- "Parlar occitan? Òc, mas amb qui?", Terric Lausa.
- "Yilliqiya ou Galisiya, o Reino de Galiza nas fontes árabes", Cilia Torna.
- "A igualdade xurídica do galego", Xoán Antón Pérez Lema.
- "Sobre a organización da Feira do Libro da Coruña", Manuel Bragado.
- "Crónica da Feira do Libro da Coruña 2017", Manuel Bragado.
- "Postverdades, imposicións lingüísticas e como xogar con trampas", Henrique del Bosque Zapata.
Mostrando postagens com marcador Manuel Bragado. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Manuel Bragado. Mostrar todas as postagens
13 de ago. de 2017
Ligazóns ao desvío para un trece de agosto
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
2 de ago. de 2017
Con debate e contrastes de opinións construímos o futuro
Vémonos hoxe na Coruña para falarmos de como, a pesar das obvias dificultades, se pode construír un futuro diferente, cheo de esperanza, para o noso idioma común.
13 de jul. de 2017
Axenda para as próximas semanas
Por se vos coincidir e apetecer, nas próximas semanas participarei nos seguintes actos:
18 de xullo, 20 h., na libraría Andel de Vigo, palestra "Somos galegas e galegos por obra e graza do idioma". Organiza o BNG da localidade.
21 de xullo, 11.30 h., na Facultade de Filoloxía da Coruña, acto de defensa da tese de doutoramento As relacións sexoafectivas intermasculinas e interfemininas no trobadorismo galego.
25 de xullo, á tarde, no Festigal en Santiago de Compostela, Nacho Taibo e eu conversamos sobre os libros Os tres de nunca e Galegocalantes e galegofalantes.
2 de agosto, 19.45 h., na Feira do Libro da Coruña, conversamos con Manuel Bragado sobre Galegocalantes e galegofalantes.
16 de mai. de 2017
Na véspera das Letras, falamos sobre Galegocalantes e galegofalantes
Na pasada Feira do Libro de Santiago de Compostela realizamos a presentación do meu último título, Galegocalantes e galegofalantes. Foi un acto que vivín como moi especial, pola calorosa acollida do público que alí se congregou, e polas palabras do editor Manuel Bragado, do fotógrafo Xan G. Muras e da artista e profesora Tereixa Novo.
Desde a histórica Agrupación Cultural O Galo convidáronme a dar hoxe na Libraría Pedreira, tamén en Santiago de Compostela (xa sabedes, na rúa do Home Santo) unha conferencia sobre o idioma que teña como punto de partida os Galegocalantes e galegofalantes. Neste acto de hoxe ás 20.30 estarei acompañado por Mercedes Espiño (da A. C. O Galo e ex dirixente da Mesa pola Normalización Lingüística) e Marcos Maceira (actual presidente da Mesa e ex presidente da A. C. O Galo).
Vémonos alí e pomos ideas en común?
[A foto, de Xaime Bello, pertence á presentación da semana pasada en Ferrol.]
21 de abr. de 2017
Galegocalantes, unídevos!
E, agora, xa, parte da revista de imprensa:
- Callón advirte que o galego perdeu espazos de uso dende o ano 2009 - La Voz de Galicia.
- Carlos Callón pídelles ás administracións públicas que 'esperten do letargo' e impulsen políticas activas a prol do galego - TVG
- Unha razón para a esperanza do galego - El Correo Gallego.
- Callón busca reabrir o "debate social sobre o idioma en Galegocalantes e galegofalantes - El Progreso.
- Carlos Callón advierte que el gallego "es la única lengua del Estado que pierde hablantes" - El Correo Gallego.
- Carlos Callón: "As mareas e o BNG teñen que estar á altura ante a encrucillada que vive o galego" - Praza.
- Callón busca reabrir "o debate social" sobre o idioma en Galegocalantes e galegofalantes - Diario de Pontevedra.
- O ex-presidente da Mesa busca reabrir "o debate social" sobre o idioma cun novo libro - Galicia Confidencial.
- "O mérito do galego é estar aínda vivo" - Sermos Galiza.
