21 de out. de 2014
Cuestionario Proust
O crítico Ramón Nicolás, que leva tempo traendo para a contemporaneidade da escrita galega o coñecido como Cuestionario Proust, publica hoxe no seu blogue as respostas que eu lle dei.
Podedes lelas completas aquí.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
19 de out. de 2014
Ligazóns ao desvío para un dezanove de outubro
Hoxe é o Día Internacional contra o Cancro de Mama. Forza a todas as mulleres que continúan na batalla! Anímovos tamén a que apoiedes esta entidade: Punto e Seguido.
"A Xunta continuará destruíndo emprego público e minguando os salarios do seu persoal en 2015", denuncia a CIG.
"A vida secreta das tarxetas", Miguel Anxo Murado.
Software para criar mapas mentais. No blogue A língua no estendal.
"José Luis Méndez, o intocable" e "O show do xuíz Taín e o desprestixio da xustiza", Anxo Luxilde.
"Podemos ignorar o conflito lingüístico?", Miguel Rodríguez Carnota.
As 50 peores traducións de filmes da historia.
Un estudo di que pórlle aos furacáns nomes femininos fai que se respecten menos e que acaben causando máis danos...
"A Xunta continuará destruíndo emprego público e minguando os salarios do seu persoal en 2015", denuncia a CIG.
"A vida secreta das tarxetas", Miguel Anxo Murado.
Software para criar mapas mentais. No blogue A língua no estendal.
"José Luis Méndez, o intocable" e "O show do xuíz Taín e o desprestixio da xustiza", Anxo Luxilde.
"Podemos ignorar o conflito lingüístico?", Miguel Rodríguez Carnota.
As 50 peores traducións de filmes da historia.
Un estudo di que pórlle aos furacáns nomes femininos fai que se respecten menos e que acaben causando máis danos...
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
14 de out. de 2014
A cuberta de Atravesar o fantasma
A editora Xerais xa pendurou da súa páxina web a cuberta do meu poemario Atravesar o fantasma. O libro comezará a se distribuír dentro de máis ou menos un mes (aínda que xa vin librarías que abriron a posibilidade da reserva electrónica; cousa dos novos tempos).
Esta cuberta está deseñada por Miguel Vigo e a fotografía é do artista Pauloff, a quen lle propuxen partirmos do cadro "Virgin of Sorrows" de John Kirby. A imaxe resultante concentra moito, moito do que expreso no poemario. É evidente tamén a vinculación coas cabezas cubertas de Magritte -que eran á súa vez un dos exemplos dos cales botaba man Lacan para explicar o significado do fantasma-. Estou moi contento, pois, por ver como conseguimos que o primeiro contacto coa obra sexa un bo anticipo do que se pretendeu transmitir cos versos que nela se conteñen.
A vós que vos suxire?
13 de out. de 2014
Música para a segunda feira: Ataque Escampe
Só quero entender,
sen lume na man,
as cousas que arden
e as que ficarán.
Un enorme plas, plas, plas como o que aparece na súa letra para a magnífica canción "Arder", do último disco de Ataque Escampe, e outro tamén moi forte para o lindísimo vídeo:

12 de out. de 2014
Ligazóns ao desvío para un doce de outubro
Os Premios da Crítica deste ano. Participei como membro do xurado do galardón de Iniciativas
Culturais, que decidimos que recaese no exemplar labor dinamizador de
Yolanda Castaño. Xosé Ramón Freixeiro Mato, Xosé María Lema,
Berrogüetto, Antón Pulido, Lois Patiño e o Grupo Cuevas son os premiados
nas outras categorías.
Outras dúas ligazóns ao desvío para este domingo:
"Podemos pero no queremos", Cibrán Arxibai.
"Alonso Montero e o franquismo que 'ya no era muy duro'", Manuel Monge.
Outras dúas ligazóns ao desvío para este domingo:
"Podemos pero no queremos", Cibrán Arxibai.
"Alonso Montero e o franquismo que 'ya no era muy duro'", Manuel Monge.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
6 de out. de 2014
Música para a segunda feira: Rosa Cedrón e Cristina Pato cantan a Rosalía
Por se for pouco a combinación anunciada no título, de tres primeiras espadas, aínda por riba contan coa colaboración da Orquestra Sinfónica de Bratislava e o vídeo é magnífico. Todo un pracer para os sentidos!
5 de out. de 2014
Ligazóns ao desvío para un cinco de outubro
"A LOMCE e primeiro de Primaria", Luz Cures.
"As mentiras do PP sobre a lingua galega", Cibrán Arxibai.
"As dez cousas que nom lhe deves dizer a um galego-falante", Ramiro Vidal Alvarinho.
"Actualidade e historia", Francisco Rodríguez.
A Mesa denuncia os incumprimentos da Carta Europea das Linguas perante o Consello de Europa.
"As mentiras do PP sobre a lingua galega", Cibrán Arxibai.
"As dez cousas que nom lhe deves dizer a um galego-falante", Ramiro Vidal Alvarinho.
"Actualidade e historia", Francisco Rodríguez.
A Mesa denuncia os incumprimentos da Carta Europea das Linguas perante o Consello de Europa.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
1 de out. de 2014
Nimbos de luz
O día de hoxe tivo varios bos momentos no instituto. Mais, postos a seleccionar un, escollo cando todo un grupo de 3º da ESO se me puxo a cantar "Esa lus", que aprenderon o ano pasado. Hai profesoras, como as que lles ensinaron esta canción e lles prenderon ese entusiasmo, que abofé que son enormes nimbos de luz.
Assinar:
Postagens (Atom)

.jpg)