
A primeira imaxe, de Luís Davila, é por se tedes parella e vos botar en cara que non lle comprásedes nada polo sanvalentín.Na segunda estamos Fran Rei, Iria Taibo e eu despois de entregarmos esta mañá un escrito no rexistro da Xunta. Aproveitamos o festexo do Día dos Namorados e das Namoradas para lle pedir ao presidente do Goberno galego que queira un pouquiño o galego e que o demostre a través de feitos. É lamentábel que nos seus case tres anos á fronte da Xunta, Alberto Núñez Feijóo non promovese nin un só adianto para o noso idioma.
Mais, parafraseando ao grandísimo Uxío Novoneyra, hoxe lembramos máis unha vez que
a forza do noso amor non vai ser inútil!
