14 de jul de 2012

Toca pospor a presentación en Cedeira

O vindeiro 19 ás 20 h ía ser a presentación en Cedeira do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. Finalmente, ante a alta importancia de nos mobilizarmos contra as últimas e letais medidas do PP desde o Goberno español, e dado que coincidía o acto coas concentracións de urxencia convocadas pola CIG (ás que agardemos que se sumen todos os sindicatos), decidimos pospolo.

Por motivos de axenda, seguramente fique para setembro. Avisarei por aquí con tempo.

Adiante con forza!


Um comentário:

  1. Correcta decisión; están en perigo os dereitos fundamentais, os dereitos básicos deben agardar un chisco.

    ResponderExcluir