Mostrando postagens com marcador Sermos Galiza. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Sermos Galiza. Mostrar todas as postagens
8 de ago. de 2017
Até mañá, no Sermos
Até mañá aínda se pode comprar en librarías e quioscos o número de Sermos Galiza en que me entrevistan sobre a tese de doutoramento.
Grazas a este semanario polo seu interese!
4 de jul. de 2016
Pausa videoblogueira
Comecei cunha paréntese na miña videocolumna semanal que previsibelmente se prolongará até comezos de setembro. Aproveitarei este tempo para facer moitas cousas, entre elas tamén tentar algunhas melloras técnicas no propio videoblogue.
Velaquí as que foron as primeiras dezaoitos colaboracións:
Se tes algunha suxestión temática para o que será o regreso, podes deixala nos comentarios.
Velaquí as que foron as primeiras dezaoitos colaboracións:
Se tes algunha suxestión temática para o que será o regreso, podes deixala nos comentarios.
31 de mai. de 2016
Resposta a Miguel Anxo Fernán Vello
No comentario de Sermos Galiza desta semana vinme obrigado a contestarlle a Miguel Anxo Fernán Vello:
17 de mai. de 2016
Tres anotacións para o Día das Letras
O comentario desta semana en Sermos Galiza saíu máis longo do normal, mais hai razóns para que así sexa.
1ª anotación: Sobre dúas antoloxías de Manuel María e a lingua galega (A esencia máis nosa e O idioma é a vida).
2ª anotación: Unha anécdota que é máis que unha anécdota sobre o galego na xustiza.
3ª anotación: Cal foi o traballo en defensa do galego das e dos 23 representantes de Galiza no Congreso en Madrid durante esta última e breve lexislatura?
Vémonos na mani de Queremos Galego!
1ª anotación: Sobre dúas antoloxías de Manuel María e a lingua galega (A esencia máis nosa e O idioma é a vida).
2ª anotación: Unha anécdota que é máis que unha anécdota sobre o galego na xustiza.
3ª anotación: Cal foi o traballo en defensa do galego das e dos 23 representantes de Galiza no Congreso en Madrid durante esta última e breve lexislatura?
Vémonos na mani de Queremos Galego!
13 de mai. de 2016
Manuel María, buscando un país
O meu comentario desta semana en Sermos Galiza, dentro dunha pequena serie de vídeos por volta do Día das Letras:
18 de abr. de 2016
Por que A Mesa?
A Mesa fai 30 anos. Os días 18, 19 e 20 de abril de 1986, realizáronse unhas xornadas en Santiago de Compostela que concluíron coa creación da maior asociación cultural de Galiza. Como é que lle podemos dar os parabéns?
28 de mar. de 2016
21 de mar. de 2016
Espectador*s da diversidade
O Goberno galego está a enviar aos centros de ensino a campaña "Eu respecto". Que ten de positivo e de limitado esta acción institucional?
14 de mar. de 2016
Houbo un comezo
No curso 2015/16 fanse 50 anos da primeira vez que o galego entrou no ensino regrado. Foi como materia optativa no último curso de Filoloxía Románica. Que mudou neste tempo?
Recordade que estes comentarios que publico ás segundas feiras se poden seguir no semanario Sermos Galiza e en Youtube.com/CarlosCallon.
Recordade que estes comentarios que publico ás segundas feiras se poden seguir no semanario Sermos Galiza e en Youtube.com/CarlosCallon.
9 de nov. de 2014
"É nove de novembro". Artigo para Sermos Galiza
Aínda
que os medios españois se empeñen en caricaturizalo como "el
desafío de Artur Mas", o amplísimo movemento social que fixo
posíbel a consulta independentista está encabezado por dúas
mulleres: Muriel Casals, a presidenta de Òmnium Cultural, e Carme
Forcadell, a presidenta da Assemblea Nacional Català. Elas
amósannos, de novo, que se conxuga en feminino a parte da humanidade
que marca o paso da ousadía, que se atreve a viaxar cara a
horizontes que os cálculos a curto prazo nunca deixarían enxergar.
Iso é así malia os focos se deteren sobre todo no protagonismo
político daquela parte da humanidade que ten máis pelos na cara.
Mais
vou pararme noutras cuestións. Supoño que as persoas que
estades a ler estes parágrafos xa vistes o spot en que diferentes
personalidade públicas catalás chaman ao voto para hoxe. Refírome,
si, a ese en que alzan a fotografía dunha persoa falecida e exclaman
"Votaré per tu", até que xa no final unha nai afirma que
participará pola crianciña que ten nos brazos. É un país en
andamento, con memoria e con futuro.
Nese
vídeo, Carme Forcadell di que votará por Martí Gasull. El foi
un dos promotores, nos comezos da década de 90, da Plataforma per la
Llengua, asociación irmá da nosa Mesa. Martí imprimiulle a esa
nova entidade un pulo xenuinamente creativo, inconformista e dinámico
que incidiu moito no progreso social da lingua catalá nos últimos
tempos. Porén tamén debemos saber da súa fonda solidariedade, o
seu apoio e a súa disposición xenerosa a axudar á causa galega
naquilo que estivo na súa man. Comprendede por iso que me emocionase
un pouco ao ver a súa fotografía.
