15 de fev de 2011

Lingua: bicos e labazadas

A pesar da chuvia, onte realizamos a bicada en defensa do galego, cuxo acto central foi na praza do Toural de Compostela. Ademais das demostracións románticas dos alí concentrados, estannos a chegar fotos de diferentes lugares do mundo onde tamén se deron un bico á hora convida como manifestación de amor... tamén á lingua que nos une.

Velaquí un dos vídeos que recolleron o acontecido na xornada:



O galego ben precisa de demostracións de amor, ante tantas labazadas como recibe día si e día tamén. Vexamos, se non, algunhas das últimas novidades de ataque ao noso idioma:

a) as estupideces galegófobas que soltou unha concorrente de Gran Hermano, que orneou, entre outras barbaridades, que lle dá "bajón" escoitar un mozo guapo falando galego (ela o perde!);

b) a decisión dunha concesionaria de aparcadoiros públicos no Concello de Vigo que quixo deixar de entender o galego desde que Alberto Núñez Feijóo entrou na Xunta (antes entendíao) e mesmo denunciou o Concello ante os tribunais para deixar de recibir as comunicacións na lingua de Galiza (se queredes enviarlle unha queixa, podédelo facer desde esta ligazón);

c) a convocatoria por parte da "Academia de la Llingua Asturiana" de exames escritos e orais para que os docentes do Eo-Navia poidan acreditar un ‘Curso de Capaticación en gallego-asturiano’; trátase dunha propositada deturpación do noso idioma ante a que deberían posicionarse a Xunta de Galiza, a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega.

5 comentários:

  1. A iso si lle chamo eu darlle á lingua!
    :-)

    ResponderExcluir
  2. Boas Carlos:

    noraboa polo esforzo e a paixón (ben o merece a nosa lingua), malia o tempo, que non acompañaba... iso dá máis mérito axs que alí nos congregamos...

    A min non me vai o vídeo, mirade a ver se o subistes ben.

    Apertas en nome dxs dous ;-)

    ResponderExcluir
  3. Umha outra ataque ao nosso idioma:

    A publicidade dos vídeos da tua web em perfeito castelhano.

    Da tua confiança!!

    ResponderExcluir
  4. Ei... a esa hora estábache eu nun exame, mais os meus bicos foron tamén de amor ao Galego, aínda que dun xeito virtual... Saudiños e avante toda!

    ResponderExcluir
  5. Zeltia: E máis que lle daremos todas e todos! ;)

    Jorge (xa non es Xurxo?): Grazas por virdes! Corrixín o do vídeo!

    Anónimo: Iso non é un ataque, é que a publicidade do sitio de onde tomo o vídeo está en castelán. Eu non teño publicidade no meu blog.

    Manuel: Viva! Xa faceres o exame en galego foi tamén outra forma de declarares amor ao idioma! ;)

    ResponderExcluir