4 de jun de 2009

Vergoña de RTVG

As novas directivas da Radio Galega e da TVG xa repescaron os métodos que elas mesmas tanto aplicaron durante os mandatos de Manuel Fraga. Os dous grandes exemplos que están estes días nas bocas de todas as persoas con consciencia cívica son o espazo Aberto por reformas e o documentario sobre a crise das vacas tolas.

O programa do Xurxo Souto, que tiña un obxectivo tan tóxico como difundir a música en galego, fechouse de forma fulminante tal e como era coñecido. O vídeo prohibido na TVG, substituído a última hora por un filme do oeste, co visto e prace gobernamental, podemos velo xa en youtube. Vexamos o que non queren que vexamos:



[A imaxe, por esta vía.]

3 comentários:

  1. Paréceme incrible que pechen o programa de Xurxo Souto, que tanto fixo e fai polos grupos galegos emerxentes, por todo o que agroma no campo musical e cultural, é un verdadeiro poeta da palabra radiofónica, ¡non pode ser que anden a facer estas cousas, así coma se non pasara nada! Vannos dando labazadas a modiño, atacando todo o que se avanzara no aspecto da promoción e visibilización do galego e a cultura en galego. Deberiamos, os que estamos en contra, mobilizarnos e xuntarnos máis, non podemos permitir estas aldraxes.

    ResponderExcluir
  2. hola soy virginia vanesa taibo robles ...te escribo desde misiones argentina tengo 26 años y necesito encontrar una flia que es por parte de mi padre que nunca conoci y que la busco por que se que ese era el ultimo deseo de el ya que no esta conmigo deseo cumplircelo....se que viven en la coruña y que tngo primos y tios ..el se llamaba jose maria taibo.y se habia venido para aca por la segunda guerra ,como mas de uno ...cualquier informacion m pueden contactar a mi mail que es virt22@live.com.ar ...desde ya eternamente agradecida.....

    ResponderExcluir
  3. que pasem dous anos de golpe por favor e vaia tomar polo cu o pp e as súas censuras, e que pedazo programaza o de xurxo souto, pedazo crac... manda carallo, e que da gaña... buf... nom sei de qué!
    susiño

    ResponderExcluir