20 de mar de 2011

Non á guerra!

Deséxolle a Libia algo mellor que Gadafi. E á bota estranxeira que a humille deséxolle un Vietnam.

8 comentários:

  1. A comunidade internacional (expresión reinterpretábel e perversa) o tiña fácil:
    Subministrar alimentos, material médico e armas á poboación que estaba a sofrir a represión indiscriminada do réxime (pasar armas pola fronteira de Exipto é doado) e ao mesmo tempo, impedir que Trípoli recibira armas ou material bélico por terra, mar ou aire.
    A intervenzón militar (ao marxe de como sexa "disfrazada") non é a solución axeitada. Abre a porta a outras intervencións... ¡sempre que o país teña hidrocarburos!

    ResponderExcluir
  2. Pois é bastante triste desexar un Vietnam, sexa a quen sexa e polos motivos que sexa, tendo en conta os números de morte e destrución que supuxo.
    O que habería que desexar é o menor número de vítimas e danos, e non o fracaso de Occidente a toda costa.

    ResponderExcluir
  3. Félix: O que ti dis sería o lóxico no caso de ser verdade a propaganda. Que non o fagan así demostra que non é máis que iso: pura propaganda para xustificar a intervención.

    Anónimo: Será que Silvio quixo dicir iso ou será que ti queres que dixese iso para xustificares o teu apoio á intervención? É evidente que Silvio Rodríguez coloca a comparación por ser o débil Vietnam capaz de gañarlle á superpotencia invasora. Ou é que tamén Vietnam foi culpábel por se defender?

    ResponderExcluir
  4. Eu leo o que dixo, non o que quixo dicir.
    O símil referíase ao de sempre, á vitora fronte ao Imperio. É bastante tópico e a min paréceme un mal exemplo.
    Eu agárdolle a Libia un futuro moito mellor que o Vietnam.

    ResponderExcluir
  5. Anónimo, para tópica a túa resposta. Hai entre 90 e 200 mortos libios polos ataques das últimas horas, así que non sexas cínico.

    Por certo, Carlos, un blog interesante para seguir o que está a pasar é guerraeterna.com

    ResponderExcluir
  6. Moito mellor non intervir e deixar que as nais de Libia choren a morte dos seus fillos na represión de Gadafi.

    ResponderExcluir
  7. Anxo: Si, teño ese blogue no meu blogroll. Tereino máis en conta para este caso.

    Anónimo: Non é demagoxia da máis cínica pensar que unhas vítimas teñen nais e as outras non? A que nivel de estupidización estamos dispostos a chegar?

    ResponderExcluir
  8. Hoxe ningún medio nega que a OTAN non só quere destruír o exército de ar de Gadafi, senón que tamén bombardea edificios administrativos e residencias oficiais.

    ResponderExcluir