. No entanto, óbvianse os textos máis problemáticos e pásanse por alto o fondo controvertido das composicións citadas. Por exemplo, en “Santa Escolástica” dubídase da existencia de Deus e no poema sobre a romaría da Nosa Señora da Barca critícase o afán de lucro da xerarquía católica. Mais os problemas non son só debidos á heterodoxia relixiosa, senón tamén á súa localización política e á dos promotores do acto. Repárese cando se di “aún con ideas políticas”.
La Gaceta de Santiago, después de un largo suelto en el cual manifiesta la imposibilidad de que se celebren las honras fúnebres con la ostentación debida, añade:
“A la hora de cerrar nuestra edición, cuatro de la tarde, nos aseguran de que el Excmo. Sr. Arzobispo, de acuerdo con varios Capitulares cuyos nombres haremos públicos oportunamente, ha negado la licencia para predicar la oración en el acto fúnebre en honor de Rosalía Castro, encargada al Canónigo Sr. Portal (...)”
Dícennos nuestros corresponsales que una comisión del Comité Regionalista y otras personas graves visitaron al Sr. Arzobispo y le suplicaron encarecidamente que revocase la orden estrechísima de no conceder a la poetisa católica, cantora de la Virgen de la Barca, del admirable Pórtico de la Gloria, Santa Escolástica, del Cementerio de Iria, de las Campanas, etc., todos los honores de la Iglesia en un simple funeral con elogio, como se concede a todas las personas, aunque profanas, ilustres!
La Comisión expuso a S. E. que en las catedrales de Galicia se acostumbran estos elogios a todas las personas que mueren en el seno de la Iglesia y corren impresas muchas de esas oraciones. Que presidiendo el Excmo. Sr. Cardenal Payá un acto fúnebre en honor del Batallón Literario de Compostela, dijo la oración fúnebre en el Gran templo de San Martín el mismo Rector que hoy es del Seminario, Sr. Lavin; que en el mismo grandioso templo, lleno de hachones y cubierto hasta las altas bóvedas por inmenso catafalco con cañones y banderas profanas, predicó en honor de O'Donnell, jefe de la Unión Liberal y de un Gobierno que acababa de reconocer el reino de Italia el Sr. Zunzúnegui, Magistrado hoy de la Rota... y en fin que en todas las Iglesias de la Diócesis hubo por Reyes, Príncipes y actos célebres, como en la Coruña el de María Pita, y aún con ideas políticas, aunque siempre dentro del catolicismo, esos elogios fúnebres.
Os rexionalistas tiveron que dulcificar algo o acto para que se puidese desenvolver. Talvez o feito de teren que pactar o evento co arcebispado fose o motivo polo que Manuel Murguía non participou na comitiva de dó. Aínda sendo boicotados pola Igrexa e as forzas dominantes da Restauración, o traslado abriu unha etapa de utilización de Rosalía como símbolo da Patria Galega.
En pleno século XXI, o Panteón de San Domingos volve ser propiedade da Igrexa. Polo que se sabe, parece que a xerarquía católica só estará disposta a reabrilo ao público previo pagamento por parte da Xunta de Galiza. Para forzar esa negociación coa administración, decidiron fechar as portas dun día para outro. O acto do vindeiro día 15 será tamén para que finalice ese secuestro eclesiástico motivado pola cobiza.
31 de dez. de 2008
Que non dependa dun milagre

Como eu non quero que sexa ningún hipotético santo o que goberne, o meu desexo para o 2009 é que haxa políticas que axuden a resolver os problemas sociais.
Para vós, o meu desexo é que sexa un 2009 de boas decisións.
22 de nov. de 2008
A vixiante da piscina

Eu estudei nun colexio de monxas e lembro que me daban "estampitas" para rezarlle á Madre Maravillas, cun enderezo e penso que un teléfono, para comunicar o posíbel milagre. Tamén mas daban para facer o propio coa Madre Isabel Larrañaga, fundadora da miña rede de colexios, mais acho que non conseguiu até o momento ningún resultado (e non penso procuralo en google; tenme bastante sen coidado).
Hai unha interesante competición entre algunhas congregacións para lograren subir antes aos altares aos das súas filas. A organización das campañas electorais é fundamental para conseguilo. Fan unha curiosa interpretación daquilo de que "a Deus o que é de Deus e ao César o que é do César".
Assinar:
Postagens (Atom)