17 de mai de 2009

A forza do noso amor non vai ser inútil

Podedes ter a certeza, compañeiras e compañeiros, de que a forza do noso amor pola nosa lingua, pola nosa cultura e polo noso país non vai ser inútil.

A resposta social foi contundente e agora cómpre que os actuais gobernantes a escoiten. Se non, aló estaremos de novo.

Desculpas a todas as persoas que non destes entrado para algunha das dúas lecturas que se fixeron do manifesto nunha praza da Quintana duplamente ateigada.

Repitámolo máis unha vez: "Pola nosa lingua, nin un paso atrás!"

21 comentários:

  1. Benquerido Carlos: os meus parabéns polo extraordinario resultado da Manifestación e polas túas palabras durante o acto. Estarémosche todos agradecidos polo teu enorme e xeneroso esforzo. Todos e todas debemos continuar con esa presión intelixente. Nin un paso atrás. Beizóns. Manuel Bragado

    ResponderExcluir
  2. Síntome moi feliz de ter participado con toda a miña familia nunha manifestación tan extraordinaria como a que tivemos hoxe.
    Serviunos tamén para reencontrarnos con vellos amigos e constatar que os ánimos, que quizais estaban un pouco apagados nos últimos tempos, volven a estar acesos outra vez. Foi emocionante! Parabéns!
    Toda a forza e entusiasmo amosados nas rúas de Compostela teñen que ser recollidos dalgún xeito para que medre a conciencia cívica.
    Volvemos estar en marcha polo noso idioma.
    Forza, intelixencia, sentidiño e firmeza.
    Só un goberno ignorante, férrido e duro pode ser insensible a ao que pasou hoxe.
    Saúde.

    ResponderExcluir
  3. Estou cheio de orgulho por ter sido uma alma mais nessa grandíssima manifestação.

    Quando é a seguinte?

    ResponderExcluir
  4. Carlos, grazas pola túa coraxe. Foi moi lindo estarmos onte en Compostela. Unha precisa ás veces rodearse de persoas que pensen igual para recuperar os folgos e a paciencia que se perde por momentos con todo o que está a chover.
    Beizóns a tod@s.

    ResponderExcluir
  5. pois, sinceramente: eu non puden entrar!!! íamos pola Praza do Toural cando de súpeto a manifestación parou. ... e ahí quedamos unhs 25 minutos!!! Podos asegurar, que no intre no que pasaba pola Praza de Galica (de volta) para entrar no casco vello, aínda estaba a saír xente da Alameda. Despois chegou o parón no Toural (imaxinade a de xente que había detrás de min), e inmeditamente comezou a correr a voz de que xa non se collía na Quintana. Parte dos que alí estabamos tentamos dar unha volta para ver se entrabamos por outro dos accesos á Quintana. Imposibel!!. O máis perto que estiven de dita Praza foi o Obradoiro, onde algúns de nós decidimos abandonar e marchar para comer. Por certo; tamén o intentamos con Praterías pero tamén estaba ateigada. Parabéns en todo caso, aínda que eu coido que houbo xente que non pasou da Praza de Galiza.

    ResponderExcluir
  6. Grazas Carlos.
    Dende moi lonxe estiven tamén aí.

    ResponderExcluir
  7. Miren, eu entro na aula (con cincuenta e tantas ou sesenta e tantas persoas) e digo para min en monólogo citado "vaia, fixen tres fotocopias de máis (ou catro de menos) para repartir". Teño bo ollo para iso, penso que máis afinado que o da poli ou o dos glorios varios que se apropian de todo menos do galego.

    Para eles, para os do Gran Fito da Nosa Historia Cultural, para o Altísimo (que como adoito xogou á contra), para o Eixe-do-Ben e para quen queira ouvilo, lo ripito: onte fomos exactamente 63.929 nachos, ghichas, tipos e tías sen contar os menores de idade, que para iso aínda non conseguín regular o manifámetro (marxe de erro < 0,8 %).

    Parabéns, Carlos!
    Parabéns á Mesa!
    Nin un paso atrás!!

    ResponderExcluir
  8. Incríbel e histórico día!!! Moitos parabéns aínda que a organización puido ser mellor: se fósemos pro Obradoiro encheriase e aínda quedaría xente fóra.

    Estou contentísimo e orgulloso de ter participado!!!

    E preparado para o que veña... volverei as veces que faga falta.
    SEMPRE NA GALIZA, SEMPRE EN GALEGO.

