24 de set de 2009

Pilar Farjas, a TVG e as faltas de ortografía

Onte pola mañá, desde A Mesa realizouse un acto simbólico de protesta polo feito de que a conselleira de Sanidade non quixese responder en galego unha entrevista na TVG. Levámoslle un manual de aprendizaxe do noso idioma para o ensino infantil e, o máis importante, o volume Sobre o racismo lingüístico, que é a nai do año da súa actuación.

No acto houbo ben de medios gráficos, tamén da TVG. Porén, seguindo a liña da televisión gobernamental, silenciaron a noticia. É que, claro, imaxínadevos, tiñan novas tan trascendentes para nos daren como que uns deputados do PNV cometeron o sacrilexio de escribir unha emenda en castelán con dúas faltas de ortografía. Sabedes como era iso dos que ven a palla nos ollos dos demais? Pois xustiño así.

5 comentários:

  1. Totalmente dacordo coa vosa protesta ante a actutude da conselleira. Xa teño falado no teu blog sobre a necesidade de que os empregados públicos teñan moi ben clariño onde PODEN e onde NON PODEN falar o que lles peta, sexa éste o español,o inglés ou o swahili. A culpa, sinto ser tan drástico, é DOS POLITICOS.Son eles os que deberían lexislar, si, por LEI... que os representantes públicos DEBERAN FALAR EN GALEGO ANTE OS MEDIOS OU NO PARLAMENTO. Intúo que esta LEI non existe. E deses lodos do BNG, PP e PSOE...estes fangos...Remato coma nourtas ocasións:A NINGUEN LLE OBRIGAN A SER FUNCIONARIO OU CONSELLEIRA... pero, tal e como esta a lei... NADA LLE IMPIDE, AO NOSO PESAR, QUE FALE NO QUE LLE PETA. No caso da conselleira, eu recomendarialle o Hindi-Urdu,o terceiro idioma do planeta. De seguro entenderíamoslle mellor.

    ResponderExcluir
  2. Parabén pola iniciativa. Mais non sei moi ben por que regalarlle manuais de infantil... Eu agasallaríalle o manual do Celga 4, que en teoría é o nivel que deben acreditar os funcionarios da Xunta...

    ResponderExcluir
  3. Non, mellor que comece por un nivel baixo que pode atragoarse...

    ResponderExcluir
  4. Con certeza, o Celga 4 é o mínimo que se lle pode pedir, mais o espírito dese agasallo é facer ver que a nosa lingua é faciliña de vez e que cun mínimo de vontade podería falala. Mais vontade é xusto o que lle falta a Pilar Farjas.

    ResponderExcluir