Mañá realizarase na Feira do Libro de Ribeira un acto de lembranza a Plácido Betanzos. Sei que entre os participantes estará Suso Laíño, quen, ademais de recoñecido intelectual e profesor, era tamén moi amigo do noso Plácido.
Xa hoxe, estaremos ás oito na Feira Carlos Lixó e eu falando dos nosos respectivos libros As casas (Espiral Maior) e Galegocalantes e galegofalantes (Xerais). Un sábado de xuño con vaga de calor e véspera de San Xoán non é o momento máis competitivo do ano. Por iso, como agradecemento, as persoas que asistan e traian da casa ou compren na feira un libro de Carlos Lixó ou meu, levarán un agasallo. Que será, será...?
Mostrando postagens com marcador GeG. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador GeG. Mostrar todas as postagens
23 de jun. de 2018
6 de mar. de 2018
13 de dez. de 2017
Vídeos da presentación de Galegocalantes e galegofalantes en Ferrol
Desde a Sociedade Cultural Medulio gravaron a presentación en Ferrol do libro Galegocalantes e galegofalantes. Obrigado pola acollida e por estes testemuños do evento:
29 de nov. de 2017
13 de ago. de 2017
Ligazóns ao desvío para un trece de agosto
- "Parlar occitan? Òc, mas amb qui?", Terric Lausa.
- "Yilliqiya ou Galisiya, o Reino de Galiza nas fontes árabes", Cilia Torna.
- "A igualdade xurídica do galego", Xoán Antón Pérez Lema.
- "Sobre a organización da Feira do Libro da Coruña", Manuel Bragado.
- "Crónica da Feira do Libro da Coruña 2017", Manuel Bragado.
- "Postverdades, imposicións lingüísticas e como xogar con trampas", Henrique del Bosque Zapata.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
2 de ago. de 2017
Con debate e contrastes de opinións construímos o futuro
Vémonos hoxe na Coruña para falarmos de como, a pesar das obvias dificultades, se pode construír un futuro diferente, cheo de esperanza, para o noso idioma común.
24 de jul. de 2017
No Festigal con Nacho Taibo
O grande escritor Nacho Taibo e eu compartiremos vinte minutiños (así que tedes que ser puntuais!) na Galería das Letras e das Ideas do Festigal, neste 25 de xullo. Como importa moito chegar na hora, subliño que é ás 16.40.
Falaremos dos nosos respectivos últimos libros: o seu grande romance Os tres de nunca, que xa desde o título fica claro que está en diálogo coa obra de Castelao, e o meu divulgativo Galegocalantes e galegofalantes.
Despois do acto, como sabedes, esteremos dispoñíbeis para sinaturas, fotos, bicos e abrazos.
13 de jul. de 2017
Axenda para as próximas semanas
Por se vos coincidir e apetecer, nas próximas semanas participarei nos seguintes actos:
18 de xullo, 20 h., na libraría Andel de Vigo, palestra "Somos galegas e galegos por obra e graza do idioma". Organiza o BNG da localidade.
21 de xullo, 11.30 h., na Facultade de Filoloxía da Coruña, acto de defensa da tese de doutoramento As relacións sexoafectivas intermasculinas e interfemininas no trobadorismo galego.
25 de xullo, á tarde, no Festigal en Santiago de Compostela, Nacho Taibo e eu conversamos sobre os libros Os tres de nunca e Galegocalantes e galegofalantes.
2 de agosto, 19.45 h., na Feira do Libro da Coruña, conversamos con Manuel Bragado sobre Galegocalantes e galegofalantes.
1 de jun. de 2017
Vémonos no 6 de xuño en Ourense!
Na sexta feira 9 de xuño conversamos en Ourense sobre a situación do idioma e de como nos corresponsabilizarmos do seu futuro. Estades convidadas e convidados!
16 de mai. de 2017
Na véspera das Letras, falamos sobre Galegocalantes e galegofalantes
Na pasada Feira do Libro de Santiago de Compostela realizamos a presentación do meu último título, Galegocalantes e galegofalantes. Foi un acto que vivín como moi especial, pola calorosa acollida do público que alí se congregou, e polas palabras do editor Manuel Bragado, do fotógrafo Xan G. Muras e da artista e profesora Tereixa Novo.
