Mostrando postagens com marcador Olga Novo. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Olga Novo. Mostrar todas as postagens

8 de nov. de 2020

Pregón na Feira do Libro de Rianxo

Deixo por aquí o vídeo que gravou Carmela Queijeiro na Feira do Libro de Rianxo, cando dei o pregón, en xullo de 2018. Como alí comento, varios dos poemas que recitei apareceron no libro Inscricións.

Fisicamente, na praza non había moita xente, mais había xente querida. Un rostro inesperado, e que tanto me alegrou, foi o de Olga Novo. Lémbrome de que conversamos un pouco sobre esa marabilla que axiña publicaría co nome de Feliz Idade.

A gravación do acto foi, nos días seguintes, moito máis partillada no Facebook do que eu en ningún momento agardaba.



E, aquí, a noticia na TeleBarbanza, que gravou miña irmá:

12 de jun. de 2020

Unha cantiga lésbica amatoria no trobadorismo galego-portugués



Feliz coincidencia. Na semana da Visibilidade Lésbica Galega saíu publicado o meu artigo "Unha cantiga lésbica amatoria no trobadorismo galego-portugués", cunha información que non tiña cando publiquei Amigos e sodomitas en 2011.

A edición do libro con todas estas pesquisas actualizadas sobre as realidades de amor e desexo entre mulleres ou entre homes na literatura medieval espero que poida ser un feito no ano próximo, se todo for ben (o cal é moito pedir para estes tempos, xa o sei, mais hai que sachar e cruzar os dedos).

O texto do artigo pódese consultar no meu perfil persoal en Academia.edu (ou sexa, aquí) ou na páxina da revista Scripta (isto é, aquí).

13 de mai. de 2020

"Inscricións", finalista no premio aRi[t]mar 2020

O día que chegou a noticia estaba algo chof e levantoume a paletilla. O poema "Inscricións", que lle dá título ao meu último libro, aparece entre os finalistas ao prestixiado premio aRi[t]mar, que cada ano selecciona cancións e versos do norte e do sur do Miño.

Xa sei que é un tópico dicir que estar na selección é premio de seu, mais é así como me sinto, no medio de tantos nomes e tantas obras que admiro, nas cales me recoñezo, nas cales me sinto máis vivo. Aí están Alba Cid, Carlos da Aira, Carlos Penela, Chus Pato, Emma Pedreira, Manuel Forcadela, Mercedes Queixas Zas, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Olga Novo e Tamara Andrés. Un dream team!

Obrigado a quen se sentiu tocad@ por "Inscricións" para o colocar aí; obrigado a Galaxia e a Francisco Castro por me propor a publicación desta obra.

Que viva a cultura galega!

A propósito, as cancións gañadoras deste ano son "Despedida" de Sabela e "Catavento da Sé" de António Zambujo. Vaia luxo!

1 de mai. de 2019

Entrevista na SER sobre Inscricións

Esta mañá, o programa "Hoy por Hoy Galicia" da SER deulle espazo ao meu último poemario. Moi obrigado pola atención ao medio e á xornalista Ainhoa Apestegui!