16 de nov de 2015

Contra o atraso

Galiza está á cola nos salarios e á cabeza en horas de traballo efectivas. Hai empresarios escravistas que aínda con iso non teñen suficiente.

Son empresarios cuxa mentalidade nos leva ao atraso.

Empresarios que pensan que hai que fomentar o autoodio, que Galiza non se pode valer por si mesma, e por iso non invisten no país.

Empresarios que pensan que a riqueza consiste en non pagar con xustiza aos seus traballadores e ás súas traballadoras e en impedir que poidan defender os seus dereitos lexítimos... e legais!

Por fortuna, tamén hai moitas empresarias e moitos empresarios que saben que ese non é o camiño nin para Galiza nin para o mundo, que non se crea riqueza coa explotación e co desprezo polas persoas e polos pobos.

NÓS estamos contra o atraso.

NÓS estamos polos dereitos e por unha verdadeira creación de riqueza.

2 comentários:

  1. Hai uns días pensei: "escribe unhas letras a Callón, non sexas tan reservado, convén que estea forte e saiba que conta con apoios, mesmo insospeitados!"; pero zas!, esquecinme... Así que aí vai: parabéns por ser elixido para encabezar a candidatura de Nós pola Coruña!
    Espero que sexas igual de claro e didáctico que defendendo a lingua.
    Ánimo!

    ResponderExcluir
    Respostas
    1. Moitísimas grazas polos apoios, que sempre veñen ben, como dis :)

      Tentarei ser igual de claro e didáctico. Cumprirei ;)

      Unha apertaza!

      Excluir