Desde a histórica Agrupación Cultural O Galo convidáronme a dar hoxe na Libraría Pedreira, tamén en Santiago de Compostela (xa sabedes, na rúa do Home Santo) unha conferencia sobre o idioma que teña como punto de partida os Galegocalantes e galegofalantes. Neste acto de hoxe ás 20.30 estarei acompañado por Mercedes Espiño (da A. C. O Galo e ex dirixente da Mesa pola Normalización Lingüística) e Marcos Maceira (actual presidente da Mesa e ex presidente da A. C. O Galo).
Vémonos alí e pomos ideas en común?
[A foto, de Xaime Bello, pertence á presentación da semana pasada en Ferrol.]
8 de mai. de 2017
Nesta semana, Galegocalantes e galegofalantes na Coruña e Ferrol
Na quinta feira (xoves) estaremos na Coruña e na sexta (venres) en Ferrol para falarmos da situación do noso idioma, por volta da presentación do libro Galegocalantes e galegofalantes.
Ademais de estares convidadísima ou convidadísimo, podes tamén axudar a divulgar os actos a través dos respectivos eventos no Facebook:
Adiante co noso idioma!
2 de mai. de 2017
Vémonos hoxe na Feira do Libro de Santiago
De mañá teño unha entrevista coa rapazada do IES de Brión, para conservarmos sobre a situación do noso idioma.
Xa de tarde, participo no encontro na Feira do Libro de Santiago por volta de Galegocalantes e galegofalantes.
Galegofalantes, activémonos!
Galegocalantes, unídevos!
21 de abr. de 2017
Galegocalantes, unídevos!
E, agora, xa, parte da revista de imprensa:
- Callón advirte que o galego perdeu espazos de uso dende o ano 2009 - La Voz de Galicia.
- Carlos Callón pídelles ás administracións públicas que 'esperten do letargo' e impulsen políticas activas a prol do galego - TVG
- Unha razón para a esperanza do galego - El Correo Gallego.
- Callón busca reabrir o "debate social sobre o idioma en Galegocalantes e galegofalantes - El Progreso.
- Carlos Callón advierte que el gallego "es la única lengua del Estado que pierde hablantes" - El Correo Gallego.
- Carlos Callón: "As mareas e o BNG teñen que estar á altura ante a encrucillada que vive o galego" - Praza.
- Callón busca reabrir "o debate social" sobre o idioma en Galegocalantes e galegofalantes - Diario de Pontevedra.
- O ex-presidente da Mesa busca reabrir "o debate social" sobre o idioma cun novo libro - Galicia Confidencial.
- "O mérito do galego é estar aínda vivo" - Sermos Galiza.
- Galegocalantes e galegofalantes, de Carlos Callón - Radio Galega.
- Callón quere reabrir o debate social sobre o uso da lingua galega - El Correo Gallego.
- Onte 1858: Galegocalantes e galegofalantes de Carlos Callón - Brétemas, Manuel Bragado.
- Entrevista na Cadea SER de Santiago - A partir de 1h23'.
20 de abr. de 2017
Entrevista na Radio Galega sobre Galegocalantes e galegofalantes
Estoulle moi agradecido á xente do programa Galicia por Diante, pola súa boa acollida ao meu último libro, Galegocalantes e galegofalantes, sobre o que conversamos nesta mesma semana.
Pódese ouvir nesta ligazón.
Tamén se fixo eco o Diario Cultural, que se pode ouvir aquí.
10 de abr. de 2017
Reseña de Xoán Carlos Domínguez Alberte sobre Galegocalantes e galegofalantes
O escritor e profesor Xoán Carlos Domínguez Alberte publicou no Sermos Galiza esta reseña do libro Galegocalantes e galegofalantes. Moitísimas grazas pola atención e as observacións!
Galegocalantes e galegofalantes
Xoán Carlos Domínguez Alberte
A última compilación de traballos publicados por Carlos Callón en defensa do noso idioma abrangue o período 2009-2016. Como se sinala, nun texto xustificatorio, ao comezo desta obra, foi este un intervalo de anos negros para a lingua galega polos graves retrocesos sufridos. Mais tamén un tempo de “esperanza social, de mobilizacións continuadas, de alento histórico dun pobo que, a pesar de todo, non se resigna a desaparecer”.
Eis unha chave estrutural posta en evidencia ao longo das páxinas, na escrita do autor. O devalar das políticas exercidas, de xeito sistemático e planificado, dende o poder, contra o baseamento medular da nosa cultura, contra o principal emblema da identidade galega, a lingua. Mais contra vento e maré está o abalar da sociedade galega máis dinámica e consciente que reclama o dereito de vivir con normalidade en galego.
