Esta sexta, o Centro LGBT de Lisboa (na rúa dos Fanqueiros, 40) acollerá a presentación do meu poemario Atravesar o fantasma, no marco da Feira do Livro Queer. Estarán no acto a escritora e profesora Raquel Miragaia e Alba Romero, coautora xunto con Alberte Calo do videopoema "O desexo está na pantalla".
Ademais de ler algúns textos deste libro, tamén recitarei algúns inéditos do poemario que sairá en 2019.
Se estiverdes pola nosa King's Landing ou coñecedes alguén interesado, non deixedes de socializar esa información :)
Mostrando postagens com marcador Alberte Paz Calo. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Alberte Paz Calo. Mostrar todas as postagens
17 de out. de 2018
29 de abr. de 2016
23 de jul. de 2015
"O desexo está na pantalla" - Xa está en liña o primeiro videopoema de Atravesar o fantasma
Até o momento só puideran ver o primeiro videopoema do libro Atravesar o fantasma as persoas que asistiron ao acto que, sobre este libro, se realizou o pasado 12 de marzo na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela.
Desde hoxe, xa está en liña o traballo realizado por Alberte Paz Calo e Alba Romero, coa música de Kai Engel e as actuacións de Antón Blanco Casás e Miguel Gendre.
Desexo que gustedes!
O desexo está na pantalla | Videopoema from Alberte Calo on Vimeo.
Desde hoxe, xa está en liña o traballo realizado por Alberte Paz Calo e Alba Romero, coa música de Kai Engel e as actuacións de Antón Blanco Casás e Miguel Gendre.
Desexo que gustedes!
O desexo está na pantalla | Videopoema from Alberte Calo on Vimeo.
22 de mai. de 2015
#DependeDeNós
Entre os actos que tiven en varios puntos da xeografía galega polo festexo das Letras e a campaña electoral, nesta quincena adelgacei máis que indo ao ximnasio. Mais abofé que pagan a pena todos estes esforzos. Como ben dixo Castelao, temos fe no noso pobo e moi logo o noso pobo terá fe en nós.
Formiguiñas, forza e adiante! Depende de nós!
Formiguiñas, forza e adiante! Depende de nós!
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:

14 de mar. de 2015
A crónica de Manuel Bragado e o "teatro sen aplausos quebrando o diván"
Entre o traballón que realiza Manuel Bragado como editor está o de publicar no seu blogue, o decano Brétemas, crónicas sobre a maioría dos actos en que participa. Velaquí a que escribiu arredor da conversa sobre psicanálise, poesía e vida de Atravesar o fantasma. Permitídime antes que, tamén desde esta miña paxiniña, reitere o agradecemento e os abrazos para cada unha das persoas que ateigastes a libraría Couceiro nese serán en que tantos actos había na capital galega. Agora si vai a crónica ;)
Onte 1262: "Atravesar o fantasma"
Encheuse onte o terceiro andar da Libraría Couceiro de Santiago no acto de presentación de Atravesar o fantasma, o primeiro libro de poemas de Carlos Callón. Comezou o acto coa estrea do videopoema «O desexo está na pantalla», unha peza audiovisual de minuto e medio sobre un poema do libro, dirixida por Alberte Paz Calo e Alba Romero Diéguez, interpretada por Antón Blanco Casás e Luis Miguel Gendre. Interviu despois Fran Conde, profesor da Facultade de Filosofía, que leu un texto composto con versos dos poemas de Atravesar o fantasma. Confesou que o libro lle gustara moito. «Non sei se os poemas de Carlos son optimistas ou pesimistas, mais sei que están cheos de madurez. Servíronme de espello, porque comparten o enigma do diván, o enigma do corpo do outro en forma de sete.» «Este libro é como pasar polo teatro sen aplausos quebrando o diván, que é unha forma de definir a psicanálise.» «Un libro que toma conciencia da pulsión da morte en freudiano, do goce en lacaniano, e das tentacións suicidas en calloniano.» «A psicanálise coma experiencia para literaturizar o medo, para buscar as palabras que faltan.» «No libro o desexo é o baleiro entre as liñas.» «"O lobo constrúe casas e destrúe soños", quizais sexa o verso que mellor o define» apuntou Fran Conde para despois rematar o seu discurso dicindo que «este é un libro cheo de espellos, un lugar onde buscar a propia identidade, que sabemos está na propia procura, que non é outra cousa que a psicanálise.»
A seguir interviu a xornalista Montse Dopico que antes de comezar a conversa co autor cualificou o libro de activista, «forma parte dunha tendencia da literatura galega actual da afirmación do político dende o íntimo», «Un libro que reivindica o dereito á diferenza. Carlos Callón quere ser un activista do desexo e perseguilo». Na súa primeira intervención Callón defendeu a escritura de elexías. «Hai unha frase de Lacan que debería imprimirse en camisolas: "Un só pode sentirse culpable de non seguir o desexo". Eu a poesía que desexo escribir é esta, a pesar de que poeta a quen lle pasei no seu momento algúns destes poemas díxome que “escribir elexías é unha patraña”. Eu penso que chorarmos polas nosas propias perdas é algo indispensable.»
Cando Dopico preguntou sobre as pulsións de vida e de morte que atravesaban todo o libro, Callón afirmou que «todos os meus libros teñen vontade comunicativa, quizais coa excepción do primeiro, sobre a poesía galega de Lorenzo Varela. Este tamén. Son consciente que ten niveis de lectura e o que comprenda cada lector ben entendido está.» «En todo caso son consciente de que “Atravesar o fantasma”, o título do libro, é un concepto lacaniano. Todo o texto está transido de Lacan.»
Preguntado por Dopico sobre a súa reivindicación dunha sexualidade disidente, Callón confesou que «a miña experiencia homosexual hai vinte anos é moi diferente á dos meus alumnos. Para entender esta mudanza foi radical o caso de Jesús Vázquez “o Bo”. No libro hai poemas daquela época que lembran que non hai eros sen tánatos, tanto para a homosexualidade coma para a heterosexualidade. Eu conto dende min, falo de min, mesmo cando o fago de forma incosciente. Quero que o libro se lea como un poema que fala de min e dende min.» «Non hai eros sen tánatos, continuar vivo é continuar ferido», lembrou facendo referencia ao derradeiro poema dun libro onde as cifras teñen importancia: «35 poemas cando cumprín 35 anos, cinco partes con sete poemas cada unha.» Rematou Callón a súa derradeira intervención dicindo: «unha das mensaxes do libro é a de recoñecermos as fendas, as faltas e que sen ferida non hai vida. Mellor é sabermos e recoñecermos que non hai vida sen ferida.»
12 de mar. de 2015
Da Coruña a Compostela, dunha escrita a outra escrita
Hoxe preséntase en Santiago o poemario Atravesar o fantasma, ás 20.30 h na libraría Couceiro. Nos comezos da semana pasada, ese mesmo título foi tema de conversa na Coruña, nun serán que resultou moi especial. "Entrañábel", dixo unha das presentes. Con certeza, para min foino, e tamén inesquecíbel, aínda que non podo máis que desculparme con toda a xente que non deu entrado na libraría que tan xentilmente nos acolleu.
No acto deste serán contarei coa compaña de Fran Conde (profesor de filosofía na USC e socio da Escola Lacaniana de Psicanálise), Montse Dopico (xornalista cultural, por exemplo no seu portal M_, e voraz lectora) e Manuel Bragado (director de edicións Xerais e unha das persoas que máis sabe en Galiza do mundo do libro, talvez a que máis).
Tamén estarán a directora e o director Alberto Paz Calo e Alba Romero, quen, xunto aos actores Antón Blanco Casás e Miguel Gendre, fixeron posíbel o videopoema "O desexo está na pantalla", que alí se estreará.
Vémonos ás oito e media?
No acto deste serán contarei coa compaña de Fran Conde (profesor de filosofía na USC e socio da Escola Lacaniana de Psicanálise), Montse Dopico (xornalista cultural, por exemplo no seu portal M_, e voraz lectora) e Manuel Bragado (director de edicións Xerais e unha das persoas que máis sabe en Galiza do mundo do libro, talvez a que máis).
Tamén estarán a directora e o director Alberto Paz Calo e Alba Romero, quen, xunto aos actores Antón Blanco Casás e Miguel Gendre, fixeron posíbel o videopoema "O desexo está na pantalla", que alí se estreará.
Vémonos ás oito e media?
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:

7 de mar. de 2015
Nova sobre Atravesar o fantasma na TVG
Na véspera da presentación na Coruña deste meu primeiro poemario, o programa Zig-Zag da TVG emitiu esta nova sobre o libro, que moito lles agradezo ás traballadoras e aos traballadores da nosa televisión pública.
O próximo acto en que conversaremos sobre Atravesar o fantasma será esta quinta feira (xoves) ás 20.30 h na libraría Couceiro de Santiago. Nesta ligazón está toda a información.
Continuamos!
25 de fev. de 2015
Bueu, A Coruña e Santiago: Atravesar o fantasma
Estas son as tres primeiras datas de encontro por volta do libro Atravesar o fantasma. Estades convidadas e convidados!
- 27 de febreiro, sexta feira (venres), ás 20.30 h no Museo Massó, Bueu.
- 3 de marzo, terza feira (martes), ás 20.30 h na libraría Suévia, A Coruña. Coa participación de Manuel Fernández Blanco, Carme Fernández-Pérez Sanjulián e Inma Otero. Aquí o evento no Facebook.
- 12 de marzo, quinta feira (xoves), ás 20.30 h na libraría Couceiro, Santiago. Coa participación de Fran Conde, Montse Dopico e Manuel Bragado. Este día tamén se estreará o videopoema "O desexo está na pantalla", dirixido por Alberte Paz Calo e Alba Romero Diéguez, e coas actuacións de Antón Blanco Casás e Miguel Gendre. Aquí o evento no Facebook.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:

25 de fev. de 2013
#DíaDeRosalía
Foi un pracer e unha honra participar na homenaxe á nosa escritora fundacional que organizou en Ribeira a asociación Altofalante. Velaquí algunhas fotos do acto, en que participaron máis de cen persoas:
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:

Assinar:
Postagens (Atom)