Vós que responderíades á miña pregunta final?
Mostrando postagens com marcador xerais2016. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador xerais2016. Mostrar todas as postagens
20 de jun. de 2016
18 de jun. de 2016
Listas de reprodución sobre as xerais
Na miña canle de Youtube hai unha pequena lista de reprodución con cousas vencelladas ás xerais de 2016, que se pode consultar aquí:
Dentro desa escolla, non vos podedes perder de ningún xeito isto:
E xa sei que hai moito, moito, moito tempo, mais tamén está estoutra lista sobre as xerais de 2015:
Avante toda! Galiza quere voz propia!
Dentro desa escolla, non vos podedes perder de ningún xeito isto:
E xa sei que hai moito, moito, moito tempo, mais tamén está estoutra lista sobre as xerais de 2015:
Avante toda! Galiza quere voz propia!
15 de jun. de 2016
#debateTVG
Podedes ver aquí a miña última intervención, de 45 segundos, no debate electoral en que participei hoxe. O debate completo pódese consultar nesta ligazón. Outro fragmento, aquí.
10 de jun. de 2016
8 de jun. de 2016
As cinco vogais do listísimo Carlos Callón
Carmen Santos, secretaria xeral de Podemos en Galiza, respondeu ao meu último vídeo, no cal eu afeaba que chamase o galego escrito como unha "lingua de laboratorio", entre outras cousas.
Hai varios aspectos das súas respostas -que circulan polas redes sociais- que debo contestar.
1º) O único que critiquei é que repita falacias que serven para desprestixiar o galego e que son tristemente coincidentes cos prexuízos fomentados polo PP.
É unha mágoa que o faga, mais está a tempo de aprender, de revisarse e de se decatar de que o que se di en público ten consecuencias.
Con todo, teño que dicir que me parece moi positivo que a secretaria de Podemos en Galiza, igual que o seu equivalente do PSOE, se exprese con normalidade en galego.
2º) Atribúeme que eu, ou "xente tan listísima como Callón", fago mofa das persoas que cometen faltas falando ou escribindo. De novo, prexulga.
Díxeno moitas veces (pode comprobalo en Google ou nos varios libros que publiquei): os nosos erros danlle nova vida ao galego. Non hai ninguén que pase de falar unha lingua mal a falala ben sen pasar por un longo camiño falándoa regular. Co galego, igual que co resto. Nin máis nin menos.
O noso é un idioma tan válido como calquera outro e que pode ter diferentes rexistros e niveis. O problema que a secretaria de Podemos en Galiza manifesta é que non acepta que o galego poida ter tamén un rexistro formal.
3º) Non deixa de ser curioso que, despois de me atribuír falsamente que eu me meto coa lingua que usan os demais, ela comece a criticar o meu galego, nun ton que resulta mesmo infantil: "A lo menos eu non teño que forzar unha pronunciación natural e teño as 7 vogais, xa lle gustaría a Callón" ou "Penso que igual tiñamos que darlle a Carlos Callón unhas clases de fonética, que lle fan moita faltiña..."
Imaxinemos que teño esa pronuncia tan pésima. O lóxico non sería animarme a mellorala e non facer burla pública?
4º) Continúa cun dos prexuízos máis rancios contra o galego. Di que a fonética propia do idioma de Galiza "é algo xenuíno que non se pode aprender, ou o tes ou non o tes porque naces e aprendes a falar na nosa lingua dende pequeniña".
Ben... Desde cando os idiomas non se poden aprender? Pásalle algo en concreto ao galego polo cal non poidamos aprender a pronunciar as súas sete vogais e si poidamos logralo coas mesmas sete do italiano ou as moitas máis que hai en francés ou inglés? Cal sería a consecuencia lóxica de tal razoamento? Unha fala só de uso familiar (e só de algunhas familias) e cada vez máis restrinxida. Moitas persoas non queremos iso.