Testemuño silandeiro da desfeita levada a cabo, no aludido lustro obxecto de estudo, foi a desaparición de numerosas cabeceiras en galego que a diario chegaban á man do lectorado, nalgunhas das cales os traballos de sociolingüística que integran esta obra se publicaron orixinariamente, do que son mostra lapidaria Galicia Hoxe, Xornal de Galicia, De luns a venres —por non falar tamén d’A Nosa Terra, Vieiros ou A Peneira—. Premeditado exercicio de exterminio, sen ningunha ciencia, mais a conciencia.
Dende esta obra radiográfase, entre outros moitos ámbitos de esculca, o traballo constante de numerosos colectivos —como A Mesa pola Normalización Lingüística ou a plataforma cidadá Queremos Galego!— e a oposición frontal de moita cidadanía contra a vulneración dos dereitos lingüísticos de quen usa de xeito cotiá a nosa lingua, contra a lexislación aniquiladora do galego no ensino ou contra o incumprimento sistemático dos ditames da Carta europea das linguas.
Galegocalantes e galegofalantes pon en evidencia, xa que logo, varios retos que, dende o conxunto da sociedade galega, cómpre xa acometer: a con(s)ciencia de posuírmos un ben cultural, o idioma, que debe ser patrimonio de todos —para o que é indispensábel que a xente máis nova adquira plena competencia nel (o que hoxe non acontece en espazos urbanos), amparado cunha política lingüística eficaz; o papel activo por parte da cidadanía, exercendo e demandando, dende calquera instancia da vida cotiá, o uso do galego; a necesidade de que as forzas políticas e sociais máis comprometidas coa realidade do noso país se impliquen nunha estratexia útil que lle dea pulo ao desenvolvemento social do idioma e con el a Galiza.
12 de mar. de 2017
Ligazóns ao desvío para un 12 de marzo
- "A cabeza do dragón é o final dunha anomalía: imos facer a obra dun grande autor". Entrevista a Quico Cadaval por Alberto Ramos.
- Xa está na rúa Galegocalantes e galegofalantes. Xa me contaredes que vos parece!
- "Rosalía de Castro hoxe", Pilar García Negro.
- "De papas, escaravellos e avelaíñas", Xoán Costa.
- "Os átomos, o espazo baleiro e a opinión", Santiago Jaureguizar.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
3 de mar. de 2017
21 de jan. de 2017
As dez de 2016
Ultimamente non lle dedico moito tempo nin ao blogue nin ás redes sociais, por razóns varias que outro día explicarei. Por iso non puxera aínda o meu "tradicional" podio coas páxinas máis vistas no ano anterior nesta bitácula. Ben, pois aí vai:
- As cinco vogais do listísimo Carlos Callón.
- Poesía sobre lingua (6): "Porque a língua castelhana já em Portugal não reina".
- BNG 2017.
- De "idiomas muy respetables españoles" que non serven.
- "El mayor cuidado en introducir la lengua castellana".
- Galegocalantes e galegofalantes: reflexións e argumentos para a lingua.
- E se nós non somos nós, quen será nós?
- Curso en liña: Doce episodios da represión do galego.
- Poesía sobre lingua (1): "Lingua que rexeitaron os meus pais", Antón Tovar.
- A música que ouvín en Cuba neste verán.
10 de out. de 2016
Galegocalantes e galegofalantes: reflexións e argumentos para a lingua
Estou no proceso de corrección de probas do libro Galegocalantes e galegofalantes, que sairá nun par de meses desde Xerais. O volume componse por un feixe de reflexións sobre a situación do noso idioma.
Igual que os meus outros títulos de tema sociolingüístico (En castellano no hay problema, Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, Como defenderes os teus dereitos lingüísticos) é unha obra de combate. De reflexión, con certeza. De argumentos, tamén. Mais, sobre todo, de activismo.
As fotos que aquí pendurei, de Xan G. Muras, corresponden á presentación en Santiago dunha das obras citadas: o manual práctico Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. Foi no 24 de xullo de 2011. Aí estamos, de esquerda a dereita da primeira imaxe: Manuel Bragado, Carlos Outeiro, Dalila Dopazo, servidor e Anxo Louzao.
Fagamos valer os nosos dereitos! Galegofalantes, activémonos! Galegocalantes, unídevos!
Assinar:
Postagens (Atom)
