Cando
Martí Gasull morreu nun accidente de alpinismo aos 43 anos, en
setembro de 2012, apareceron unha chea de comentarios nas redes
sociais e nalgúns blogues felicitándose polo falecemento e
insultándoo. A maioría -mesmo talvez a totalidade- dos que así
atouzaban non o coñecían nin de referencias, só acababan de saber
que un defensor do catalán morrera e iso era motivo suficiente para
lanzaren os seus hurras infames e noxentos.
Non
vou reproducir ningunha desas covardías, mais son exemplos desa
intolerancia gravísima, consentida polo poder sen ningún tipo de
consecuencia, que explica por que cada vez máis catalás e cataláns
se decataron de que conquistar o respecto colectivo que merecen pasa
por conquistar a soberanía que, como nación, de seu lles
corresponde. Porque, non o esquezamos, os primeiros independentistas
son os que se empeñan en negar a realidade plurilingüe,
pluricultural e plurinacional dos territorios que, de forma tan
xerarquizada, conforman o Estado español.
26 de out. de 2014
Ligazóns ao desvío para un vinte e seis de outubro
Marica Campo suma hoxe á súa galería de premios o Facer País. Moi merecido!
Onte foi o 160 aniversario do nacemento de Manuel Leiras Pulpeiro, como ben nos lembrou Armando Requeixo
"Usurpación aniquiladora", Francisco Rodríguez.
Acusan a persoas da contorna de Feijóo de estaren no miolo do escándalo Crespo.
A Mesa e Sermos asinan un convenio para editar conxuntamente Somos Galego.
Unha indíxena quichua, a máis votada en Bolivia, co 94,76%.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
24 de jan. de 2014
Non aceptamos pulpo como animal acuático (nin como animal de compañía)
Esta é a miña visión sobre a polémica desatada polo alcalde do Carballiño, en declaracións ao semanario en papel e xornal electrónico Sermos Galiza:
(Á xente máis nova e/ou que non entenda a brincadeira do título desta entrada no blogue, cómprelle ver este vídeo.)
2 de jun. de 2013
Auguiña de sete fontes (8)
- Homenaxe o 15 de xuño a Marica Campo.
- "Aquel córner", Francisco Castro.
- "Percebes?", Caetano Veloso.
- "Lembranza emocionada de Pilar Vázquez Cuesta, nese enorme silencio...", Manuel López Foxo.
- Abriu a Loxa Virtual de Sermos Galiza.
- "Amnesia e demagoxia confusionista", Francisco Rodríguez.
- Benicio del Toro regresou a Cannes cun filme freudiano (do máis interesante).
24 de mai. de 2012
Para sermos Galiza, queremos galego
A manifestación en defensa da lingua do pasado Día das Letras bautizou con xúbilo a saída do semanario en papel Sermos Galiza, á cal nos podemos subscribir a través desta ligazón.
Con ese motivo, distribuíuse gratuitamente unha pequena mostra do que será esa publicación, aínda que con menos páxinas e de forma monográfica sobre o idioma. Se quixerdes, podedes descargar aquí o pdf dese número cero.
Para ese especial pedíronme un artiguiño de benvinda, que aquí vos deixo por se vos for de interese:
Para sermos Galiza, queremos galegoNon sei vós, mais eu a partir de agora cando vaia a unha cafetaría ou a un restaurante vou preguntar se teñen o Sermos Galiza. Xa me subscribín, claro, e anímovos a que vós tamén o fagades; no entanto, penso que é importante tamén ese xesto de preguntarmos nos bares por este semanario que nos achega unha marea de esperanza. Se algo nos ensinan os últimos tempos é que as cousas que queremos poden desaparecer se non estamos alerta na súa defensa.
Necesitamos que Sermos Galiza teña forza. Porque será a megafonía dunha sociedade que teima por continuar a existir. Porque en Galiza existe unha pluralidade de ideas que merecen un espello non deformante. Porque sen diversidade informativa non se pode falar de auténtica liberdade de expresión. Porque a nosa lingua ten sede de medios de comunicación nos quioscos que a usen con normalidade.
Ademais da nosa aposta individual constante, cómpre tamén que manteñamos unha liña de protesta organizada para que cesen as actitudes belixerantes da Xunta de Galiza contra os medios de comunicación que utilizan o galego. Nesa liña, debemos reclamar que as axudas para o uso da lingua propia que convoca anualmente o Goberno galego sirvan para tal fin e non para estender a rede clientelar e as mordazas informativas. Resulta que os medios privados que si utilizan o galego, como é o caso de Sermos Galiza ou Radiofusión, fican fóra da posibilidade de recibir axudas por ese concepto. Rechamante, verdade?
Ante os ataques institucionais, cómpre máis que nunca que nos movamos pola nosa lingua e pola liberdade de expresión. Se queremos, abofé que podemos!
Assinar:
Postagens (Atom)




