- "O pai verdadeiro", Fidel Vidal.
- A empresa concesionaria do transporte sanitario do 061 e do transporte hospitalario da área de Vigo prohibe a comunicación en galego entre o seu persoal. Grazas á Mesa por denuncialo. Algunha institución vai facer algo?
- A xornalista catalanoparlante que noutra noticia de Antena 3 se converte nunha muller que non entende catalán...
- "Non, non e non", Marica Campo.
Mostrando postagens com marcador Alexandre Bóveda. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Alexandre Bóveda. Mostrar todas as postagens
22 de out. de 2017
Ligazóns ao desvío para un vinte e dous de outubro
27 de ago. de 2017
Ligazóns ao desvío para un vinte e sete de agosto
- O mapa do terror yihadista: 10.328 vítimas e 939 atentados en 2017. 95% das vítimas do Daesh proceden de países de maioría musulmá. Información no xornal El Español.
- "Alexandre Bóveda descansa con su amor", Manuel Jabois.
- "Ruth Matilda Anderson, a americana que revolucionou Galicia en 1924 falando galego", Historiadegalicia.gal.
- "El pare del Xavi, el nen de 3 anys mort a la Rambla: 'Necessito abraçar un musulmà", Elperiodico.cat.
17 de ago. de 2011
Recordemos o xenocidio franquista
Hoxe é o Día da Galiza Mártir, que non ten a conmemoración oficial que debería en todo o país, só coa excepción do realizado por algunhas institucións municipais e polo asociacionismo de base (ese que non está representado no Consello da Cultura).
Fanse este 17 de agosto os 75 anos do fusilamento de Alexandre Bóveda por nacionalista. Esta sexta será tamén o aniversario polo asasinato polo mesmo motivo de Ánxel Casal, que se conmemorará ás 12.30 h na rúa do Vilar, 15, de Compostela, diante de onde ten o seu local actual A Mesa pola Normalización Lingüística. Aliás, na miña vila, Ribeira, tamén se recordará o xenocidio franquista este sábado 20 ás 20.30 h na rúa Alexandre Bóveda.
Un dos apoios centrais polos que o fascismo puido acometer este masacre e se asentou en Galiza e no conxunto do Estado veulle da xerarquía eclesiástica e do Vaticano, como ben o retrata Luís Seoane nos debuxos que encabezan esta entrada.
Sería un bo xesto que Joseph Ratzinger aproveitase a suntuosa reunión católica en Madrid destes días para examinar as barbaridades de que foi responsábel a xerarquía eclesiástica no Estado español, pedir perdón e amosar un propósito de emenda. Actuar doutro xeito sería ir contra o corazón mesmo das mensaxes de Xesús Cristo que conteñen os Evanxeos.
17 de ago. de 2010
O exemplo de Alexandre Bóveda
Tradución do alegato de Alexandre Bóveda no xuízo sumarísimo que o condenaría a morte en 1936 polas súas ideas de nacionalista galego:
A miña patria natural é Galiza. Ámoa fervorosamente, como pode amar un fillo a súa nai. Xamais a traizoaría, aínda que me concedesen séculos de vida. Adóroa até alén da miña morte. Se entende o tribunal que por este amor entrañábel debe serme aplicada a pena de morte, recibireina como un sacrificio máis por ela. Fixen canto puiden por Galiza e faría máis se puidese. Se non podo até me gustaría morrer pola miña patria. Baixo a súa bandeira desexo ser enterrado, se o tribunal, en conciencia, xulga que debo selo.Por certo, a historia do que aconteceu coa bandeira coa que quixo ser enterrado paga a pena de se ler. Recoméndovos para iso o libro Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda, de Xerardo Álvarez Gallego.
E este agarimo –permítaseme a única palabra galega no idioma que falei sempre– que lle teño á Terra Sagrada na que tiven a sorte de nacer, non me obriga a sentir ningún odio a España, á que, por dereito, pertenzo. Só combatín os seus erros, e, ás veces, as súas crueldades políticas para coa miña Galiza idolatrada. Máis nada.
Assinar:
Postagens (Atom)