Hai ben de vídeos de Legados do Tibu e do Ice Bucket Challenge que se converten en enormes pifiadas. Hei de recoñecer que moitos non son capaz de terminar de velos, porque non lle encontro a graza cando alguén se puido facer moito dano (por exemplo, non sei que ten de simpático que a un/ha lle caia na cabeza un colector do lixo en lugar da auga...).
Mais este que vai a continuación si me fixo rir, e moito:
Polo demais, eu penso que está ben que campañas así axuden a crear consciencia sobre problemas como a ELA, darlles visibilidade e relevo social. Mais tamén coido que cómpre non esquecermos nunca que o diñeiro que se achega para as pesquisas ou os coidados médicos a través desta vía será sempre insuficiente en comparación co que poderían achegar os estados a través dunhas políticas máis xustas e democráticas. Mellor que a caridade é a xustiza.
Non sería mellor un Legado do Tibu, ou como se lle quixer chamar, por unha sanidade pública, gratuíta, democrática, que non sancione e castigue as persoas polo feito de padeceren unha doenza?
Mostrando postagens com marcador saúde. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador saúde. Mostrar todas as postagens
27 de ago. de 2014
1 de jun. de 2014
Ligazóns ao desvío para un un de xuño
A Galiza urbana vira á esquerda e castiga o PP e o PSOE.
"Rupturas democráticas e sorrisos", Carme Adán.
Botádelle un ollo a esta nova. Son tremendas as inxustizas que se cometen contra a xente que defende os seus dereitos laborais. Non é o século XXI que nos imaxinabamos.
O coordinador de Organización do PP galego mófase da campaña do seu partido e do "susodicho personaje" (sic) Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta.
Por se non vos lembrades agora de quen é un dos que fala nesa conversa do Facebook, recordádeo nesta pequena nova de La Región.
O Nobel de Medicina Harald Zur Hausen afirma en Santiago que arredor de un de cada cinco cancros teñen orixe vírica.
Galiza continúa entre os lugares do Estado español con máis puntos negros de suicidios.
Žižek entra en escena, di Enric Juliana. Eu non creo que sexa tanto así, mais...
O Concello de San Sadurniño, as imaxes relixiosas e a manipulación informativa.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
Assinar:
Postagens (Atom)