Mostrando postagens com marcador Pedro Eanes Solaz. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Pedro Eanes Solaz. Mostrar todas as postagens

12 de jun. de 2020

Unha cantiga lésbica amatoria no trobadorismo galego-portugués



Feliz coincidencia. Na semana da Visibilidade Lésbica Galega saíu publicado o meu artigo "Unha cantiga lésbica amatoria no trobadorismo galego-portugués", cunha información que non tiña cando publiquei Amigos e sodomitas en 2011.

A edición do libro con todas estas pesquisas actualizadas sobre as realidades de amor e desexo entre mulleres ou entre homes na literatura medieval espero que poida ser un feito no ano próximo, se todo for ben (o cal é moito pedir para estes tempos, xa o sei, mais hai que sachar e cruzar os dedos).

O texto do artigo pódese consultar no meu perfil persoal en Academia.edu (ou sexa, aquí) ou na páxina da revista Scripta (isto é, aquí).

8 de ago. de 2017

Até mañá, no Sermos

Até mañá aínda se pode comprar en librarías e quioscos o número de Sermos Galiza en que me entrevistan sobre a tese de doutoramento. Grazas a este semanario polo seu interese!