13 de ago. de 2008

13 días para os 30


Cada vez falta menos para a conta atrás definitiva.

É sabido que os 30 son os novos 20, o cal é máis un motivo para festexalos. Aínda que sexa á forza do autoengano.

Como ben dixo nalgunha ocasión Bibi Andersen, e eu non canso de repetir, só hai dúas opcións: facer anos ou non facelos (e ao dicer isto último cómpre facer algún xesto mortuorio, como pasar o índice polo pescozo como se fose un coitelo). Así que sempre hai que escoller facer anos, aínda que sexa para dar inicio a unha nova década.

Ao final (cito ao Roi), máis traumático para todos foi pasarmos dos 9 aos 10 anos. Daquela, tivemos que asumir que nunca máis na vida volveriamos ter unha única cifra!

A crise dos 30, porén, como sabedes todas as persoas que me tedes que aturar habitualmente, realmente existe.

Dentro da crise está que a un lle dea por facer un algo de inventario da vida e, como non, sempre se é algo inconformista. Por iso me dedico esta canción, importante na miña banda sonora:



Y Mariana

Siempre hay quien quisiera ser distinto:
nadie está conforme con lo que le tocó.
El de edad quisiera ser un niño
y el rapaz se raspa sus pelusas en flor.
Los que tienen nada quieren algo,
los que tienen algo quieren todavía más.
Para pretender el mundo es largo,
para conformarse se ha inventado el jamás.

Un señor quisiera ser mujer
y una chica quiere ser señor.
Hasta Dios sueña que es un poder.
Y Mariana quiere ser canción.

La tolerancia es la pasión de los inquisidores.
El buen ladrón quisiera no tener que robar.
Le deben al silencio la voz los ruiseñores.
La eternidad no es más que un truco para continuar.
La libertad sólo es visible para quien la labra
y en lo prohibido brilla, astuta, la tentación.
Nacer a veces mata y ser feliz desgarra.
¿A quién acusaremos cuando triunfe el amor?

Un señor quisiera ser mujer
y una chica quiere ser señor.
Hasta Dios sueña que es un poder.
Y Mariana quiere ser canción.

Um comentário:

  1. Existe realmente a crise dos 30, seino, que a pasei, e unha vese mudada definitivamente, sen volta atrás. Por iso cando nos tocou a algúns da miña quinta unha amiga decidiu facer unha festa dos que entrabamos nos 30 e alí estivemos, festexando que non eramos mozas nunca máis (mentira, que eu que xa inaugurei a década seguinte véxome ben mociña, aínda que vós non vos deades conta). Goce dos días que lle quedan e pense nos proxectos que pode artellar para o seu novo decenio.

    Acuática

    ResponderExcluir