- Galegocalantes e galegofalantes, de Carlos Callón - Radio Galega.
- Callón quere reabrir o debate social sobre o uso da lingua galega - El Correo Gallego.
- Onte 1858: Galegocalantes e galegofalantes de Carlos Callón - Brétemas, Manuel Bragado.
- Entrevista na Cadea SER de Santiago - A partir de 1h23'.
10 de out. de 2016
Galegocalantes e galegofalantes: reflexións e argumentos para a lingua
Estou no proceso de corrección de probas do libro Galegocalantes e galegofalantes, que sairá nun par de meses desde Xerais. O volume componse por un feixe de reflexións sobre a situación do noso idioma.
Igual que os meus outros títulos de tema sociolingüístico (En castellano no hay problema, Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, Como defenderes os teus dereitos lingüísticos) é unha obra de combate. De reflexión, con certeza. De argumentos, tamén. Mais, sobre todo, de activismo.
As fotos que aquí pendurei, de Xan G. Muras, corresponden á presentación en Santiago dunha das obras citadas: o manual práctico Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. Foi no 24 de xullo de 2011. Aí estamos, de esquerda a dereita da primeira imaxe: Manuel Bragado, Carlos Outeiro, Dalila Dopazo, servidor e Anxo Louzao.
Fagamos valer os nosos dereitos! Galegofalantes, activémonos! Galegocalantes, unídevos!
20 de set. de 2015
Ligazóns ao desvío para un vinte de setembro
- "A xeometría diestiana", Román Arén.
- "Mestizaxe e outros contrabandos", Miguel Rodríguez Carnota
- "A culpa é de Dora la exploradora", Carlos García Vieito.
- "Datos da edición en galego 2014", Manuel Bragado.
- "Nace o premio literario 'Afonso VII Rei de Galiza' para escolares", Sermos Galiza.
- "Xuventude Galicia Net ou Juventud Net?", Cibrán Arxibai.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
14 de mar. de 2015
A crónica de Manuel Bragado e o "teatro sen aplausos quebrando o diván"
Entre o traballón que realiza Manuel Bragado como editor está o de publicar no seu blogue, o decano Brétemas, crónicas sobre a maioría dos actos en que participa. Velaquí a que escribiu arredor da conversa sobre psicanálise, poesía e vida de Atravesar o fantasma. Permitídime antes que, tamén desde esta miña paxiniña, reitere o agradecemento e os abrazos para cada unha das persoas que ateigastes a libraría Couceiro nese serán en que tantos actos había na capital galega. Agora si vai a crónica ;)
Onte 1262: "Atravesar o fantasma"
Encheuse onte o terceiro andar da Libraría Couceiro de Santiago no acto de presentación de Atravesar o fantasma, o primeiro libro de poemas de Carlos Callón. Comezou o acto coa estrea do videopoema «O desexo está na pantalla», unha peza audiovisual de minuto e medio sobre un poema do libro, dirixida por Alberte Paz Calo e Alba Romero Diéguez, interpretada por Antón Blanco Casás e Luis Miguel Gendre. Interviu despois Fran Conde, profesor da Facultade de Filosofía, que leu un texto composto con versos dos poemas de Atravesar o fantasma. Confesou que o libro lle gustara moito. «Non sei se os poemas de Carlos son optimistas ou pesimistas, mais sei que están cheos de madurez. Servíronme de espello, porque comparten o enigma do diván, o enigma do corpo do outro en forma de sete.» «Este libro é como pasar polo teatro sen aplausos quebrando o diván, que é unha forma de definir a psicanálise.» «Un libro que toma conciencia da pulsión da morte en freudiano, do goce en lacaniano, e das tentacións suicidas en calloniano.» «A psicanálise coma experiencia para literaturizar o medo, para buscar as palabras que faltan.» «No libro o desexo é o baleiro entre as liñas.» «"O lobo constrúe casas e destrúe soños", quizais sexa o verso que mellor o define» apuntou Fran Conde para despois rematar o seu discurso dicindo que «este é un libro cheo de espellos, un lugar onde buscar a propia identidade, que sabemos está na propia procura, que non é outra cousa que a psicanálise.»
