Mostrando postagens com marcador Fernanda Tabarés. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Fernanda Tabarés. Mostrar todas as postagens

22 de jun. de 2014

Ligazóns ao desvío para un 22 de xuño

Un traballador en Galiza gaña dous euros menos á hora que no Estado español.

"Aeronave esnaquizada", María do Carme García Negro.

"Cando no parque nos queixamos por entregar pequenos galego-falantes ao inicio da escolarización e no segundo trimestre xa case nos consolamos uns aos outros confiando en que algo irá callando a lingua familiar, e que acabarán volvendo a ela nalgún momento, non estamos esaxerando, nin sequera un pouquiño...", reflexiona Luz Cures Vázquez.

"Las limitaciones del debate monarquía vs. república", Vicenç Navarro.

Mudaremos os números de teléfono por dominios?

Falta pouco para o aniversario da traxedia de Angrois. Penduro por iso aquí unha entrevista que me pareceu especialmente interesante, a realizada a Cristina Sánchez Carretero por parte de Fernanda Tabarés en outubro do ano pasado. Fala sobre o dó nas traxedias colectivas.

17 de jul. de 2013

Este foi o debate en ViaV

Penduro o vídeo do debate en que participei en ViaV sobre a situación do galego, que ten como punto de partida a nova tentativa da Xunta de Galiza de continuar coa súa política contra o noso idioma no ensino, á marxe do que estipula a lexislación ou do que ordenan diferentes sentenzas xudiciais.

Continuamos!

4 de jul. de 2013

Hoxe en ViaV

Convidáronme desde V televisión a participar esta noite na primeira parte do coñecido programa de actualidade que conduce Fernanda Tabarés. O tema central para tratar é a decisión do goberno da Xunta de continuar coas pseudoconsultas ás familias, a pesar de que foi un punto tombado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza en varias sentenzas. Así, a Xunta di por unha banda que non recorre as sentenzas, mais pola outra banda actúa como se tales sentenzas non existisen. Sobre isto reflexiona tamén hoxe en Sermos Galiza Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino, no artigo "O galego, a impunidade e a mentira".

Non se poden chamar "consultas" unhas preguntas amañadas, cuxos resultados non son públicos e que só se teñen en conta para reducir a presenza do galego na escola. Pensemos, por exemplo, que as únicas "consultas" de que se coñeceu o resultado, as realizadas en 2009, o que facían era apoiar o decreto entón en vigor, o que garantía cando menos o 50% do ensino no noso idioma.

Mais deixemos iso de lado un momento e preguntémonos en voz alta como é que un goberno tan xordo ás reivindicacións sociais, tamén no ámbito educativo (bolsas, comedores, despedimentos de profesorado, etc., etc.), pon tal empeño en finxir que escoita neste punto. É evidente que se trata dunha falsa escolla.