Ao contrario, eu penso que o porvir do galego está nas persoas que hoxe aínda non o falan, mais que si saben do seu valor e que o aman. Tamén nas persoas que o falan como poden porque non tiveron as oportunidades e ferramentas da xeración da secretaria xeral de Podemos en Galiza, mais que tentan mellorar e merecen todo o apoio.
5º) Continúa a argumentar que o futuro do BNG está vinculado co do estándar do noso idioma. Abráiame que una tan intimamente ambas as cuestións. De calquera xeito, non sei se sabe que o actual presidente da Real Academia Galega é un home que milita en Esquerda Unida e que se cualifica a si mesmo como "españolista" e o anterior é militante en Anova. A Real Academia Galega é, desde hai trinta anos, o organismo encargado de propor as mudanzas no estándar do galego.
6º) A loita pola dignificación do idioma do país non é algo puramente cultural. Ao contrario, é un termómetro de como está a nosa riqueza, o noso recoñecemento político como nación, o noso desenvolvemento... Non é casualidade que os grandes inimigos da nosa lingua sexan os mesmos chuchóns da nosa riqueza. Mellor non darlles armas.
7º) Tamén repite moito que non deberiamos centrarnos nestas cousas e que non atacamos o PP. Esquece que o BNG leva trinta anos combatendo o PP e evitando que aplique as súas políticas sempre e en todo lugar no cal tivo ocasión. Está moi ben que outras forzas decidan sumarse, mais non debería utilizar esa cantarela como escusa para poder dicir calquera barbaridade sen ter réplica. Sen lingua non hai futuro.
5 de jun. de 2016
Ligazóns ao desvío para un cinco de xuño
- "O BNG pide evitar que os recursos de Galiza acaban no Panamá", Europa Press.
- "A Mesa traslada ao Parlamento europeu que a Xunta ataca e non defende os dereitos lingüísticos", Sermos Galiza.
- Espectaculares murais de arte urbana en Carballo. Vídeo no La Voz de Galicia.
- "Sergas atribúe a prevalencia do castelán nas súas oposicións a que había persoas doutros territorios". Que tal hai que ouvir por ter orellas!
- "Non somos Estremadura. A necesidade de reconstruír o relato da dependencia", Manuel Veiga.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
3 de jun. de 2016
A riqueza galega, para o pobo galego, non para os pseudopanameños!
Onte presentamos as liñas xerais do programa electoral do BNG-Nós para estas eleccións:
E hoxe participo nesta cea na Coruña. Porque queremos un país farturento!
E hoxe participo nesta cea na Coruña. Porque queremos un país farturento!
31 de mai. de 2016
Resposta a Miguel Anxo Fernán Vello
No comentario de Sermos Galiza desta semana vinme obrigado a contestarlle a Miguel Anxo Fernán Vello:
29 de mai. de 2016
Ligazóns ao desvío para un vinte e nove de maio
- "Sabino", Manuel Jabois.
- "A experiencia do idioma córnico", Xosé María Lema.
- "Apaga a tele (2ª parte)", Xosé Manuel Baños García.
23 de mai. de 2016
Esta xente tan vaga merece o salario?
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
15 de mai. de 2016
Ligazóns ao desvío para un quince de maio
- "Atónito", Francisco Rodríguez. "Nin nos seis meses que houbo de lexislatura interviñeron os seis deputados e deputadas de En Marea o que, en dúas semanas, dous deputados-as do BNG de calquera das lexislaturas, entre 1996 e 2015."
- "Delincuentes con uniforme policial", Íñigo Sáenz de Ugarte.
- Espazo web da exposición "Galicia Cen". Desde esta ligazón pódese descargar en pdf o catálogo da exposición.
- Un rapaz de once anos pasa horas illado nunha aula en Becerreá porque deixou en branco o exame da reválida, tal e como lle indicaran os pais. O castigo foi unha orde da inspección... Máis información nesta nova do La Voz de Galicia.
- "A mãe da nossa língua está escondida no sótão?", Marco Neves.
Assinar:
Postagens (Atom)