A seguir interviu a xornalista Montse Dopico que antes de comezar a conversa co autor cualificou o libro de activista, «forma parte dunha tendencia da literatura galega actual da afirmación do político dende o íntimo», «Un libro que reivindica o dereito á diferenza. Carlos Callón quere ser un activista do desexo e perseguilo». Na súa primeira intervención Callón defendeu a escritura de elexías. «Hai unha frase de Lacan que debería imprimirse en camisolas: "Un só pode sentirse culpable de non seguir o desexo". Eu a poesía que desexo escribir é esta, a pesar de que poeta a quen lle pasei no seu momento algúns destes poemas díxome que “escribir elexías é unha patraña”. Eu penso que chorarmos polas nosas propias perdas é algo indispensable.»
Cando Dopico preguntou sobre as pulsións de vida e de morte que atravesaban todo o libro, Callón afirmou que «todos os meus libros teñen vontade comunicativa, quizais coa excepción do primeiro, sobre a poesía galega de Lorenzo Varela. Este tamén. Son consciente que ten niveis de lectura e o que comprenda cada lector ben entendido está.» «En todo caso son consciente de que “Atravesar o fantasma”, o título do libro, é un concepto lacaniano. Todo o texto está transido de Lacan.»
Preguntado por Dopico sobre a súa reivindicación dunha sexualidade disidente, Callón confesou que «a miña experiencia homosexual hai vinte anos é moi diferente á dos meus alumnos. Para entender esta mudanza foi radical o caso de Jesús Vázquez “o Bo”. No libro hai poemas daquela época que lembran que non hai eros sen tánatos, tanto para a homosexualidade coma para a heterosexualidade. Eu conto dende min, falo de min, mesmo cando o fago de forma incosciente. Quero que o libro se lea como un poema que fala de min e dende min.» «Non hai eros sen tánatos, continuar vivo é continuar ferido», lembrou facendo referencia ao derradeiro poema dun libro onde as cifras teñen importancia: «35 poemas cando cumprín 35 anos, cinco partes con sete poemas cada unha.» Rematou Callón a súa derradeira intervención dicindo: «unha das mensaxes do libro é a de recoñecermos as fendas, as faltas e que sen ferida non hai vida. Mellor é sabermos e recoñecermos que non hai vida sen ferida.»
12 de mar. de 2015
Da Coruña a Compostela, dunha escrita a outra escrita
Hoxe preséntase en Santiago o poemario Atravesar o fantasma, ás 20.30 h na libraría Couceiro. Nos comezos da semana pasada, ese mesmo título foi tema de conversa na Coruña, nun serán que resultou moi especial. "Entrañábel", dixo unha das presentes. Con certeza, para min foino, e tamén inesquecíbel, aínda que non podo máis que desculparme con toda a xente que non deu entrado na libraría que tan xentilmente nos acolleu.
No acto deste serán contarei coa compaña de Fran Conde (profesor de filosofía na USC e socio da Escola Lacaniana de Psicanálise), Montse Dopico (xornalista cultural, por exemplo no seu portal M_, e voraz lectora) e Manuel Bragado (director de edicións Xerais e unha das persoas que máis sabe en Galiza do mundo do libro, talvez a que máis).
Tamén estarán a directora e o director Alberto Paz Calo e Alba Romero, quen, xunto aos actores Antón Blanco Casás e Miguel Gendre, fixeron posíbel o videopoema "O desexo está na pantalla", que alí se estreará.
Vémonos ás oito e media?
No acto deste serán contarei coa compaña de Fran Conde (profesor de filosofía na USC e socio da Escola Lacaniana de Psicanálise), Montse Dopico (xornalista cultural, por exemplo no seu portal M_, e voraz lectora) e Manuel Bragado (director de edicións Xerais e unha das persoas que máis sabe en Galiza do mundo do libro, talvez a que máis).
Tamén estarán a directora e o director Alberto Paz Calo e Alba Romero, quen, xunto aos actores Antón Blanco Casás e Miguel Gendre, fixeron posíbel o videopoema "O desexo está na pantalla", que alí se estreará.
