18 de nov de 2009

Aínda sobre a entrevista de Carlos Luis Rodríguez

A Mesa pola Normalización Lingüística estrea canal en youtube e faino reproducindo, en dúas partes, o vídeo da polémica entrevista que me realizou Carlos Luis Rodríguez no programa mal chamado Foro Aberto.

O acontecido volve estar hoxe de actualidade tras a iniciativa que ao respecto levou Anxo Quintana ao Parlamento galego. Ademais, mantéñense dúas accións sociais vinculadas, nas cales esta entrevista é só un exemplo máis da nociva política informativa que agora executa a RTVG. Refírome, por unha banda, a un grupo en Facebook (que conta xa con 5.144 subscritos) e un blog desde onde se centra o ciberactivismo pola cuestión: Televisión, manipulación!.

Segundo Sofres, o Foro Aberto desa noite tivo unha audiencia de 88.000 persoas. A maiores, unha cantidade ben relevante de mulleres e homes visualizou o vídeo a través de Dailymotion (14.370 veces no momento en que escribo esta entrada), do portal web da TVG ou do corte que subiron n'A Nosa Terra Diario (non se contabilizan publicamente as reproducións destes dous últimos, aínda que desde A Nosa Terra me indicaban hai quince días, nunha conversa informal, que se trataba de "miles").

Foi moito o que se falou sobre o tema e hoxe, aquí, só quero pór unha compilación de ligazóns a noticias, artigos e entradas de blog sobre a cuestión das que son coñecedor. Se coñecedes algunha que me falte, por favor indicádemo nos comentarios.
Ao PP estanlle a saír as contas furadas coa manipulación informativa. Hoxe, a diferenza dos anos do fraguismo, hai un pobo non direi que máis activo, porén si máis organizado e con mellores ferramentas para combater tanto silenciamento e terxiversación.



8 comentários:

  1. E aínda: http://galiza-catalunya.blogspot.com/2009/10/agermanament-de-periodistes.html

    Tamén en TV3 pasan cousas... E ultimamente en Catalunya Ràdio, onde estan a desfacer o prestixio que tiña, en tempos do Antoni Bassas, o magazine matinal (El matí de Catalunya Ràdio). Agora preséntao o españolista Manel Fuentes, e tamén lle dá por atacar os entrevistados, cousa que nunca se vira...

    ResponderExcluir
  2. Nós, o equipo da biblioteca do IES Río Miño, fixemos, colgamos o vídeo e fixemos unha entrada que, como poderás comprobar se entras, tivo unha fulminante resposta.

    http://rabade-biblioteca.blogspot.com/2009/10/entrevista.html
    Saúdos

    ResponderExcluir
  3. A MIN NON ME PARECEU MAL A ENTREVISTA. CALLON DEFENDEUSE BEN, ESTIVO MAGNIFICO COMA SEMPRE, PERO O PRESENTADOR TAMEN O FIXO BEN. ¿ACASO QUEREMOS A PRESENTADORES TIPO DESES QUE NON FAN "RE-PREGUNTAS" DO EDUCADISISIMOS QUE SON... E O PREGUNTADO RESPOSTA O QUE QUERE E NON O QUE SE LLE PREGUNTA? NON ÁS PREGUNTAS POLITICAMENTE CORRECTAS. DAME IGUAL O TENDENCIOSAS DELAS-que de seguro si o foron a meirnade parte delas... pero diante ten a un miura de 31 anos, veña home ¡ que CALLON SABESE DEFENDER DE SOBRA!.
    E EU, APRENDIN E ENTRETIVENME.ISTO É A TELEVISION!! NON É A ROLDA POSTERIOR AO CONSELLO DE MINISTROS NON QUE NON HAI POSIBILIDADE DE PREGUNTAR E OS POLITICOS TOMANNOS O PELO AO PERSONAL E AOS XORNALISTAS. ASI QUE PARABENS AOS DOUS. UN BO ESPECTACULO TELEVISIVO.Porque, ainda que algúns o esquecen... ISTO ERA A TELEVISION!!!Cando se trate dunha conversa no PEN CLUB...de seguro que ambolos falarian noutros termos.Ninguén ten dúbidas da petenencia ideolóxica do presentador...agora ben, é de xustiza recoñecer que fixo unha boa entevista televisiva á altura do convidado.

    ResponderExcluir
  4. No noso sitio web da asociación(A Cutareira)tamén temos colgado a noticia:
    www.blogoteca.com/acutareiradalaracha/index.php?cod=71474&prev=yes

    Aproveito a ocasión para darche os parabéns polo ben que te soubeches "mover" na entrevista.

    Recibe unha forte aperta e adiante.

    ResponderExcluir
  5. No noso sitio web da asociación(A Cutareira)tamén temos colgado a noticia:
    www.blogoteca.com/acutareiradalaracha/index.php?cod=71474&prev=yes

    Aproveito a ocasión para darche os parabéns polo ben que te soubeches "mover" na entrevista.

    Recibe unha forte aperta e adiante.

    ResponderExcluir
  6. Pois aquí tes outras dúas ligazóns sobre o asunto:
    http://lannister.blogaliza.org/2009/10/20/foro-aberto-e-outras-reflexions-sobre-o-18/
    http://galizauberallesduas.blogspot.com/2009/10/foro-aberto-e-outra-reflexions-sobre-o.html
    Un saúdo.

    ResponderExcluir
  7. outra ligazon mais
    http://www.onaranxo.org/?p=2741

    ResponderExcluir
  8. Compañeir@s: Grazas polas informacións, que fun agregando. A última, da A. C. O Naranxo, xa estaba incluída.

    Sobre o do comentarista anónimo do 19 de novembro, paréceme unha visión interesante e agradezo humildemente os recoñecementos, aínda que discrepo nalgunhas cuestións.

    En calquera caso, ao menos eu estaba aí para defenderme, algo que non está a ser a norma por parte dos actuais responsábeis de informativos da RTVG. O mellor exemplo vímolo no mesmo día en que se gravou e emitiu a entrevista comigo no Foro Aberto. Lembremos como esa mañá cargaban contra Avelino Pousa Antelo, de forma especialmente infame, sen tan sequera o chamaren para que puidese dar a súa versión.

    Axiña anunciarase o acto de desagravo, ao que todas e todos estamos chamados.

    ResponderExcluir