9 de jun de 2008

...e nunca te atreviches a preguntar

Era unha vergoña non tela visto completa aínda, así que proseguín o meu improvisado e desordenado ciclo sobre Woody Allen con este título. O libro amarelo que vedes aí vén sendo o bestseller que parodia a través destas historias, dun tal Dr. Reuben, co esquema clásico das obras de autoaxuda.

Gostei especialmente do concurso "Cal é a miña perversión?", aínda que a escena do bufón que ve o inútiles que resultan os afrodisíacos perante os cintos de castidade tamén é para esperrecharse.

2 comentários:

  1. Sempre me gustou Woody Allen e as súas historias de parella... Annie Hall, Maridos e Mulleres, Misterioso ASesinato en Manhattan... Bikinhos

    (xa sei que es Carlos!)

    ResponderExcluir