Vémonos ás oito e media?
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
7 de mar. de 2015
Nova sobre Atravesar o fantasma na TVG
Na véspera da presentación na Coruña deste meu primeiro poemario, o programa Zig-Zag da TVG emitiu esta nova sobre o libro, que moito lles agradezo ás traballadoras e aos traballadores da nosa televisión pública.
O próximo acto en que conversaremos sobre Atravesar o fantasma será esta quinta feira (xoves) ás 20.30 h na libraría Couceiro de Santiago. Nesta ligazón está toda a información.
Continuamos!
25 de fev. de 2015
Bueu, A Coruña e Santiago: Atravesar o fantasma
Estas son as tres primeiras datas de encontro por volta do libro Atravesar o fantasma. Estades convidadas e convidados!
- 27 de febreiro, sexta feira (venres), ás 20.30 h no Museo Massó, Bueu.
- 3 de marzo, terza feira (martes), ás 20.30 h na libraría Suévia, A Coruña. Coa participación de Manuel Fernández Blanco, Carme Fernández-Pérez Sanjulián e Inma Otero. Aquí o evento no Facebook.
- 12 de marzo, quinta feira (xoves), ás 20.30 h na libraría Couceiro, Santiago. Coa participación de Fran Conde, Montse Dopico e Manuel Bragado. Este día tamén se estreará o videopoema "O desexo está na pantalla", dirixido por Alberte Paz Calo e Alba Romero Diéguez, e coas actuacións de Antón Blanco Casás e Miguel Gendre. Aquí o evento no Facebook.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
7 de dez. de 2014
Ligazóns ao desvío para un sete de decembro
- Homenaxes a Francisco Carballo o 13 e o 27 de decembro.
- "Círculo de Lectores abandona o libro galego", Manuel Bragado
- "Moralizar o capitalismo. Importar a política, exportar os votos", Pilar García Negro.
- "É Podemos unha alternativa liberadora?", Manuel Mera
- Cal é a verdadeira idade dos heroes da banda deseñada?
- "A Esmorga", Rubén Reiriz Polo.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
28 de out. de 2014
Begoña Caamaño
É certo que ante a morte nunca estamos preparadas e que non hai consolo posíbel, mais tamén é certo que hai persoas que, polo seu exemplo vital e pola súa obra, nunca morren. Desas últimas é Begoña Caamaño
- Morre Begoña Caamaño, a voz lila da literatura galega, no Sermos Galiza, o medio que máis profundamente tratou esta triste nova.
- "Begoña Caamaño. Palabras como esporas", Goretti Sanmartín.
- "Pésame polo falecemento de Begoña Caamaño", A Mesa pola Normalización Lingüística.
- "Begoña Caamaño", por Manuel Bragado.
- "No pasamento de Begoña Caamaño", Editorial Galaxia.
- "Comunidades dos afectos", María Reimóndez.
- Begoña Caamaño na Wikipedia.
- Morre Begoña Caamaño, a voz lila da literatura galega, no Sermos Galiza, o medio que máis profundamente tratou esta triste nova.
- "Begoña Caamaño. Palabras como esporas", Goretti Sanmartín.
- "Pésame polo falecemento de Begoña Caamaño", A Mesa pola Normalización Lingüística.
- "Begoña Caamaño", por Manuel Bragado.
- "No pasamento de Begoña Caamaño", Editorial Galaxia.
- "Comunidades dos afectos", María Reimóndez.
- Begoña Caamaño na Wikipedia.
28 de set. de 2014
Ligazóns ao desvío para un vinte e oito de setembro
Canal + ignora unha clienta por falar galego.
"A mente americanizada", Francisco Rodríguez.
Allen Frances: "Las pastillas matan más que las drogas"
"Dez anos sen o Plan de Normalización", Marcos Maceira.
"O xuíz novelista", Manuel Bragado.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
4 de set. de 2014
En castellano no hay problema, e en galego?
