Esa primeira vez foi no ano 2004, con Tino Santiago, e para falarmos da que era a 4ª edición do Correlingua con ese xeito de organización. Véxome, escóitome e constato que era un rapazoliño. Tamén se pode observar a denuncia de enganos reiterados polo poder para nos negar os nosos dereitos lingüísticos e para nos roubaren a esperanza dun futuro mellor. Hai que contextualizar nos tempos dos estertores do fraguismo tanto os problemas como as solucións que se dan .
Ben, dixen que foi a primeira entrevista na TVG, mais ben poucas máis tiven, for como presidente da Mesa (até onde eu lembro, hai outras dúas: a de Miraxes e a de Carlos Luís Rodríguez), como candidato (tamén, até onde a miña memoria alcanza, foi unha, aínda que concedo que nesas semanas de frenesí podo esquecer algo) ou como escritor (agradezo que se noticiase a maioría dos meus libros, mais o número de entrevistas que tiven como autor é unha cifra redonda). En fin, tamén é bo lembrar isto para que non pasemos por naturais as censuras mediáticas que levamos tantos anos padecendo.
Os que acabo de citar son só exemplos puntuais dunha longuísima e amplísima listaxe que, nos últimos anos, leva advertindo con perseverenza e enerxía o movemento Defende A Galega.
Mostrando postagens com marcador TVG. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador TVG. Mostrar todas as postagens
22 de fev. de 2021
A miña primeira entrevista na TVG
9 de out. de 2016
Ligazóns ao desvío para un nove de outubro
- "Cortegoso, unha voz que reparte tesouros", exacto e doloroso texto de Antón Lopo. Recordo o día en que se coñeceron o Fran e o Antón en Santiago, algo que na verdade foi hai moi poucos anos, mais que coas voltas da vida parece que pasou hai xa unha eternidade. Até sempre, meu caro Fran! :(
- "Todesfuge", unha lembranza de 2008.
- "O importante non é ser escravo dunha norma senón amar a lingua". Isaac Alonso Estraviz na edición de Ourense de La Voz de Galicia. É un dos nosos grandes intelectuais, a pesar da inxustísima marxinación que padece por ser reintegracionista.
- A serie Serramoura, distribuída na Rusia.
- Moi interesante entrevista a Andrés Torres Queiruga no La Voz de Galicia con motivo da homenaxe que se lle tributa en Aguiño. Oxalá as súas propostas se atendan.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Um comentário:
7 de mar. de 2015
Nova sobre Atravesar o fantasma na TVG
Na véspera da presentación na Coruña deste meu primeiro poemario, o programa Zig-Zag da TVG emitiu esta nova sobre o libro, que moito lles agradezo ás traballadoras e aos traballadores da nosa televisión pública.
O próximo acto en que conversaremos sobre Atravesar o fantasma será esta quinta feira (xoves) ás 20.30 h na libraría Couceiro de Santiago. Nesta ligazón está toda a información.
Continuamos!
18 de jan. de 2014
Que ningún batvilán o impida!
A dobraxe ao galego do mítico Batman dos 60 está feita: repousa no arquivo da TVG. Tras a nova de que a serie vai saír en DVD en 2014, o mellor sería que se lle der unha nova vida á tal dobraxe colocándoa como unha opción do seu menú.
Para que iso for posíbel e que a ninguén lle esqueza, desde A Mesa puxémonos en contacto tanto coa distribuidora, a Warner, como coa propia TVG.
Queremos que o DVD de Batman tamén teña a pista de audio en galego!
Batman, Robin, Batgirl, o Pingüín... tamén saben falar en galego!
Que ningún batvilán o impida! ;)
Para que iso for posíbel e que a ninguén lle esqueza, desde A Mesa puxémonos en contacto tanto coa distribuidora, a Warner, como coa propia TVG.
Queremos que o DVD de Batman tamén teña a pista de audio en galego!
Batman, Robin, Batgirl, o Pingüín... tamén saben falar en galego!
Que ningún batvilán o impida! ;)
6 de dez. de 2012
Encontro co Bloque e os mundos paralelos da TVG
Nada máis se coñeceren as tres primeiras sentenzas sobre o decretazo contra o galego, o BNG convidounos a un encontro ás tres entidades que promovéramos tales demandas: A Mesa, Queremos Galego e a CIG-Ensino. Por motivos de axenda, esa entrevista (sobre a cal tedes máis información aquí) non se puido desenvolver até onte pola mañá.
Tras a reunión privada, realizamos unha comparecencia conxunta para os medios. Pois ben, isto foi do que se falou:
Porén, así o transmitiu a TVG. Xa vedes o nivel de censura e terxiversación:
(Para a xente a quen non vos vaia o vídeo directametne, podedes velo e comparar nesta ligazón.)
Tras a reunión privada, realizamos unha comparecencia conxunta para os medios. Pois ben, isto foi do que se falou:
Porén, así o transmitiu a TVG. Xa vedes o nivel de censura e terxiversación:
(Para a xente a quen non vos vaia o vídeo directametne, podedes velo e comparar nesta ligazón.)
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Um comentário:
24 de set. de 2009
Pilar Farjas, a TVG e as faltas de ortografía
Onte pola mañá, desde A Mesa realizouse un acto simbólico de protesta polo feito de que a conselleira de Sanidade non quixese responder en galego unha entrevista na TVG. Levámoslle un manual de aprendizaxe do noso idioma para o ensino infantil e, o máis importante, o volume Sobre o racismo lingüístico, que é a nai do año da súa actuación.No acto houbo ben de medios gráficos, tamén da TVG. Porén, seguindo a liña da televisión gobernamental, silenciaron a noticia. É que, claro, imaxínadevos, tiñan novas tan trascendentes para nos daren como que uns deputados do PNV cometeron o sacrilexio de escribir unha emenda en castelán con dúas faltas de ortografía. Sabedes como era iso dos que ven a palla nos ollos dos demais? Pois xustiño así.
4 de jun. de 2009
Vergoña de RTVG
As novas directivas da Radio Galega e da TVG xa repescaron os métodos que elas mesmas tanto aplicaron durante os mandatos de Manuel Fraga. Os dous grandes exemplos que están estes días nas bocas de todas as persoas con consciencia cívica son o espazo Aberto por reformas e o documentario sobre a crise das vacas tolas.O programa do Xurxo Souto, que tiña un obxectivo tan tóxico como difundir a música en galego, fechouse de forma fulminante tal e como era coñecido. O vídeo prohibido na TVG, substituído a última hora por un filme do oeste, co visto e prace gobernamental, podemos velo xa en youtube. Vexamos o que non queren que vexamos:
[A imaxe, por esta vía.]
8 de dez. de 2008
A morte doce da lingua
No meu artigo desta semana na sección "Por navegar ao desvío" de Galicia Hoxe reflexiono sobre a aparente liberdade de escolla lingüística en Galiza e a súa funcionalidade para os que quererían conseguir a morte doce do galego, "entre efemérides alegres e homenaxes varias".
A diglosia, porén, continúa cualitativa e cuantitativamente a describir a situación sociolingüística de Galiza.
Podedes consultar aquí o artiguiño.
A diglosia, porén, continúa cualitativa e cuantitativamente a describir a situación sociolingüística de Galiza.
Podedes consultar aquí o artiguiño.
Assinar:
Postagens (Atom)
