Mostrando postagens com marcador sexismo. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador sexismo. Mostrar todas as postagens

20 de ago. de 2011

Machismo na pantalla grande



Unha posíbel conclusión do filme A orixe do planeta dos macacos é que é máis fácil defender os dereitos dos simios que os das mulleres. Reparade, se non, na ausencia total de mulleres con algún peso na trama.

Si, é outra película que non pasa o chamado test de Bechdel, que consiste en ver se a obra responde afirmativamente algunha destas tres preguntas:

1) Hai dúas ou máis mulleres no filme?

2) Falan entre elas?

3) Falan entre elas de algo que non sexan homes?


27 de mar. de 2010

Merecémonos un presidente coma este?

Machista, faltón, chulo e mentireiro. Así se amosa Alberto Núñez Feijóo neste vídeo que, segundo indica un dos autores, pertence a un acto solidario en Teo e non a unha cea de Novas Xeracións en Boqueixón, como se ten indicado.

Védeo e non deixedes de difundilo, porque é unha vergoña.