Son empresarios cuxa mentalidade nos leva ao atraso.
Empresarios que pensan que hai que fomentar o autoodio, que Galiza non se pode valer por si mesma, e por iso non invisten no país.
Empresarios que pensan que a riqueza consiste en non pagar con xustiza
aos seus traballadores e ás súas traballadoras e en impedir que poidan
defender os seus dereitos lexítimos... e legais!
Por fortuna, tamén hai moitas empresarias e moitos empresarios que saben que ese non é o camiño nin para Galiza nin para o mundo, que non se crea riqueza coa explotación e co desprezo polas persoas e polos pobos.
NÓS estamos contra o atraso.
NÓS estamos polos dereitos e por unha verdadeira creación de riqueza.