    ResponderExcluir
  9. ...pois non sei que che diga!! Onte no obradoiro habería unhas 500 persoas, que tentaban entrar (coma min) pola parte de atrás da Quintana, e ante a imposibilidade ficaron alí. Tamén, parece ser, que moita xente quedou no Toural...

    ResponderExcluir
  10. Carlos, para cando un día de movilización xeral en todos os paises de Europa con línguas minorizadas?
    Non póde a Mesa promover iso?
    Pensa na repercusión internacional!

    ResponderExcluir
  11. Parabéns, Carlos, foi todo moi emotivo!! Que se enteren de que en galego tamén se pensa!

    ResponderExcluir
  12. GALEGO BONITO! GALEGO FERMOSO! CASTELAN MALO E FEO! Grazas á guía de personaxes tan ilustradísimas como Carlos Calhón Galiza ten un futuro esplendoros e amoroso libre da noxenta influencia do castelan.

    ResponderExcluir
  13. el anterior comentario era ironía

    ResponderExcluir
  14. Grazas Carlos, grazas Iria, grazas Fran, grazas Anxo, grazas Lucía... (sinto non saber o nome de todos e todas os que traballastes tan duro para facer o de onte posíbel). Grazas aos que se apuntaron para recoller sinaturas, para repartir material, para estar no servizo de orde, grazas á Cig-ensino, ás 600 organizacións que apoiaron o manifesto, grazas Yolanda, Teresa, Nemesio, Avelino, Mercedes... grazas ás 20.000 persoas que asinaron o manifesto, grazas ás 63.929 que berramos NIN UN PASO ATRÁS, aos que nos comprometemos a seguir o exemplo de Avelino Pousa Antelo, aos que nos comprometemos a non baixar a garda, a non resignarnos, a fecernos ouvir...

    Grazas a todos, a todas. Grazas a vós saín de Compostela cos folgos renovados para seguir a defender a nosa lingua.

    A FORZA DO NOSO AMOR NON VAI SER INÚTIL!!!

    P.

    ResponderExcluir
  15. Parabéns a todos e todas os que participamos e enchimos Compostela. E forza. Xa vistes como reaccionaron o Presidente, o Conselleiro de Educación e máis o Secretario Xeral á manifestación. Nada menos que dan unha roda de prensa para anunciar a derrogación do Decreto para o curso 2010-11. Dicía o meu fillo onte ao mediodía (ten 14 anos): pois este fin de semana outra vez a Compostela, tiven que explicarlle que non podía ser, e non me entendía... En todo caso pola noite leu a convocatoria de fogla xeral da Mesa e dixo que vai comezar a convocala xa, nin vai agardar a setembro...
    Así que moita forza.

    ResponderExcluir
  16. Todos e todas estamos moi contento, ao tempo que esperazandos. Hai pobo, hai galego!!

    ResponderExcluir
  17. E se non recúan voltaremos, pero ao Obradoiro!!!

    ResponderExcluir
  18. As declaraçons condenando a resposta laranja ante empresas espanholistas é lamentável.
    Antes a polícia espanhola que a gente que defende o galego? Num País livre é legitimo manifestar-se, com coraçons ou com pintura.
    Nom ser mais papistas que o papa...

    ResponderExcluir
  19. Cada vez son máis frecuentes comentarios "equidistantes" sobre o conflicto lingüístico:
    A Mesa e GB son as dúas posicións extremas e, polo tanto, moi parecidas. A Mesa forma parte do entramado BNG/ CIG, etc.
    Supostamente, de persoas ben intencionadas.
    Tentarán deixarnos á marxe no novo proceso de consenso que se está fraguando. Hai que estar atentos!

    Digo o mesmo que dixen máis arriba: Europa é un campo de traballo máis que póde facer moito polo noso proceso de normalización. Temos que apostar pola vía europea. Alí, en moitos casos serán máis sensibles á terrible inxusticia secular que padecemos ( e que, algúns, tamén padeceron.
    Reclamo que se explore a posibilidade dunha comvocatoria a nivel europeo dos paises con línguas minorizadas. Un xeito de internacionalizar o noso conflicto e facelo máis visible.
    Iso tamén contribuiría a cambiar a visión de moita da nosa xente que só ve un conflicto cerrado e limitado.
    Unha xornada polas línguas de Europa!!!

    ResponderExcluir
  20. http://www.galizalivre.org/index.php?option=com_content&task=view&id=1882&Itemid=1

    Callón polícia espanhol do ano!
    Meus parabéns!

    ResponderExcluir