O suplemento Universitas, do xornal La Región, publicaba na súa edición do 20 de maio de 2010 esa nova da imaxe sobre a presentación do libro En castellano no hay problema na Facultade de Filoloxía de Vigo.
Para ampliardes a foto, xa sabedes que só tedes que clicar nela.
Oxalá o libro e a nova non fosen nada actuais! :S
15 de mai. de 2014
Viva a literatura galega!
O pasado sábado estiven no acto de entrega de premios literarios do Concello de Ames. A que sae na fotografía a contraluz é Luz Cures, unha das que recollía o galardón e ademais amiga, condición pola cal me perdoará o simple xogo de palabras co seu nome, ese nome que dará que falar na denominada Xeración da Esperanza.Nestes días Galiza ferve de actos sobre a nosa literatura e a nosa lingua dunha a outra punta. Toda esa enerxía social culminará nas concentracións convocadas para este sábado ao mediodía por Queremos Galego. É bo e importante que así sexa, pois temos que facer ver e facer valer as nosas reivindicacións dunha política que si conte coa enorme riqueza que atesouramos na nosa cultura.
Conquistemos os pasos adiante!
7 de jan. de 2014
Auguiña de sete fontes (18)
Un home derrubou a súa casa e entregou os cascallos ao banco que o ía desafiuzar. A casa estaba hipotecada, mais o terreo era da súa propiedade :)
O trato hospitalario preferente para Bárcenas non é noticia na TVG.
"Cinema en valencià o la igualtat", Ferran Suay. (Interesante reflexión, aínda que, como sabedes, en Galiza a situación aínda é máis precaria: 0% este Nadal...)
Sobe o paro en Galiza no mes de decembro e diminúen, en 2013, as/os afiliadas/os á Seguridade Social en 12.757.
"Un ano á intemperie", Manuel Bragado.
"Si soy del amo, él me ama", Isabel Lucioni.
26 de dez. de 2013
Auguiña de sete fontes (17)
- Gadis despide unha traballadora que estaba de baixa por unha operación e nin lle dá ningunha indemnización tras 14 anos na empresa, a pesar de que mesmo a súa doenza é consecuencia da actividade laboral. Puagh!
- A Consellaría de Educación eliminou da plataforma da formación a distancia da FP os materiais que estaban en galego e substituínos por material en español. Ole el bilingüismo!
- Canto levan da Xunta os familiares de Feijóo e Romay?
- Galiza, a penúltima comunidade autónoma con menos ocupación hostaleira. Nin así vai haber ningunha mudanza nestas políticas? Tampouco nisto a Xunta ten ningunha responsabilidade?
- Programa de VíaV do 18 de abril pasado, sobre o que se ía xa sabendo en relación coa reforma da Lei do aborto.
- "Indígname", Manuel Bragado.
- O Goberno español reforza o emprego temporal e legaliza as horas complementarias.
19 de dez. de 2013
De Vigo a Vigo
O ano pasado, tamén no mes de decembro, fixemos un almorzo informativo para conversarmos cos medios sobre Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. Un ano despois, a conversa puido facerse ao vivo coa xente interesada, na Escola Oficial de Idiomas da cidade.
Deixo aquí algunhas ligazóns a como saíu nalgúns medios de comunicación nunha e noutra ocasión. En calquera caso, non podo deixar de agradecer que, máis dun ano despois, o libro continúe a despertar o interese de moita xente e que, por exemplo, aínda estea no Top-100 de Amazon. Abofé que hai unha parte significativa da sociedade galega que non está disposta a se resignar! Continuamos!
- Carlos Callón invita os 'galego-calantes' a facerse 'galego-falantes' (VigoAlMinuto).
- Callón publica un libro para reducir o número de 'galegocalantes' (Faro de Vigo).
- "Os cambios no galego son inestabilidade; no castelán, modernidade" (Atlántico Diario).
8 de dez. de 2013
Retallos daquela infancia
Ao final, brindaremos pensando xa nun mellor 2014 cun viño galego.
Como din na empresa anfitrioa: Vide, vide! ;)
Assinar:
Postagens (Atom)















