- Despois de case tres anos, canta xente ten o seu twitter en galego?
- "Liga-te ao português!", sobre a optativa do estándar portugués no ensino secundario da Galiza.
- "O novo portal da SXPL non ten memoria", Cibrán Arxibai.
- Entrevista a Pep Guardiola sobre o proceso independentista en Cataluña e as súas implicacións.
- "Un amigo sabio é máis amigo que sabio", X. Ricardo Losada.
- A deputada Rosana Pérez (BNG) presentou esta pregunta sobre o folleto que se denunciou noutra entrada neste blogue. Grazas por se facer eco e pasar á acción:
Mostrando postagens com marcador twitter. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador twitter. Mostrar todas as postagens
13 de set. de 2015
Ligazóns ao desvío para un 13 de setembro
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
4 de fev. de 2015
A culpa é das familias
Desde a exitosa iniciativa Twitter en Galego, ideada por Carlos García Vieito, acaban de presentar unha páxina web para lle daren e para lle darmos aínda máis forza ao proxecto. Convidáronme a que lles enviase para a estrea un artigo de reflexión e análise sobre a situación do idioma. Púxenlle como título a patética sentenza do actual presidente da Xunta sobre por que se perden falantes.
"A culpa é das familias"
Hai que ver! Temos escoitado e padecido unha boa serie de infamias deste Goberno galego ("risa dáme ese nome que levás") sobre a nosa lingua, a nosa cultura, a nosa identidade. Que se "a cultura galega limita", que se o noso idioma "é un muro para o futuro", que se a razón para proscribir o galego das materias científico-técnicas é "a tradición"... Aí están as hemerotecas para nos traeren ao acordo os exabruptos e as medidas que os acompañaban.
Tras o tempo dos retrocesos, chegou o tempo da burla. "A culpa é das familias", desentendeuse con desprezo o presidente da Xunta cando lle preguntaron polo máis recente estudo sobre o declive de falantes.
Afirmou que a culpa era doutros, así é, o mesmo señor que por trámite de urxencia eliminou o galego como requisito para o acceso á función pública, coa aspiración de o converter en fala inútil; o mesmo que prohibiu os proxectos voluntarios de inmersión lingüística nas escolas das nosas cidades (as familias que se matriculaban tamén teñen a culpa?); o mesmo que tombou o prestixioso modelo educativo das Galescolas; o mesmo que destruíu 190.000 libros de texto por estaren escritos nesta lingua; o mesmo que cortou a colaboración e o apoio até matar de inanición un diario escrito, un semanario, un quincenal e varios xornais electrónicos que usaban o idioma de Galiza como vehículo...
É certo que esta lingua nosa perde bocas que a oxixenen. Por unha banda, polos falantes que a acaban abandonando pola presión social, como cando chegas a pedir un traballo e che preguntan arteiramente "¿Es que siempre hablas en gallego?". Mais tamén é debido, abofé, ás meniñas e aos meniños que non a chegan a adquirir como fala viva, ás veces porque se deixa de transmitir no fogar, mais tamén porque o lar non abonda hoxe para consolidar un idioma discriminado na rúa. Os actuais gobernantes aceleraron un proceso de residualización que non conseguen frear por si soas nin as máis voluntariosas familias.
Mais, que acontecería se as augas subterráneas que manteñen o galego como desexo e potencia puidesen saír á superficie? Dito con menos lirismo: Que acontecería se as institucións, e o Goberno galego á cabeza, apoiasen o noso idioma, cumprisen cos tratados internacionais que o protexen, se preocupasen para que cada persoa que queira vivir en galego poida facelo e que todas as persoas que queiran aprendelo teñan a oportunidade? Debemos conseguir que esta pregunta deixe de ser hipótese e se converta en feitos. A vida como pobo vainos niso. A igualdade de dereitos como individuos tamén a xogamos nesa liga.
22 de fev. de 2013
Agradécense as boas novas
Con todas as melloras que aínda se lle poden introducir (ao cabo, está en versión beta), non se pode cuestionar este éxito conseguido por un importante movemento social: Temos Twitter en galego! Usémolo e vaiamos ao seguintes retos!
Sobre esta e outras cuestións da actualidade do noso idioma falarei hoxe ás 13.10 para a emisora Radio Voz.
Continuamos!
23 de nov. de 2011
O galego, 36ª lingua en twitter; o portugués, a 2ª

Publicouse un mapamundi cos datos das linguas en que tuitea a xente. A información que se proporciona é valiosa, aínda que non sexa totalmente fiábel, senón só tendencial (non inclúe todos os tuiteos, senón só os xeolocalizados).
Para o noso caso hai tres conclusións de grande relevo:
1) O portugués é a segunda lingua en que máis se tuitea do mundo, tal e como apuntaran xa diversas pesquisas. A primeira con diferenza, como se podería agardar, é o inglés.
2) O galego figura como a 36ª lingua nesta listaxe, xusto detrás do chinés de Taiwán e diante do suahili, o hebreo, o croata e o búlgaro. Lamentabelmente, no mapa é imposíbel de diferenciar, xa que español e galego teñen case a mesma cor :S
3) En twitter, a comunidade lingüística galega é a terceira máis importante do Estado español. O catalán sobrancea moito no Principipat e ten tamén vitalidade no norte de Castelló. O éuscaro, é triste, case nin figura (de feito, está fóra desa listaxe dos 40 idiomas en que máis se tuitea no mundo).
6 de out. de 2010
Apoia a campaña de hoxe en twitter!
Se tedes perfil en twitter, hoxe entre as catro e as cinco hai unha proposta que seguro que vos interesa: consiste en enviarmos unha mensaxe co hastag #galega. O obxectivo é converter a nosa lingua nun dos "trend topics" (temas do momento) a nivel mundial desta rede social durante ese tempo.
A idea partiu de Radiofusión, a rede de emisoras municipais galegas, que pretende celebrar así o aniversario do mitin de Manuel Lugrís Freire que, realizado en Betanzos en 1907, se sitúa como o primeiro acto público contemporáneo feito integramente en galego.
Outras iniciativas que, aproveitando que o Miño pasa por Ourense, vos animo a que apoiedes nas redes sociais son:
A idea partiu de Radiofusión, a rede de emisoras municipais galegas, que pretende celebrar así o aniversario do mitin de Manuel Lugrís Freire que, realizado en Betanzos en 1907, se sitúa como o primeiro acto público contemporáneo feito integramente en galego.
Outras iniciativas que, aproveitando que o Miño pasa por Ourense, vos animo a que apoiedes nas redes sociais son:
- Que sexades seareiras e seareiros da Mesa pola Normalización Lingüística e de Queremos Galego no facebook, aquí e aquí.
- Que vos fagades seguidoras e seguidores da Mesa pola Normalización Lingüística e de Queremos Galego no tuenti, aquí e aquí.
- Que sigades o perfil da Mesa no twitter, aquí.
Assinar:
Postagens (Atom)


